Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

martes, 30 de noviembre de 2010

PARABENS E AGASALLO

Súmome aos parabéns que adica Puertas aos blogueiros que se chaman Andrés e que se asoman a esta fiestra algunha vez. Como neste mundo virtual,hoxe por hoxe, son de balde as imaxes, mándolles esa postal con todo cariño. Teñen sorte. San Andrés non é un calquera no Reino dos Ceos. E irmán de Pedro e sempre pode botar unha man aos seus recomendados. Que pasedes un bo día na compaña da vosa xente.Rafael

FELICIDADES

BENDITO MES, QUE COMEZA POR TÓDOLOS SANTOS E FINA POR SAN ANDRÉS.

¡¡ FELICIDADES, AMIGOS ANDRÉS !!
Agarrimosos saúdos a tódolos demais libreiros.

Antonio Puertas

jueves, 25 de noviembre de 2010

VIOLENCIA DE XÉNERO ET RELIQUA...



En primeiro lugar agradecerlle a Puertas que me adicase o conto. “Muito obrigado” como din os nosos patricios portugueses. (Ese era o título que lle daban, cando se atopaban en Terranova, os mariñeiros do Cabo da Cruz aos portugueses).

É xoves pola tarde. Deixeina libre para escribir algo neste encerado. Podía ser sobre calquera das cousas que abundantemente rouban a nosa atención nestes días. En cuestións de economía eu fíome bastante das informacións que aparecen nesta páxina:ATTAC España | Justicia Económica Global

Paréceme que como altermundista ,penso que outro mundo é posible,aquí dan razóns para alimentar esa ilusión. Tócalle aos mais novos,como lle digo ao meu fillo e aos meus alumnos, recoller as testemuñas para que os fachos sigan acesos. Nós na medida en que puidemos e quixemos xa cumprimos a meirande parte da tarefa.

Arremedando a “Frai Gerundio de Campazas” que facía as prédicas sobre o que lle daba a gana como por exemplo: “Hoxe é dia de San Xosé .Era carpinteiro. Os carpinteiros fan confesionarios,logo imos falar da confesión

Como hoxe é o día internacional contra a violencia de xénero escribirei algo sobre iso.
Hoxe conmemórase ou rememórase ese día (todo o contrario dunha celebración). Unha praga moi estendida ate hai pouco tempo. Foise tomando conciencia fundamentalmente a través dos medios de comunicación social. As campañas axudaron moito a saír do armario as maltratadas. Hoxe a lexislación é moi protectora da muller e o Estado hai que recoñecer que se envorcou de cheo poñendo medios: unidades de policía, xulgados especializados,casas de acollida,ordes de afastamento e distanciamento, pulseiras conectadas ás alarmas dos corpos de seguridade..etc...

Nos 25 anos que leva vixente a Lei de Divorcio,coñecida como a Sanfermina,por entrar en vigor o 7 de Xulio de 1985,moito evolucionou a sociedade. Eu penso que para ben. Hoxe pódese pedir o divorcio directamente transcorridos tres meses desde a celebración do matrimonio. Non hai que alegar ningunha causa. Antes para separarse había que invocar algunha destas causas: abandono inxustificado do domicilio conxugal, infidelidade,violación grave e reiterada dos deberes conxugais,incumprimento dos deberes respecto aos fillos,condena de pena de privación de liberdade superior a 6 anos,alcoholismo,toxicomanía ou perturbacións mentais e cese efectivo da convivencia libremente consentida como mínimo durante 6 meses

Se non acreditabas e probabas ante o Xuiz que se daba algunha destas causas ou varias non se concedía a separación. Para conceder o divorcio tiñan que ter pasado dous anos desde a interposición da demanda de separación ou levar 5 anos ininterrompidos de ausencia de convivencia..

No 2004 a finais do ano entrou en vigor a Lei de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero. Levabaa o Partido Socialista no seu programa e logo se viu que era precisamente durante a tramitación das separacións e divorcios onde a muller mais exposta estaba ao maltrato. O lexislador tivo o acerto,neste caso con bastante celeridade, de modificar a lei de divorcio, o 8 de Xullo do 2005 suprimindo a causalidade e poder solicitar directamente o divorcio. Esixir o mesmos requisitos para casar que para descasar. O mero consentimento libremente prestado.
Foi tan grande a sensibilización social nestes últimos 15 anos que eu, acórdome perfectamente, como no ano 1995, falar do maltrato psicolóxico ou acoso era un concepto que non se entendía. Para metelo no Regulamento de Réxime Interno do Instituto,adaptando o que había á nova lexislación, custou Deus e axuda. Menos mal que pese a que hai xente que lle gustaría que retrocedésemos a sociedade, coas súas luces e sombras,camiña cara a diante.

Hoxe a ministra de sanidade anunciaba unha reforma no Código Civil inmediata para que o conxugue que maltrata perda o dereito a patria potestade e custodia dos fillos menores así como que non poida beneficiarse,por vía de herdanza,dos bens de quen padece o maltrato. Deica hoxe pode herdar o que maltrata os bens da maltratada.

