Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

lunes, 18 de marzo de 2013

ALGO SOBRE A XUSTIZA

Nesta fría tarde de inverno,suspirando xa pola alegre primavera,véspera de día de San Xosé,día do seminario, escribirei algo superficial sobre a administración de Xustiza. Para profundidades xa temos as sentencias,os autos,artigos doutrinais,academias de xurisprudencia e revistas do ramo que proliferan polos colexios dos distintos operadores xurídicos.

Chámanlles así aos maxistrados, xuíces avogados,fiscais,forenses,peritos xudiciais,rexistradores, notarios e persoal da oficina xudicial. Tamén aos catedráticos das distintas ramas do dereito que son os que establecen a doutrina xurídica que xunto coa lei e normas de inferior rango así como a xurisprudencia conforman os fundamentos xurídicos aplicados a cada caso concreto.

Para que isto teña interese para os leigos en dereito limitareime a contar unhas anécdotas e curiosidades que eran as que prendían a nosa atención de oíntes nos longos anos que aprendiamos a través de escoitar o que outros nos dicían. Cando contaban anécdotas da vida real prestabamos atención. A nosa “sapientía “viña pola clase maxistral.

O primeiro contacto que tiven co mundo da administración de xustiza foi cando xa terminada a carreira, de pasante nun despacho de avogados,acudín a presenciar un xuízo ao palacio de Xustiza da Coruña. Había no ano 84 unhas 8 salas de audiencia. Cando empezaba,había 4 ou 5 sinalados en cada sala ,o xuíz ou presidente tocaba a campaíña dicindo “vista pública”e saía o axente á porta berrando tamén “vista pública”Entraban os avogados,os procuradores,o reo se era unha causa penal, advertíndolles ás testemuñas e peritos que debían quedar fora ata que os chamaren.

Talmente a impresión que me dou era como se fose unha catedral da Xustiza .Os xuíces,procuradores,fiscais e avogados de garabata negra coas togas diferenciadas polas “puñetas” con puntillas finas. Igual cás dos cóengos. Parecía a Catedral,cando ían e viñan os cregos para as diferentes capelas a dicir a Misa e se escoitaban as campaíñas en cadansúa.

A xustiza ten en todos os sitios unha compoñente ritual. Nos anos 90 algúns xuíces cando na sala estaban soamente os procuradores,avogados e algún perito ,dos que van habitualmente aos xuízos, prescindían de que se vestisen as togas. Pero xa a finais,era Aznar,as instrucións que había era de volver ao ritual,chegando algúns a impedir que se vestise a toga na propia sala. Adoitaba deixarse a toga no sitio en que se sentaba o avogado para que o seguinte a puxese para o seguinte xuízo.

E moi interesante o que nos contou Miguel da súa experiencia convivindo tantos anos cos repartidores da xustiza na audiencia provincial de Málaga. E certo que nas causas civís pode ser que, dado o sistema latino de xustiza rogada,se o avogado o fai rematadamente mal é verdade que os ata para ditar as sentencias. Non obstante nas causas penais a liberdade para investigar,a día de hoxe é total,mentres Gallardón non o impida e deixe,como quere,ese labor para os fiscais que deben obediencia xerárquica ao goberno que toque.. Son eles os instrutores,hoxe por hoxe, os que poden traer a causa todas aquelas dilixencias e probas que consideren importantes.

Por iso tamén son acertadas as reflexións que fai Amboage sobre a sensibilidade ou falta dela de algúns xuíces. Cos de abaixo,delincuentes de alpargata son moi esixentes,en cambio cos delincuentes de garabata usan outra vara de medir. Normalmente a lei do funil. Os andaluces do sindicato do campo que se manifestaron collendo comida dos supermercados para denunciar a realidade social, no verán pasado, xa os xulgaron e cumpren condena mentres os Bárcenas, Urdangaríns ,Matas ...et reliqua andan xenerosamente polas rúas.

O profesor de dereito internacional,home sensato,preocupado pola saúde mental dos seus alumnos cando había que estudar o funcionamento da sociedade de nacións, posteriormente a ONU cos seus tratados,normas de funcionamento e resolución de conflitos advertíanos que non o creramos para non enlouquecer. Hai pouco vin un video de Eduardo Galeano que con retranca,pasou uns anos entre nós escapando da ditadura arxentina e algo se lle pegou,explícao perfectamente. Unha realidade que hai xa 30 anos era igual ou peor.


¿Cantos avogados hai en España?: un total de 118.775 avogados exercentes e 38.006 non exercentes.¿ Son moitos ou poucos? Aí vai o cadro, por habitantes dos distintos países veciños.

PAÍS DENSIDAD DE ABOGADOS
Liechtenstein.............. 1/192
Italia....................... 1/260
Islandia................... 1/330
España.................... 1/355
Portugal.................. 1/378
ReinoUnido............. 1/417
Irlanda.................... 1/469
Alemania.................. 1/516
Grecia...................... 1/519
Noruega.................. 1/657
Suiza........................ 1/897
Dinamarca............... 1/957
Holanda.................. 1/1216
Austria..................... 1/1536
Suecia..................... 1/2061
Finlandia.................. 1/2802

Outras anécdotas:
Hai anos naqueles despachos de avogados pata negra,como lles chama Miguel, a empresa de textos xurídicos Aranzadi sacou un reloxo tipo taxímetro que se colocaba na mesa, fronte ao confidente ou cliente,e ía marcando o prezo da consulta. Para que os pesados soubesen o que custaba o tempo do profesional.

