Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

martes, 24 de enero de 2012

TRES DESEXOS PARA 2012 (Andres GV)


Son subscritor desde hai anos dos cadernos de Cristianismo e xustiza, froito do labor pastoral e académico da Compañía de Xesús desde Barcelona e San Cugat. Cos cadernos adoitan chegar os "Papeis", un folio dobrado que nas súas catro páxinas desenvolve con fondura algunha cuestión acuciante da sociedade, sempre desde a perspectiva ética e cristiá.  Tedes fácil acceso aos contidos tanto dos cadernos coma dos papeis entrando na web: http://www.cristianismeijusticia.net/. Tamén encontraredes outros recursos (videos moi interesantes, sempre actuais), anque eu recoméndovos que descarguedes sobre todo os Cadernos e os Papeis. 
Do "Papel" de decembro de 2011 recollo a parte final, que podemos titular así: Tres desexos para 2012. Os  resaltes en negrita son cousa miña. Velaquí o texto:


No ano en que celebramos o 30 aniversario de Cristianisme i Justícia, tres son os desexos e esperanzas que desexamos compartir:
 Primeiro, que as reflexións e decisións políticas se fagan sempre desde os sectores máis vulnerables e non en contra destes. A crise está a evidenciar unha relación inxusta entre gañadores e perdedores, que pode levarnos a un escenario de fractura social.
Segundo, que se logre ir máis aló da "solución única" e que, ao parecer, só pasa polo recorte de servizos públicos. É moralmente inaceptable que o desvarío financeiro e bancario estean a pagalo unicamente algúns sectores mentres se corresponsabiliza por igual a toda a cidadanía do envurullo económico en que nos atopamos.
Finalmente, esperamos que o 2012 sexa unha oportunidade para construír desde as diferentes instancias (institucións, partidos políticos, sindicatos, empresas, asociacións, ONGs, movementos sociais, etc.) un modelo de sociedade máis fraterno, xusto e equitativo, que parta dunha mirada ampla ao noso mundo e sexa especialmente sensible aos que menos voz teñen. Quen cremos que Deus se revelou como "boa noticia para os pobres", non podemos deixar de afrontar estes retos.
Cristianisme i Justícia
Decembro 2011

No hay comentarios:

Publicar un comentario