Que sirva esta entrada, para os que a lean, como recordatorio desta lacra social que debe desaparecer canto antes coa axuda de todos/as. Os que estades casados tratade ben as vosas compañeiras e as persoas coas que vos relacionades. Un rogo semellante xa llo facía a nosa Rosalía de Castro aos:
“castellanos de Castilla,
tratade ben aos galegos,
cando van ,van como rosas;
cando vena,vén como negros.”
Noutra orde de cousas e dando por rematado o dito sobre a violencia de xénero teño que dicir que me agradou o que nos deixou Amboage escrito tamén neste taboleiro. Ínstanos, coas reflexións que fai ,a vivir mais pendentes dos demais,na medida en que poidamos,claro está. Esa nai que botou case dous anos pedindo xusticia na vía publica para o seu fillo, creando unhas redes de axuda social arredor dela,merece un monumento á constancia .Gracias Andrés. O mundo da xudicatura merece aínda,como dicía Castelao, rezar un “Padrenuestriño pola Xustiza.”

Tamén nestes días, e con isto poño o punto final, as páxinas de información relixiosa como



domingo, 21 de noviembre de 2010

Justicia reptante

Esta vez  ,bajo el paraguas del título , mi intervención va de justicia y sociedad .
Aunque  mis reflexiones de hoy tienen que ver con un hecho alejado de esa geografía ,supongo que llegó a vuestro conocimiento el trato que dió la justicia a Antonio Meño (que ahora el Tribunal Constitucional  retome el asunto no sé si lo arregla o emperora desde un punto de vista teórico)  .
Pasamos a diario-inevitablemente indiferentes-ante personas cuyos dramas desconocemos .¿Quién puede suponer que esa señora que acaba de rebasarnos-viuda ella de un alcohólico muerto a los  60 años ,con  el que tuvo que bregar toda su vida ,además de sacar adelante a sus cuatro hijos -tenga que sobrevivir con poco más de 200 euros? . No se le vio rebuscar entre los restos de  la basura ni mendigar a la puerta de una iglesia ...¿Cómo vamos a imaginar que aquel hombre que observamos a menudo en el parque vestido con cierta dignidad y que habla con verbo cuidado es un ingeniero industrial que-echado de su trabajo y abandonado por su mujer-cansado de buscar alternativas y afectivamente hundido , ,tiró la toalla un día y arrastra ahora su derrota por los bancos de los parques y los colectores sociales de los albergues públicos? . ¿Qué tipo sociedad es esta en la que millones de dramas pueden pasar desapercibidos o ,cuando los suponemos, nos dejan bloqueados en tanto que miembros de tal organización? .No encuentro , en este momento , otra explicación : somos ,como grupo , unos  "domesticados" ,corderos asustados .Me aclaro : necesitamos "un orden" para que la respublica funcione , para sentirnos seguros , para tratar de ser felices ...Y ante el apremio de tales necesidades , la habilidad de los "domesticadores" y la parálisis subsiguiente de las conciencias ,  "olvidamos" preguntarnos si estamos en el mejor de los mundos posibles ,si el tren al que nos hemos subido nos conduce al parque frondoso de la integración o nos mantiene en la línea desértica de la indiferencia.
 "Sin tiempo" para la reflexión o quizás huyendo del vértigo que pueda suponer replantearnos una forma de vida que nos ha dado cierto acomodo ( "que nos hemos ganado" ) , preferimos dejarnos llevar de las mareas de la vida "tal como está" a inquietarnos con las derivas a que pudiera conducirnos un honesto cuestionamiento .Eso es lo que hace posible la insensibilidad con la que la justicia trató a Antonio Meño ; que la propotencia ,la prevaricación ,el amiguismo ,todo tipo de corrupciones ...campen a sus anchas sin que -como ciudadanos-reaccionemos .
Si queréis asomaros al miserable funcionamiento de la justicia os animo a que pidáis el libro : "Jueces a juicio" ,de Luís Bertelli-abogado del mencionado "paciente" . Podréis tenerlo en casa por 15 euros (justicia.pueblo@gmail.com)
Saludos .Andrés L. Amboage

jueves, 18 de noviembre de 2010

OS MEUS CONTOS

Bueno, xa poño en dúbeda o que dixo F. Ledo, que temos moitos lectores...Rafael, dendo logo si que sabe ler e escribir. Para ti, Rafael, vai este conto ?

