Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

lunes, 31 de mayo de 2010

12 GLOBOS DE PAPEL CON MENSAXE


De acordo ao anuncio que fixen de botar doce bombas de palenque para inaugurar os festexos conmemorando o primeiro aniversario de “quintado57”debo comunicarvos un cambio semántico: Relevar bombas por globos.

É certo que en Galicia ven de vello anunciar as festas con pólvora. Incluso había rivalidades entre parroquias. Un argumento que os da comisión utilizaban con eficacia para recadar mais. Non fora que os do pexego de arriba foran menos que os do pexego de abaixo. Ademais de indicar festa , de mais antigo,parece que ven o de estoupar a pólvora pola crenza de que así arredaban as nubes e mais a auga. Nunca estivo ben visto que se aguasen as festas.

Quedan,por tanto,inauguradas as festas con cadanseu destes globos coa súa correspondente mensaxe que chamamos valores dos que debemos enchouparnos,mais ca en en viño,para transmitilos aos que nos arrodean.

Que vos parece se adicamos o que resta de semana á celebración?.Pois dito e feito. Xa nos veremos no campo da festa. Rafael .Velaí os globos:
 
1ª Respecto,
2ª Igualdade
3ª Dignidade
4º Solidariedade,
5ª Honestidade
6ª Responsabilidade
7ª Cooperación
8ª Honradez
9ª Liberdade
10ª Paz
11ª Fraternidade
12ª Galeguidade


                                 






                                                                     BOAS FESTAS¡

        (OS GLOBOS LEVAOS O VENTO E NON HAI FORMA DE QUE GARDEN UN ORDE)






Un despiste e unha aclaración AGV.

Eduardo, seguro que é un despiste, pero debo aclarar que a caveira coa ra forma parte da abigarrada portada da Universidade non da catedral de Salamanca. Na catedral o detalle que se fixo famoso é a inclusión dun astronauta nunha das portas laterais, que dan á Praza de Anaya, para sinalar que a restauración máis recente foi unha intervención de fins do século XX, con motivo de acollerse alí unha das exposicións de Las Edades del Hombre. (AGV)

"Cumpreanos feliz" deste blog (AGV)

Dá xenio asomarse a este blog. Nestes poucos días encheuse de novas coas aportacións de distintos compañeiros. Os ánimos de Chucho I. Muras resultaron eficaces.
Bonita e suxerente a invitación do meu tocaio Andrés López Amboage. Arquivo os datos da finca para saber ir e, xa de entrada acepto a invitación. Anótame, logo, Andrés. Quedo a expensas de que na parroquia non teñamos complicación especial. Ao ser sábado non teño compromisos . Animarei a Manolo Alvite e reenviarei a invitación a todos os compañeiros dos que teño a conta de correo. Non vaia ser que nos pase coma aos convidados ao banquete da parábola de Xesús, que uns e outros se excusaron e perderon a festa. Encontrarse cos amigos é sempre unha festa.
¿Que fai Lisa Simpson nesta "entrada"? Está tocando "Cumpreanos feliz, happy birthday, good mornig (era o título orixinal). Aproveito para seguir reclamando presencias e aportacións. En correo á parte reitero os modos de acceder e de aportar novas "entradas". Gardade esas claves nun documento de word ou nunha nota ou tarefa  de Outlook.
Os comentarios non necesitan clave de acceso.
Para Eduardo: xa sospeitaba eu que unha visita a Salamanca era pouco premio para o que mereces, pero o da "boneca chochona" (¿ou chuchona?  e o do "canciño piloto" fíxome rir tanto que por pouco me dá un punto no cadrís..
Únome ás felictacións aos "Fernandos" de  Rafael  (que estás en todo, tío, e que memoria). Andres GV)

FELICITACIÓNS AOS FERNANDOS


Aínda que sexa cun día de atraso cometeriamos un acto de esquecemento inexplicable e incomprensible se deixaramos pasar o día de hoxe sen felicitar aos que onte estiveron de días: Fernando Ledo,Fernando García Ferro,Fernando Castro Marcote e non sei se polo camiño queda algún mais. A todos eles que quede constancia desta felicitación. Que teña sido un día moi feliz. E de onte nun ano moitas veces.

Hai anos témolo pasado moi ben. Ese día relaxábase a disciplina .Era o Santo do cardeal D. Fernando. Daban viño á comida. Ao chegarmos ao refectorio despois da bendición xa dicían:”Benedicamos Dómino”.Os que fomos fumadores precoces,xa en Belvís, podías fumar sen tomar moitas precaucións porque a vixilancia era nula. Despois de comer,como consecuencia de inxerir as esencias do deus Baco, andabamos polo aire e víñamos polo vento calquera que fose o sitio a onde formos,antes de ir a facer o exame de conciencia,como último acto comunitario do día.

Non sei os demais.Cada un tivo o propio ritmo biolóxico. Eu empezara a fumar ,cando tiña 15 anos,no verán do 60. As malas compañías. Para o primeiro trimestre levaba cinco paquetes de celtas curtos. Gardábaos,por consello dos mais veteranos nesas lides,nos pés das camas que eran ocos. Había que sacarlle as gomas e ilos metendo. Collían, no segundo semestre, ata doce paquetes. Cando xa parecía que se acabaran sacudías e sempre caían algúns cigarros. Custaba naquel tempo cada paquete 10 reais. Mantendo moitos anos o mesmo prezo.

Falando de conmemoracións mañá fará o ano que inauguramos este blog. Como pasa o tempo.¡

Hoxe ás 12 da noite encargareime eu de botar doce bombas de palenque dixitais para declarar empezados os festexos para celebralo. Espero que se escoiten en toda esta pequena ,mais ben, comunidade virtual. Ao longo do día de mañá se, por casualidade, cadrase de entrardes na quintado57 ou nos seguintes días que quedarían habilitados, a estes efectos, como as festas do patrón que duran varios días, deixade unhas liñas dándovos por decatados.

Os oficiantes da cerimonia relixiosa terán que ser Andrés e o coro de Fernando. Se non pode ser unha misa de capotes, como lle chaman no cabo da Crus,que sexa cantada cun solo crego nesta época de escaseza.

Se perdemos o humor e as ganas de rir cos demais perdemos unha das partes esenciais desta vida. O herdo dos pobres, do que ninguén poderá desposuírnos, nos acompañe por e para sempre .Amen .Rafael

sábado, 29 de mayo de 2010

Macedonia X

Salamanca
   Á viaxe a Salamanca podo renunciar nestes tempos de estreiteces. Coñézoa ben desde os tempos da quinta. Máis recentemente teño pasado varias fins de semana a poucos metros da catedral da ra agachada na fachada.
Antes consideraba a Santiago e Salamanca como as cidades españolas máis fermosas. Agora non estou tan seguro.
Como premio, confórmome cun Perrito Piloto. Que alegría! Que alborozo! Ou cunha simple Chochona,  que es barata y es muy mona!

Misa cantada
   O 23 non seguín a misa televisada porque facía unha andaina  polos espectaculares salóns do río Lérez. Recupereina na dirección indicada, pero non sei por que o son do vídeo tiña moi pouco volume. Así, baixiño, non se notaban os efectos dos nervios dos que fala o director. Parabéns para Fernando e o seu coro! Hai uns meses sorprendeume ver lendo unha sobriña miña, compoñente do coro de Pontecesures. Unha boa maneira de facer apostolado por parroquias, con permiso de Gaudete.

