Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

domingo, 31 de octubre de 2010

NON SALIU

XA NON CANTA
 
Xa non canta o rousinol coa luz dos raios abrentes,
nin latexan as follas da flor nos nosos prados florecentes.
Rumorosos trinos perdidos nas brisas dos campos magoados,
melodioso canto esquecido, adurmiñado en soños dourados.
Fuches rei, paxariño cantor, de luces e de cores,
fuches adaíl, amigo rousinol, de xardíns e de campos en flores.
Entre nos repousan aloumiños dos gurgullos de teus devanceiros,
compases de trinos marcados nos poemas dos meus cancioneiros.
Raiolas de lúa, trinos guerreiros,
latexos de cantos soñados,
escintileo fulgor de rousinol,
¡¡ soños dos nosos pereiros !!
Antonio Puertas
 

MIS POESIAS

Bueno, quero deixar este meu poema, pa honrar a memoria do nóso finado compañeiro daqueles anos en Belvis, onde, sendo nenos, compartimos vivencias todos nós.
E, aos demáis, a sufrir, porque o prometido, haino que cumplir:


miércoles, 27 de octubre de 2010

Domestic Information (R.G.R.)


Queridos amigos: É de xustiza agradecerlle a Vilariño a información que nos transmitiu ,por medio deste blog e de correos persoais, sobre o pasamento do que foi noso compañeiro de Seminario o crego Varela Pisco. Tamén a Luciano Pena que por razóns de veciñanza colaborou eficientemente para, a través de Andrés, ternos ao tanto.

Acorde con esa información,onte pola tarde, celebráronse as exequias na súa parroquia natal de San Pedro de Fiopáns no Concello da Baña. Como era de esperar asistiron moitos curas. Coido que non esaxero se digo como uns cincuenta. Dos compañeiros estaban Alvite Ponte,Esmoris Cambón, García Ferro, Cutrín Fernández, García Vilariño,Ledo González,Rial Varela, Silveira Figueroa e Vázquez Cabarcos. (Ao mellor esquézome de algún mais. Perdón de antemán).

Compañeiros desta quinta estabamos tamén Agustín Dios Vigo,Manuel Dans Couto,Juan Caamaño Calvo,Alfonso Fernández Barros,Luciano Pena Andrade e mais este humilde cronista neste momento.

Presidiu a celebración o señor Arcebispo D. Julián Barrio. Ao sermos tantas persoas,varios centos, tiveron os organizadores a feliz idea de realizar a misa de funeral fóra da Igrexa e non faltou o servizo de son moi eficiente para o seguimento de todo e de todos. Na homilía o arcebispo fixo un panexírico moi sentido sobre os labores e ministerios pastorais realizados por D. José María Varela Pisco. O acto foi emotivo e ao contar con tantos cregos, moitos antigos compoñentes da “escola cantorum”do Seminario, deulle unha solemnidade especial ao interpretar algúns cánticos a dúas voces.

A nota crítica, non podía faltar entre nós e con confianza, é que, se non fose porque o arcebispo nos convidou a rezar “o noso pai..”na nosa lingua e mais un canto con letra en galego, se alguén descendese en paracaídas e desorientado non soubese onde estaba podía deducir que ben podería ser un pobo da serra cordobesa ou un lugar de Cáceres. Cando de Roma autorizaron a liturxia en galego,nos primeiros momentos, polos anos sesenta, era lóxico introducir o galego gradualmente pero hoxe non hai dereito diría o Padre Sarmiento ou D. Manuel Espiña de viviren. Nada mais amigos. Parecíame que sen esta crónica de urxencia ao blog faltáballe algo.Saúdos afectuosos para todos. Rafael

lunes, 25 de octubre de 2010

As exequias de Varela Pisco (Andres GV)

Luciano Pena mándame esta información, que fago pública aquí: 
Acabo de saber que Varela Pisco  será soterrado mañá, martes, na súa parroquia natal, San Pedro de Fiopáns - concello da Baña. O cadáver vélase no TANATORIO LA UNION, de Negreira (Campos, s/n; preguntando, dáse con el, pois é o único tanatorio que hai na vila). A comitiva sairá do tanatorio ás CATRO DA TARDE.
A parroquial de Fiopáns queda a uns sete quilómetros de Negreira, pola estrada que descorre pola marxe dereita do río Tambre en dirección Portomouro. Tamén se pode ir dende Portomouro -7 km. seguindo esta estrada-.



domingo, 24 de octubre de 2010

Faleceu Varela Pisco (Andres GV)

Na súa parroquia de Coruxou (Irixoa) faleceu José María Varela Pisco. En canto teña máis datos sobre as exequias e honras fúnebres faréivolo saber por este medio. Comunicádellelo aos amigos e compañeiros. Seguramente mañá aparecerá a esquela en La Voz, na edición das Mariñas/Betanzos ou da Coruña (supoño).
Unha aperta e compartamos a oración da confianza, unidos ao irmán que xa participa da resurrección: O Señor é o meu pastor, nada me falta. Aínda que camiñe por vagoadas sombrizas ningún mal hei temer, porque ti vés comigo...
Andres GV

sábado, 23 de octubre de 2010

PERDON



¡¡¡ CARALLO !!!

