Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

lunes, 28 de diciembre de 2009

(Fora de programa)

Hoxe luns aparece na Voz de Galicia unha carta ao Director que mandara xa hai uns días: nótase que a idade é alta e a insolidariedade corre parella no clero. Un feito de tanta transcendencia que ocupou as saídas nos telexornais e e case primeira páxina en todos os xornais e que poucas reaccións houbo a non ser nos sitios críticos coa Igrexa que representa o cardeal Rouco e simpatizantes na rede. Como di Eduardo corren tempos escuros na vida da Igrexa. A min dóeme que a maioría dos cregos dunha diocese lle impoñan o bispo. Os cregos que non se secularizaron é que teñen un amor inmenso a Igrexa. Non merecen que os traten así. Ninguén nos seus cabais pode pensar que 8 de cada dez son do PNV, proetarras, ou que son nacionalistas independentistas. Paz na terra para xente de boa vontade. Di así .

BISPOS E CREGOS

“Sorprende a noticia que saíu en todos os medios, a semana pasada, de que oito de cada dez cregos de Guipúscoa estaban en contra do nomeamento do seu próximo bispo. “Manifestamos nuestra disconformidad y desaprobación con la intencionalidad y el procedimiento seguidos en el nombramiento de D. José Ignacio Munilla como Obispo de nuestra Diócesis” . Dicía literalmente o comunicado. Sorprende tras manifestar o Presidente dos bispos que a media de idade anda preto dos 70 anos e nalgunhas dioceses mais. Son cregos maduros, por tanto, cunha experiencia longa no exercicio pastoral. Ao mellor algo de razón non lles falta á marxe das que se aduciron de tipo político,que son do PNV,que non apoiaron as vítimas de ETA, etcétera ...que nalgún caso concreto puideran ser certas pero é imposible para cadanseu.

Aos que para licenciarnos en dereito tivemos que obrigatoriamente estudar Dereito Canónico lembramos que xa o Decreto de Graciano (S.XI), que conformou o primeiro corpo xurídico canónico, establecía “No se imponga un obispo a quienes lo rechazan. Se requiere el consentimiento y el deseo del pueblo y de los sacerdotes”

Sorprende, tamén, que este Pontífice e certos bispos que con tanta xenerosidade acollen aos seguidores do excomungado Lefebre e aos anglicanos que están en contra de que as mulleres sexan curas e bispas, despois sexan tan autoritarios e intransixentes cos propios cregos que tantos anos levan servindo a Igrexa vasca”.

Rafael García Ramos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario