Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

martes, 20 de marzo de 2012

PAGA A PENA VELOS


Eses dous videos ben merecen,polo menos para min,adicarlle os dez minutiños mais ou menos que leva miralos.A Catedral na que temos pasado ao longo de mais dunha década algúns centos de horas, ou se cadra algún milleiro, aparece espectacular con eses ángulos de visión en todas as dimensións que sorprenden pola súa beleza. París din que ben vale unha misa e Santiago non se lle queda atrás. Debe ser que agora de vellos temos mais paciencia para a observación e gozamos mais de todas as artes.



O do botafumeiro coa procesión das chirimías e mais dos fagots tamén vos producirá algunha sensación especial. Bótase de menos aquela escola dos tempos do tío de Eduardo Seco o señor Pérez Rajoan que xunto coas voces dos tiples de Belvis era todo un espectáculo musical. Por aí veredes caras coñecidas dos nosos tempos. O mestre de cerimonias xa non é o tío dos Sanleses, D.Juan Bretal que nos tiña un cariño especial aos que eramos da comarca do Barbanza. Agora é D. Juan Filgueira que puxera de texto de Moral a Lei de Cristo do perseguido despois Bernard Hering. Ao mellor tamén sufriría algo coa inxusticia que cometeron con el.

Pois nada se vos gustaron poñede un comentario se queredes . Eu non son o voso mestre. Agora de xubilado xa non son mestre de ninguén. So de min mesmo. Se deixamos de estar aprendendo malo. Pois mais nada. Un saúdo dixital.Rafael

2 comentarios:

  1. Cando estaba a considerar esta marabilla do románico, así como o balanceo do botafumeiro, encontrábame inmerso nunha serie de pensamentos que me evocaban tempos vividos do noso pasado en Compostela.
    Acordeime do Códice Calixtino que nos roubaron, e, á vez, estaba a situarme nunha esquina da catedral vestido coa miña sotana,meu fagín e o misal, mentres cantaba o " Santiago Apóstolo, patrón das Españas...
    Fixéchesme sentir nostálxico recordando a miña infancia en Compostela, amigo Rafael.
    Grazas
    Antonio Puertas

    ResponderEliminar
  2. Cantas veces,compañeiro Puertas,temos ensaiado e logo cantado o himno ao Apostolo.Os que seguimos en San Martiño Pinario tivemos que ir do 15 de Xullo ao 15 de Agosto para Santiago e asistir a novena do Apóstolo e cantas veces temos cantado o seu himno do que seguramente acordas a música e letra.Dicía así:
    "Santo adalid, patrón de las Españas, amigo del Señor, defiende a tus discípulos queridos, protege a tu nación. Las armas victoriosas del cristianismo venimos a templar en el sagrado y encendido fuego de tu devoto altar. Firme y segura como aquella columna que te entregó la Madre de Jesús será en España la Santa Fe cristiana, bien celestial que nos legaste tú. Gloria a Santiago, patrón insigne. Gratos, tus hijos hoy te bendicen. A tus plantas postrados, te ofrecemos la prenda más cordial de nuestro amor. Defiende a tus discípulos queridos, protege a tu nación".

    ResponderEliminar