Prisciliano, un mito necesario
    Prisciliano na cultura galega. Un símbolo necesario. Presentación interesante. A lectura do libro, máis. É un  achegamento científico, moi documentado, a Prisciliano, como impulsor do primeiro espertar cultural de Galicia.
   Prisciliano, bispo de Ávila, foi decapitado por herexe. A maior parte dos bispos da Gallaecia, co triple de extensión da actual Galicia, era priscilianista. Aquí tivo moitos seguidores, sobre todo mulleres. Exeria, coetánea súa, posiblemente fose unha delas.
   Un libro para reler. Segundo Victorino, Prisciliano é un mito necesario.
Para Otero Pedrayo, "unha poderosa individualidade, a maior se cadra que Galiza xerou. Non foi un home illado, foi do seu tempo e aínda máis profundamente do seu pobo".
Para Castelao, un dos símbolos meirandes de Galiza e vai o primeiro na procesión da "Santa Compaña dos inmortais galegos".
   Achegarse á súa teoloxía, para moitos xenial, é conveniente, porque "os santos son herexes que teñen éxito e os herexes son santos fracasados", segundo L. Racionero. Aparecen moitas citas de Queiruga e de Uxío Romero que defenden a ortodoxia do mártir de Tréveris.
A ignorancia do presente deriva do descoñecemento do pasado. Igual son acaídos aquí os versos de León Filipe:
Si atentamente miras
 has de hallar en la vida atrocidades...
Las historias repletas de mentiras
y las fábulas llenas de verdades.

Cope
   Onte escoitei un pouco esta emisora, que repetiu varias veces unha campaña para pedir eleccións anticipadas. Patriotismo? Apocalipse?  Hai quen lle pide ao Goberno que recorte a asignación á Igrexa. Imprudencia?

Paella 
 A invitación de Andrés é unha proba da súa xenerosidade e da da súa dona. Algún mérito tamén llelo hai que dar a este blog e ás xornadas anuais de convivencia. Non si? Graciñas.

       Saúde. Eduardo.

Invitación

Este año mi mujer tendrá vacaciones en julio ,de modo que no estaremos ahí para la convocatoria de septembre . .El próximo iremos en agosto y sólo en 2012 tendré la posibilidad de veros a todos de nuevo . Por eso quiero darme la ocasión de compartir una paella y unas sardinas con los que pueda . Dudé en haceros esta convocatoria porque en mi finca-que es a donde os quiero traer-no podría acoger con un mínimo de confort a más de 20-24 , sobre todo , si se pone a llover ( tendríamos que meternos en el garaje) . No obstante, como supongo que entre aquellos que estén de vacaciones fuera de Galicia el 10 de julio y los que consideren demasiado a desmano "mi feudo" puede resultar que ninguno que lo desee quede sin poder acudir , decidí abrir mi correo electrónico (andyluc2000@hotmail.com) para que los que se animen "se apunten" .Cuando lleguemos a los 22 os lo digo aquí en el blog .
La finca la tengo en Visantoña , a nueve kilómetros largos de Melide ( A Coruña ) . Si venís de esta dirección , queda a la salida de Melide , bajando a la izquierda .Hay un indicador que pone : San Mariño-Visantoña-Ribadulla .Pasado el kilómetro nueve llegaréis a una bifurcación donde señala: : Visantoña (veréis un serradero a la derecha) .Seguid esa carretera que lleva a la iglesia ( 1 km) y a unos doscientos metros , a mano derecha , veréis una casa blanca con arcos en las ventanas frontales y en el porche : A casiña dovoa .Estaréis en la vuestra .Como es lógico ,si venís de Santiago , la desviación queda antes de entrar en Melide , a la derecha .
Para que el arroz no se pase sería conveniente que estuviesemos todos a las dos y media allí .
El próximo domingo os digo como va la lista y quienes se apuntaron ya .
Un saludo . Andrés L. Amboage

jueves, 27 de mayo de 2010

ANDAR DE LERIA


Tardei uns días en asomarme a esta fiestra e atopeina chea de información e noticias. Non podo dicir como Rafael Dieste a “Fiestra valdeira.”.En primeiro lugar felicitar a Chucho por saltar á area. Non te arrepentirás. Os que estamos moi cerca da xubilación ou xubilados,co paso de tempo hai que rematar indo aos talleres de memoria para non perderse despois de perdela. Un antídoto óptimo é a escritura. Así que a practicar preventivamente. O peor é poñerse e vencer o síndrome da cuartilla en branco. Para iso hai que andar con algo con que escribir e algo onde escribir sempre con un. Algo que se lea ou se vexa que pareza interesante apuntalo e así vaste facendo con un material que che vale para logo escribir algo Xa ves que o meu é predicar pero unha cousa distinta é dar trigo.

Nótase ,polo que dis, que estamos no mes das flores. Vesme con ollos de amigos de vello que soñaron xuntos moito tempo e ,de moi novos, cando a intensidade é inversamente proporcional a idade.. Un bico moi grande para a túa nai e que predique por moitos anos. Tamén para a túa dona.

A Andrés haille que agradecer que sempre nos informe dos compañeiros e acompañe ás familias en momentos que sempre se valora moito. Gracias a el mantense tamén ese bo costume de vernos unha vez ao ano. Ademais de agora en diante achegarase a esta xanela mais asiduamente. Xa o demostrou.

Se Isolino lee este mural que reciba o sincero pésame pola perda do seu irmán extensivo a Pepe que sempre tiveron comigo unhas atencións especiais cando estivo en San Martiño do Porto, do 69 ao 71, que estivera eu en Franza. Convidáronme sempre as festas familiares como un mais da familia. Unha aperta.

A Fernando vino dirixindo o coro e pareceume un verdadeiro “maestro de capilla”.Parabéns. Iso é saber música e demostralo. Eses compoñentes da coral seguro que te adoran. Hai xa moitos anos,cando Xoan Trillo Pérez que levaba 8 anos estudando música en Roma veu de vacacións, leveino ao Cabo da Crus a comer a casa de meus pais.

Logo vostede, dille meu pai, se leva tantos anos estudiando música en Roma xa sabe tocar moitos instrumentos?: Non sei tocar ningún. Pero dirixira algunha orquestra ou coro? Tampouco. E logo que coño estuda?.Estudio composición. Bueno.

Despois,nun aparte,díxome: ese amigo teu, moito me estraña que compoña música para outros e el non toque nin dirixa nada.
Se te vise a ti ,Fernando, non poría en dúbida que sabes de música e que es un mestre.

Cambiando de tema. Este ano xa sabedes que se celebra o 25 aniversario da estrea da película MAMASUNCIÓN do gran Chano Piñeiro que se nos foi tan fora de tempo, como Luis Seoane, deixando moito por facer despois de ter aprendidos o oficios de cineasta e pintor polifacético. Con ese motivo sacaron en Sargadelos unha figuriña para conmemoralo.

Onde vivo eu ,no Temple, do concello de Cambre, hai moitas familias que traen da aldea aos seus maiores para cabo dos fillos e netos. Cada vez menos pero aínda se ve a algunha patroniña co pano á cabeza é de loito que podían ser ou parecerse ás poucas superviventes de mamasuncións que tivemos en Galicia.

A semana pasada no supermercado unha desas dille a caixeira:Canto vale esta caixa de fresas? 3 Euros. E no me quitas algo?.Non señora e prezo fixo. E canto pesará? Sobre 3 kilos. Podo probar unha? Se leva a caixa si. E se na levo non?. Pois probe. E mira, estará algunha mal? .Se as leva mirámolas e quítolle as malas. Non sei se as leve ou non. Vostede verá.

Cando cheguei á casa comenteino. Ese mesmo día mercara o nº de Maio da Revista TEMPOS NOVOS que trae un pequeno texto dun tal Leo. F Campos que reza así.
TANTO TES, TANTO VALES (Antes do título aparecen 9 tarxetas de crédito e débito de distintas entidades que antes era frecuente ver nas carteiras dos pagadores e das que se facía ostentación. Hoxe reducíronse moito)
“Esta vida son dous días e as listas de garda andan xa polos cento e pico. Pouco mais ou menos. Algo mais de de cen milleiros escasos de galegos/as manifestándonos pero está visto que non somos ninguén. Non somos nada. E parécenos a nós que somos moito. Boh vivimos de prestado. De milagre. E lle así. E namais. E como andamos, señora Carme? Imos indo. Hai que ir morrendo. Pois si. O importante é ter saúde. Pois é. E non levar un golpe na cabeza. Cando falla a saúde...Si cando empezamos os achaques...Malo. E que milagre non vir hoxe Pepe? Ah non é que está enfermo ,señor doutor. Vaia, aínda o outro día andaba todo ghicho....Cando está de ser, está de ser. E de que foi? Era visto. Non sabe un onde a ten. Parece mentira. Non lle é de crer. E tan bo home como era. Boh,é unha desgraza. Entón. Poia nada a coidarse, eh?. Pois vale. Sabe que en latín significa¨que teña saúde?.Pois non non lle sabía,non. Pois si.”