… ¡ “ Y si todo sale mal y hay que usar la fregona “…!
…porque el tiempo no perdona y la cosa está muy mal…
…nos mandan de nuevo a la escoba por ahorrar gasolina
y, cuando esto termina, otra vez a la fregona…
…Si he de barrer la cocina, como dice la patrona,
¡ a ver si me cargo la escoba y ya no puedo volar…!
-Tu tranquila que el maigallo,
a base de sapos y ortigas,
No funciona nada mal,…
Que me lo dijo un trasno,
allá por el Carnaval.

Meigas, granos y queimada,
es lo que usaba Fraga,
Cuando todo le iba mal…
¡¡¡ Carallo con mi brindar !!!,
-revolviendo aquel mejunje,
Soplaba rojo el paladar-
…esto sí que es la repera
en pócimas y en meigallos…
…¡¡¡ que ya me han vuelto a votar !!!

Antonio Puertas

MIS POESIAS

Bueno, veña, que estamos no tempo dos meijallos, e temos que votar as meijas fora:

¡¡¡ CARALLO !!!
… ¡ “ Y si todo sale mal y hay que usar la fregona “…!
…porque el tiempo no perdona y la cosa está muy mal…
…nos mandan de nuevo a la escoba por ahorrar gasolina
y, cuando esto termina, otra vez a la fregona…
…Si he de barrer la cocina, como dice la patrona,
¡ a ver si me cargo la escoba y ya no puedo volar…!
-Tu tranquila que el maigallo,
a base de sapos y ortigas,
No funciona nada mal,…
Que me lo dijo un trasno,
allá por el Carnaval.

Meigas, granos y queimada,
es lo que usaba Fraga,
Cuando todo le iba mal…
¡¡¡ Carallo con mi brindar !!!,
-revolvia aquel mejunje,
Soplando rojo el paladar-
…esto sí que es la repera
en pócimas y en meigallos…
…¡¡¡ que ya me han vuelto a votar !!!

Antonio Puertas

MI NIETO

Votad NUEVAMENTE  a mi nieto que se puede votar una vez al día. Ya termina mañada. El enlace está un poco más abajo, luego, os prometo más ....poesias ( jajaja)

Antonio Puertas

Saludos

Compruebo que en el tiempo que no me he asomado a la ventana de "la Quinta" me he perdido una "lucha de titanes" entre un fiscal y un abogado defensor, que habéis reseñado "La Buena Nueva" (la veré) ,que el idioma sigue en el centro de preocupaciones y que mientras vosotros confraternizábais y -entre otras experincias- tomábais marisco , yo "comía el polvo de la derrota" y veía mi casa tomada por "Los hombres de Harrelson" .Primero , estuve ocupado con mi mujer en seleccionar materiales e idear la reforma de los baños , luego , asistí acorralado e inerme en el salón  -lo reconozco-a la aplicación de la barrena a las que, durante más de treinta años , fueron las habitaciones más visitadas de la casa .Pero no siempre fui un cobarde : desde el jueves pasado -animado y abanderado por mi mujer -pertrechado con bayetas , fregonas y rasquetas, allí donde hubo desolación , ruína , polvo y pegotes de pintura , luce hoy -tras una denodada batalla-el sol esplendoroso de los halógenos sobre prístinas paredes y relucientes suelos .La mácula que por mi apocamiento e impericia había caído sobre la quinta del 57 fue lavada . ¡Cumplí , compañeros! .
No sé si sabéis que mi tocayo debe tener un amplísimo club de fans .Sin haber hecho ningún tipo de prospección familiar ,me enteré que la madre de mi mujer y una tía mía ( la única que me queda por parte de madre) pertenecen al grupo de alborotadas melenas que desean poseer un botón de su lustrosa sotana ...
Andrés L. Amboage

jueves, 21 de octubre de 2010

REFRITO OU RUSTRIDO

É xoves, pola tarde, despois de xantar, abro o noso blog por si hai algunha novidade e decido escribir algo para evitar que esmoreza como outros de vida efémera e fugaz. Reúnome comigo mesmo e,en breves segundos para non dar tempo o trasacordo,decido facelo agora mesmo nesta hora e media que falta para que regrese a miña compañeira de traballar e fagamos a hora de paseo que tódolos días me impuxo como penitencia a doutora no informe de alta hospitalaria. É difícil hoxe, despois do bombardeo de información ao que nos someteron todos os medios coa remodelación do goberno,cambialo chip para falar de algo mais intranscendente.

