Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

sábado, 22 de septiembre de 2012

ADENDA A MAGNIFICA CRÓNICA DE ANDRES (R.G.R.)

Coa intención de que constase para o devir que, coa fidelidade que nos caracteriza, o pasado terceiro Sábado de Setembro nos xuntamos en Sobrado dos Monxes pedíralle ao compañeiro Enrique Vázquez Pose que me mandase unhas fotos para colgar aquí.

Cumpridor, como é habitual nel, envioumas e cando me dispoñía a deixalas con algún comentario, agradablemente, encóntrome con que xa Andrés o realizara coa perfección coa que o fai sempre. Andrés,de seguiren adiante aquelas experiencias de traballo manual do clero,ganaríase a vida como deseñador gráfico ou montador de texto e fotos para a composición de folletos manuais,libros ,revistas, páxinas Web et cétera.

Moito mal nos fixo aquela idea absurda de que os cregos non valían para outra cousa. En realidade era un complexo. A demostración é que tantos ex relixiosos/as e cregos gozan e gozaron dun gran aprecio nas novas profesións para as que se mudaron.

Xa vedes que ao non deixar as fotos dóuseme por predicar,como di Muras, e como o escribir ou falar non ten cancelas non me fagades caso que unha cousa é dicir algo e outra é predicalo.

Parabéns ,por tanto,a Vilariño polas reportaxes que nos deixou. Esperamos que unha vez,a partires do día 30 ,adquira a condición oficial de vello ou pensionista,dispoña de mais tempo para compartir as súas achegas a este encerado que sempre,polo menos para min, son benvidas.

A convivencia deste ano tivo certa orixinalidade polo contacto coa vida monástica. Para min foi unha sorpresa contemplar de novo a grandiosidade do Mosteiro. Sabía que pertencían ao Cister e pensaba que eran benedictinos igual cós de Sarria. Chamoume a atención cando na explicación dixo que eles tiñan o voto de permanencia ao Mosteiro e os de Sarria non. Logo,a curiosidade é a fonte de coñecemento,naveguei pola rede e xa me aclarei. Son trapenses. A regla de San Benito rigorosa. Non obstante o que estaba ao meu lado ao ver que algúns se incorporaban con atraso ao rezo da tercia comentoume que o prior ou abade tiña a disciplina un pouco relaxada. Como agora non utilizan a sala capitular non son chamados,segundo Vilariño, a capítulo. Se alguén está interesado, póñoo por Fernando Ledo e algún mais que sempre me din que agradecen os enlaces,podedes consultar estes :



Sorprendeunos a varios, cos que o comentei, a ausencia dun blogueiro peculiar e impar como é Eduardo Seco. Alguén dixo que ao mellor andaba pola Irlanda ou de viaxe. Esperamos que a ausencia non se deba a algo malo e que mais cedo que tarde nos siga obsequiando coas súas colaboracións sempre valiosas e interesantes.

 Tamén se botou de menos a a Xosé Luis Suárez Cotelo que xeralmente non faltaba. Parece que foron razóns de última hora. O mesmo lle pasou a Antonio Puertas ,tamén blogueiro moi activo, que a última hora torcéronselle os plans e non puido acompañarnos. Tamén é de agradecer aos compañeiros cregos que,pese a ser un Sábado acudisen a convivencia e sobre todo ao mestre Cutrín (así lle chamabamos familiarmente en San Martiño) por coidar os años que tan sabedores estaban despois de pasar polo aro das boas artes da cociñeira e auxiliares que tan ben os condimentaron e serviron. Un saúdo para todos eles e mais para todos os demais. Deica a próxima. Rafael

No hay comentarios:

Publicar un comentario