É curioso. As restantes reflexións que as quite cadaquén. Por hoxe mais nada. Un saúdo afectuoso para todos. Rafael


miércoles, 26 de mayo de 2010

UN AGASALLO DE ANDRES

Pois sí, o noso compañeiro Andrés tivo a deferencia de invitarme a que levase o Coro Parroquial a cantar na Misa da TVG o día de Pentecostés. O día que lles dei a noticia ós membros do coro foi como o estoupido de un bombazo. ¡Xa quixeran outros ter esa oportunidade de actuar diante das cámaras para todo Galicia!. De seguido empezamos a preparar o repertorio con enorme ilusión por parte de todos. Chegado o día, tódolos veciños da parroquia estiveron plantados diante de televexo xa que a nova corrérase como a pólvora. Quedaramos en que ás nove e media habiamos de estar na entrada de San Fructuoso; eu cheguei alí as 9,15 e xa fun o derradeiro en chegar. A nosa actuación estivo condicionada polos nervios (como era de esperar), producíndose os conseguintes fallos resaltados pola sensibilidade dos micrófonos da televisión. Con tódolos fallos, penso que fixemos un papel decoroso na mesma liña de outros coros que nos precederon este mesmo ano. De todos xeitos ós compoñentes faltoulles tempo para chegar á casa e miralo en internet con gran espírito crítico. O máis importante é que este acontecemento servíu para mellorar a autoestima do coro e renovar a ilusión para continuar con esta tarefa que tanto nos enriquece.  Como ben dixo Andrés, ó remate da Misa, o feito de que nunha parroquia rural de 130 veciños funcione un coro composto de 30 persoas maduras é todo un signo. Eu mesmo estou asombrado de que esta xente teña a perseverancia (acreditada dende xa oito anos) de acudir puntualmente os luns e xoves ó ensaio de 8 a 9 da tarde cada curso de Outubro a Maio. Claro que non todo é ensaiar: este próximo domingo temos unha cea (coma sempre no local dos ensaios) con menú moi caseiro, tamén coma sempre, no que cada señora trae da súa cociña unha delicatesen para compartir; outros traen o viño, o café, os chupitos,......logo empezarán os cantos por soleares hasta ben entrada a madrugada, todo coma de costumbre.  Este curso terminarémolo o día 5 de xuño facendo en autocar o camiño de Santiago en orden inverso para rematar no Cebreiro cunha Salve trala Misa vespertina.
Eu tamén quero sumarme á benvida de Chucho Muras a este faladoiro pois axuda a alonxar a idea de decadencia que parecía asomar no hourizonte. Precisamente non fai moitos días que tiven o pracer de pasar un día na súa compaña, xunto coa súa dona, disfrutando das vistas dende o cume do Pico Sacro e de outras paraxes do entorno. Aquél día de sol maravilloso tomou algunhas fotos con unha cámara diabólica que posúe. Non sería mala idea que nos amosase aquí algunha daquelas fotos e, de paso, que nos refrescara a memoria sobre aquela paisaxe que moitos dos blogueiros coñecen dende os tempos do Seminario e tamén por ter celebrado alí unha das xuntanzas de setembro. Ahí queda eso. Hala, Chucho!
Por hoxe mais nada, que xa é media noite. ¡Ánimo todos, que non decaia!. Fernando Ledo.

¡Premio para Eduardo! (¿Unha viaxe a Salamanca?) (Andres GV)

Así pregoaban os feirantes das tómbolas: ¡Premio para el caballero! Eduardo gañou o concurso de identificación, anque recoñece que hai cuestións que merecen un estudo complementario. Non será en Salamanca onde encontrará as respostas ás preguntas formuladas, pero Salamanca está tan preciosa que merece unha visita e visitala é xa un premio para quen o fai. Cando, hai máis de corenta anos, estudaba alí teoloxía, os automóbiles levaban no parabrisas traseiro un reclamo turístico que recollía unha frase de Cervantes en "El Licenciado Vidriera". Dicía así (cito de memoria): "Salamanca, que enhechiza la voluntad de los que de la apacibilidad de su vivienda han gustado". No meu caso é certo. Salamanca enfeitizoume. (AGV)

Coro parroquial de Arnois. Dirixido por Fernando Ledo (Andres GV)

Pídovos que entredes na páxina da TVG (www.crtvg.es), que piquedes en Televisión "á carta", que escollades na casilla "Tipo" de programas os "Relixiosos" e na casilla do lado desta "Santa Misa". Aparecerásevos un cura coñecido cunha data na parte inferior dereita desa imaxe. Picades na do día 23 de maio pasado e poderedes ver a Fernando Ledo González, cura de Arnois, dirixindo o seu coro parroquial. ASí teredes unha razón para felicitalo. Suscitar no medio rural unha actividade tan suxerente e creadora de vínculos, recreativa, cultural, semente de expectativas culturais en todo ese entorno, non é fácil, supón esforzo e sacrificio por quen ten a iniciativa e por quen a seguen. O coro de Arnois, coma algún outro, poucos, das nosas aldeas, promove alegría, fraternidade e ilusión. Noraboa, Fernando. Antonio Puertas, algo fixeches diferente do que fixeches outras veces, se os versos perden identidade e se difuminan coma texto en prosa. Gardan algo de musicalidade, pero temos que volver atrás para recoñecelos coma versos. Fai o intento dunha "nova entrada" (AGV)

martes, 25 de mayo de 2010

AS MIÑAS POESIAS

...Non sei que está a pasar...as poesías saen sen espaciar as estrofas...¿...?

AS MIÑAS POESIAS

Eu tamén quero darlle a benvida a CHUCHO ( inda que non me fago coa sua cara).BENVIDO, compañeiro, e non te preocupes polo que poidas escribir.Eu tampouco son ningún fenómeno por moito que tí nos poñas nó teu púlpito.Dende xa teño un novo "rival " ideolóxico.E, dende xa, von a ser apaleado por todos vos.A ver se alguen que este ná sombra me vota unha man Veña, vai esta poesía tan so para os que esten dispostos a axudarme: A MIÑA NAI FOI PALILLEIRA A miña nai foi palilleira, Foi desas que estaban nas portas Coa almofada por compañeira. Desas que adormentaban aos nenos Sen querer pechar a fiestra, Desas, a miña nai foi palilleira Tecendo mantelerías, Fachenda da nosa terra, Desas, a miña nai foi palillera. Dende sempre levou á almofada e, dende sempre, peneirou en ela, Como sempre ó fixeron As palilleiras da miña terra. Antonio Puertas

MACEDONIA IX

   Sirvo outra ración de macedonia con froitas variadas.
   Benvido, Chucho, ao club dos poetas e prosistas vivos. Seguro que o teu exemplo vai animar a outros que ao mellor espreitan nas sombras.  

Presentación de libros en Pontevedra
   - Prisciliano na cultura galega. Un símbolo necesario.  Victorino Pérez Prieto. Editorial Galaxia.
     26 de maio no Centro Cultural Caixanova. Falarán, entre outros, o autor e Rubén Aramburu. 
   - A graza daquel verán. Manolo Regal Ledo. Encrucillada.
     27 de maio na Galería Sargadelos.

Xustiza lenta, inxustiza rápida
   Este título dun artigo de Cristina Almeida paréceme o mellor resumo do que está acontecendo coa terceira pata  do sistema democrático español.

Cóengos banqueiros
   O bispado de Córdoba demostra que tamén  se pode predicar desde os púlpitos financeiros, para atender o apostolado do ladrillo. Este bispo debe ser gafe, porque leva unha racha de escándalos difíciles de igualar. Vivan san Pancracio e san Carlos Borromeo! Esperemos que non poña un circo de ananos.

Identificación
   Na foto que colgou Andrés están: Pereira Castiñeiras, García Ferro, Bermúdez Outes, Dios Vigo e Bello Arjomil. Ferro e Bello son os cregos. A cámara era do único que a tiña naqueles tempos. As demais preguntas contestareinas cando vaia a Salamanca.

Atila en Galicia
   Atila segue cabalgando por aquí en cuadrúpedo de ferraduras de aceiro. Ás veces deslízase sixiloso sobre caucho Michelín, que tamén impide agromar unha das mil primaveras que Cunqueiro degoiraba para o galego.

Patriotas de cartón
   Ante tantos patriotas que defraudan a Facenda, que buscan paraísos fiscais, evaden capitais e predican pragas bíblicas para España en foros internacionais/financeiros; ante as dificultades do Tribunal Constitucional para resolver o tema do Estatuto catalán, acordeime do poema  Madre España de Miguel Hernández.
Para celebrar o centenario do seu nacemento e por estar rematando o mes das flores e das letras, incorporo o  poema do pastor de ovellas botado a guerrilleiro (poético):

Madre España
ABRAZADO a tu cuerpo como el tronco a su tierra,
con todas las raíces y todos los corajes,
¿quién me separará, me arrancará de ti,
madre?

Abrazado a tu vientre, quién me lo quitará,
si su fondo titánico da principio a mi carne?
Abrazado a tu vientre, que es mi perpetua casa,
¡nadie!

Madre: abismo de siempre, tierra de siempre: entrañas
donde desembocando se unen todas las sangres:
donde todos los huesos caídos se levantan:
madre.

Decir madre es decir tierra que me ha parido;
es decir a los muertos: hermanos, levantarse;
es sentir en la boca y escuchar bajo el suelo
sangre.

La otra madre es un puente, nada más, de tus ríos.
El otro pecho es una burbuja de tus mares.
Tú eres la madre entera con todo tu infinito,
madre.

Tierra: tierra en la boca, y en el alma, y en todo.
Tierra que voy comiendo, que al fin ha de tragarme.
Con más fuerza que antes, volverás a parirme,
madre.

Cuando sobre tu cuerpo sea una leve huella,
volverás a parirme con más fuerza que antes.
Cuando un hijo es un hijo, vive y muere gritando:
¡madre!

Hermanos: defendamos su vientre acometido,
hacia donde los grajos crecen de todas partes,
pues, para que las malas alas vuelen, aún quedan
aires.

Echad a las orillas de vuestro corazón
el sentimiento en límites, los efectos parciales.
Son pequeñas historias al lado de ella, siempre
grande.

Una fotografía y un pedazo de tierra,
una carta y un monte son a veces iguales.
Hoy eres tú  la hierba que crece sobre todo,
madre.

Familia de esta tierra que nos funde en la luz,
los más oscuros muertos pugnan por levantarse,
fundirse con nosotros y salvar la primera
madre.

España, piedra estoica que se abrió en dos pedazos
de dolor y de piedra profunda para darme:
no me separarán de tus altas entrañas,
madre.

Además de morir por ti, pido una cosa:
que la mujer y el hijo que tengo, cuando pasen,
vayan hasta el rincón que habite de tu vientre,
madre.


   Os poemas de Miguel Hernández son dos máis musicados:
Paco Ibáñez (Andaluces de Jaén)
Joan Manuel Serrat (Hijo de la luz y de la sombra)
Manolo Escobar, Manolo Sanlucar, Luis Pastor, Jarcha, Alberto Cortez, Victor Jara, Aguaviva, Los Lobos...

Saúde. Eduardo

lunes, 24 de mayo de 2010

Benvido, "Chucho" (Andres GV)

Moi ben "Chucho" por esta entrada. Que entres moitas máis. Benvido ao club dos escribidores. E non te desculpes por facelo ao teu xeito. Xustamente iso, o xeito de cada un, é o que lle dá o seu aquel a este mural da Quinta do 57. Andres GV.

saudando ós blogueiros

Quinta do 57

 Non vos desanimedes vendo que sodes moi poucos os que participades no blog. Coido que somos algúns mais os que vos seguimos inda que sexa pasivamente.

Non pensedes que a causa da escasa participacion, sexa motivada polos temas que se tratan frecuentemente. Acausa principal é que non todos estamos o mesmo nivel nesto de moverse na REDE. Na nosa xeración este asunto pillounos xa maiorciños; e según o tipo de actividade-laboral etc,uns tiveron que meterse de cheo e a fondo, outros fuchicamos un pouquiño de cando en vez, outros non lle tocan. A min pasame o que apuntaba Ledo cando empezou a sair,que lle daba certo complexo. Os que somos do coeficiente intelectual baixo (como din os da Galega “o celta non è quen de gañarlle o depor”) non somos quen de sentar catedra en temas tan politicamente correctos, como los que plantean los catedraticos: Seco P., Rafael, Senin, A.Puertas, Andres etc...

Pero asegúrovos que estou decote agardando as vosas ilustres intervencions que por descontado comulgo mais con unhas que con outras. Por si non o sabiades considerome discipulo de Seco, Rafa e Ledo. Falando de discipulo,estou agardando impaciente as Navidades,mellor os Reises porque xa teño a carta feita pra pedirlle tres pulpitos pra tres persoas que gostan moito de predicar: pra miña nai, que pra Agosto cumpre 96 pero inda predica, pra miña compañeira,  pra Rafael, un ben alto, porque con ese DON non sei si natural ou sobrenatural, polo que de calquer acontecemento, noticia, evento etc, todo lle da pé pra mentalizar, orientar, aconsellar, aleccionar, concienciar etc....asíque ese púlpito que os Reises non me negaran,  sirva para que o Rafa siga con novas forzas e continuidade por moitos anos cultivando esa CUALIDADE.

Espero que me disculpedes por entrar nun medio tan culto deste xeito co meu galego sin pasar pola criba da normativa. Cando acabe un cursiño de fotografia digital, intentarei mirar un pouco da gramática galega inda que solo sexa por levarlle a contraria ó Sr.Feijoo.

Un saúdo,
 I.Muras

domingo, 23 de mayo de 2010

Faleceu un irmán de Isolino Esmorís (Andres GV)

Esta tarde de Pentecostés, lendo La Voz, atopeime coa esquela funeraria de Jesús Esmorís Cambón. Faltoume tempo para ver se entre os parentes aparecían os irmáns José e Isolino, como así foi. En San Martiño do Porto, concello de Cabanas, despois de Pontedeume, tiveron lugar as honras fúnebres, hoxe mesmo, domingo. Desde aquí unha aperta fraterna de amizade e de esperanza en Cristo resucitado ao ben querido Isolino, e tamén a José, e a todos os irmáns Esmorís.
Precisamente onte, sábado 22, foi o cabodano de Severino Calvo Barros. Tivemos ocasión de encontranos na eucaristía, en San Pedro de Mezonzo da Coruña, os "condiscípulos" Rafael García Ramos, Javier Romero Mengotti e Enrique Vázquez Pose, ademais de quen isto escribe. Saliento a palabra "condiscípulos" porque creo que é unha palabra moi seminarística. Entre compañeiros de carreira e de instituto, no ámbito extraeclesiástico, creo que non se usa. Pensei que acudiriamos máis. Iso fíxome pensar que este blog é pouco concorrido, xa non polos escribidores habituais, que nos contamos cos dedos dunha man (e a man pola que se me conta a min ás veces tamén lle falta algún dedo, polas ausencias que teño), senón tamén polos poucos lectores, sospeito. Creo que se en vez de anunciar no blog o aniversario de Severino, mando unha mensaxe múltiple de correo electrónico, esa comunicación podería ter logrado máis eficacia.
Aproveito para incluír unha fotografía e obrigar a vosa memoria a recoñecer os compañeiros que están nela. Non esá Isolino, por certo. Acéptanse apostas.
Dos cinco que están, dous son cregos. É a única pista que vos ofrezo.
Ademais dos nomes, haberá que contextualizar a imaxe: ¿Ano e curso académico en que foi feita? ¿Onde? ¿Que fotógrafo? ¿A cámara de quen era?

viernes, 21 de mayo de 2010

SUXESTIÓNS BLOG (R.G.R.)


Como ven xa o bo tempo. era hora, e algúns empezarán a coller vacacións vou, conforme vos dixera a expor algunhas ideas sobre a continuidade desta bitácora como tamén acostuman algúns a nomear.

Hai que recoñecer que para a nosa xeración estas novidades foron introducíndose moi lentamente nos nosos hábitos de vida. No meu Instituto queda aínda na sala de profesores unha máquina de escribir de carro grande que por certo ninguén utiliza. O papel carbón cando se lle mostra aos alumnos poñen cara de ver algo antediluviano Pero o caso é que pouco a pouco fomos acomodándonos e agora se nos quitan o computador somos xa incapaces de vivir. Teño un compañeiro que prefire que lle leven o coche,a cama ou que o deixen en panos menores pero que non se lle avaríe ou lle falte o ordenata.

Indo ao gran. Propoño abrir un remuíño de ideas para que participen os que,con mais ou menos entradas, o fixeron algunha vez e tamén os que non o fixeron nunca sobre como podería funcionar este blog.

Eu propoño abrilo a mais realidades e que cada un de nós aporte as súas reflexións,informacións ou o que queira sobre calquera, de vez en cando,dos seguintes apartados que eu chamo SUBENCERADOS:
Sociedade
Educación
Economía
Relixión
Política
Actualidade
Cultura
Novidades,inventos
Historia
Literatura
Galicia
Curiosidades que se descubriron
Noticias Positivas
Anécdotas do seminario
Cociña (Receitas experimentadas)
Humor
Recesión de libros lidos
Comentarios
Imaxes ...e outras mais que se vos poidan ocorrer. Non gardan orde ningunha.

Para min o importante sería que adquirísemos unha especie de compromiso de polo menos escribir unha vez a semana, aínda que sexan unhas poucas liñas, a non ser que por forza maior o teñamos que deixar. Isto é cuestión de vontade e disciplina e nos fomos educados niso. E Como deixar o tabaco. Ninguén o deixou que non tivera vontade firme e segura de deixalo.

No que queda do mes de Maio procurade manifestarvos, por suposto si queredes, sobre ese remuíño de ideas. Sería unha boa maneira de celebrar o aniversario e comezar outra andaina para que a criatura como lle chama Eduardo medre san e repoluda e non a teñamos que mandar ao “Desván de los Momjes”como nos pediu Fernando.

A ver si no que queda de Maio facemos esa catarse,a poñemos por escrito,e celebramos o aniversario por todo o alto, con banda de música, Misa solemne, con padre predicador incluído, bombas de palenque e baile a altas horas da madrugada coa Paris de Noia e a Panamá, sen faltar unhas necoriñas cun bo albariño e por riba copa,café,puro e queimada . Eu si hai ganas de seguir ao mellor anímome a continuar pero se non o mais probable é que o deixe. A obriga imposta era por un ano e fun cumprindo.
A PARTICIPAR E A XOGAR MENTRES REMENDADOS PODEMOS CONTALO¡.
Amigos como sempre. Rafael
N.B. Ghustoume moito o conto de Antonio. Noraboa e a seghir fabulando. Rafael

OS MEUS CONTOS

TEMPO REVOLTO

Einda hoxe, despos de tantos anos, ninguén sabe a siensia serta o que aconteseu naqueles días.
Levábamos xa catro noites de temporal e outros tantos de calma chicha. A víspera, eso xa foi  demasiado: as camas apareseron pola mañansiña sedo co cabeseiro nos pes e ,o seu traqueteo sobre os pisos de madeira , semellaba un “tablao flamenco”, coma se estivera actuando a mismísima Lola Flores (q.e.p.d). Os tronos e  as sentellas fixeron abanear as casas e as xentes non sabían ben a que aterse. Pasaban os frontes e  de contado a calma chicha era desconsertante.

Moitos, apenas tiñan desamarrada a jamela, vendose oblijados a refuxiarse no bar de Bautista, pa sejir coa partida de dados que deixaban, día tras día, pendente de rematar.

Eu tíña trasado unha folla de ruta aquel día, aconsellado por máis de catro mariñeiros xubilados, que mataban o tempo dando consellos e falando sobre temas do mar.Daquela, non había pensionistas coma hoxe ,polo tanto, non estaban vixentes as falangueiras plaiadas sobre quen ía cobrar máis ou menos ao final de mes.

A recomendasión que me deron, pos, era que tiña que erjerme moi sediño, se quería encher de contado o sesto e levalo fresquiño a carón da Señora María a Xaviñana. Dése xeito, acabaría axiña e o meu peto pa mercar unha bisicleta, encheríase de contado. Ademáis, dese xeito, podería chejar con tempo dabondo a escola e non perderme nin os resos dentrada, nin o “Cara al Sol”. Pero, o home propón, e San Pedro ou San Pablo, dispón.

Madrujén, coma se nada pasara aquela noite, a pesares dos pasodobles da miña cama, e baixén coma unha sentella desprendida dunha nube, cara a miña RAMPIÑA DAJIAR. Alí estaban xá, fieles a sua sita, os catro homes de sempre, ajarrados ese día a sua barrija baleira, ríndose das penurias que houbo de pasar a víspera un valente vesiño, que atrevíose a botar o rastro do camarón na banda denfrente.

Prejuntén de onde soplaba o vento, pos estaba calma chicha, e, mentres uns ergían o braso cara a Basa, outros, miraban de reollo po monte de Leis, xirando amodiño a cabesa pa enriba do firmamento ,limpo  nes es intres,  coma a patena do cura, ninjén supo darme unha explicasión ,a pesar da súa experencia de lobos de mar e, encolléndose de hombros, calaron repentinamente deixándo de rir.

A miña primeira reasión foi de desconserto pero,de sejida, non fasendo caso dos mais pesimistas aujurios, mandén a liña a pescar. Apenas ía voando a canga prendida na brinca, cando varias robalisas deborábanse entre sí, fixeron, nun abrir e serrar de ollos, fora dabondo un so lanse pa enchelo meu sesto. Subín jalopando e, os de sempre, índa non lles dera tempo a baixalo braso, nin a serrar a boca pa contestar a miña prejunta. Ó tempo xa cambiara outra ves de súpeto. Aquelo era unha verdadeira cousa de tolos.

Aserquénme a Plasa de Colón debullando unha jranada, e, fasendo cola cos demáis rapases, ajabeamos as escaleiras da escola que a duras penas ajuantaba o desfile da tropa. Alí estaba firme o noso mestre falanxista, con camisa nejra e aire de flecha perdida, indicándonos a cada quen o lujar que, por lista, tocáranos ocupar no noso frente daprendizaxe. O tema do día non podía ser outro que analisar entre todos as causas daquel tempo que estabamos a ter.

Cada un de nos, engadía a súa idea que ía, ende botarlle a culpa ao amoreamento de carros na banda de Leis, pola desfeita que estaba a ocasionar a nova estrada entre Cereixo e os Muiños, ata desir outro que ,todo era debido o balanseo da Pedra d´Abalar que, por serto, aquel  ano tiñase pasado en acunar romeiros.

Ó final do debate, semellante aos que hoxe en día fan os politicos en asamblea, prevalesío a teoría de que todo era debido as pelexas entre San Pedro e San Pablo, por ver se os das dereitas ou os das esquerdas, ian a entrar no paraíso.

Doutro xeito aquelo nin tíña explicasión. E así se fixo constar nos cuadernos embarruados da nosa escola.

Antonio Puertas
 
 
 




.


jueves, 20 de mayo de 2010

MACEDONIA VIII

 Tras oito días sen abrir o blog, alégrame ver que segue vivo e contar con novas achegas de
Andrés, ademáis das habituais de Antonio e Rafael.

