FELIZ ANINOVO!!!
Non podía deixar de volver a esta casa recén pintada (cores Hello Kity e Pocoyó) e redecorada por Andrés nestas datas de Nadal e desexarvos a todos un ano novo moito mellor que o que remata.
Despois de cruzar o meridiano dos sesenta, cada ano imos tendo conciencia máis fina da nosa finitude, da nosa peregrinaxe. Cada vez vaise apretando o círculo de familiares e amigos tocados por algunha doenza, se non somos nós mesmos os afectados. Os baixóns pódense superar con fe, con filosofía ou coas dúas medicinas. O que non procede é deixarse abater e velo todo negro por ter entrado no túnel. Solidariedade e ánimo para todos, que sempre o necesitamos nalgún momento. Boas doses de vitamina O (optimizante) para ver a vida con gafas de esperanza, como nos invita Rafael por boca de Mafalda.
Saúdos cordiais.
Eduardo Seco.