Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

viernes, 10 de junio de 2011

MISCELANEA X (R.G.R.)


Queridos amigos:A semana vai rematando e un día por outro teño a colaboración semanal á que me obriguei no plan de vida que,aínda de vez en cando, me impoño sen realizar. Cando é así o mellor é poñerse man a obra canto antes. E no que neste momento estou metido. Vou facer,como case sempre, un revolto de varias ideas sen moita orde. Como cando circunstancialmente nos encontramos e falamos de todo e de nada ao mesmo tempo.

O primeiro e darlle os parabéns ao noso segrel Puertas que compón eses versos con tanto encanto e primor que soamente a unha mente na que aniñan as musas se lle pode ocorrer. Parabéns por ese segundo descendente que tanto lles vai alegrar a vida a pais e avós. Os meus sobriños xa son pais todos e dá gusto ir a unha casa onde hai pícaros ou meniños como lles chaman no Cabo da Cruz,
O segundo é felicitar tamén a Andrés polo artigo de González Faus que comparte o seu contido. Ten moito mérito este xesuíta. Magoa que non o tiveran feito bispo. Polo menos habería unha zoca desaparellada como Pedro Casaldáliga que exercería a función de profeta. Mentres os ventos romanos non sopren en dirección contraria temos que facer como os mariñeiros. Paciencia e a barallar como din cando hai mal tempo e non se pode saír ao mar.
O terceiro e facer un pequeno comentario sobre o Movemento 15.M. Algunha xente xa o presenta como algo que xa tivo o seu momento de gloria e agora acabará en nada. Eu penso que como responde a unha realidade terá bos momentos e malos pero que seguira vivo. Ademais como animación e música de fondo hai unha moi boa teoría con sólidos argumentos e fundamentos tanto de” iure” como de “facto”.Aí tanto directa como indirectamente,nesta primeira fase a título individual, hai moita xente dos que hai anos veñen traballando no chamado altermundismo. O seu lema é que outro mundo é posible. Xente que estivo nos foros sociais mundiais desde hai unha década. Para saber mais: Fórum Social Mundial, Carta de Principios del Foro Social Mundial Foro Social Mundial - Wikipedia, la enciclopedia libre.
Na Voz de Galicia había dous bos representantes deste altermundismo: Ramón Chao,pai de Manu Chao e Ignacio Ramonet. Desde hai uns anos prescindiron dos seus artigos e Galicia perdeu os relatos de dúas boas plumas.
Hai un video que refire cal é o programa de fondo dos indignados ou da Spanishrevolution que se chama e que xira en torno a estas ideas centrais:Democracia participativa, reforma da lei electoral, separación real de poderes,absoluta transparencia política e fiscal e férrea lexislación e control sobre bancos e corporacións financeiras. Podédelo ver aí:
Vimeo
http://vimeo.com/24622780

A parte mais difícil é a que terá que vir agora: COMPROMETEOS. E a mais difícil pero hai un grupo moi consistente e trabado que lle dará contido a capacidade transformadora da realidade social. Eu estou moi contento de vivir estas novas circunstancias a través das TIC que son unha ferramenta impensable noutras épocas recentes aínda.
A boa teoría que sempre é necesaria para as transformacións sociais anda por,entre outras, por esta páxina:

ATTAC España | Justicia Económica Global


Nada mais. O luns farei por estar,salvo forza maior,na presentación do libro de Queiruga que nos anunciou Vilariño.Se algúns vos animades alí, no centro Fonseca, nos veremos. Cos mellores desexos para todos. Rafael

No hay comentarios:

Publicar un comentario