Fútbol/sociedade
  O  domingo, 16, estaba en Barcelona á hora do partido que proclamou ao Barça campión da liga.
Non se necesitaban artiluxios eléctrónicos para coñecer a marcha do encontro. Na praza de Cataluña, con pantalla xigante e miles de devotos, e diante de cada bar con tele cantábanse e celebrábanse os goles; as ocasións falladas con huiiiiiis! de infarto. A partir do primeiro gol as bombas e as buguinas dos coches puxeron a súa cota de contaminación acústica. Camisetas, bufandas, gorros, bandeiras e escudos azulgranas daban monotonía á paisaxe urbana.
  Nunha misa da mañá un acólito a punto estivo de rematar a primeira lectura cun "Palabra de Pep", título dun libro moi vendido. Ao lado brillaba outro best-seller: Messi, historia del noi que se convirtió en leyenda.
   Que tería sucedido se volvesen gañar todos os títulos?
   Onte a mediodía o aeroporto de Barcelona estaba invadido polos exércitos armados coas cores do Atlético e do Sevilla. Colchoeiros e sevillistas conquistaron a cidade por unhas horas. Os de seguridade pretendían dividir a cidade en dúas áreas para evitar enfrontamentos, pero só houbo espectáculo futbolístico. Unha noticia positiva! Ata din as crónicas que as afeccións se abrazaron: as penas compartidas encollen e as alegrías aumentan.
   O fútbol é unha relixión que mobiliza masas tamén en tempos de crisis.

Igrexa con historia e literatura
   Visitei Santa María do Mar, recén restaurada. Unha igrexa impresionante de estilo gótico catalán. Un cartel anunciaba que a restauración fora patrocinada por Caixa Galicia. Daqueles despilfarros igual lle veñen as penurias económicas.
   La catedral del mar, de Ildefonso Falcones, trata novelísticamente da construción desta xoia.

Arredor da criatura
 Falta pouco para o 1º cumpreanos oficial do blog. Resumo as miñas impresións:
1. O blog paréceme positivo, pese á escasa participación. É un lugar de encontro e exposición de ideas.
2. É lóxico que haxa opinións distintas, non se trata de convencer. Con todo, os argumentos lóxicos son útiles no campo da persuasión.
3. As achegas non me parecen monotemáticas, ainda que haxa temas dominantes. Repasando as entradas vin bastante variedade de temas e xéneros: xeografía, historia, lingua, política lingüística, literatura creativa, música, cine, dereito, memorias, bibliografía e wwwgrafía, comentarios de libros e revistas, etnografía, relixión, política eclesiástica, avisos, hemeroteca, política, crítica social, cultura...
4. O hipotético carácter monotemático creo que non é a causa da cativa  participación. Cada un escribe sobre os temas que lle interesan/gustan e poden non coincidir cos intereses doutros. Pero calquera pode colgar os seus temas e ampliar o abano. Se non tocamos balón, non entramos en xogo.
5. Como non sabemos os gustos/intereses dos ausentes, creo que buscar novas estratexias é dar paos de cego. Con todo, benvidas sexan novas propostas!
6.  Podemos revisar o que queiramos, pero sempre seremos os mesmos.
     Dar a criatura , con raquitismo crónico, en adopción paréceme algo complicado. Haberá pais que queiran recibir un crío escrequenado como o Rañolas de Os dous de sempre de Castelao?

Saúde. Eduardo



  
...O dirixirme a Andrés, é extensivo tamén a Rafael e aos demais compañeiros...Vale.

Antonio

POST DATA...

Claro que sí, Andrés, que comprendo que todo o mundo ten dereito a que os seus mortos descansen, se pode ser, preto dos seus…pero, a miña avoa, nin nos, os seus netos, poidemos  nunca desenterrar ao irmá do meu pai, porque ninguén sabe a cencia certa onde está soterrado. Sospeitamos que é un de tantos miles fusilados polos pelotóns comandados por Carrillo e que reposa no cementerio da Almudena. Eso foi o que poido averiguar a miña familia naqueles tempos convulsos (era católico e iso foi o que lles dixeron). .. érgan tamén as cinzas  daqueles que foron vitimas da chusma desalmada da PRE- de da POS guerra vivil…de TODOS ou de NINGUÉN, aí está a diferenza.

Vale. Zanxemos xa o mal recordo de todo aquelo…a eso me refería eu e, de aí viña o meu enfado que xa esquecín.

Antonio

martes, 18 de mayo de 2010

AVISOS E CONSIDERANDOS (R.G.R.)

Queridos amigos:O sábado quedáranme os avisos. Quero dicilos e non predicalos. Na zona de Negreira, na década dos 60, tense fomentado o cooperativismo implicándose algúns cregos a fondo .Cando se falaba da solidariedade e da unión dos socios,condición fundamental. para o bo fin da cooperativa e se referían a que o dixera o crego,algún paisano preguntaba. Pero iso o cura díxoo ou predicouno? As consecuencias xa vos imaxinades que para el eran distintas.

1º.-No día das letras ocórreseme un poema que no ano 57 ,en que nos comezamos a andaina académica e vocacional, compuxo o finado de Novoneira e que di así:

GALICIA será a miña xeración quen te salve?
Irei un día do Courel a Compostela por terras libradas?
Non a forza do noso amor non pode ser inutle¡

Moi bonito o que nos brindou Andrés. Tamén e de alma de poeta o comentario que fai. Parabéns.

Moito se leva feito e a obra non está rematada. No 1976 adicouse a D. Ramón Cabanillas, tamén estudara no seminario de Santiago uns catro anos e daquela, ao mellor xa o contei, os libros en galego collían no maleteiro dun Dyane 6 e os LP de música galega en dúas caixas. Hoxe a Libraría Couceiro,na Coruña, que soamente vende libro editado en galego cóntanse por milleiros os exemplares. Comentoume un día que,nalgún hai varias novidades e cada semana pasan de media ducia.

2º.- Onte, por forza maior, non puiden ir a Santiago como era o meu deber. Estiven presente por representación. Non me botarían de menos Terei que xustificar a falta no caso de que pasaren lista. Parece que como sempre a nosa lingua ten moitos amores. A lingua é a alma dun pobo e todas elas son un ben prezado.

3º.-O poema co que Eduardo quixo honrar a Uxío ten unha forza inmensa. Describe unha realidade da que hai que partir para modificala. E un canto a esperanza. Ten moitas lecturas. Gracias
Eduardo.

As boas noticias positivas que a Eduardo lle gustaría ver hai que mirar con vidros de aumento para constatalas. Máxime nestes días que nos volven as nubes do pesimismo a turbarmos as mentes. Pobre do pobre. Os mercados que ninguén ten o gusto de coñecelos persoalmente veñen a amolar sempre aos mesmos.

“Un padrenuestriño para que Deus nos libere da xustiza”(Album Nos Castelao).Por hoxe mais nada,A todos saúde e sorte. O restante que precisemos virá de seu .Rafael.


POST DATA. Cando ía colar o texto precedente advertín que este fin de semana chegara moito xénero.(Así chaman os de etnia xitana á chatarra) Xa Antonio Puertas parecía que andaba en malos tratos coas musas pero por fin prestáronse a inspiralo cun excelente poema. Que non decaia a produción de calidade. Cóntanos mais prosaicamente cando te interveñen desa cirurxía que esperas para poder prestarche calquera axuda que precises.

Lin o que escribiches baixo un estado de ánimo airado respecto ao Xuíz Garzón e moi condicionado por esa dolorosa experiencia da perda ou asasinato dun tío en Madrid por ser católico. Cada un ,como dicía José Ortega y Gasset ,é el e a súa circunstancia. Por ese entendo que estas cousas vividas moitos anos dolorosamente inflúan na percepción da realidade. Fas ben cando ao final dis que tes que escribir porque se non traizoarías a túa familia que loitou e sufriu nas propias carnes e que iso debe esquecerse porque ninguén quere que se repita.

Cando un obra conforme a súa conciencia obra rectamente tanto no ético como incluso no xurídico. Cando no 92 foron os xogos olímpicos moitos xuíces absolveron,na experiencia de xuízos rápidos, sobre todo a sudamericanos, do delito de suborno,por pretender que o axente de tráfico lle dixese o que lle tiñan que dar para retirar a multa. Os xuíces entenderon que ao acreditarse que obraban en conciencia porque nos seus países era un hábito consuetudinario,obrando de boa fe, sen caberlles na cabeza que iso fora algo malo, non podían consideralos delincuentes..