A ECONOMÍA
…Imos a ver,… ¿ como están as contas ?…ufff, comarea, hai cartos a jodela…Pois, entón, imos a doar cen mil euros pas p…, e outros cen mil pos m…¿ chejan…? Bueno, o noso vesiño Perico, díxome que fai uns días levou unha cotelada criminal, ó baixar pola súa rúa, e pídenos que se amañe…DENEJADO, dentro de uns meses, teñen lujar as eleccións e imos a encher as rúas de todo ó país con papeletas. Deste xesto, poderá andar sen problemas, como se fora nunha alfombra de flores… Dille que, se quer, pode solisitar un dedo novo, que llo subvensionamos pa que lle poñan unha uña de ouro, cun oso de prata….A propósito ( pido a palabra)…ESIXO, como portavos da oposisión, que as papeletas se impriman en ijual cantidade: vinte carros mal medidos para vos e, outros vinte, ben repletos para nos. Penso que é o mais xusto, e, deben abondar…APROBADO, pero, as vosas van ir sen letras nin mensaxes…PROTESTO…DENEJADA a súa protesta, por maioría sufisiente…
Pasaron uns poucos anos, e…: Que, ¿ como van as contas ?…jodidas, non hai un peso.- …Me cajo na leche, si xa o disía eu, ¿ que fajo agora cun pé de prata e unha uña de ouro, se non teño pa comer…? …Ti es afortunado, porque podes vender o pe, que hanche de pajar ben…pero, o que non levou unha cotelada, como ti, está jodido…
A ruejos e prejuntas, salta do banco un entendido en Economía, e presenta unha serie de PUNTOS á ter en conta para tempos imposibles:
PUNTO DE CRUS: Penso que tanto pensionistas como asalariados, deben de cobrar, mínimo, seis pajas extraordinarias ó ano e os soldos deberían ser ó doble do que temos nestes intres.
PUNTO DE VISTA: As empresas, tanto públicas como privadas, han de ter economistas que saiban ler e escribir.
PUNTOS SUSPENSIVOS: Se os que traballan, teñen cartos de abondo, estes mercarán mais. As empresas venderán os seus produtos e haberá mais empleo. Por contra, se nos abrasan á impostos e encarécense mais as mercadurías, entón, nin asalariados nin pensionistas, cobrarán abondo pa subsistir. Haberá despidos, cerrábanse empresas y os ricos non terán a quen vender. Cambiarán de pola é, os de sempre, morreremos de fame.
…Todo iso está ben, pero, ¿ de onde sacamos nos pa pajar seis extraordinarias, se non hai un peso ?
…Pois, en lujar de regalar cartos a p… e a m…, amañádelle a rúa a Perico que, dese xeito, pode pasar co seu carro ben cheo de papeletas de ouro, sen levar outra cotelada…e as empresas que fajan o mesmo.
Antonio Puertas
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

martes, 16 de noviembre de 2010

UN FAVOR

Resulta que a miña nai quer gañar o xubileo, pero é moi velliña, cumple 93 anos precisamente ó 31 de Diciembre. Eu prometínlle levala a Santiago, pero, …¿ como fago ? ,pois non pode estar nas colas, nin acercarse andando dende un aparcamento que esté un pouco lonxano da catedral, ( padece do corazón, e tamén con outros achaques propios da idade)
Eu teño que cumplirlle a promesa e agardar a que o tempo mellore un pouco…Alguén de vos me da unha solución …?
Grazas de antemá
Antonio Puertas

A ENCERELLADA DOS CORVOS

Se vos fixades ben, na foto sacada ala polo ano 1999, o retablo da Barca e as frores estaban moito mais vellas, e, todos nos, moitísimo mais novos. Por contra, a deste ano, once anos despois, o retablo e as frores rexuveneceron e, vos, moitisimo mais vellos. Eso pasavos por terlle tendido unha encerellada a un carneiro.
Pa próxima que fajamos no Santuario da Barca, xa sabedes ó que tendes que facer.
Antonio Puertas

Cumprindo un encargo



Hai cáseque un mes que o pluricompañeiro Enrique Vázquez Pose me encomendou, mediante un correo, que colase no Blog esa foto comparativa que me mandou. Digo pluricompañeiro porque son varios os títulos de compañeiro que nos une: San Martiño Pinario,Profesor de Secundaria,Licenciado en Dereito e o de amigo agradecido polo ben que rexenta o departamento do audiovisual.

No primeiro momento que abrín o correo non o fixen e hoxe que me puxen a facer limpeza, tirando a papeleira tantas mensaxes non desexadas e inútiles, e seguindo unha máxima ditada pola experiencia, de antes de romper ningún papel ou mensaxe asegurarse do seu contido,encontreime con que non debía tirala a papeleira senón poñela no seu sitio que non é outro mais ca este seguindo o encargo de Enrique.

No referido correo facía constar que na de este ano falta o seu primo,compañeiro de pupitre de Agustín Dios, Doval Pose,que asistiu á comida pero non saíu na foto por ter que atender unha urxencia fisiolóxica. O que demostra, ao seu criterio,o acerto de aquel dito de que: o que se move nos sae na foto.

Pois aí queda para admiración de quen a queira mirar. Con atraso pero cumprín, Enrique. Espero que noutras encomendas que me fagas ser mais dilixente: Como un bo pai de familia ou un ordenado comerciante que eran os paradigmas da corrección xurídica no Código Civil e de Comercio.(Esta é xerga de letrados: como o barallete dos canteiros). Mais nada compañeiros todos e como exercicio para a próxima clase facede unha foto coa imaxinación de como será a do 2020.Se alá chegarmos. Rafael

N.B.Para os non moi prácticos nestas lides:Hai que facer clik na foto para vela mais grande

domingo, 14 de noviembre de 2010

FOISE BERLANGA


Onte e hoxe acaparou a atención,en boa parte,de todos os medios. Nós debémoslle unha especial gratitude. Fíxonos pasar, na mocidade, uns bos momentos ríndonos a esgallo .A película “Bienvenido Mister Marshal”deberon de poñérnola,polo menos,unha vez cada curso. Sabiámola de memoria. Era unha película branca:apta para todos os públicos. Aquel pregón ou bando da alcaldía dende o balcón que pronunciaba Pepe Isbert":Como alcalde vuestro que soy os debo una explicación, y esa explicación os la voy a dar porque os la debo"non sei se agora se vos borrou da memoria pero eu coido que non. O actual alcalde de Guadis de la Sierra, nome real do pobo que na película se chamaba Villar del Río,dicía que os de alí saben a frase de memoria e que el mesmo cando polas festas se dirixe aos concidadáns, desde o mesmo balcón, o fai coa mesma tamén..

Onte comentaban que na rodaxe,ano 1952, impuxéronlle un dominico como censor que asistía a todas as sesións; meteuse tanto na rodaxe que facía algunhas suxestións que Berlanga lle aceptaba. Na montaxe Berlanga propúxolle a produtora que o incluíse nos créditos pero non llo aceptaron. O pai durante a república foi gobernador de Valencia e para axudarlle a que non lle pasase o peor ao rematar a guerra, alistouse na División Azul.
A lista de boas películas que nos deixou é longa: Las pirañas, Vivan los novios,Tamaño natural,La escopeta Nacional. Patrimonio Nacional, La vaquilla, Moros y cristianos,Todos a la cárcel. Supoño que Ledo aínda se acordará de algunhas mais. Como dicía o pai de Andrés: “Deus o teña na gloria”. Aos dous.




COLABORACIÓN SOCIOS


En la revista Crónica 87 aparecía una comunicación de nuestra compañera Eva de Donosti en la que desnuda sus sentimientos, emociones, sufrimientos y optimismos y los comparte con todos sus compañeros de dolencias haciendo un bien inmenso a todos los lectores. Por ello creo que merece nuestras felicitacionesy agradecimiento. Esta sinceridad exponiendo cómo cada uno vive la EII nos da ánimos y fuerza interior a los demás y, según mi opinión, tendría que ser una sección que se debería potenciar más.

Como eso depende fundamentalmente de nosotros, los socios, quiero sumarme a esa colaboración que solicito poniendo mi grano de arena esperando que otros más lo hagan también.
Hace 8 años que me diagnosticaron la enfermedad. En aquel momento con una anemia ferropénica tremenda, cansancio, fatiga, debilidad, irritabilidad, palidez e insomnio me hospitalizaron de inmediato porque apenas alcanzaba los dos millones de glóbulos rojos. Los síntomas parecían los de un cáncer de colon y según la médico de cabecera, la estadística dice que a los 57 años es el pico en que más casos se diagnostican. Después de someterme a varias pruebas, transfundirme varias veces, ya que la columna vertebral no producía hematíes, y después de tres semanas de hospital, cuando nos dieron el diagnóstico la alegría fue inmensa. El previsible cáncer de colon estaba descartado.

Durante este tiempo transcurrido,aunque siempre con síntomas, he tenido diferentes tratamientos Lixacol, Imurel, prednisona,mucha Buscapina y Nolotil para aliviar el dolor y últimamente, infliximab para curar unas fístulas perianales.

También he necesitado cinco hospitalizaciones, visita a digestivo con analíticas cada tres meses,
seis colonoscopias (con extirpación de pólipos benignos) y varias ecografías ,resonancias, escáneres y otras pruebas antes del tratamiento con los anticuerpos.

A finales de julio regresé del hospital de tratarme de un brote, cuando recibo la revista y leo a , ya nuestraamiga, Eva, que nos da aliento, optimismo, ganas de luchar y ganar calidad de vida con su ejemplo.

Las enfermedades crónicas desgraciada o afortunadamente afectan a toda la familia. Un grado de comprensión es fundamental y todos debiéramos, creo yo, empeñarnos en comprender a los que comparten en el ámbito familiar nuestros padecimientos y nuestros cambios de humor y desganas.
Nos ayudó de modo beneficioso e inestimable el libro del fundador de ACCU Dr. Pecasse. Todavía hoy los tratamientos hospitalarios son los que él describe en su magnífico libro que nos advierte de lo que nos va a suceder y nos saca del desconcierto que provoca la falta de información que hoy los excelentes médicos de la sanidad pública, por falta material de tiempo, no nos pueden facilitar. También la página de ACCU para los afortunados que podemos acceder a ella nos da todo tipo de información valiosísima.

Algo especial que tiene una cara positiva y otra negativa de esta enfermedad es que generalmente tenemosun aspecto en apariencia saludable. Cuando asisto a algún acto masivo convocado por alguna denuestras asociaciones es difícil distinguir quién es el enfermo y quién su familiar. Esto provoca que cuando nos sentimos mal parezcamos exagerados en la descripción de los que nos pasa y lo bueno es que pasamos desapercibidos y no llamamos la atención por nuestra apariencia. Cuando el dolor, la incomodidady las molestias aprietan o nuestro ánimo decae nunca dudemos en acudir a nuestros médicos que nos facilitarán ayuda y nos prescribirán fármacos que nos ayuden a recuperar al nivel de serotonina,sustancia fundamental para andar por la vida con algo de optimismo y ganas de vivir tan esenciales para sentirse bien.

Un saludo y ánimo a toda esta comunidad doliente porque algún día encontrarán algún remedio para olvidarnos de esta enfermedad.

Rafael García Ramos.
(ACCU Coruña nº de socio 9208)




sábado, 13 de noviembre de 2010

OS MEUS CONTOS

SE DEUS NON É, EU NON SON.

PONTE DO PORTO

Sempre me chamou poderosamente a atención as imaxes bulideiras reflectidas sobre as augas do Río Grande da Ponte. Río que mantén viva, no seu eterno subir e baixar, á nosa ria de Camariñas.

Dende neno, cando aquel rapaz fracucho, de pernas incansables e tenaces, pedaleaba porfiado coa súa bicicleta por todo ó longo dunha estrada infernal, ó chegar a Ponte, erguía os seus ollos inocentes na procura dos reflexos da vexetación con que, caprichosas formas tremelucentes sobre as augas, agasallaban ó seu esgotado camiñar, e o facían soñar.

Figuras termadas sobre o rio nun revoltiño harmonioso de tons averdados nacentes na veira da súa canle. Xuncos e espadanas caprichosas, intercaladas pola infinita variedade de matices das herbas e as silveiras acaneadas polo flanquear das aves que aniñaban no seu lugar. Pinceladas de branco das paredes retratadas polas casas, mesturadas por asoballantes ocres de sombras dos nobres castelos e cabazos de mais de corenta pes, que o río sabia calcar, peneirando coas nubes caprichosas formas que xurdían nadando sobre as augas do lugar.

No letargo dos meus pensamentos integrábame, de cheo, como parte da grandiosidade que estaba a contemplar, mergullando a carón dos reos e dos salmóns que, naqueles intres, estaban a remontar a pureza clara entre cantos rodados dun paraíso terreal.
Patos asubiños, garzas, espátulas, ocas, tixeiretas migratorias, galiñetas, praieiras patimarelas, colibrís, birrotes e xílgaros, urracas e martíños pescadores… eran, cada cal cos seus amoedados cantos, os encargados de amenizar a fauna e a flora reinante, xunto coas morniñas brisas enriquecidas de gurgullos do río que, tamén el, quería engadir o seu bulideiro son nos harmoniosos cantares e cores reinantes do lugar.

Ondiñas amoreadas, tendían, en soños, unha alfombra ondulante, mentres amecían á barquiña que estaba á trasladar, no afastamento dos tempos, os restos do Apóstolo Santiago dende a Basílica da Barca. Brazos rudos e curtidos de sete mariñeiros do lugar. Remeiros que remontaban a nosa ría, vogando co ritmo das brisas e os trinos dos paxariños, que acollían a tan ilustre guerreiro, Patrón Maior de tódalas Españas.

Tan so un instante, cun pe na terra e outro no pedal, apoiado nas varandas da ponte milenaria, abondaba para me refrescar o meu corpo canso, e voar como un salmón sobre as augas claras erguendo, de seguido, a bicicleta e proseguir ó meu andar.

Antonio Puertas
 
 

martes, 9 de noviembre de 2010

NO CENTRO DO MUNDO? ALGO MENOS

   Levaba días sen entrar no blog, por ausencia domiciliaria; e sen escribir, por escasa motivación. As entradas de Antonio, de Andrés L. e de Rafael anímanme a depositar o óbolo para non caer no hades dos ausentes.

Mañá é hoxe
   Falaba Andrés GV da parábola do rico epulón e das diversas mesas que se poden compartir. A concesión do premio Príncipe de Asturias da Concordia a Mans Unidas é un recoñecemento a esta ONG fundada hai 51 anos por mulleres de Acción Católica. Como loita contra a fame, hai que incluíla na mesa dos pobres.
No 2009 recadou 54.021.970 €.
Aprobáronse 692 proxectos de desenvolvemento en 58 países:
   - 259 proxectos en África.
   - 180 en América.
   - 253 en Asia e Oceanía.
Os proxectos foron agrícolas (92), educativos (261), de promoción da muller (88), sanitarios (130)  e sociais (121).
   O lema para o 2011 é "O seu mañá é hoxe". Gabriel Miró escribiu: " O futuro dos nenos é sempre hoxe". Maña será tarde".
   Os 50.000  € do premio Príncipe de Asturias serán destinados a reconstruír Haití.
                                                        

Concerto sinfónico benéfico
   Para celebrar o 50 aniversario Mans Unidas organiza o 20 de novembro un concerto, dirixido por Imma Shara, da Orquestra Sinfónica do Teatro Regio di Parma, no teatro Monumental de Madrid.
A recadación do concerto destinarase a desenvolver 25 aldeas do  norte da India.
Existe fila cero para quen queira colaborar:
                                                      BBVA. 0182 - 2325 - 08 - 0011344904
                                                            Referenza: Concerto benéfico.
Máis información: http://www.manosunidas.org/

Deus existe
   Falando de Oviedo, acordeime da lóxica do seu bispo: "Deus existe, e se non, que veña Deus e o vexa".
Se vén, está claro que existe, se non vén é que está moi liado. Esta sexta via da demostración da existencia de Deus non a explicara don Modesto; pero claro, a ciencia avanza...

