Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

domingo, 18 de abril de 2010

LEI DE AMNISTÍA

   O 28/02 opinei sobre o caso Garzón: Ganduxando ideas. Cortina de fume, cobro de facturas, vinganza, celos profesionais, desencontros persoais e encubrimento da Gürtel. Lamentablemente, aquelas impresións estanse confirmando.
   O 15 de marzo lin un artigo de Xaime Sartorius (El País) esclarecedor e complementario da achega de Rafael. Sartorius é avogado e ex membro da Comisión Parlamentaria que redactou o proxecto de Lei de Amnistía de 1977. Tentarei sintetizalo:

A Lei de Amnistía non ampara o franquismo   
   Na transición, a amnistía foi unha reivindicación das forzas democráticas da oposición, como a reinstauración das liberdades e os estatutos de autonomía.
   Era unha necesidade de xustiza recoñecer a centos de miles de cidadáns represaliados pola súas actividades de oposición ao franquismo.
    Tras as eleccións do 15 de xuño de 1977, promulgar unha amnistía era insoslaiable para dar credibilidade á nacente democracia. Unha Comisión Parlamentaria encargouse do proxecto de lei pola que quedaran amnistiadas as persoas que sufriran represión por oporse ao levantamento armado contra a República e á ditadura en defensa das liberdades públicas.
   Tratábase de amnistiar os reprimidos polo franquismo, non os franquistas, que xa se autoamnistiaran. Por iso foron os partidos de esquerda e os nacionalistas representados no Parlamento os que tomaron a iniciativa. Os herdeiros da ditadura non aceptaron participar na Comisión Parlamentaria, nin votaron despois a favor dunha lei que non lles afectaba.
   Non se entenden as continuas referenzas á Lei de Amnistía para amparar os delitos cometidos durante a guerra e a persecución practicada pola ditadura.
   A lectura da lei demostra que as medidas de graza aprobadas se refiren unicamente a actos de intencionalidade política e aos delitos tipificados nas leis franquistas. Non se mencionan os delitos que puidesen ser cometidos pola ditadura porque non eran considerados  como tales polas leis  entonces vixentes.
   Nos debates previos houbo un tira e afloxa dos partidos democráticos para que a amnistía fose total, mentres os representantes de UCD tentaban limitala en temas conflitivos.
    A lei ía dirixida ás vítimas da ditadura.
    É arbitrario afirmar que a lei impide investigar crimes de guerra.
   Non se fai mención ás responsabilidades en que puidesen ter incurrido os vencedores da guerra civil.
   Segundo Sartorius, o argumento de que a Lei de Amnistía impide a investigación dos feitos ocorridos na guerra e na posguerra e a busca dos restos das persoas executadas é arbitrario e sen fundamento. A Lei de Amnistía non se fixo para iso.
   Quen queira agochar o pasado que busque outra escusa.
   Até aquí o resumo
  
   Se non fose tan grave todo o que este caso deixa ao descuberto sobre a xustiza, podía ser o argumento dunha escena do camarote dos irmáns Marx.

Eduardo

No hay comentarios:

Publicar un comentario