Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

jueves, 5 de septiembre de 2013

Novas sobre Andrés 2


Como me chaman algúns compañeiros para preguntarme e interesarse polo estado da saúde de Andrés teño que informar,conforme ao meu leal saber e entender, que polas informacións directas e mais indirectas que teño evoluciona favorablemente. Segue hospitalizado, con reserva das visitas aos familiares, pero cónstame que xa o visitaron Gómez Verdía, Isolino Esmorois, Enrique Vázquez Pose e o mesmo Dios,o compañeiro Agustín. Neste caso a interpretación da norma hospitalaria,tanto por parte da familia,como del mesmo é o mesmo persoal do hospital, é “in senso lato”.A impresión que lles causou é que desta sairá. Foi un aviso e de agora en diante poderá facer aquilo que poida e o demais quedará sen facer. “Ad imposibilia nemo tenetur” Fraga dixit cando o das vacas loucas foron amoreadas nunha canteira preto de “Desván de los Monjes”.Pero o certo é que é de aquelas premisas que D.Luciano Palleiro, cando nos explicaba Lóxica, dicía que era unha premisa universal que se podía predicar de todos e para todos os entes.

Estamos vivindo en tempos, nos que aquel axioma de Luciano Pena,cando en Sanmartiño se pasaba fame e frío lle dicía ao finado de de D..Manuel Bugallo que “primum vívere et deinde filosophare”

A partir de mañá terei algunha información mais e no caso de que sexa transcendente ou non deixaréivola aquí. De momento o que se sabe hai que cualificalo de boas noticias. Cos mellores desexos pata todos. Rafael.

1 comentario:

  1. Pois eu, Rafael, estou en duda permanente, se ir ou non ir ata o hospital. Dende o primeiro día que coñecín a noticia, dubidei; aínda que, naturalmente, os primeiros momentos non son os mais axeitados.
    Agora, pasado xa o susto inicial, en calquera momento, ( se segue a boa evolución ) irei a velo pa darlle unha aperta. E, se outros compañeiros van primeiro, que o fagan por min.
    O mais importante é que axiña se recupere e poidamos celebralo cunha xuntanza e un brindis pola saúde e a camaradería de todos nos.
    Ata logo
    Antonio Puertas

    ResponderEliminar