Seguindo
co de meses pasados vou deixar aí o que neste lustro
teño escribido. Como antes o mes este de San Andrés,aproveito para
felicitar por anticipado aos Andreses, aínda non escribín o que lle
corresponde, por facelo sempre cara ao final do mes, así que vai o
do mes pasado. Paz e ben para todos como nos saudaba o amigo e
compañeiro Ramón Senín. Que a viaxe que andan preparando resulte
ben. Saúdos .Rafael.
Novembro
2010
NOVACAIXAGALICIA
Debemos felicitala por ser a primeira entidade financeira que
presenta a súa escritura de constitución ,no Rexistro Mercantil ,no
idioma propio de Galicia. Parabéns a quen tomou a decisión.
Hai tempo que nas notarías hai uns carteis indicando que o galego é
unha lingua plenamente válida e eficaz para formalizar os seus
documentos. Vostede pode solicitar que os seus documentos notariais
se redacten en lingua galega. Esta opción non pode supoñer atraso
na redacción ou autorización do documento nin comportar
ningunha clase de sobre custo.
Malia a información quéixanse
os notarios do pouco que se solicitan as escrituras en galego.
Por
iso é de agradecer tamén que os dirixentes de NOVACAIXAGALICIA
declarasen que van a garantir a súa clientela comunicarse e operar
en galego,participar en iniciativas de todo tipo para a difusión da
lingua do pais e facer do galego o idioma oficial para a publicidade
comercial e sociocultural da entidade.
Acontecementos desta
índole son un exemplo a seguir para outras persoas físicas e
xurídicas. Se o galego vale para constituír a entidade financeira
mais importante de Galicia tamén servirá para constituír
empresas,outorgar testamentos e mercar ou vender casas.
Novembro 2011
ALGO
HABERÁ QUE FACER
A capacidade que temos para aguantar todo o
que nos boten temos que recoñecer que é ilimitada. Se non fose pola
excelente sanidade publica que temos, tamén no tocante a educación
sanitaria e mais á prevención,xa teriamos morto de infartos polo
que leva acontecido ultimamente.
As
brutais cantidades de diñeiro que levaron os directivos das caixas
por deixalas na ruína¡ Que se repartan mais de trinta
millóns de Euros ,cinco mil millóns das pesetas das de
antes,os encargados de administralas coa dilixencia dun ordenado
comerciante e que as nosas autoridades digan que non volverá a
suceder non me digan que non é para morrer ou tolear de por vida¡
Os nosos irmáns portugueses xa lles anuncian que para o ano, se
gañan mais de mil euros ao mes, non poderán cobrar as pagas
extraordinarias se son funcionarios ou pensionistas.
Nos medios
de comunicación para encontrar unha boa noticia hai que mirar coa
lupa.
Poderemos resistir con este ritmo mais tempo?Algo teremos
que facer. Polo menos saír a rúa pacificamente para mostrar o
cabreo e rexeitamento e dicirlle aos que nos gobernan ou gobernarán
que non nos tomen por parvos. Que os traballadores,os parados,os
profesores,os médicos e persoal sanitario os funcionarios e
pensionistas non fomos os que afundimos a economía e non debemos ser
os únicos que o paguemos. Polo menos a dignidade de protestar
pacificamente non a perdamos.
Novemvbro
2012
ENTÉNDEO
ALGUÉN
O
día do Pilar, na celebración do acto presidido pola familia de El
Rei,ao final do desfile militar, case un milleiro de invitados
asistiron a unha recepción no Palacio Real. Son sempre autoridades
políticas e personalidades do mundo militar,empresarial,xudicial e
do deporte e a comunicación.
Entre
os invitados estaba o señor Rato,e mais o señor Divar, ex
presidentes de Bankia e do Tribunal Supremo respectivamente. Todos
sabemos as circunstancias polas que tiveron que dimitir dos seus
cargos. Un por deixar arruinado o banco e outro por usar diñeiro
público para fins de semanas caribeñas de carácter privado.
Poucos
entenderán as razóns polas que son invitados. E como se aquí
invitasen aos anteriores administradores das caixas que se negan a
devolver as cantidades de diñeiro inchadas e desmedidas que levaron
e polo que terán que responder ante a Xustiza.
NOVEMBRO
2013
MARTIRES
ESPAÑOIS
No
día en que elevarán aos altares a 523 persoas cualificadas como
mártires durante a guerra civil pola Igrexa española sería
necesario e xusto non esquecerse dos que morreron defendendo a
república.
Hoxe
sabemos que moitos deles eran alcaldes, concelleiros,mestres,
médicos,afiliados a sindicatos e partidos políticos ou dirixentes
de asociacións culturais que defendían unhas ideas xustas e nobres.
Sobre todo os que aínda permanecen nos foxos ou gábeas e fosas
comúns deben canto antes poder ser enterrados no lugar que lles
corresponde con dignidade.
Merecen
ser honradas todas as vítimas pero sobre todo as esquecidas. Os que
estamos xa xubilados, mais os que están á beira de selo, acordarán
como durante a longa noite de pedra que chamaba Celso Emilio Ferreiro
despois de escoitar o parte nas radios remataban sempre:”Gloriosos
caídos por Dios y por España. Presentes.Viva Franco. Arriba
España”.
Os
que morreron por defender a república tamén merecen a súa gloria.
Outubro
2014
Interese
legal do diñeiro
Fíxase
cada ano na Lei de Presupostos. Desde o ano 2009 é o 4%.No proxecto
deste ano será, se non o remedian, do 3,5.Chama a atención que en
Francia pasou do 3,99 en 2008 ao 0,04 para o 2014.En Italia nese
mesmo tempo pasou do 3% ao 1%.Por outro lado o Banco Central Europeo
pasou ,tamén nese tempo, do 4% ao 0,05 %. ¿A quen beneficia ou
prexudica que sexa tan alto?
Beneficia
aos bancos e grandes empresas de subministración. Por descubertos en
conta poden cobrar e cobran 2,5 veces o interese legal do diñeiro.
Nos préstamos hipotecarios se hai demora poden cobrar até 3 veces o
interese legal. Prexudica aos que non puideron atender as súas
obrigacións, por quedar no paro , e aumentárenlle considerablemente
as débedas e mais as familias que por solidariedade axudan a
pagárllelas aos parentes.
Nestes
tempos revoltos case ninguén entende nada. ¿Como se explica que a
Unión Europea, impón para os 28 países normativas comúns, como o
espacio que han ter as galiñas poñedeiras nas granxas, a capa dos
porcos por métodos químicos e prohibir as redes do xeito na pesca
da xouba e da sardiña e ,algo de tanta transcendencia para a vida
das persoas, teña cada pais membro tan disparatadas e inxustas
normas?
Que
deputados e parlamentarios, discuten estes días a Lei de
Presupostos,miren por isto e non fagan aos do seu país de peor
condición que italianos e franceses. Do contrario temos que concluír
que non nos representan.”””