Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

jueves, 2 de junio de 2011

AS MIÑAS POESÍAS

Pois eu tamén, por se me esquezo, FWELICIDADES aos FERNADOs - LEDO E GARCÍA FERRO -...¡ Que días aqueles ! ¡ Que pasadas lle dabamos aos de 5º A !...
E, felicidades tamén, a Rafael, polos seus artigos chéos de sabiduría e ben escribir. E, os demais, sabios compañeiros, que os hai, chamarlles pregueseiros e lacazáns...
Aí vai, pa que se amolen:


BELDOÑA


Aldeíña de prados e de leiras,

altiva meiguiña de tan lonxe mirar;

de campiñas ateigadas de cerdeiras…

xeitosas meniñas de atraente achegar.


Acorada de fragrantes abeneiros,

á vella, mais guapa, Ponte medieval,

entre canos agurgullantes milagreiros,

que bican, dende o chan, ó Souto do Val.


O Mero, coas regueiras cantareiras,

moendo as coplas que o rio escoitou,

calado agarda muiñadas argalleiras

polos recunchos que o río escarochou.


Hospedeiro, seu patrucio Antonciño,

que, ó pasar, amañou o seu xantar,

i, enxaugou seus pes polo Curriño,

nas poceiras que anegan ese lugar.


Repolos, nabizas, patacas e galiñas,

arados, caínzos, pereiras e palleiros;

figueiras, fabas, nogueiras e mociñas,

corredoiras e valos, carballos e piñeiros.


Alí descansa, glorioso, o seu santo milagreiro,

contemplando á fermosura, no farturento xantar;

i. en xuño, agrilloado polos rezos, racha, festeiro,

o seu cestiño, das que inda non se lograron casar.


Antonio Puertas



 

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario