Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

martes, 18 de febrero de 2014

 
UN MUNDO NOVO, PROXECTO COMÚN

Baixo este lema tan xenérico, Mans Unidas afronta na campaña LV o obxectivo 8 dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) da ONU: “Fomentar unha alianza mundial para o desenvolvemento”. Parece algo semellante á “Alianza das civilizacións” de ZP, que tanto cachondeo xerou entre algúns.

No 2000 os países integrados na ONU acordaron traballar xuntos para acabar coa fame antes de 2015. Estamos tan lonxe de conseguir este obxectivo, que 842 millóns de persoas seguen pasando fame, se non morren no camiño.

Nesta campaña, MM UU quere concienciar de que a fame é un problema mundial, que require unha solución tamén mundial, con cambios profundos, como regras comerciais para os países pobres, e priorizar a persoa en detrimento de intereses economicistas-hipercapitalistas.

Metas do ODM 8
  1. Desenvolver máis un sistema comercial e financeiro aberto, baseado en normas, previsible e non discriminatorio.
Datos de 2013:
- O acceso ao comercio libre de aranceis melloroou, e chegou ao 83% das exportacións dos países menos adiantados e ao 8% dos países en desenvolvemento.
- Xapón e EE UU poñen taxas ao comercio téxtil; Noruega, a certos produtos agrícolas.
B e C. Atender as necesidades especiais dos países menos adiantados, os países sen litoral e os pequenos Estados insulares en desenvolvemeto.
En 2013:
  • A Asistencia Oficial ao Desenvolvemento minguou por segundo ano consecutivo, ata o 29% do PIB combinado dos países doantes.
  • Só cinco países superan o 0,7% pedido pola ONU: Luxemburgo, Suecia, Noruega, Dinamarca e Holanda.
  • A Unión Europea reduciu a súa contribución un 51%, o nivel máis baixo desde 2001.
  • España é o país da OCDE que máis recortou en Asistencia Oficial ao Desenvolvemento. Entre 2011 e 2012, o 0,15% da Renda Nacional Bruta, moi lonxe do 0,7%.
D. Abordar de modo integral a débeda dos países en desenvolvemento: aumentando a contía e calidade da Asistencia Oficial ao Desenvolvemento; facendo máis equitativo e xusto o seu acceso aos mercados internacionais, mellorando a súa capacidade para pagar a débeda externa , para facer a débeda sostible a longo prazo.
E. En cooperación coas empresas farmacéuticas, proporcionar acceso aos medicamentos esenciais nos países en desenvolvemento a prezos asequibles.
Segundo a OMS:
- A dispoñibilidade de medicamentos nos países en desenvolvemento vese dificultada por diversos factores: sistemas deficientes de subministro e distribución de menciñas, instalacións e persoal sanitario insuficientes, baixo investimento no sector sanitario e menciñas moi caras.
- Os produtos farmacéuticos supoñen entre o 25% e o 66% dos gastos sanitarios nos países en desenvolvemento.
F. En cooperación co sector privado, dar acceso aos beneficios das novas tecnoloxías, especialmente da información e da comunicación.
Datos de 2013:
  • No mundo en desenvolvemento, o 31% da poboación utiliza Internet, fronte ao 77% no mundo desenvolvido.

Avánzase algo neste obxectivo? Si.
Retrocédese nalgúns aspectos? Tamén.
Debemos soñar con atrapar a utopía? Opción persoal.

Saúdos coas aletas.
Eduardo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario