Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

sábado, 17 de marzo de 2012

GANDUXOS II



Imos ganduxar un pouco para non perder o costume. Mudaremos a agulla e o fío por palabras e letras. Argallarei ,(significa facer pouco ou nada e mal) algo sobre o próximo 19 de Marzo día de San Xosé,en que hai douscentos anos que se promulgou a primeira Constitución que tivo o Reino de España. O pensamento de Montesquieu que xa morrera había mais de cincuenta anos (separación dos tres poderes) e as ideas forza da Revolución Francesa de 1789: (Linerté. igualité e fraternité) por fin plasmáronse,con atraso como sempre, nunha carta magna, lei suprema que ordenase a vida social, xurídica e política.
As circunstancias sociais, co exercito francés de paso para Portugal que logo decide quedarse, e a necesidade da colaboración do clero para botar aos gabachos que nos invadiron poñendo a fronte de España a José Bonaparte o irmán de Napoleón .Parece ser que este interese por expulsar aos franceses é o que permite que se aprobe,con certo consenso entre conservadores e liberais,a primeira Constitución.
Sobresaen como curiosidades ademais do famoso artigo seis que di: “El amor de la Patria es una de las principales obligaciones de todos los españoles y, asimismo, el ser justos y benéficos.”que comece con estas palabras: “En el nombre de Dios Todopoderoso, Padre, Hijo y Espíritu Santo, autor y supremo legislador de la sociedad.”.Npn podería ser doutro modo xa que tamén no Art. 12.” La religión de la Nación española es y será perpetuamente la católica, apostólica, romana, única verdadera. La Nación la protege por leyes sabias y justas y prohibe el ejercicio de cualquiera otra. “
Pois pese a eses detalles que poucas veces os resaltan a vida que tivo Pepa foi efémera. Combatida rapidamente como obra dos ilustrados,librepensadores e liberais polos conservadores do antigo réxime durou escasamente dous anos. Durante o século XIX hai unha vida social e política onde as loitas entre liberais e conservadores son continuas. Ademais pasaban das palabras aos feitos e a convivencia era pouco ou nada pacífica. Hoxe pola contra seque habendo conservadores e liberais, cunha dialéctica acentuada entre dereita-esquerda,pero a convivencia non se ve alterada. Os enfrontamentos son mais ácidos nos medios de comunicación ca no seo das familias,das empresas ou das comunidades veciñais. Ese respecto ao que pensa diferente e o dereito a que ninguén sexa perseguido polas súas ideas é un dos bens mais prezados que temos. A paz social da que gozamos vale o que non hai, Parécemo a min.
Como anécdotas ou curiosidades desa época convén notar que o berro de “Viva la pepa” para celebrar o nacemento da Constitución,como tivo unha vixencia tan curta ata que regresou Fernando VII o desexado quen a aboliu de inmediato, despois da súa desaparición converteuse nun insulto dos conservadores aos liberais .Para desprezalos empezaron a chamarlles uns “vivalapepa”. Como sempre os defensores da Inquisición que se aboliu nas Cortes de Cádiz, mediante a PEPA por maioría absoluta, non podían tolerar que a soberanía residise no pobo e nos seus representantes por elección democrática.
Loxicamente restaurada a monarquía tamén se restaurou a Inquisición que desapareceu no 1834 durante o reinado de Isabel II.A historia do s. XIX,posiblemente toda, é moi bonito coñecela. Un dos especialistas,hai moitos,é o amigo Xosé Ramón Barreiro Fernández que ten un formidable libro:El campesinado gallego en el siglo XIX. Economía y sociedad (Editado pola Universidade de Santiago.1980)
Outra curiosidade desa época e que tamén nese ano de 2012 foi o primeiro sorteo da Lotería Nacional. Había que xuntar cartos para pagar aos deputados que viñan de ultramar. Eran tempos en que Cuba e Filipinas e case toda América do Sur eran españolas pese a que os movementos independentistas estaban xa empezando a cocer na ola.
Desa época é tamén o nome da tortilla francesa. Coa invasión do exercito de Napoleón non se podían cultivar as patacas e a tortilla facíase so con ovos .De aí o nome de tortilla española para a que tiña patacas ovos e cebola e francesa a que so tiña ovo e así continúa sendo hoxe en día.
Pois nada mais .Como di Fernando Ledo está a rematar o día e haberá que ir a durmir. Fernando un saúdo e mais darche o título do libro escribido por Garzón: UN MUUNDO SIN MIEDO. Esta editado polo Circulo de lectores a edición que teño eu e non sei se estará nalgunha outra editorial. En calquera librería che informan. Para todos boa primavera ,que choiva e cada un que pida a gracia que desexe acadar. Rafael


No hay comentarios:

Publicar un comentario