Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

martes, 21 de junio de 2011

Popurrí ou ola poderida 1 (R.G.R.)



O relatorio de hoxe, por chamalo dalgún modo,versará, como a meirande parte das veces,sobre un conxunto de subconxuntos sen vencello nin relación algunha entre eles. Ou sexa: será unha miscelánea como sempre pero nomeada doutro xeito.

Debo de aclarar que o DRAE ( Dicionario da Real Academia Española) di que a orixe desta palabra, popurrí ,ven do francés “pot pourrí” que,hai xa séculos tomou do español “olla podrida. ”Perdeu o “e”por economía. Na orixe era poderida. Propia de poderosos. Din que Calderón de la Barca (S.XVI) a describía como a princesa dos cocidos. Pola variedade de viandas e carnes nobres que a compuñan. Para nós sería un cocido de día de festa. Non podía faltar a carne de vaca e a galiña,ademais da de porco de distintos lugares do mesmo. Emprégase esta verba, en xeral, seguindo o dicionario,”para describir cualquier mezcla confusa de cosas diversas y en música para cantar diversas canciones continuas sin que desentonen”.

Como nos ensinou D. Manuel Calvo Tojo, nas clases de elocuencia,a introdución ou exordio ten que ser sempre breve. Por tanto xa está ben. Pasemos a mestura confusa de cousas diversas:

1ª.- Transformacións sociais: Mañá, 22 de Xuño, fará trinta anos que o Congreso dos Deputados aprobou a Lei do Divorcio. Dereito establecido en España na República e que Franco aboliu xa no 1938.Dende esa mais de 1.200.000 matrimonios disolvéronse. Desde o 2009 as unións civís superan ás canónicas. De cada cinco casamentos un é con conxugue estranxeiro. O control social está en decadencia. Cada un vive como quere .Desde o 2004 cada ano hai menos vodas. Os homes casan por primeira vez,de media, aos 33 anos. As mulleres aos 30,08.Van en aumento os matrimonios de convivencia, soamente de fin de semana e vacacións, pola incorporación masiva da muller ao traballo e a mobilidade laboral. Cada ano casan 3.000 con conxugue do mesmo sexo. As parellas de feito seguen gañando terreo. Destas hai menos estatísticas. No 2001 eran o 9%.Hoxe son o 19,3.No 1980 o 4,4% dos meniños/as nacían fora do matrimonio. Hoxe un de cada tres (o 34% dos nacidos en 2009 son de mai non casada segundo o INE (Instituto Nacional de Estatística) Hai 558.000 fogares monoparentais medrando aceleradamente. No 2002 eran 303.200.
Chamáronme a atención eses datos e aí quedan. Nada teñen que ver coa socioloxía de hai 30 ou 40 anos. Nos tempos que nos tocou vivir déronse unhas transformacións sociais superiores ás que se daban antes en cincocentos anos,en toda unha era. Afortunados nós para velos e observalos. Neste caso a conclusión patea (patet) pero non se sabe moi ben se é para ben ou para mal. O que non se pode é vogar aproado ao vento. Naufraxio seguro.
2ª.- O Domingo aparecía na prensa unha reportaxe sobre Frei José Rodríguez Carballo,o que mais manda nos farrucos. A fotografía é das que fai Xurxo Lobato na sección “Galegos na escaleira”,nas páxinas do Pais edición galega. Conta que no 63 incorporouse ao convento de San Antoniño de Herbón (Se vas ó convento de Herbón mira pró lado dereito verás o San Benitiño botando auga polo peito) no mes de Setembro,supoño que como nós con 11 ou 12 anos ao lombo ou algúns menos xa que poñían menos reparos por ter menos candidatos dos que había para curas seculares. Tiñan fama de vivir mellor e nas familias era mais honroso ca ser fraile. Ingresaban a tempo para vendimar aquel vasiño de viño que lles daban á comida os Domingos. A finais da década dos 60 no teologado de San Francisco xa eran tan poucos que viñan as clases con nós en San Martiño. Paréceme que non pasaban de dez. A entrevista que lle fai un compañeiro é tamén representatiba das mutacións sociais. Podedes llela aí:
Carballo, en El Pais: de Herbón a Roma
http://www.memoriadacoruna.com/
4º.- O premio nobel de medicina Richard J.Roberts denuncia nunha entrevista que lle fan que non están interesadas en curar as enfer midades senón en facelas crónicas
"Es una grave acusación.
Pues es habitual que las farmacéuticas estén interesadas en líneas de investigación no para curar sino sólo para cronificar dolencias con medicamentos cronificadores mucho más rentables que los que curan del todo y de una vez para siempre. Y no tiene más que seguir el análisis financiero de la industria farmacológica y comprobará lo que digo.
Hay dividendos que matan.
Por eso le decía que la salud no puede ser un mercado más ni puede entenderse tan sólo como un medio para ganar dinero. Y por eso creo que el modelo europeo mixto de capital público y privado es menos fácil que propicie ese tipo de abusos.”
Ven a conta polo da bacteria “E Cooli” que aparece como resistente a maioría dos antibióticos. A causa débese a que deixou de investigarse novos antibióticos por causas económicas de escasa rendibilidade e hai doenzas,como a tuberculose,que segue matando pola resistencia aos antibióticos que hai no mercado. Podédela seguir lendo aqui:
 RICHARD J. ROBERTS, químico y premio Nobel de Medicina: “E
5ª. Loita contra o narcotráfico. Mañá iníciase a primeira sesión,en Pontecvedra, na sede da Diputación Provincial por necesidad de espacio, o xuízo contra a maior rede de blanqueo de capitales provenientes do narcotráfico desarticuladas en Galicia.A operación coñecida polo norme de CORMORAN.Están acusadas mais dunta trintena de persoas.O principal inculpado é o veciño de santa Uxía de Riveira José Antonio Pouso Rivas,co alcume de Pelopincho que non estará no banquiño,tanto el como o seu avogado pontevedrés Manuel Franco Arjibay. Impuxéronlle unha das fianzas mais altas que se acordan en Galicia,2.000.000 E que depositou en metálico ao mesmo tempo que se fuga. Parece que ao Brasil que non ten convenio de extradición. O valor do incautado polo Xulgado de Caldas de Reis en casas,fincas,embarcacións e diñeiro supera o valor de 12.000.000 E que acabará entregado polo Estado as organizacións que axudan á curación dos drogadictos .A ver que penas lles impoñen. Canto mal levan feito na comarca do Barbanza a xente do contrabando de tabaco,ben visto e con envexa pola maioría de xante mentres se pensaba que andaban no tabaco e que logo acabaron todos no tráfico das drogas que era mais rendible. Hoxe a xuventude,moita dela é consciente dos estragos das drogas.
http://youtu.be/f8-ub-04QeQ



No hay comentarios:

Publicar un comentario