Dito isto Amtonio con todo cariño e respecto tamén me terás que recoñecer, aínda que non o compartas, que os que teñen os avós ou familiares enterrados en fosas os queiran levar para os camposantos como nos gusta a todos.

Despois do que tamén comentou Andrés de forma sensata e como xa vexo que nos agasallaches coma sempre coa túa bonita lírica unha aperta e para o 3º Sábado de Setembro, vaino reservando, para vérmonos na Barca, en Muxía, preto da Camariñas dos teus quereres.

A Andrés agradecerlle que sempre haxa alguén vixiando para que a convivencia non se deteriore e que os comentarios que se fan se presume, como o valor nos militares, que se fan con liberdade e confianza sen pedir escusas. En relación coa monotemática e que iso pode apartar aos demais de participar eu penso,paréceme, que non debería ser a causa. Tampouco o nego. De todos modos como o meu compromiso foi participar activamente,unha colaboración semanal, por un ano que pronto se cumpre debemos revisar se o podemos canalizar de outro modo para que mais compañeiros se sumen a este clube comunicativo. A próxima semana adicareina a dar algunhas ideas a ver si prenden. Farémoslle así a revisión anual a criatura para ver o que precisa para seguir medrando en familia ou a damos en adopción. Xa está ben que se acaba o papel.

Con relación a Severino gracias como sempre Andrés por avisarnos. Cando me chamaches para darme a noticia,vai facer un ano,escribira para a Voz Dixital o seguinte:

Finaron dous filántropos

A Coruña acaba de perder dúas persoas benfeitoras da humanidade. Un deles ,o Doutor Camilo Veiras Candal, a quen glosou ese xornal, na edición de onte, divulgando as calidades que embeleceron o seu exercicio profesional, como médico oncólogo, ao longo de 40 anos. O outro, o Doutor Severino Calvo Barros de corpo presente. A súa incineración será hoxe Venres as 11 da mañá. Adicou case 40 anos tamén ao exercicio da medicina na especialidade de cardioloxía. Foi Xefe de Sección da U.C.I. do CHUAC e ex-presidente da Sociedade Galega de Medicina Intensiva e Unidades Coronarias. Ambos traballaron en pór remedio aos dous males meirandes que rematan coas nosas vidas: o cancro e as doenzas do corazón. Debémoslle recoñecemento e agradecemento polo ben que deixan feito a tantos enfermos que teñen salvado e aos familiares que tanto consolo e axuda deixan dado. Ao seu abeiro téñense formado xeracións de especialistas que continuarán o seu labor para ben de toda a sociedade no momento en que os precisarmos. Os que tivemos a inmensa fortuna de beneficiarnos do trato e amizade dalgún deles estarémoslles agradecidos o resto da nosa vida. Que o mellor os acompañe para sempre. Descansen en Paz.

No seu cabodano ao que penso asistir que sirva de lembranza cariñosa que ambos merecen. Eu a Camilo,era Director do Oncolóxico, non o trataba. Saúdos afectuosos para todos. Rafael

lunes, 17 de mayo de 2010

A RODIÑA RODA

A rodiña roda
tirando do carro,
tensando da corda.

Cantando no aire
cantares da sombra,
coas penas que leva
pola corredoira.

O estrume fumea
deitado na leira,
suor do traballo
da terra galega.

E os bois rumían,
chafalleiros nas hortas,
a fame que levan
no eixo das rodas.

A vara aguillada
o lombo a soporta,
virando a rodiña
ó tensar a corda.

Miúdos paxariños
no esterco bulideiros,
pululantes nos airiños
cos insectos baldroeiros.

A rodiña roda
tensando no aire,
sen romper a corda,
o labrego bágoas
sementa na horta.

Antonio Puertas

domingo, 16 de mayo de 2010

Cabodano de Severino Calvo Barros (Andres GV)

Acabo de ver en La Voz a esquela comunicando o cabodano de Severino. O funeral de aniversario será o próximo sábado, día 22, á unha do mediodía, na igrexa parroquial de San Pedro de Mezonzo, na Coruña. Aproveito este aviso para inserir unha fotografía de Severino no encontro de setembro de 2007, en Belvís, conmemorando o cincuentenario do ingreso. Está, xunto con José Sanlés, falando con D. Manuel Calvo Tojo.  Ao lermos  este comunicado e ver a fotografía, fagamos un silencio íntimo e sintámonos unidos na mesma fe e na mesma esperanza. A fe no Deus creador, a esperanza en Cristo  resucitado. Pasade aviso a todos os compañeiros.

Antonio Puertas: Unha equivocada conclusión. (Andres GV)

Meus ben queridos amigos todos: acabo de ler esta liña nun texto aportado (nunca mellor dito, pois supoño que aportare debe ser un verbo relacionado con porta: levar algo á porta), digo que "aportado" por "Puertas": De proseguir con estas polémicas, deixarei definitivamente de entrar en esta páxina.

Antonio, a min Garzón non é que me traia sen coidado; e as leis educativas e os proxectos sobre o galego tamén forman parte dos meus intereses e non soamente profesionais; a lei da memoria histórica e a rehabilitación de nomes e persoas son cousas das que falo cos meus compañeiros e no seo da miña familia. Aconsélloche que fagas coma min, se queres. Eu, estando interesado coma ti nestes asuntos, non "entro", porque non quero entrar, enténdeme ben, en réplicas ou contrarréplicas de matizacións, nin fago "apostolado" das miñas posicións ideolóxicas, socio-políticas, nin tampouco fago campañas reclamando adhesións para unha causa ou outra. Ti fai o que che pete. Discute, se o necesitas. O que si che pido é que non deixes de aportarnos os teus refrescantes poemas, algúns deles ben cargados de morriñas e saudades, moi na liña popular e tradicional do costumismo e enchoupados en orvallos de emotividade.
Eu vexo que tanto Rafa como Eduardo viven cadanseu compromiso cívico e expóñeno con liberdade neste "mural" seminarístico, preocupados por darnos información e sensibilizarnos sobre determinadas causas. Non me queda máis remedio que admiralos e estou desexando ter unha feliz xubilación, coma eles, para desenvolver as miñas afeccións e compartirlas con quen o estea disposto a facer. Eles non che piden que discutas con eles. Ti tes tamén a páxina á túa disposición, para expresar os teus pensamentos. O que todos debemos evitar é facer das ideas unha cuestión persoal. Teñamos moito coidado en non transferir ás persoas os desencontros ou distancias das nosas ideas.
A Rafa e Eduardo, xa que aludín a eles, tamén lles rogaría, ser menos monotemáticos. Pïdollelo coa confianza do amigo e, tamén, como estratexia pedagóxica que anime a participación dos compañeiros no blog. Se polarizamos excesivamente os temas, é posible, que sen pretendelo, desanimemos de escribir ao que quere compartir recordos, invitar a unha festa, ou contar un chiste. Aquí non caben censuras e sentiríame mal comprendido e tamén ofendido se alguén interpreta esta intervención miña como advertencia sobre os contidos. Nada diso, todo o contrario. Remítome ao perfil co que naceu esta páxina aberta.
E xa me vou deste xardín no que me metín a conta da que considero unha equivocada conclusión.

RECORDOS

…Que Luciano Varela asañouse con Garzón ?…Pois eu si tivera que ser xulgado, me gustaría ser xulgado por un xuíz que non tivera en conta as miñas ideas políticas, algo do que Don Baltasar non pode presumir.

Sempre sentou nó banquiño os do mesmo bando ( naturalmente bando de delincuentes): Pinochét, rexímes terroristas de dereitas…Mais, ¿ que pasa con moitos das esquerdas que deberían, así mesmo, estar nó mesmo trullo e ser medidos coa mesma vara de medir ? Por que non sentou a Carrillo, que inda vive, protagonista directo en Paracuellos, onde fusilaron, entre moitísimos mais, a un irma do meu pai polo feito de ser un estudante católico en Madrid nos anos trinta...?…Ou a Fidel, que tamén está “vivito y coleante” ? Ou por que non investigou e sentou nó mesmo banquiño a infinidade de tropelías que a diario cometen determinados partidos políticos das esquerdas, sendo “malos” unicamente os que somos das dereitas…? Esa vara de medir eu no na quero para min…Ou somos todos iguais ou iso da democracia xurídica é unha pantomima.
Tíñanelle advertido que non era competente para xulgar os crimes do franquismo, e, sen embargo continuou coa súa instrución…
As bagoas de Saramago non me valen…Válenme as bagoas das dúas Españas medidas en balanzas diferentes. Válenme as bágoas que a miña avoa con 12 fillos e a súa viuvez, que tivo que, tamén como moitas outras, ver como asasinaban a un fillo polo feito de ser católico en bando republicano.

