Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

jueves, 8 de marzo de 2012


Parafraseando a Campoamor

Curioso aparello
Curioseando polo Rastro de Madrid, vin un estraño aparello de medición, que marcaba distintas magnitudes segundo o puxeses a babor ou a estribor. No sobaco dereito marcaba baixo cero; no esquerdo, sobre cero.
Merqueino a prezo razoable e no manual de uso comprendín a súa utilidade. O folleto de instrucións achegaba tamén unha explicación técnico-sociolóxica de Manuel Vicent, que ofrezo en versión libre.

Netos, pais, avós
  • Os netos non chegan aos trinta anos, naceron cando Franco xa morrera. Para uns era o nome dun fantasma pronunciado con rancor envasado na sobremesa familiar. Para outros, un pequeño grande home, un Caudillo; cabréanse moito cando oen falar de Paca la Culona. Para todos eles, un par de liñas no maual de Historia.
    Son os netos do desastre da guerra civil. Nos primeiros anos da Transición xogaban aínda con bonecas e balóns.
    Despois empezaron a oír que o tránsito da ditadura á democracia fora unha obra mestra, un milagre que admiraban e tentaban copiar noutras latitudes.
    Algúns mestres, ousados, explicaban nas aulas que a tan cacareada Transición fora un pacto modélico, si señor, pero entre dous medos. E o que se fai con medo deixa moitas fallas que poden aflorar en determinadas coxunturas xeolóxico-políticas.
  • Os pais, se eran de esquerdas, calaban; se eran de dereitas celebrábano como unha conquista propia.
    Morto don Paco, a dereita cría que os comunistas tiñan minada a rede de sumidoiros da sociedade. A esquerda temía que os militares repetisen un golpe de Estado.
    Producíase un tenso equilibrio entre dúas forzas opostas, cada unha coas feridas do pasado aínda abertas. Neutralizábanse mutuamente os dous bandos cun desexo compartido: todo, menos volver a matar.
    A esquerda, sumida no complexo de Estocolmo, cedeu máis. Os foxos e barrancos estaban repletos de ósos que loitaran no bando republicano.
    Os fillos dos perdedores non se atreveron na posguerra a rachar o silencio ao que foran obrigados. Pero conquistaron dereitos e amnistías, escanos parlamentarios e mesmo o poder Executivo. Hai que deixalo correr, pensaban.
  • Os avós superviventes non podían falar: estaban amordazados por un medo paralizante, parente do terror vivido.
  • Os netos, que non coñeceron a ditadura, medraron; e os da esquerda non se senten obrigados no subconsciente a agradecer nada. Queren que os seus antepasados, enterrados en barrancos e foxos, sexan exhumados para que non vaguen como unha negra sombra sobre a memoria colectiva.
    Non se trata de política, senón de moral: están representando o mito e a atraxedia de Antígona.

Daqueles ventos de “modélica” Transición, estas tempestades.
Nome do aparello: baltasarímetro para os amigos, garzonómetro para os outros. O nome importa pouco, é máis aclaratorio o sobaco de aloxamento. Os resultados da medición poden sorpender.

Chupando guión
As dúas sentenzas absolutorias sobre Garzón indignan a uns e satsisfacen a outros. O desenlace tampouco sorprende. A muller do César debe ser honrada e parecelo. A dama Xustiza pode ser cruel, pero non debe parecelo; non debe deixar pistas de ensañamento asestando 27 coiteladas a un defunto e, de paso, parece xenerosa. A pesar da absolución, a dureza dos fundamentos da sentenza son un serio aviso para eses netos que seguen xogando, pero agora cun xogo perigoso: o teatro grego.
Isto parecía orixinal, pero xa o ten dito Campoamor: Nada é verdade nin mentira, todo depende do lado desde onde se mira. Relativismo salvaxe?
Acabo de ler El tiempo entre costuras, de María Dueñas, que nos acerca á letra pequena da historia, na preguera, na guerra e na posguerra, desde o norte de África e desde Madrid, e vista con gafas femininas. Planeta. 2009. Pero xa andaba pola trixésimoquinta impresión o ano pasado.

Desde Dublín, nas vésperas de san Patricio,un saúdo para Doval, Andreses e Antonio.Tamén para eses xubilosos herculinos que celebran efemérides tras unha birra; especialmente para Rafa, cronista oficial.
Eduardo.

1 comentario:

  1. Escríbesnos desde perto do Gran Sol,onde ían os nosos mariñeiros a buscar o peixe bravo que non ten comparanza co do Mediterraneo.Gustoume o teu artigo,Agora que xa non viven os autores materiais da desgraciada imposición do fascismo en España xa se pode ver con perspectiva e coa crítica que corresponda a saída da dictadura.Naquel momento fíxose o que era posible facer.Hoxe xa se podería poder falar sen apasionamento e deixar as cousas no seu sitio.Outro día ao mellor escribo algo sobre iso.Un saúdo por acordarte desde Irlanda a ultracatólica no seu tempo.Hoxe creo que non ten nuncio nin representación en Roma.Xa nos contarás se te enteras de algo.Non éun deber.Rafael

    ResponderEliminar