Una cosiña más
    Non pensaba insistir sobre o galego, pero sigo o rebufo do todoterreo de Rafael. Procurarei ler Estudos xurídicos sobre o decreto para o plurilingüísmo. Grazas pola información e formación.
   En Fiopáns creo que soaría mellor o funeral en galego. O problema é que a Igrexa casou coa lingua do imperio e parécelle que cumpre intercalando un Noso Pai ou unha cancionciña. Queda bonito. Así fan os que, nun alarde de graciosa concesión democrática, nos din: "Hasta lueguiño" y "algunha cosiña más", como "cultivar las vaquiñas" (Fernández Albor). Imitan á Señora de Palmírez (Luar) e non se senten parodiados por ela.

Un peregrino máis?
   Paréceme que non. A non ser que inventemos a realidade. Quizais viñese como peregrino ilustre, como pastor e como líder político. Tres realidades e unha soa persoa. Ata puido ser o precursor da cicloxénese explosiva e mediática que nos anuncia frío e inverno.
Parabéns para Andrés polos comentarios desde a TVG para a visita a Santiago e a Barcelona. Non me sorprendeu  velo neste cometido.
Sorprendéronme, pola contra, as lecturas da misa. A dos Feitos dos Apóstolos e a da Carta aos Corintios insisten na persecución sufrida polos cristiáns. Nesta idea insistiu o Papa desde as alturas, referíndose á España actual: anticlericalismo e laicismo agresivo; persecución comparable á dos anos trinta.
   A pasaxe do Evanxeo de san Mateo refírese á vocación de servizo: "para servir e non para ser servido". Esta mensaxe parece contraditoria coa das imaxes vistas.
   Agradecería que alguén me aclarase se as lecturas correspondían á liturxia do día ou se foron seleccionadas adrede.
   Ante tantísimas medidas de seguridade, que seguramente asustaron aos fieis: 6.000 axentes armados, gardas do vaticano, cazas do Exército español escoltando o avión papal..., a divina Providencia e os santos Anxos da Garda non saen ben parados.
   Pese ao dito sobre o galego no funeral, é de agradecer que a nosa lingua tivese algunha presenza, aínda que fose testimonial. Conténtome con pouco. Como defendo todas as linguas, gustoume a misa trilingüe, ou mellor multilingüe.
    Quedan moitos aspectos doutrinais e visuais que se poderían comentar. Espero que outros opinen sobre este psunami da fe que mollou o finis terrae.
                                             Saúde e saúdos.
                                              Eduardo Seco.

domingo, 7 de noviembre de 2010

AS MIÑAS POESÍAS

Domingo gris, pos-papal, segue o voso martirio:

EL PUERTO DE LA VIDA

Se envalentonan las olas cuando llegan de la mar,
rendidas caen por tierra, a donde a ella han de llegar.

Tienden su alfombra blanca, para que en sueños veas pasar
las hojas de un cuento que habla de historias que tiene la mar.

Hablan que llegan de lejos, de otras tierras las oyes hablar,
de los barcos que en ella quedan, faenando en alta mar,
y de otros que traspasaron las fronteras de su caminar.

Hablan de un ancho cielo donde vieron estrellas brillar,
y de un azul que engalana las historias que hablaban del mar…
hablan de su grandeza, de su furia y de su paz.

…De náufragos y galernas, de muerte y vida al pasar,
de miserias y riquezas que en ella has de encontrar.

Ante el ocaso aparecen las naves que han de arribar,
anclando su barca al puerto a donde al fin has de llegar.

Antonio Puertas

jueves, 4 de noviembre de 2010

MIS POESIAS

Como disque dixo Fernando Ledo que hai moitos que saben ler, pero inda non aprenderon a escribir,( palabras textuales de Rafael )...téndela clara, porque hen de acabar con vos...
A pregunta que me fas do resultado final do meu netiño, pois resulta que, como sabes eran mais de 650 participantes.Quedou de octavo ( osea pasou pa selección final, onde o xurado elixío a dous), xa non sei mais nada, porque non foi seleccionado. A miña filla di que o rapaz que ganou ten seis anos, e o noso inda é moi cativo, con dous aniños ( parece ser que os queren un pouco mais velliños).Grazas polo interés.

