Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

lunes, 27 de agosto de 2012

LIBRO QUE PAGA A PENA LER (R.G.R.)

Entrei no noso encerado e ao ver que aínda existe alguén que se acorda de deixar algo para xeral coñecemento animoume a deixar unhas reflexións sobre un libro que rematei hoxe mesmo de lelo. E unha maneira de cultivar o que queda da lectura dun libro e poñelo en común por se lle servisen de algo a outros. Non é outro o sentido que teñen en todas as revistas e periódicos as recensións que se fan.

Andamos pondo fin ao estío e mais ao tempo oficial de vacacións. Por fin rematei a lectura do libro de Paul Preston que leva por título.«El holocausto español»,Creo que foi Fernando Ledo o que nos dixo que andaba tamén atrevéndose con el. Non resulta fácil. Ten case que oitocentas páxinas. Duascentas e algo son de notas que non están a pé de páxina. Están ao final. O título responde as atrocidades e violencia que houbo na España do ano 36 e sucesivos. Tanto a represión republicana como a franquista de antes e despois da guerra civil. O título completo é:«El holocausto español, pautas de exterminio durante y después de la Guerra Civil».Leva pouco mais dun ano publicada a tradución ao español.

Ninguén discute que é un dos principais estudos feito con rigor histórico desa época.” «el relato apasionante y trágico a la vez sobre la durísima represión» que tuvo lugar durante toda la Guerra Civil, tanto en el bando republicano como en el franquista” Segundo destaca o xurado do premio nun comunicado:Premio de Historia de Cataluña Santiago Sobrequés i Vidal.Tivo varios premios. E Príncipe de Asturias de Historia Contemporánea española e director do Centro Cañada Blanch para o Estudo da España Contemporánea da London School of Economics.
 
O autor non é un calquera. E doutor en Historia pola Universidade de Oxford. ( Dicía o noso profesor de Latín en 3º de Humanidades D. Alejando Carou que había moitas universidades pero ante a de Oxford había que quitar o sombreiro. O mellor do mellor. Parece que algo de razón tiña. E das mais antigas. Vede:

Universidad de Oxford - Wikipedia, la enciclopedia libre


Sempre que se fala da Historia desa época,cadaquén conta a súa maneira,aparecen as matanzas do bando republicano,xa declarado o Estado de Guerra,como a cometida en Paracuellos do Jarama coa implicación directa,a xuízo do autor,de Santiago Carrillo. Destaca literalmente de Carrillo:"Sus mentiras son tan infantiles, es una ridiculez decir que no sabía nada de los hechos",Explica que era,pese a súa xuventude,pouco mais de vinte anos, o responsable da orde Pública que nomea a Segundo Serrano Poncela como Director de Seguridade que é quen organiza as sacas. E a mais grande atrocidade cometida en territorio republicano.

Pero tamén dito isto precisa que a represión organizada por un e outro bando foi,tanto pola cantidade como pola calidade,en termos xerais a violencia dos golpistas foi aproximadamente tres veces superior á da zona republicana a non ser en Madrid onde se trocan as cifras de mortes.
Preston espera que a súa obra sexa un grao de area para a reconciliación e que nunca se utilice como armas política. Toda sociedade precisa recoñecer e coñecer o seu pasado para non volver a repetilo. Critica que moitas investigacións de un e outro lado son nesgadas e acostuman a estar feitas para utilizarense como armas políticas.

Confesa Paul Preston que escribir esta obra,foi para el un gran reto, levoulle mais de vinte anos de traballo. Tivo que ler mais de mil libros. Da conta diso o volume de notas de onde está sacada toda a información documentada que aporta.

Se pon un o nome do título do libro ou o do autor en google aparecen os comentarios que suscitou na prensa e como os distintos periódicos,incluso da dereita mais extrema, lle recoñecen o valor da independencia e da obxectividade. 
Ai vaui algunha pero son incontables:

Paul Prestón habla de su libro "El holocausto español.Odio y - Blogia

 España masacrada | Edición impresa | EL PAÍS

 Paul Preston cree que "Franco nunca pensó en la reconciliación 

 Paul Preston: «Las mentiras de Carrillo sobre la matanza de - ABC

Teño que confesarvos,como cando se facía de modo habitual,tempo hai,que me custou moito lelo. Precísase tempo e vagar e ademais concentración. Levoume horas e horas. Os días de praia era cando mais avanzaba,.Para coller o fío tiña que volver a ler unhas páxinas para atrás para situarme e entrar en materia. Pero como digo no título paga a a pena. Sempre nos dixeron que a historia é a mestra da vida e niso non nos enganaban. Se para alguén lle vale para algo ben e se non tamén. Deica a próxima vez. Saúdos para todos que logo nos veremos. Xa Andrés puxo,como sempre, a camiñar a intendencia para pasar ese día xuntos que este ano esperemos que non falle. Rafael.

No hay comentarios:

Publicar un comentario