Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

martes, 12 de marzo de 2013

ARGALLADAS COMUNICATIVAS

Acabo de ver,de casualidade,un vídeo de youtube e acordeime do mestre de capela Fernando. Ao mellor pódelle dar algunha idea para o seu coro cando fan as ceas seguidas de troula. A letra das pezas non é complicada. Os instrumentos non hai que mercalos e cun pouco de ensaio o resultado e ben divertido.
Teño pensado escribir algo sobre a xustiza e os avogados. Son os temas que quitaron os compañeiros do exilio interior Amboage e mais Doval. Nestes tempos en que o Vaticano produce tantas noticias non se pode dicir que non haxa materia dabondo. A ver se é certo o que dicía D. Antonio Villasante (d.e.p.)Aínda hoxe se acordou del Felpete que nos acompañou no faladoiro. Contou que cando se lle preguntaba se o Cardeal tería posibilidades de ser Papa sempre dicía que era imposible. O Espírito Santo ía vello pero aínda non chocheara. O que é certo é que Roma está chea de periodistas do mundo enteiro e hai curiosidade por saber quen gobernará a Igrexa. Se é certo o que se comenta non saíra ningún dos que mais se fala. O que entra Papa sae cardeal. Non sería imposible que sexa o Señor Rouco. Desta vez non entrou de Papa.

Pois nada. Hai que ver o partido de hoxe. O futbol non me quita o sono pero o partido de hoxe hai que velo. Mañá se non non hai materia de conversación coa veciñanza.Aí vai o video para Fernando e para quen mais o queira ver:

Tamén, agora que estamos xubilados, se alguén quere ver as catedrais galegas sen ter que desplazarse fisicamente pode facelo neste enlace.A de Ourense, estiven hai pouco, ten un pórtico do paraíso que non é como o de Santiago pero tamén paga a pena velo xunto coa Catedral e a Igrexa de Santa Eufemia da que foi Párroco Quiroga Palacios.
Desde esta pax.pinchades no mapa e a facer turismo gratis comtemplando aqueles detalles que interesen mellor ca no sitio se non levas uns prismáticos.Aí está:

GALICIA - Las cinco catedrales: visitas virtuales 360º - Turgalicia

Pois mais nada.Saúdos para todos.Rafael

2 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Rafael, se vas facer un relato acerca da xustiza e, tamén, dos avogados, non esquezas poñer un “mea culpa, pola parte que vos toca a vos os letrados, cas poucas accións que estades a tomar os que andades por eses mundos tan complicados de leies e de xuizos.
    E, explícome cun exemplo: segundo teño entendido, a ocultación de datos que están a perxudicar seriamente o conxunto da sociedade, coma pode ser a ocultación de nomes e de datos que podan permitir unha evadiron capitais a paraísos fiscais e, polo tanto, non pagan o Fisco, é un delito moi grave.
    Non só en España, si non que no mundo enteiro, os “ poderosos “ fan acopio do seu poder pa escabullirse do Fisco e non pagar, coma tódolos mortais.
    Falase que son mais de 2700 contas que se “ refuxan “no HSCB, de ese tipo, e que case que 400 son de españois que defraudaron no seu día ás nosas arcas.
    As listas, parece ser que están en mans das nosas autoridades, e que unha boa parte deses “ elementos “ non terán que asumir penas, por que están a punto de prescribir ( en Xuno ) as accións penais.
    Baixo o meu pobre parecer, hai “ algúns “ moi poderosos que están a incorrer nese posible delito que comento: quen oculta datos, está, penso eu, sendo cómplice, por omisión do deber, eínda que a Facenda esté tomando xa medidas contra eles.
    Malia todo, o pobo, ten dereito a coñecer quen defraudou de forma tan escandalosa, se fose o caso, como parece que así foi.
    De tal magnitude pode ser tamaño fraude, que, posiblemente, solventaría unha boa parte da crise que se está a cebar cos mais débiles. Sería un toque de atención moi bo, se se aplicase a ley e se decretasen medidas ejemplares a posibles “ navegantes “, pa que non volvan a embarcarse en tamañas aventuras.
    Obrigar a todos eses presuntos defraudadores a que paguen coma ti e coma eu, é algo tan sinxelo coma preciso.
    Entón, ¿ a que estades agardando vos, os Letrados, Fiscais e toda Xustiza en xeral, pa esixir responsabilidades penais ...caia que caia ...? Non se pode ocultar ó poderoso defraudador, mentres ó pobo afoga en impostos e en listas de desempregados. Semellantes posibles tropelías, teñen que estar con luz e taquígrafo diante de todos nos. O querer tapar, sembra mais dúbidas na ciudadanía, malia aos moitos cartos que a Facenda poida recaudar de todos eles, sen que o pobo ó saiba quen queda impune, ben por prescripción, ben pola a posible influencia do poderoso. Non quero sequera pensar que sexa por iso pois, entón, estariamos cun pe pisando o precipicio da indefensión do pobo.
    Pa despexar isa dúbida, hai que acender o candil da Democracia; e aí, estades vos.
    Unha aperta
    Antonio

    ResponderEliminar