Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

viernes, 20 de enero de 2012

GANDUXANDO


    Imos dar unhas puntadas para enxergar algo do que é actualidade e deixalo neste taboleiro. De ser verdade, non hai porque poñelo en dúbida,o que nos dixo Vilariño de que este blog tivo tantos miles de entradas debe animarnos a escribir, por ben do que escribe, xa que se exercita na arte da expresión escrita e ademais comunícase cos seus lectores que é a fundamental razón pola que existen os escritores. Os ganduxos de hoxe versarán sobre estas cuestións: 1º.- Panexíricos ao finado Fraga. 2º.- Lembranza ao pasamento de Martín Vigil. 3º.- O pensamento positivo. Tres ( é un número tamén mítico, tribunal ven de tres,do indoeuropeo trei,do que logo derivaron unha morea de palabras como tribuno,tributo,tribú ... et relicua ) tres cousas que xa é materia dabondo.

    1º.-  Co gallo da morte do ex presidente da Xunta levamos varios días lendo e mais escoitando un lote de panexíricos sobre a vida e obras de D. Manuel Fraga. E certo,xa no lo explicaba D. Manuel calvo Tojo, que as oracións fúnebres deben ser laudatorias. A obra mestra era a que pronunciara Pericles, recollida na Historia da guerra do Peloponeso. Era o discurso pronunciado por alguén da tribo que pola súa intelixencia non parecera ser un necio, que destacara pola estimación pública, e que declamaba despois de que cubrisen o cadáver con terra ,eloxiando o valor do soldado que perdera a vida na guerra.

    Pois estes pasados días de tanto panexírico xa cheiraban os “castravexos” e os xornais a incenso. Hoxe que xa descansan os seus restos no panteón familiar e non o temos de corpo presente xa podemos dicir algo crítico sobre a súa obra. Como todos, durante tantos anos na vida política,deixa cousas ben feitas e outras mal feitas. A cidade da cultura é un unha barbaridade que ninguén sabe o que facer con ela. Durante o seu mandato o caciquismo en Lugo e Ourense desbordou todos os límites. Foi o ministro da propaganda na ditadura. Moita lei de prensa pero dinamitou diario Madrid para escarmento dos que non aplicasen a auto censura. Aceptou a democracia porque non tivo mais remedio. Sendo presidente da xunta pasou a metade do tempo viaxando. Xa dicían os periodistas cando o vían: Fraga visita Galicia.So nos debates do estado da autonomía ía ao parlamento e contestaba á oposición Meteu Reganosa na  ría de Ferrol que é unha vergoña para as xeracións futuras. So hai que ir a Mugardos e observala. As autovías, gratuítas en todo o Estado, púxoas de Peaxe a de Coruña Carballo e Santiago Ourense. As rías de Vigo e da Coruña aínda hoxe non depuran as augas e verten ao mar directamente. As cousas boas,reais algunhas e esaxeradas moitas, de tan repetidas xa non é preciso constatalas. Respecto ao idioma  galego tivo un respecto e unha comprensión da que carecen os actuais sucesores. Sobre isto nada mais. Existe o branco e o negro respecto a todas as realidades. Por iso temos dous ollos un para mirar á dereita e outro para mirar a esquerda. Cando vemos so por un ollo deformamos a realidade por mirala incompleta.

2º.- Martín Vigil..Un cura de novelas. Así titulaba Elvira Lindo unha reportaxe que apareceu o sábado no suplemento do Pais. Foi polo que nos decatamos de que levaba un ano falecido e que non tivera ningunha nota cronolóxica pese a ter centos de miles de lectores das súas novelas polas décadas dos  cincuenta e sesenta:A mais coñecida que todos lemos nos anos de Filosofía era. “La vida sale al encuentro”Tamén se lían outras como: “Los curas comunistas”,”Requien a cinco voces”,”Tierra brava, “Una chabola en Bilbao et cétera de case trinta novelas funda,mentalmente.
    Pois que conste que eu polo menos estoulle moi agradecido porque a súa lectura era aire fresco que entraba no mosteiro de Sanmartiño e axudaba a aflorar sentimentos e sensacións de adolescentes propias daquelas nosas idades. Era unha fiestra aberta ao mundo ao que nos prohibían asomarnos. Para saber mais aí vai cosido o artigo do Pais e o do Mundo que a través do xesuíta Lamet dou a noticia que transcendeu á prensa escrita.

Un cura de novela · ELPAÍS.com

 José Luis Martín Vigil, de novelista para adolescentes a 'cura .

 3º.- Paréceme a min que estamos envolvidos nun clima de negatividade que penetra a través dos telexornais e medios escritos e que nos fai ser pesimistas sobre a condición humana. Isto é malo para a saúde física e psíquica que se distinguen conceptualmente pera andan mais unidas que a alma e o corpo. Os benfeitores das dúas saúdes recomendan ter pensamentos positivos,acordarse de cousas agradables, ver o bo de todas as persoas das distintas realidades para así andar de bo humor e non ser un  rebechudo e perrenchudo (cascarrabias) sobre todo as nosas idades.
  
    A prensa e as noticias conforman ,como esa choiva que parece que non molla e nos empapa,a nosa maneira de pensar. Todo o mundo di convencido que a causa desta crise e por ter vivido por riba das nosas posibilidades e queda tan pancho e ademais intenta explicarcho. Por encima de pasalo fatal os que perden o traballo teñen que aguantar que a culpa foi de todos incluso deles. Axuda acceder,agora que temos de xubilados mais tempo ,a aquelas páxinas de noticias positivas. Esta é unha delas:

Corolarios: Así acababan as teses de aquela filosofía escolástica que nos tocou estudar e nas que aparecían cuestións relacionadas que as despachaban cunhas vulgaridades ou con argumentos de autoridade. Se o dixo Aristóteles ou Platón e non digamos Santo Tomás xa non había mais que dicir.
    Pois eu ao final vou referirme de pasada ao caso de Garzón,estes días saíra a sentencia. Penso con toda seguridade que o van absolver e declarar inocente. Do caso contrario a moita xente que cre na xustiza, admitindo fallos como en toda realidade,sentiríase decepcionada profundamente. O miolo da cuestión está neste parágrafo  da Lei:Se poderán gravar as conversacións na cadea “por orden de la autoridad judicial y en los supuestos de terrorismo”.Se esa “y”é alternativa ou acumulativa aí esta o quid da cuestión. Pero o Tribunal Constitucional e o Supremo xa dixeron que era alternativa. Estes días o veremos. Os interesados que vexan este artigo dun ex parlamentario do PP que é moi elocuente por vir de quen ven.

Cacería judicial | Política | EL PAÍS

Pois nada mais que hai que ir a comer .Púxenme a redactar isto ás once da mañá e van ser as dúas. Isto é o bo que ten a xubilación neste primeiro ano que debe ser cando mais se disfruta. Saúde e saúdos para todos. Rafael


No hay comentarios:

Publicar un comentario