Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

lunes, 20 de agosto de 2012

IN MEMORIAM: AVELINO POUSA ANTELO

                                 IN MEMORIAM: AVELINO POUSA ANTELO (R.G.R.)

 
O amencer,á luzada de hoxe finou o esgrevio galeguista. E merecedor de todos os títulos que se lle deron e de aqueles outros que non se lle outorgaron pero que tamén lle corresponderían pola súa lonxeva traxectoria. Mañá farase eco a prensa de todas aquelas virtudes, foron moitas,que o adornaron. E dos poucos que nos acompañaron,case un século,en momentos críticos,tráxicos e tamén esperanzadores para esta Nosa terra a Galicia que nos veu nacer.

A razón de traelo aquí e que a min me gustaría subliñar e a de ser antigo alumno de San Martiño Pinario. Precedeunos naqueles grosos muros durante sete anos cando era aínda Universidade Pontificia de Santiago de Compostela. Desapareceu no ano 1932 en que o Vaticano reduciu os Centros de Ensino Superior en toda España porque a calidade degradárase tanto que os títulos eran sinónimo de que tiña cartos o posuidor pero non da sapientia que figuraba no documento. Elocuente é aquela anécdota que contan do pai dun doutorando que candi viña de volta de Santiago preguntáronlle.¿E que o fillo xa che é doutor? Si home e se levara mais cartos tamén me doutoraban a besta. Na que fixera a viaxe.

Aqueles doutores que figuraban como profesoresnos calendarios que nos entregaban na inauguración de cada curso procedían case todos da Pontificia de Santiago. Chamaba a atención que os mais novos eran licenciados,non todos, e os mais vellos eran todos doutores.

Despois desta digresión dicirlle a D.Avelino que o que se quere nunca morre e que el tamén vivirá na memoria colectiva de Galicia. A semente que el plantou ira xerminando e dará os seus froitos. Quede constancia neste blog que pertence a unha comunidade da que el tamén precedéndonos foi parte. Sirva de póstuma homenaxe.

 
Para os que queiran saber mais aí vai noticia pola que eu me informei este mediodía:
http://praza.com/cultura/1763/falece-avelino-pousa-antelo-memoria-e-dignidade-do-galeguismo/

http://www.sermosgaliza.com/artigo/memoria/avelino-pousa-antelo-adeus-ao-sonador-da-galiza-redimida/20120820110213004345.html


E tamén o discurso que pronunciou no 2009 en defensa do noso idioma na praza da Quintana de vivos en Santiago:

 E nada mais. Dentro de pouco verémonos e xantaremos xuntos. Saúdos para todos.Rafael

No hay comentarios:

Publicar un comentario