Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

jueves, 27 de septiembre de 2012

¿Que está pasando?



          Queridos amigos: Hai menos dun mes celebrouse en Madrid o 32 congreso de Teoloxía da Asociación de teólogos e teólogas Xoan XXIII. Manteño algúns amigos,de belos e vellos tempos, que me manteñen informado do que veñen facendo desde hai tantos anos. Envíanme o material do pre-congreso e mais do post-congreso. Hoxe con estes  modernos  inventos resulta moi fácil. Antes había que pagar o franqueo e soamente chegaban a aqueles que tiñan verdadeiro interese. Este ano,de todos os materiais, hai uns vídeos que son dignos de ver non unha vez senón varias.

            Pertencen a un vello loitador de finais dos 60 que aínda se mantén,como os vellos roqueiros,ao pe do canón. Procede do movemento coñecido como Pax Christi e logo Xustiza  e Paz. Explica o que nos está a pasar socialmente e cales poden ser as alternativas para saír desta situación. Desfai moitos mitos do pensamento imperante e ademais, como excelente profesor, ten o don da claridade e de facerse entender con atender nada mais. (Creo que era D. Pío o de Francés que se lle dicías que non entenderas preguntaba se atenderas.Sostiña que o “A” está antes de “E”.Por tanto para entender hai que antes atender.)

            Pois despois desta introdución aí queda a conferencia destes gran  home que ten moito que ensinar e nos moito que aprender deste sabio que é da escola de Xosé Luis Sanpedro.

          Deica a próxima e bos desexos para todos.Rafael

No hay comentarios:

Publicar un comentario