Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

miércoles, 15 de septiembre de 2010

ANACOS DE BOLA QUENTE

Para romper o silencio, ou mutismo que denuncia Eduardo, que soamente ten verdadeiro sentido, musicalmente, cando forma parte da combinación dos sons co tempo, vou botar a lingua a pacer dunha forma non metódica que para iso estamos en tempo estival hoxe por hoxe.
1º.- A miña,coido que de nós todos,congratulación (verba do agrado dos que defenden a política lingüística dos dous terzos) e parabéns a Andrés Viilariño ,polo premio Príncipe de Asturias da concordia,que acabo de escoitar pola radio que lle acaban de conceder a “Manos Unidas”,da que é asesor relixioso, ou Consiliario na Coruña, Andrés, por levar 50 anos loitando contra a pobreza e a prol da educación.
2º.-Tamén felicitacións a Puertas por ter sempre papel e pluma á man para, ben un conto ou unha poesía, compoñernos algo para deleite dos que o queiran ler. A súa pluma nunca se esgalla, as musas non o abandonan e xunto con Seco é un dos grandes trobadores e segrel desta quinta. Que longos anos de vida os agarden¡

3º.-Este encerado dixital,no que xa as teas de araña empezan a aparecerlle polos currunchos,
que como unha criatura coidamos intensivamente algúns, no primeiro ano de vida, o que lle está a suceder e o mesmo que lles pasa a centos de blogs que nacen con moita furia e rematan esquecidos no “desván de los Monjes” co paso do tempo. Algo parecido as parellas de mozos que cada vez,algunhas, duran menos e acaban dicindo que foi moi bonito mentres exiatiu.

4º.-Espero que o próximo sábado non atopemos este novo sinal de tráfico cando cheguemos a Muxía. 

Está tomado dun blog:“Seminarista en Lugo desde 1966”.Teñen algo parecido a nós para comunicarse por estes medios modernos. Copio aquí para suscitarvos a curiosidade de o visitardes unha descrición da vida dos seminarios nesa época que, ano arriba, ano abaixo,era moi similar: Xornal de Galicia: na edición de papel do domingo, 18,07/2010 suplemento Contexto, páxinas 5 a 7, recóllense estes fragmentos:
O fútbol era unha das escasas distraccións dos seminaristas. Así o asegura Anxo Guerra, quen xestiona o blog Seminarista en Lugo desde 1966. “A vida no internado era dura o que forxaba moitas amizades e tamén ás veces algúns sufrían as continuas burlas dos compañeiros en casos que hoxe serían considerados como acoso. Mais eran outros tempos., declara.
A pesar de toda a escuridade que envolve os seminarios, os que pasaron por eles sempre se buscan. “Case todas as xeracións de seminaristas de Lugo celebran anualmente unha comida onde lembran as anécdotas dos tempos pasados. Para moitos foi un trauma a vida de interno e non queren aínda saber nada daquel sitio onde case todo estaba prohibido, mesmo ler o Marca. Aínda que o fútbol era a válvula de escape. Xogando e como afeccionados aos grandes equipos españois”, recorda.
5º.- Espero que non tomen a mal que lles fusilase ese comentario. Xa vedes que “mutatis mutandis” neses anos Lugo e Santiago eran almas xemelgas. Ese blog encontreino de causalidade buscando información da novela de Alfonso Eiré “Amigos Sempre” que aproveitei para ler no hospital xunto coa de Alberto Canal: “Conexión Tubinga”da que xa nos ten feito unha pequena recensión Eduardo. Vale a pena lelas. Recrean moi ben unha a vida en Belvís e a de Tubinga os anos de teoloxía.

6º.- Falando de Eduardo é unha pena que non nos poida acompañar nese día de convivencia que sempre reservamos nas axendas con bastante éxito polo de agora. E unha constante verse unha vez ao ano. Fano os de case todas as promocións e de todas as congregacións e colexios de relixiosos/as. Está ben. N iso debemos ser conservadores.

7º.- Número bíblico. Con el remato. O título acordoume aquela restra de piropos que os de Sabucedo, famosos pola súa rapa das bestas, terra de Sanmartín Obelleiro lle adicaban ás mozas:Fartura do meu fogar, flor de toxo, anaco de bola quente. Supoño que Tacón será capaz de recitar a lista de memoria. Un saúdo para os dous e a ver se nos vemos en Muxía pasado mañá. Adeus a todos.Rafael


No hay comentarios:

Publicar un comentario