Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

domingo, 12 de junio de 2011

DOMINGO 12 DE XUÑO

Acabo de enterarme por este medio da triste nova que nos comunica Puertas Lema. A perda dunha nai deixa un vacío tal na vida que únicamente os que temos pasado por tal experiencia sabemos ben o que iso supón. Por esta razón apresúrome a testemuñar a miña solidaridade co compañeiro e, por suposto, recollo o encargo de ter presente á finada na miña oración. Neste trance é cando mellor valoramos a grandeza e o afortunados que somos por compartir a FE NA RESURRECCION. Non perdemos a nosa nai pois solo nos separamos dela temporalmente. Compañeiro mándoche unha forte aperta.
  Aproveito a entrada para agradecer a Rafael e Andrés o térense acordado de min o día 30 de maio. E todo un detalle pois recoñezo que entro poucas veces no bloq e cando nos comunicamos pouco é fácil esquencerse algo das persoas. A verdade é que, a pesares de darlles vacacións ós do coro, non noto que me sobre máis tempo que antes. Por outra banda para mín é unha sorte ter o tempo ocupado pois, como dicían os clásicos, a ociosidade é a causa de tódolos males.  Nembargantes intentarei participar algo máis niste "estormento de comunicación". Por hoxe máis nada pois xa pasa das doce da noite. Saúdos a todos e a todas (como adoita dicirse hoxendía). Fernando Ledo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario