Antes de deixarvos en paz durante o tempo de verán, aí este poema adicado a nósa Vixiña do Carme e ao meu pobo mariñeiro. O vindeiro dia 16, todo o mundo pa Camariñas...non hai festas como as nosas:
O DIA DO CARME
Xa saben os mares que han ter que bailar
coas ondas da ria que veñen e van;
e os arcos dos mozos, que han ter que danzar
no espello das augas ca luz do verán.
E a Virxe do Carme xa Ela ben sabe
que, marcando o Carmelo e faro Vilán,
hai festa nun pobo e a xente non cabe,
e a ría xa sabe que pa alí todos van.
E cara a Muxía e a Virxe do Monte,
xa saben as bombas que han ter que estoupar,
e os mozos e mozas de hoxe e de onte,
a Salve nas augas terán que cantar.
Xa saben as gaitas que o mar danzará,
e a espuma nas augas en branco ha bordar
a Salve e o canto, que ó ceo voará
ca alma mariñeira da xente do mar.
Antonio Puertas.
A "Quinta do 57" é un colectivo de alumnos que ingresamos no Seminario Menor de Belvís no ano 1957 con once ou doce anos de idade. Tamén os alumnos que se sumaron posteriormente. Amigo que nos visitas, contactas con ex-seminaristas do Seminario Menor e Maior de Santiago de Compostela entre 1957 e 1969, algúns cregos, a maioría non. Este Blog cumprirá a función dos periódicos murais que ilustraban as paredes dos corredores do Seminario.
Benvidos
Belvís

Seminario Menor de la Asunción - Santiago
viernes, 11 de julio de 2014
jueves, 3 de julio de 2014
FIESTRA ABERTA 2
Decateime,
cando abrín os arquivos do que escribira neste último lustro,agardo
que non sexa o derradeiro, que nos anos 11 e 12 aínda gardaba o
calendario de tempo lectivo e non lectivo e por tanto neses meses non
tiña gardado nada.
XULIO 2010
XULIO 2013
PENOSO E LAMENTABLE
Sucedeu estes días algo insólito no eido internacional e panorama europeo. O Xefe do Estado de Bolivia,país sudamericano de mais de dez millóns de habitantes, estivo retido mais de doce horas en Austria por negárenlle Francia, Portugal, España e Italia facer unha escala técnica, na viaxe de regreso desde Rusia ao seu país por desconfiar, de forma equivocada ,que no seu interior estaba o Edward Snowden. Este cidadán americano acúsano de desvelar secretos do espionaxe que facía Estados Unidos sobre gobernos e institucións da Unión Europea.
Nos tempos que andamos e despois doa acontecementos mais inmediatos como son o resultado das eleccións europeas que rematou coa convicción de que cada partido dos maioritarios tiña sempre un electorado que lle era moi fiel poñendo como exemplo as comunidade de Madrid, Valencia e mais Andalucía. Tamén a falta de confianza nas institucións que sempre a tiveron como a monarquía,os partidos,sindicatos, organizacións empresariais e incluso bancos e caixas parece que chegamos á seguinte conclusión: Cada vez - no sentido que o entenderon os gregos, de non sentir preocupación e interese polas cousas públicas,o autentico significado da república,res pública,que tantos partidarios lle apareceron na actualidade - podemos concluír que cada vez somos menos idiotas.
Quedan
aí,para o que se achegue a esta fiestra e coa perspectiva do tempo
pasado,eses poderíanse chamar retrincos se non fose porque de vivir
D Alfonso Daniel Rodríguez Castelao poríame de xeonllos e mirando
cara a parede por tempo indefinido por ter o atrevemento de profanar
o templo das letras con semellante petulancia.
XULIO 2010
Ensinantes
apreciados
Vense de publicar un estudo realizado pola Fundación BBVA, en varios países da Unión Europea,incluída España, no que aparecen como profesións mais valoradas os mestres (7,6).médicos (7,5) e científicos (7,4). E un notable alto para estes numerosos colectivos que tan valiosos servizos prestan ao conxunto da sociedade.

