Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

sábado, 29 de septiembre de 2012

FELICIDADES, RAFAEL, MIGUEL E GABRIEL (Andres GV)

Xa estaba eu pechando a entrada anterior cando me decatei de que hoxe foi o día dos Santos Arcanxos Miguel, Gabriel e Rafael, nomes co sufixo hebreo -EL, que se refire a Deus. No caso de Rafa-EL a etimoloxía popular di que significa "Deus que remedia". No caso de Migu-EL, "Quen coma Deus"? E Gabriel para uns é: "home de Deus" (equivalente a mensaxeiro) ou "forza de Deus".
Pero aquí o que importa é que hoxe hai amigos de santo e cómpre que os felicitemos e lles desexemos longa vida e moitos anos cheos de ben e paz. E que Deus nos axude a remediar os males.

1 comentario:

  1. Grazas Andrés polos bos desexos e pola felicitación.Sempre se agradece e mais vindo dun compañeiro de pupitre que é unha relación singular e prolongada no tempo.Tamén a min me sorprende o que contas da canción de orixe ou execución republicana.Seguro que ninguén e menos D Manuel Iglesias,creo que foi quen a deu a coñecer,que nunca foi sospeitoso de querencias republicanas.Un saúdo para Alvite tamén.Rafael

    ResponderEliminar