Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

jueves, 31 de octubre de 2013

Poema que presentei o pasado xoves na Radio Galega, Programa Pensando en ti, de Marcial Mouzo

AÍNDA VEXO

Aínda vexo por non ver
do meu pobo os seus encantos,
cas lembranzas daquel querer
 buligando polo meu ser,
 e alporizando os meus prantos.

Aínda vexo as túas hortas
polo Muíño do Vento,
entre corredoiras tortas,
cas paredes sen as portas
polas que entro sen alento.

Aínda vexo palillar
no sollado de Isolina,
 enfiando o pano á rematar;
 e, no pote, bolos do lar,
e cuncas pola Cantina.

Aínda vexo a bisbarra
ateigada de piñeiros;
e a Arximiro na gabarra,
ca súa moura zamarra,
escallando a rapaceiros.

Aínda vexo unha fogueira
pola outra banda da ría,
e ao Nacho nesa xeira,
escorando na traiñeira,
 por Merexo cando ardía.

Aínda vexo enfornadas,
cas fábricas á fumear,
e as tripadas entubadas,
 escorrendo mesturadas
en Cerdeiras i en Aguiar.

E vexo ó pombal de meu pai
enriba do galiñeiro;
e a botica da miña nai;
e os zapatóns que pa min fai
Modesto do zapateiro.

…Lebres no monte da Vela,
e a Tubío con Luceiro
polos carreiros da Arnela,
ou polas leiras de Insuela
cun fungueiro candeeiro.

E sinto toca-lo corno
dende a Praza ata Merexo,
e o resón do seu retorno
nos agros do noso entorno,
por onde guicha o conexo.

E vexo ao carniceiro,
fachendoso no cabalo,
con bestas de bo vaqueiro,
cruzando polo meu rueiro
e apeándose nun valo.

Con María da Zapateira,
vexo a orquestra Trobadores,
i á bailar unha muñeira,
no seu piso de madeira,
a moitos bos bailadores.

E vexo a Fonte Barreira,
 minguando no río do Prado,
ca Linda nosa leiteira
camiñando pola beira
co cántaro cobizado.

E o estrume nas bandas perde
a Mariano da Cabreira,
cun carro de toxo verde
que, polos fungueiros, ergue,
pola Grixa e a Lontreira

E vexo as ascuas po incensario
que tiña encargado o cura,
dende o agro ao campanario,
a toxeira no igrexario
era a de mais perdura.

E os Campaña e mailos Nito
tensando a corda, cun pano
de medianeiro interdito,
por ver quen leva o cabrito
polo Carme d´aquel ano.

Vexo as tropas de Finito
cun lanzamento moi lampo,
e as espadas do Morito,
ca estratexia do gambito,
remontando polo Campo.

E, a beira do bar Miramar,
a buxainas e mais aros
 i os ecos de: -Por ti ó Pasar-
cas nenas no rio á lavar
nas cantareiras, lembrarvos.



Vexo, aínda, Camariñas,
nas lustres do noso faro,
a unhas aboiadas barquiñas,
son miúdas gameliñas
refulxindo en luz de amparo.

E vexo a Costa da Morte
 co Bufardo e cas Quebrantas,
e, o Farelo, de consorte,
sangrando en ventos do norte
por esta terriña santa.

Vexo as brancas caramiñas
na Pedrosa e mais no Trece,
e o nome de Camariñas,
co berce nas areíñas
nas campas onde florece.


E vexo o faro Villano
abrindo paso cos fachos
de luces que espalla, oufano,
o rei do mar soberano,
dende a cima dos penachos.

Lonxe da miña casiña,
que tanto está a laiar por min,
os acougos da terriña
 ían coa miña morriña
dende aquel día en que eu nacín.


Antonio Puertas










2 comentarios:

  1. Como te adoran as musas.Visitante con frecuencia.Din que viaxan a pouca altura á beira da costa.Cando encontran a alguén susceptible de ser inspirado achéganse a terra.O seu reloxio biolóxico semellante ao das abellas indícalles que alguén pode recoller as súas esencias poéticas e transformalas nunha belida poesía.Tratas ben como elas te tratan a ti e deleitarasnos por moitos anos.Un saúdo con afecto como sempre.Rafael

    ResponderEliminar
  2. Moitas veces, Rafael, é cousa de meterse. Cando rematas un poema, sempre pensas, ou que ó poideches facelo mellor, ou, polo contrario, crees que non no no pudeches compoñer ti. Por iso, se no no intentas, nunca has saber ó que podes facer.
    Grazas polos teus ánimos, que, de verdade, agradezo.
    Antonio

    ResponderEliminar