Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

lunes, 20 de septiembre de 2010

AS MIÑAS POESÍAS

FESTA MUXIANA
Pasei polo medio da ría
Abordo dunha jamela,
Entre manadas de corvos
Daquela vila mariñeira.
A Barca estaba repleta
De negras sombras festexeiras,
Corviños que viñan de lonxe
E outros que eran da terra.
Un voceiro muxián,
De peteiro fino e moita leria,
Pretendeu devorar ao carneiro
Que navejara sen vela.
Entre chafalladas e trapalladas,
No medio de tantos pillos,
Fíxolle ver ás bancadas
Ser da terra dos bolillos.
Ata aquí podía chejar
A paciencia dun carneiro,
Que maldicindo fixo calar
A pedra que calou primeiro.
…Abalar si que avala,
Sen timón e tamén sen vela,
E… volverá a abalar,
Cando Camariñas queira.
 
 Antonio Puertas

1 comentario:

  1. Polo que se deduce do texto de Puertas, os "Me" eran os de Camariñas, dito en fala clara: "carneiros". E polo que se intúe, os de Muxía eran os "Cuá", máis claramente dito "Corvos". Pero o texto ocorrente do poeta deixa entrever que os ex-alumnos de Belvís tiñan tamén algo en común cos "corvos"· ¿Será por aquilo que dicían os composteláns ao paso dos seminaristas de renegrida roupaxe? "Cuá, cuá, mañán chove" (Andres GV)

    ResponderEliminar