Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

miércoles, 28 de abril de 2010

TERRA DE FRATERNIDADE

En cada esquina, un amigo
   Aquí non callou, Rafael, o soño da revolución portuguesa, pero a nosa revolución/transición chegou por vía natural e guiada por civís, que me inspiran máis confianza. Houbo que esperar tres anos, pero a aventura saíu ben, pese a que toda aventura conleva risco e sorpresa.
   Paréceme útil recuperar a mensaxe de Xosé Afonso cando lle puxo voz e fondo á revoluçao:
En cada esquina, un amigo.
En cada rostro, igualdade.
O pobo é quen máis ordena:
terra de fraternidade.
   Hoxe parece unha utopía cósmica para España, nas vertentes política, eclesiástica e xudicial, pero non debemos desesperar.

Poder xudicial
Despois do publicado sobre a Lei da Memoria histórica, a guerra civil e a ditadura, pouco novo se pode engadir sen repetirse.
O caso Garzón está envelenado desde hai tempo, e segundo as opinións que se publican nos medios, cae en moitas  contradicións. A última, o xuíz instrutor dando ordes á acusación particular, Falange e Manos Limpias, para que corrixisen os seus escritos de acusación.
Non son experto en leis, pero pregúntome como admitiron a trámite a querela  se os escritos non concretaban a acusación.
Coa recusación do instrutor o caso parece dar un xiro e mesmo parece que este empeza a xogar á defensiva.

Chantaxe/suborno
   Publicouse que a Garzón lle ofreceron retirar todos os procesos abertos contra el, a cambio  de que    abandonase a Audiencia. Isto é chantaxe, suborno ou as dúas cousas?

Conclusións
1. De estudantes, dos libros de historia só estudabamos as páxinas impares (da dereita).
2. A raiz deste escándalo nacional e internacional non está nos intríngulis procesais, quizais na presenza  invisible pero real dun franquismo emboscado.
3. A transición parecía ser modélica mentres uns puxeron  a xenerosidade e aceptaron seguir caladiños.
4. Os que se opuxeron frontalmente á Lei da Memoria son os mesmos que recorren a ela para acusar a Garzón de prevaricador.
5. Este tema non debería ter nada que ver con partidos nin con simpatía/antipatía por un xuíz; ten que ver co dilema de humanidade ou inhumanidade, como escribiu o profético Camus sobre o drama español.

L´Estatut 
   Trazas folletinescas ten tamén o binomio Estatuto catalán e Tribunal Constitucional, non sei se caducado pero si lacazán. Ante as últimas novas, a catalanofobia e o catastrofismo de certa prensa madrileña, prefiro pensar no Messianismo do Barça-Inter e programar o veraLeo do novo calendario:
leoneiro, messifebreiro, marzoleo...

Saúde. Eduardo

No hay comentarios:

Publicar un comentario