Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

miércoles, 26 de febrero de 2014

 
ESPAÑA: Unha Grande Chea
Coplas de entroido

Este ano ben tardaron
as festas de Carnaval,
Pero por fin xa chegaron
para ben ou para mal.

Entre chuvias e borrasca
está aquí con vendavais:
o Entroido xa se masca,
prepárense os comensais.

O banquete está servido:
para empezar, corrupción,
máis traballo destruído,
filloas de mel con ron.

Tes en Suíza unha conta?
emprega ben a cabeza;
se non es persoa tonta,
podes evadir riqueza.

Pagade con devoción,
meus queridos sufridores”.
Oímos este sermón
aos grandes estafadores.

Aprende ben a lección:
Eu son o que rouba agora
por democrática opción”.
Non protestes, colabora.

Protesta, non dá igual,
por mangantes afamados,
que sen estar en Carnaval
andan moi ben disfrazados.

Monta tanto, tanto monta
na festa da corrupción?
Estatísticas dan conta
de certa desproporción.

Patriotas por aquí,
bancos suízos por alá.
A Facenda pagas ti,
España é un maná.

É hora xa de aterrar
na nosa historia local:
dous anos para borrar,
que o pasamos moi mal.

No Concello santiagués
andan algo mosqueados:
por facturas, pagarés,
case todos imputados.

Ten bo ollo o Presidente
na elección do Goberno:
montado en preferente,
lévanos a un inferno.

Recortes en Sanidadde,
tamén en Educación.
Manifas en liberdade
e florece a represión.

A repetida mentira
non é verdade, abofé.
Como máximo aspira
a programa do pepé.

Maxistrados e xuíces
téñeno moi complicado:
quen mete algo os narices,
con celo é retirado.

Orellas e costeleta,
tempo de chea e fartura;
despois faremos a dieta
para reducir cintura.

Viva a Coresma sufrida!
Arrriba, Entroido carnal!
Causan algunha ferida,
en loita moi desigual.

Os velliños desta Quinta
sómosche moi asisados:
para escribir non hai tinta,
estamos ben xubilados.

O enterro da sardiña
merece unha oración.
anque pecados non tiña,
rezade con devoción!

Ledaíñas da sardiña,con tripa e espiña; de nova xoubiña
- San Xoán. A sardiña molla o pan.
- Nosa Señora da Asunción. Cómeas con moderación.
- San Martiño. Acompáñense con viño.
-Nosa Señora da Lanzada. Está boa en empanada.
- San Alberte. Na praza penso venderte.
- Santa Rosa. A sardiña é deliciosa.
- Santa María. Non está moi boa fría.
- Santa Marta. Non quero máis, estou farta.
- Nosa Señora das Dores. As prateadas, mellares.
- Santa Lucía. Máis ricas son as da ría.
- Santa Cristina. Tamén se cría en piscina.
-Todos os santos e santas do ceo. Come sardiñas arreo.

Saúdos e que vos aproveite.
Eduardo.

2 comentarios:

  1. Tratándose como se trata
    de sardiña e de política,
    unha ten moi boa crítica,
    e, a outra: mala centella a parta.
    Antonio

    ResponderEliminar
  2. Moi bonita a troba Eduardo. Tes méritos suficientes para ser nomeado segrel maior desta comunidade de orixe común. Foi pena de non poderes asistir. Outro ano ou vez será. No caso de facelo,tamén estivo Rial, poderiades facer unha regueifa con Puertas a tres en vez de a dous. Por certo que Antonio fixo unha composición pero ao lela ao fin da comida xa estaban os ánimos algo influenciados polo deus Baco e non tivo a solemnidade que lle correspondía. Espero que o compañeiro Enrique me mande as fotos para facer a crónica da xuntanza.Saúdos.Rafael

    ResponderEliminar