Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

viernes, 28 de febrero de 2014

...Que ninguen esqueza que estamos no antroido:
UN QUILO DE MERCANCÍA

“ In illo tempore “, ninguén coñecía o que era o asfalto. As rúas de terra ateigadas de pedrolos espallados de calquera xeito, semellaban a munición de ancestrais liortas entre veciños. E, así, permanecían impertérritos convivindo apetuñados nas corredoiras, de xeración en xeración.

Todos eran coñecedores do lugar exacto onde estaban os mais sobresaíntes apósitos, que invadían envurullados a escuridade, facendo miga coas meigas dos nosos rueiros.

Os pandullos, dende xamais foran motivo de accidentes graves, salvando aqueles producidos polo etílico exterminador; a quen, moitos, estaban a poñer como escusa dos seus aterraxes en picado, por causa da evidencia cantante nos apéndices dos seus fuciños.
Non foran, pois, eles, o motivo principal do varear dunhas pernas vacilantes. Se non, mais ben, que tiñan raíces mais profundas, coa orixe en mentes alumadas polas tabernas do pobo.
A gran maioría, estaban afeitos a camiñar na compaña das sombras á feble luz do candil, sorteando os atrancos con pasos firmes, e acomodando a marcha, segundo ía ondulando o terreo; que, en definitiva, era quen marcaba o ritmo dos seus andares.

Dende logo, foi moito mellor así. Tanto o cemento coma o asfalto, houberan suposto unha verdadeira desfeita pa unha poboación arrepañada de modernidade.

Explícome: nun altísimo porcentaxe dun noventa e nove por cento, as casas non tiñan sanitarios;  nin as xentes atopaban modo pa descarga-la mercancía inflada cos berberechos da Area da Vila, dun xeito íntimo e confidencial. Polo tanto, a bacía intestinal fermentaba, nun “ tótem revolutum “ coas augas nutrientes da fonte Barreira, e as concas de tinto mesturadas na taberna de Braulio, ata lograr un caldo  esfarrapado polas rúas, típico dunha denominación de orixe.

E, así, aquela lameira agradecida, fora a cómplice, encargada de chupa-los sabores propios dos manxares mais exquisitos, pousados, en tempo e hora, por un colectivo descontrolado ao pe das súas casas.

O asfalto, houbera sido, pois, unha especie de máquina aceleradora en dias torrenciais de invernía, que ía causar, tal vez, innumerables inundacións en tascas e cortellos do lugar, por non contar as nosas rúas con sumidoiros ou canos de desaugue.

Cada quen gozaba a súa maneira da fragrancia dun chan humedecido… Ata que, os ventos do Nordés, levaban pos muxiáns as nosas propias esencias, deixando as corredoiras resecas ca codia sobranceira apegada polo vento.

Cando a situación premía, ou precisaba calma, gozabas daquel zume afrodisíaco no plácido sosego da noite; i, entón, os esquecidos pelouros, servían de panca de apoio, en tempo limitado, segundo a paciencia ou a presa esixida en cada caso.

Porén, a traxedia asomaba furibunda, cando confundía-lo cagote cun cándido pandullo desfigurado no medio das sombras. Entón, unha sarta de xuramentos alborotaban a paz das corredoiras, maldicindo ao causante daquela desfeita; quen, en moitas ocasións, coincidía co propio acugulado cagán, autor, dias antes, daquela fofa lambada.

Nos interiores das vivendas, as cousas funcionaban bastante ben. Os penicos enchíanse de contado, e con igual prema, baleirábanse axiña, sorteando o fachinelo das portas entreabertas…” Auja vai “

Esas ancestrais condutas,  foran causa, non poucas veces, de diversos baños intempestivos pa moitos sosegados transeúntes, quen, fuxían sen rosmar empapados de perfumes, perdéndose polos recunchos da escuridade coma sombras a luz do candil… E, no medio dun bramar de maldicións, seguían expostos a novas chuvieiras, en tanto non finase o aseo das mañanciñas, ou procurases amparo, lonxe dos rueiros madrugadores.

A cousa chegou a tal extremo, que tivera que intervir a autoridade competente, proclamando un Bando ,que lera saltarica Pía Maior, deste xeito:

- Os homes feitos e dereitos, terán que pedir vez pa alixeira-lo bandullo no lugar da Carnicería. Alí,  asináraselle o seu sitio e a súa hora, por orde de dependencia; considerado ese sitio o mais axeitado pa tales mesteres en situacións coma estas.
As mulleres e os nenos, quedan exentos de control - de momento- … sempre e cando axeiten  posicións  decorosas e responsables, acordes coas boas costumes que marca a nosa santa nai igrexa. Polo tanto, poden seguir envorcando coma sempre ao pe das súas casas.
Os tempos caralláns que estamos a vivir, esixen medidas contundentes, pa tratar de conter esta peste pasaxeira, coa orixe, mais que probable, nos doentes berberechos da Area da Vila. - Dixi -
 Asinado, o señor Alcalde -

Mais, coincidindo coas mareas vermellas, a cousa fóiselle das mans. O rebumbio fora tal, que, o propio Concello, veuse na obriga de fiscaliza-la situación mediante tickets numerados, que, o propio experto funcionario ía facilitando aos asistentes…  Igualiño, que, hoxe en dia, fan moitas institucións deste país.

E, pa poñer orde naquel barballeiro estado de cousas,  mesmo pa que ninguén tratara de burlar as ordenanzas, colando algún rapaceiro inmaturo, calculábase medida e peso. O QUILO, era o mínimo esixido que, un home feito e acugulado, tiña que soltar. E, a medida, era a distancia en brazos abertos suficiente, en tempo limitado, pa evitar trafulcas e liortas  imprecisas, que puideran sublevar aos aliñados.

O toque de queda, expiraba coa xornada laboral do persoal contratado.

De tódolos xeitos, pa controlar mellor aquel touporroutou, aconsellaban aos homes pasa-lo dia pescando a carón do Vilán de Fora.

Antonio Puertas

¡ Si  vieras cómo brinca el río cuando nace en la cordillera !
¡ Si vieras cuán roto y cristalino baja por la ladera !
¡ Si vieras cómo, manso, entre sombras de prados y robledas,
o, entre los chopos y los sauces, serpentea !… ¡ si lo vieras !
…huyendo siempre de su cuna, en busca de su mar eterna.

¡ Si vieras rodar la rueda de mi molino !…¡ si la vieras !
… ¡ y saltar el trigo, brotando la harina de la molienda;
 o ronronear los ejes nobles de su recia madera !
¡ Si vieras cómo, silencioso, discurre por la arboleda
bajo el verde plateado del olmo con luz de pradera !

¡ Si vieras cómo, bullicioso, entra en las fauces de las piedras,
y, mansa espuma amotinada tintinea en la vereda !
…¡ o cómo canta la alondra y se despierta la luciérnaga !
¡ Si vieras la noche estrellada, mientras descansa la aldea !
¡ Si vieras lo que yo vi junto al viejo molino de piedra !
Antonio Puertas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario