Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

viernes, 17 de agosto de 2012

15 de setembro: CONVIVENCIA EN SOBRADO E MAIS EN OÍNS


QUINTA DO ’57 - CONVIVENCIA ANUAL
Sábado, 15 de setembro de 2012 – Sobrado dos Monxes
            Meus ben queridos amigos e compañeiros: xa está aquí o día. O gran momento de acrecentar a amizade, compartindo –ademais da Misa e da mesa- as amargas decepcións padecidas neste “annus horribilis” e as estimulantes xornadas ou horas que nos permitiron seguir confiando nas persoas e afiuzar a nosa esperanza.
Amigo, compañeiro, irmán: fagamos deste encontro unha bandeira, un signo do cambio necesario que todos desexamos. Todo cambia cando as persoas se reúnen.  

Lugar de encontro:
MOSTEIRO CISTERCIENSE DE SANTA MARÍA DE SOBRADO
Horario:
11,30             Acollida
12,00             Visita ao mosteiro, acompañados por un monxe
13,00                         Eucaristía na capela dos monxes
13,45             Asistencia, na mesma capela, ao rezo monástico da Hora Intermedia.
                        Fotografía do grupo na portada do mosteiro
                        Saída para o xantar.
14,30             Xantar en cas Freitoso, lugar de Seixas, parroquia de Oíns, pastoreada por Ricardo Cutrín, a base dun menú caseiro e familiar, cociñado pola señora Concha e regado con viños selectos.:
            Ameixas á mariñeira
            Año asado (escollido do rabaño de Ricardo)
            Queixo de Arzúa e marmelo
            Café e chupitos
17,00 (máis ou menos) Coloquio aberto:
            Informacións que consideramos importante compartir
Decidir o lugar do encontro seguinte.
            Decidir sobre o cambio de día para estes encontros (pasar de terceiro sábado a terceiro xoves, por exemplo)
            Cuestións abertas.
18,00 Apertas e bágoas de despedida, anque coa alegría da xornada.
Cuestións prácticas
-         Chegar a Sobrado dos Monxes non ofrece dificultade para ninguén.
-         O lugar da comida, “Cas Freitoso”, no lugar de Seixas, parroquia de Oíns, non é problemático para os reunidos previamente en Sobrado, pois saímos xuntos.
-         Os que non poden chegar antes do xantar, saiban que na estrada Santiago–Lugo, no lugar de Burres (está indicado), hai un ramal que aparta para Oíns. O bar da señora Concha está como a dous kms da igrexa parroquial de Oíns. Preguntando chégase, xa non a Roma, senón a cas Freitoso, que ten estes teléfonos: 981 191 086 ; 629 852 624 (Ángel, o fillo de Concha) .
-          
Enlaces para anotarse: ENCARGADO LOCAL: Jesús Rial 659383548
Zona de Pontevedra: Ramón Senín: 986844674.  martasenin@hotmail.com
Zona Santiago– José Mª Tacón: 981583035 taconmiguez@terra.es
Zona Coruña: Dios Vigo: 679239351 – A.G. Vilariño: 687843065 andresgv@mundo-r.com

Os da zona da Coruña que se apunten con tempo para levar  microbús.
Os turismos quedan no patio do Fogar de Santa Margarida.
Anímate e anima os compañeiros indecisos. Temos que cambiar o mundo. E hai moito que facer.
Os de sempre.

1 comentario:

  1. Moi ben Andrés.Pese as moitas ocupacións non fallas,polo menos, na posta en marcha da convivencia.Esperemos que este ano non che fagan os teus superiores outra encomenda como o ano pasado.Conta conmigo como sempre salvo forza maior imprevisible da que ninguen está liberado.Un saúdo para compartir con "Monsieur Alvite" que ao dicirlle así seguro que identificará ao saudante.Bo, do que queda do, verán.Rafael

    ResponderEliminar