Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

domingo, 12 de septiembre de 2010

OS MEUS CONTOS

Proseguimos...e, f, g, h...


O PRAXEDES




Era a comezos do mes de Xulio, e, o nordés, inda durmía mansamente baixo unha noite estrelada , para logo, como era habitual a estas alturas do ano, ir desorellándose amodiño a medida que ían transcorrendo as soleadas horas do día que se aveciñaba.



De véspera, eu estaba moi nervioso, amañando no banco da miña casa, una liña moi longa de oito ou dez brincas e un pandullo de case un quilo de peso. Había moita correntada naquelas latitudes e, as sesenta brazas de fondo, requirían un canto axeitado ós foxos insondables do lugar.



Adrián, me tiña encomendado que, unicamente, encargara a miña nai un farturento xantar , pois íamos a estar pescando o día enteiro, lonxe de terra. Non valían, pois, unhas simples peras de manteiga das hortas de Leis, nin eran dabondo uns simples raxos de touciño da matanza dos cochos da nosa corte:

“ ti leva uns bos filetes de tenreira da carnicería do Sr Ramirez, unhas boas iemas,( que xa madurecían por aquel entón), un bo molete e una bota de viño da taberna do Sr. Braulio, que che vai a facer moita falta “, aconsellábanme os irmás Lorenzo.



Eran as cinco en punto da mañá cando, na rampla do Curbeiro, Alejandriño, un tío seu e mais eu, dirixímonos singlando de cara ao Praxedes, que xa estaba coas mechas prendidas en tanto quentábanse as máquinas de jas do allóns que nos levaría a mais de sesenta millas por fora da punta da Barca.

Amodiño, foron asomando coas primeiras clareeiras do alba, os montes de Touriñan e a punta da Barca, e, no horizonte, ían morrendo sobre o mar infinito os últimos raios intermitentes do noso maxestoso faro Vilán.



As merluzas e os besujos xa estaban a repenicar, insistentemente, dende as profundidades, e os meus brazos xa ían cansos de erguer cinco ou seis pezas en cada lance. O meu gozo de pescador vocacional non tiña parangón e notábase na miña aparencia a ledicia que me supoñía meter a bordo daquel casco de madeira nobre tal cantidade de peixe.



O vento do nordés non paraba de zarandearnos a babor e a estribor e, os “ carneiros” do mar, de brincar sobre as augas oceánicas, como años novos nun prado de herba verde.



“ A ver, Toñito, erje a liña que xa has de ter enjanchados unha dusia de besujos ” dicíame, jodón, o Sr Adrián, mentres el aproveitaba pa darlle unha farturenta trincada a un pernil asado na panadería da Sra Carme…ja.ja.já…coreaban coas risas o resto dos compañeiros.- “ Pero ti non eras ( prosejían) ese jrán pescador de que tanto presumías “…ja.ja.ja….-Deixádeme, que me repoña un pouco…isto, de tanto madrujar, non me sentou nada ben..-“…ja.ja.ja. come, o, que tes mal color….”.- Comede vos que a min, sóbrame do que xantei onte…Meu dito meu feito, alá foi polo mar abaixo o meu enjado.



Inda non era o mediodía, e, o cabrón do nordés, non paraba, dálle que che pejo, por diante e por detrás… pola destra e pola sinistra, de machucarme sen piedade. Pero, ¡ non parará de mallar este “ animador “puñeteiro de lanchiñas de feira ! …a min que xa era, mais que un pescador, un verdadeiro estropallo pelado, sen color e sen servizo, tirado enriba das madeiras do costado do noso barco …¡ “Ajuanta, ajuanta, que xa non faltan mais que catro horas … Ja. ja.ja…”!



Nunca tanto amei a miña terra e nunca tantos bicos quedaron no Curbeiro, cando os meus pes caeron valgados e os meus fuciños, bicaron o chan.



E, aquel cabrón, que me estivo todo o día jodendo, neses intres, deixou de soprar.



Antonio Puertas








No hay comentarios:

Publicar un comentario