A xustiza e cega e non partidista.

Noutra ocasión, tiña comentado que non ía a entrar mais en temas políticos, sen embargo,ante estes acontecementos, considerei que estaba a traizoar a memoria do meu pai e de seus irmás que combatiron por una España mellor, se calaba,Todo aquelo había pasado hai mais de 60 anos. Tristes recordos pa historia que ninguén debeu remexer.

De proseguir con estas polémicas, deixarei definitivamente de entrar en esta páxina.

Antonio Puertas

sábado, 15 de mayo de 2010

TRISTE DIA O DE ONTE


O xuíz Luciano Varela asañouse con Garzón. O dies irae...,se for algún día ,poñerá a cada un ante as súas vergoñas e varreduras. D. Baltasar, merece para min e para moitos mais, tratalo de vostede e co máximo respecto, abandonou a Audiencia chorando.

Si algún dia me tivese que xulgar algún xuíz eu querería que fose un xuíz que teña sentimento, emocións e que sexa dos que choran. Iso que nos dicían de pequenos que os homes non choran era, de modo inconsciente, unha forma de afogar o mais nobre das persoas que son os sentimentos e as súas manifestacións.

En todo o mundo foi noticia onte e hoxe. Nas redes a suspensión do xuíz foi unha das cuestións que mais atención acapararon. Cando sexa o xuízo virán observadores de todo o mundo e poden afundir no descrédito internacional á Sala do Penal do Tribunal Supremo. No digo eu que non son quen. Dínolo D. Xosé Antonio Martín Pallín, ex maxistrado do Supremo, un dos mellores xuristas que honra á Coruña na que naceu. É recoñecido nacional e internacionalmente. Se poñedes o seu nome en google acededes a moitas das súas intervencións.

De Garzón que suscita paixóns a favor i en contra é difícil,nestes días, dicir nada novo que non se saiba. E un home enteiro. Pasounas putas .Entráronlle dúas veces na casa revolvéndolle todo e dunha vez deixáronlle unha tona de plátano entre as sabas (indica no mundo criminal que poden liquidarte cando queiran).Desde hai 22 anos que está na Audiencia Nacional ten a máxima protección policial día e noite. Roubáronlle sumarios para despois querelarse contra el por neglixencia na custodia de documentos oficiais. Ingresáronlle grandes cantidades de diñeiro nas contas del e da familia que tivo que denunciar ante a Fiscalía. Ten unha capacidade de traballo inmensa de 15 a 20 horas diarias. Conta que non dorme mais de 3 ou 4 horas e que lle son dabondo. Varias veces,,hai anos. cando facían as minutas a a man (textos de autos e providencias) que logo pasaban os auxiliares a máquina roubaron eses orixinais para logo presentar probas falsas contra el.

O único que lle crea desacougo e que o irrita é o maltrato ás mulleres e nenos. Estes días dinse moitas cousas del boas e tamén ruíns. E un ser humano loxicamente con virtudes e defectos inherentes á condición humana.

Non podo deixar de copiar o que escribiu José Saramago: "Las lágrimas del Juez Garzón hoy son mis lagrimas. Hace años, un medio día, conocí una noticia que fue una de las mayores alegría de mi vida: el procesamiento de Pinochet. Este medio día he recibido otra noticia, ésta de las más tristes y desesperanzadas: que quien se atrevió con los dictadores ha sido apartado de la magistratura por sus pares. O mejor dicho, por jueces que nunca procesaron a Pinochet ni oyeron a las víctimas del franquismo. Garzón es el ejemplo de que el campesino de Florencia no tenía razón cuando, en plena Edad Media, hizo sonar las campanas a difunto porque, decía, la justicia había muerto. Con Garzon sabíamos que las leyes y su espíritu estaban vivos porque le veíamos actuar. Con el apartamiento de Garzón las campanas, después del repique a gloria que harán los falangistas, los implicados en el caso Gürtell, los narcotraficantes, los terroristas y los nostálgicos de las dictaduras, volverán a sonar a muerto, porque la justicia y el estado de derecho no han avanzado, no han ganado en claridad y quien no avanza, retrocede. Tocarán a muerto, sí, pero millones de personas saben señalar el cadáver, que no es el de Garzón, esclarecido, respetado y querido en todo el mundo, sino de quienes, con todo tipo de argucias, no quieren una sociedad con memoria, sana, libre y valiente". Nótase que é un premio Nobel.

Por hoxe mais nada .Noutro momento poñerei algunha outra cousa e mais os avisos que hoxe faltan. Un amigable saúdo para todos. Rafael

Novoneyra - Letras galegas (AGV)

No bicarelo do bico do brelo
canta o paxariño.
No mesmiño
bicarelo do bico do brelo.

(Os eidos)


Permitídeme entrar -regresar- coma o paxariño de Novoneyra que se arrandea no punto máis alto dunha herbiña e enche de garabullos afiados o seu texto, tal como indican os reiterados e acentuados is (a letra i). Xa sabedes que o xogo simbólico dos sonidos penetra de cheo os textos de Novoneyra. Este poema é como unha instantánea fotográfica dun momento fráxil, efémero, pero que sorprende e prende a ollada de quen pasea polo campo. Recoméndovos ler o texto facendo énfase na palabra mesmiño. Dá xenio...
Ben, xa estou de volta. A ver por canto tempo.
Andres GV.



martes, 11 de mayo de 2010

LETRAS GALEGAS

En febreiro de 1988 Encrucillada celebrou na Salle de Santiago a II Asemblea de subscritores e amigos, que se transformou no actual Foro Relixión e Cultura en Galicia.
Clausurou as xornadas Uxío Novoneira coa conferencia Xuntos pola liberación de Galicia.
O 2010 é o ano de Uxío Novoneira, a quen está dedicado tamén o Día das Letras Galegas.
Achego, a modo de homenaxe, o poema que formaba parte daquela intervención.
Pasaron 22 anos. Ten vixencia esta descrición de Galicia feita polo poeta do Courel?

Letanía por Galicia

GALICIA digo eu un di                                                            GALICIA         
GALICIA decimos todos                                                         GALICIA
ata os que calan din                                                                  GALICIA
e saben                                                                                      sabemos
GALICIA  da dor                                                                chora á forza
GALICIA da tristura                                                             triste á forza
GALICIA do silencio                                                          calada á forza
GALICIA  da fame                                                        emigrante á forza  
GALICIA vendada                                                                cega á forza
GALICIA tapeada                                                               xorda á forza
GALICIA atrelada                                                               queda á forza

libre pra servir                                                                     l ibre pra servir
libre pra non ser                                                                 libre pra non ser
libre pra morrer                                                                   libre pra morrer
libre pra fuxir                                                                          libre pra fuxir

GALICIA labrega                                                              GALICIA nosa
GALICIA mariñeira                                                           GALICIA nosa
GALICIA obreira                                                              GALICIA nosa

GALICIA irmandiña
GALICIA viva inda

recóllote da TERRA                                                          estás mui fonda
recóllote do PUEBLO                                                       estás n´el toda
recóllote da HISTORIA                                                    estás borrosa

recóllote i érgote no verbo enteiro
no verbo verdadeiro que fala o pueblo
recóllote pros novos que vein con forza
pros que inda n on marcou a malla d´argola
pros que saben que ti podes ser outra cousa

              sabemos que ti podes ser outra cousa
sabemos que o home pode ser outra cousa.                                        
                                                         Uxío Novoneira

Saúde e que sigan aparecendo nos medios noticias positivas!
 
                Eduardo