Cando non había tantos aparellos informáticos cóntase dun avogado que antes de dicirlle o prezo da consulta miraba os botóns do chaleco que tiña desabrochados e dáballe a conta. Son catro consultas a tanto.¿E como sabe que son catro consultas?Porque cada vez que me consultaba algo distinto fun desabrochando un botón do chaleco.

O outro día mandoume un email Enrique Vázquez Pose cun montón de chistes de avogados. Aí quedan para o que queira sorrir como o fai o profeta Daniel no Pórtico da Gloria mirándolle para os peitos,hoxe rebaixados por orde dun cabilo,da raíña de Saba.


Un respetable profesor de Derecho les dice a sus alumnos:
Recuerden muchachos, lo más importante, cuando se es abogado, es saber que algunos casos se ganan y otros se pierden, pero en todos se cobra!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

*****************
Un campesino pasa frente a una lápida que dice:
'Aquí yace un abogado, un hombre honrado, un hombre integro'.
El campesino se santigua y dice asustado:
-¡Virgen santísima, enterraron a tres hombres en la misma fosa!
*****************
Se encontraba Moisés leyendo a su pueblo los mandamientos:
-Noveno mandamiento: no desear la mujer del prójimo.
A lo cual se oye la protesta general del pueblo.

Moisés aclara:
- Eso dice la ley, esperemos a ver qué dice la jurisprudencia.
*****************
Se encuentran dos amigos y uno le dice al otro:
- Me separé de mi esposa .
- No me digas, ¿Y como lo hicieron? .
- Con un abogado, él nos ayudó a realizar la repartición de los bienes.
- ¿Y tus hijos?
- Muy fácil, decidimos que el que se quedara con más dinero se quedaba con los niños.
- ¿Y quien quedó con ellos? .
- El abogado....
*****************
Método del gato para determinar la clase de abogado con que negocia:
Coloque un gato sobre el escritorio. Si el gato sale corriendo, ese
abogado es muy perro. En cambio, si el gato se lanza al abogado es porque es una rata.
*****************
Un abogado tomaba el sol en un parque, cuando se le acerca un médico y le pregunta:
- ¿Qué hace? .
- Aquí robándole unos rayitos al sol.
- Como siempre, trabajando a toda hora ¿no? .
*****************
-¿Cómo se salva la vida de un abogado que se está ahogando en una bañera?...
Se le quita el pie de encima.
******************
-¿Por qué los vampiros nunca atacan a los abogados?...
Por cortesía profesional.
******************
-Un grupo terrorista se apodera del Palacio de Justicia. Liberan a todas las personas menos a los 500 abogados que estaban en ese momento en los juzgados y cámaras de apelaciones. Exigen los terroristas 10 millones de dólares y los medios para escaparse a un lugar seguro. De lo contrario, comenzarán a soltarlos de uno en uno, vivos.
*****************
-Se encuentran dos abogados y uno le dice al otro:
'¿Vamos a tomar algo?' .
'Bueno... ¿de quién?'
**********************************
Dos trabajadores estaban caminando por el costado de la ruta, volviendo de una fábrica donde habían trabajado duro el día entero, cuando un abogado, que venía a toda velocidad, con su auto importado, los atropelló.
Uno de ellos atravesó el parabrisas y cayó dentro del coche del abogado y el otro voló bien lejos, a unos diez metros del lugar del accidente.
Tres meses después, ellos salieron del hospital, y para sorpresa general, inmediatamente fueron a la cárcel. Uno por invasión de propiedad privada y el otro por huir del lugar del accidente.
*************************************
Alumno de Derecho al presentarse a un examen oral.
- ¿Qué es un fraude?
- Es lo que el señor profesor está haciendo- responde el alumno.
El profesor queda indignado.
- ¡Lo que faltaba! ¡Explíquese.!
Entonces el alumno dice:
-Según el Código Penal, 'comete fraude todo aquel que se aprovecha de la ignorancia del otro para perjudicarlo' .
*************************************
Una persona llega al estudio del abogado más caro de la ciudad, y al entrar le dice:
-Sé que usted es un abogado muy caro, pero por $1.000..- ¿ puedo hacerle dos preguntas?
El abogado responde:
-Claro, ¿cuál es la segunda?
*************************************¿Cuáles son las 3 frases más utilizadas por un abogado?
1- ¿Tiene usted dinero?
2- ¿Puede conseguir más?
3- ¿Tiene algo que pueda vender?
*************************************- ¿Sabes cuál es la diferencia entre Jueces de Primera Instancia y los de Segunda?
- Los primeros piensan que son Dios.... ¡¡¡¡Los otros están seguros!!
********************************************
Un abogado iba llegando tarde a una importante audiencia en el tribunal y no encontraba estacionamiento.
Levanta los ojos al cielo y dice :
"Señor, por favor consígueme un espacio para estacionarme y te prometo que iré a Misa todos los domingos del resto de mi vida, dejo las putas y el vicio y jamás en mi vida me tomare otro trago...!!! y dejo de acostarme con mi secretaria que además es casada"!!!"
Milagrosamente aparece un lugar para estacionar, el tipo se estaciona y dice:
"¡No te preocupes Señor que ya encontré uno, pero gracias de todos modos!"

Mais nada. Que os Xosés teñan un bo día pese a que este ano non é festivo civil pero si eclesiástico polo menos en Galicia.

PD. Que alguén diga o que lle parece o novo Papa. Eu penso que está dando sorpresas de momento. Deica a próxima.Rafael

No hay comentarios:

Publicar un comentario