E, aora,vaivos o voso castigo:

UNA NOCHE NEGRA

Insistente llamaba, gélida y pálida,
Ojos de mujer, tizones del alma,
Una noche negra frente a mi ventana.
Rostro balbuciente que la lluvia desgarra,
Grito insistente que el silencio lo calla.
Se coló en mi alcoba una negra mirada
Cruzando los cristales sin decir palabra…
Estrellas caminantes que del viento escapan,
Cubriendo van de sombras bajo luz de luna clara.
Corceles errantes y siluetas aladas
Aúllan con los lobos, lapidan con el alma.
Remolino del agua que el viento lanza,
Un mal que no conozco, oculto en su alma,
Una noche negra frente a mi ventana.
Huyó con su silueta una buena mañana,
Al abrir el día que a la noche encerraba,
En el mal de amores, mi alcoba la guarda.

Antonio Puertas
 
 
 

miércoles, 3 de noviembre de 2010

Óbolo comunicativo (RGR)


Queridos amigos:Hai quince días,mais ou menos, que non me sento ante o computador con ganas de escribir algo agás a crónica de urxencia das exequias do finado Varela Pisco(d.e.p.).Hoxe toca facelo senón, un día por outro,o tempo pasa é nunca hai xeito. O compañeiro Fernando Ledo motivoume moito para que seguísemos escribindo. Di que este blog ten ,e cónstalle, moitos lectores pero activamente,sabendo facelo, son poucos os que dan o paso a deixar algo colgado para que os demais o poidan ler. Esperemos que algún dia se animen. A esperanza non debe perderse.

Titulei deste modo esta entrada porque onte foi día de defuntos e segundo nos teñen comentado os profesores en Belvís de Latín ou Grego,cando tocaba falar da mitoloxía,aos defuntos acompañábaos no enterramento unha moeda debaixo da lingua para pagarlle a Caronte a pasaxe para atravesar o río Aqueronte. Se non tiña a moeda podía esperar mais de cen anos para que Caronte os levase de balde a outra ribeira do río. Alí estaba a porta do Hades vixiada e controlada polo can Cerbero, para que non saísen os mortos nin entrasen os vivos,que tiña tres cabezas e o rabo era unha cóbrega.

Xa vedes que ven de vello a unión entre o mais alá e os cartos. O catolicismo,como ben nos ten explicado Eduardo, contaxiouse deste substrato mítico e pagán prehistórico para reconverter os usos,mitos e costumes que se transmitían por tradición dunhas xeracións a outras de pagán en cristián.

Conforme vos deixei dito rematei onte de ler o libro :” Estudos Xurídicos sobre o decreto para o plurilingüismo”que coordinou Luis Villares Naveira. Edítao Laivento na colección de ensaio 2010.
Atopei un libro moi técnico,pero ao meu modo de ver moi certeiro e cunha arquitectura xurídica moi sólida .A argumentación xurídica está ben armada. Poucos decretos que se teñan impugnado ante os tribunais mediante un recurso contencioso-administrativo foron tan estudados e mereceron unha análise tan profunda desde todas as perspectivas como fai o coordinador Luis Villares, na actualidade leva o xulgado de primeira instancia da Fonsagrada, desde a perspectiva constitucional. Remata concluíndo que o Decreto e ilegal por atentar contra o principio de xerarquía normativa entre outras infraccións. Contraría os estatuto de Autonomía de Galicia e mais a Lei de Normalización lingüística e outras disposicións da Unión Europea sobre protección de Linguas Minoritarias. Si unha proposta e inconstitucional polo mero feito de que sexa unha proposta electoral non a converte por ese feito en constitucional-
 
A profesora Alba Nogueira,titular de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago, estuda a incidencia da Carta de Linguas Minoritarias na programación do sistema educativo concluíndo igualmente que o Decreto se aparta do que alí se establece.

O catedrático de Dereito Administrativo na Universidade nosa da Coruña,Carlos Amoedo Souto, recentemente nomeado Secretario da mesma, fai un estudo desde un punto de vista, nada estudado, como é a comprensión xurídica da lingua galega como ben cultural. Para nós o galego e mais ca unha lingua,é patrimonio propio dos galegos e o que non o vexa así hai que dicirlle aquilo de Castelao:hai cousas que non se senten no bandullo, senón no corazón e na cabeza.

A Maxistrada Dalila Dopazo,que no seu destino,no xulgado de Caldas de Reis,se caracterizou polo uso do galego nos procedementos xudiciais e no trato con procuradores,avogados e solicitantes de xustiza, agora esta destinada en Santa Coloma de Gramanet (Barcelona) analiza a evolución histórica da lexislación no ensino para concluír a quebra da progresividade no proceso de normalización lingüística

Os restantes colaboradores seguen analizando o devandito Decreto chegando a conclusión de que tanto que se mire polo dereito como polo revés non hai por onde collelo e menos a controvertida pregunta que se lle fai aos pais en educación infantil que non ten habilitación legal nin competencial de ningún tipo. Supoño que a sentencia se ditará dentro de catro anos ou mais e para entón xa teremos outros gobernantes con mais cariño pola nosa lingua. Estes xa melloraron moito e causaron unha meirande conciencia na maioría dos galegos. Non hai ben ou mal que por mal ou ben non veña.