A
axuda que esta magnífica estima social presta aos profesores para
cumprir coa súa función ten un inmenso valor. Os alumnos que viven
nun medio familiar e social onde se lle ten consideración aos
profesores están mais predispostos a traballar, colaborar e a
cumprir os obxectivos pedagóxicos. En definitiva a ter un mellor
aproveitamento do que se ensina e aprende,sentirse orgullosos dos
seus profesores e a superar o fracaso escolar.
Parabéns para todos os mestres, médicos e científicos que se lles recoñece a valía do seu traballo.
Parabéns para todos os mestres, médicos e científicos que se lles recoñece a valía do seu traballo.
Pola
contra os colectivos menos valorados son os partidos políticos
(3.4),os sindicatos (4.1) e as autoridades relixiosas 4.3 ) Deben
revisar os compoñentes destes grupos onde están as causas deste
escaso apoio social. A autocrítica e o recoñecemento de errores
propios achéganos aos demais E propio dos humanos cometer errores e
de sabios saber rectificalos. Por ese camiño podería vir algunha
solución a ese descrédito xeneralizado que tanto dana a auto estima
que todos precisamos para andar pola vida.
XULIO 2013
PENOSO E LAMENTABLE
Sucedeu estes días algo insólito no eido internacional e panorama europeo. O Xefe do Estado de Bolivia,país sudamericano de mais de dez millóns de habitantes, estivo retido mais de doce horas en Austria por negárenlle Francia, Portugal, España e Italia facer unha escala técnica, na viaxe de regreso desde Rusia ao seu país por desconfiar, de forma equivocada ,que no seu interior estaba o Edward Snowden. Este cidadán americano acúsano de desvelar secretos do espionaxe que facía Estados Unidos sobre gobernos e institucións da Unión Europea.
Algo falla
gravemente nos servizos de intelixencia dos países mais importantes
para cometer erros de semellante magnitude. Ninguén entende como sen
fundamento real se pode facer o ridículo desta forma.
¿ Terá isto
consecuencias para España? Seguramente os bolivianos pensen que si
despois de observar como tratan á súa máxima representación o
Xefe de Estado. En Bolivia están na actualidade: Repsol, Iberdrola,
Albertis , Aena, BBVA,Unión Española de Explosivos, Santillana.
Empresas das mais importantes. E de supor que botarán pestes contra
España e contra quen tomou esa decisión.
Pensarán como
xa andan dicindo que somos en vez da patria nai a madrasta nunha
colonia de Estados Unidos. Actuacións como estas, non deberán
repetirse. E por pedir desculpas non se perden os aneles. Isto si que
desprestixia, e moito, a marca España.
Xullo 2014
MENOS IDIOTAS
Chama a
atención, cando nos interesamos pola orixe das palabras,como ao
longo do tempo van mudando o seu significado. Na antiga Grecia, berce
da democracia e da filosofía,chamábaselle idiotas a aqueles
cidadáns tan egoístas e amantes da súa vida privada que non
manifestaban ningún interese polos asuntos públicos da súa
comunidade. Séculos despois en Roma xa significaba persoa falta de
educación e que destacaba pola súa ignorancia. Nestes tempos pode
significar quen é incapaz de entender as cousas mais sinxelas e
incluso, nun senso mais científico, aquel que padece unha
enfermidade mental que lle impide usar as facultades intelectuais. Na
vida ordinaria cando o dicimos de alguén non e ningún cumprido
senón un insulto humillante.
Nos tempos que andamos e despois doa acontecementos mais inmediatos como son o resultado das eleccións europeas que rematou coa convicción de que cada partido dos maioritarios tiña sempre un electorado que lle era moi fiel poñendo como exemplo as comunidade de Madrid, Valencia e mais Andalucía. Tamén a falta de confianza nas institucións que sempre a tiveron como a monarquía,os partidos,sindicatos, organizacións empresariais e incluso bancos e caixas parece que chegamos á seguinte conclusión: Cada vez - no sentido que o entenderon os gregos, de non sentir preocupación e interese polas cousas públicas,o autentico significado da república,res pública,que tantos partidarios lle apareceron na actualidade - podemos concluír que cada vez somos menos idiotas.
Que
teñades un bo verán e que non falte a saúde que soamente a
valoramos cando vemos que estamos a punto de perdela. Como sempre
saúdos. Rafel
Suscribirse a:
Entradas (Atom)