Pouco a pouco funme estendendo e xa haberá que por o punto final. Nestes días que estamos a punto de recibir a visita do Papa hai moitos comentarios e, pese a indiferenza en que deixa a moitos, e as distintas manifestacións a favor que se fan e tamén algunhas en contra a min a análise que atopei mais racional e a que aparece nesta dirección http://blogs.publico.es/delconsejoeditorial/ dun profesor de dereito eclesiástico.

Por hoxe mais nada. A Puertas teño que felicitalo polo conto último que nos deixou que ten unha fabulación moi bonita. Ánimo para seguir escribindo e xa nos terás informados da sorte que correu o teu netiño no concurso. Para Amboage que non nos esqueza agora que resplandecen e brillan os alóxenos no salón domiciliario segundo nos comentou. Para todos saúde e saúdos.Rafael







lunes, 1 de noviembre de 2010

OS MEUS CONTOS


UN HOME CON DOUS MIOLOS
Era un día cru de inverno e, as xentes da aldea, corrían de casa en casa, pa anunciar a tódolos veciños a ledicia que supoñía no rueiro o nacemento de un neno varón.
Acontecementos así, eran sempre ben recibidos por aquelas humildes xentes dado que, o lugar, contaba con moi poucos veciños e, as vellas casas, estaban a quedar valeiras. Eran moitos os que emigraban con rumbo as amaricas, e, moitos mais, os mortos que tiña que soportar aquel pobo.
A noticia, pouca o ningunha transcendencia ía a ter de por si. Mais ben, aquel feito, sería una boa nova que apenas ía a incrementar o censo electoral, e, unicamente, ía a engadir uns poucos choros mais que se confundirían cos dos seus avasalados e sufridos habitantes. A singularidade d´aquel caso, mais ben, asomaría nun futuro non moi afastado.
Transcorridos aqueles primeiros meses, pronto se convertería aquel rapaciño no principal e único tema de conversa en toda a comarca do Finis Terrae, chegando, inclusive, a traspasar os lindeiros territoriais e a espallarse, como unha borraxeira de mar, polos mais recónditos lugares da nosa xeografía bérica.Era un caso de tal rareza o que se estaba a producir, que ía a converterse en único e irrepetible, estudado polos mais clarividentes profesionais da psicoloxía contemporánea, e, comentado como un fenómeno universal, digno dunha película de Alfred Hitchcok.
Os seus pais, moi pronto, se darían conta de que a conduta d´aquela criatura era tan estrafalaria, que decidiron contactar con un dos mellores menciñeiros de moita sona na comarca, a quen acudían, por aquel entón, xentes de tódalas clases sociais, para requerir os seus servizos. Non precisou de moito esforzo e, axiña, emitío o seu diagnóstico: este neno ten dous miolos. Pasaron os anos e, aquel rapaz, mozo xa, fracasado na vida, seguramente por mor do seu padecemento, era vítima da súa incomprendida conduta, e, todo o mundo, arredaba del. Ninguén o quería contratar para desenrolar un traballo, nin manter con el un lazo de amistade. Dese xeito, buscou consolo na bebida, e pasaba os días na taberna do lugar.
O “ tintorro “ baixaba pola súa gorxa do mesmo xeito que, a súa doenza ía “in crescendo “ ata resultar insoportable a súa presencia na parroquia.
Ante este panorama e, como a cousa ía a peor, os seus proxenitores, decidiron acudir aos mellores especialistas en medicina psiquiátrica, e, alá tomaron o Castromil rumbo a Santiago, decididos a presentar o seu problema e o do seu fillo ante o mellor especialista que, por aquel entón, rexentaba sabiamente o manicomio de Conxo.
Foi sometido a todo tipo de probas e estudios por parte dun equipo médico especializado, acudindo este, inclusive, a solicitar axuda da Stanford University dos Estados Unidos de Amarica. Todos, absolutamente todos, coincidiron con aquel menciñeiro que había dado no cravo dende o primeiro día, engadindo o mundo da ciencia, algo novo e mais sorprendente , se cabe, que non so levaba dos miolos, si non que, ademais, estaban partidos en catro hemisferios ( ou metades), interconectados entre si. Uns, pola banda de estribor ,e, outros dous, tirando pa babor ( por usar terminoloxía mariñeira) con unha especie de fiúnchos ramificados con polos positivos e polos negativos, conectados directamente con ambolos dous miolos. De aí, podíanse explicar as reaccións e os arrebatos d´aquel homiño, cando se lle cruzaban os cables.
Casos curiosos, como que choraba e ría o mesmo tempo, berraba e calaba de súpeto, andaba pa diante e pa tras, rezaba e xuraba de seguido…En tempo de eleccións, corría como un tolo coas dúas mans en horizontal cara o fronte, portando unha papeleta das esquerdas na man dereita ,e unha papeleta de dereitas na man esquerda, cabreándose con elas porque as súas apéndices chegaban o mesmo tempo a depositar os seus contraditorios votos.
Nos días de borracheira, era un verdadeiro espectáculo velo xesticular el so, andando pa diante e pa tras, e virando en redondo en ámbolos dous sentidos. Un verdadeiro remuíño ataba e desataba as súas ideas e pensamentos, sen rumbo definido, que moito dou que falar.
Antonio Puertas