Chámolle refrito ou rustrido porque será un revolto cos ingredientes que xa nos comentou de modo maxistral Eduardo e algún outro que irá aparecendo, polo camiño, da miña colleita.

Acórdome nesta tarde de Xoves de aquelas tardes de paseo que de nenos,adolescentes e mozos faciamos polo Pedroso,a ponte da Rocha,o monte da condesa, San Lázaro ou o campo dos cabalos no que se podía xogar o pano da man,o marro, ou incluso ao futbol.

Lémbranos Eduardo que o 4 de Novembro é o día da ciencia en galego e os persoeiros aos que se adica. Dounos a todos a posibilidade de navegar unha boa singradura,eu volvín varias veces as páxinas coas que enlazan e abofé que aprendín algunhas cousas que descoñecía como a diferencia que hai entre un longueirón e unha navalla apesares de andar a eles,de rapaz, coa espita, na praia de Barraña (Boiro) na que había moitos.

Ramón María Aller,homenaxeado, foi crego, ten unha biografía apaixonante. Vén resumida en Wikipedia. Coñecín moito a un sobriño que viviu con el ata o 66 no que fina e que foi xunto con Rafael Bárez dos primeiros avogados laboralistas que exerceron na Coruña, ambos faleceron moi novos. Enrique Aller nun accidente de coche, en Nicaragua ,onde estaba de cooperante, a finais dos 80, e Rafael ,co que empezou a traballar Barreiro Barbeito que era licenciado en dereito antes de ir para o Banco e logo na Deputación da Coruña e Consellería de Industria en Santiago, que morreu de enfermidade.

Respecto a castelán ou galego hai que recoñecer que temos un segundo idioma ,o castelán,moi útil para viaxar. Co galego, o castelán e un pouco de Inglés somos as persoas mais capacitadas e habilidosas en cuestións comunicativas. Hoxe os profesionais da arquitectura estano pasando moi mal. Están cerrando as oficinas e despachos por non poder pagar os alugueres. Viven dos aforros e das rendas dalgún inmoble os que levaban anos e teñen algún patrimonio. Os que viven mais o día ou estaban endebedados a situación económica é tráxica .Os galegos teñen unha alternativa si emigran ao Brasil onde, igual ca en Portugal, é moi doado de se entenderen. O outro día comentáronme a marcha dalgúns para o Brasil onde a construción está como aquí fai un lustro en pleno apoxeo. Non todos van ser problemas: Algunha vantaxe tiñamos que ter en comparación cós do resto da península.

En canto á película “La buena nueva”chamáronme algúns amigos que a viron despois ,a través de Internet, e comentáronme que para os cregos debería ser de visión obrigatorio. Alá os alciprestes e bispos se lles parece oportuno.

Polo que toca a visita do Papa hai que recoñecer que é un acto dunha gran transcendencia económica e social. Non se pensa o mesmo da dimensión espiritual pero tampouco debemos ser uns fundamentalistas intransixentes. Disputan autores como se dicía nas teses escolásticas.

Hoxe as 8 e media, na sala de actos da asociación Alexandre Bóveda, informáronme os consocios da Mesa pola normalización lingüística que terá lugar a presentación do libro Estudos xurídicos sobre o decreto para o plurilingüismo. Intervirán Luís Villares o maxistrado-xuíz que coordina, en Galicia,a asociación Xuíces para a democracia, Carlos Amoedo catedrático de dereito administrativo e secretario xeral da Universidade da Coruña e mailo editor Paco Pillado.

Nun próximo apuntamento farei unha pequena recensión deste libro despois de que o lea. Así fórzome a min mesmo a lelo e de paso fago un resumo para vós.

Pois o tempo foise e o reloxo pasou das 4 e media ás 6 sen case decatarme. Non pensedes que é poñerse a teclear e xa vai todo de corrido como as rancheiras mexicanas. Despois hai que corrixir o escribido,poñer as comas e os puntos no seu sitio e aquilo que se dixo dunha maneira dicilo doutra mais bonita e leva o seu tempo. Hai pouco, unha de esas mañás que teño que pasar no hospital de día para un tratamento que me están pondo, levei un exemplar da novela de Cela: “La Colmena”. Nunha introdución que lle fai o propio Cela di que se un se pon a escribir unha novela e lle sae mal, se a corrixe unha e mil veces e lle adica miles de horas, o que antes foi un churro pode acabar sendo unha Divina Comedia ou un Quixote. Cando o fillo era pequeno,había pouco que inauguraran a sede da súa fundación en Iria ,paramos para visitala, e chamounos moito a atención as cuartillas tachadas dos borradores da” Colmena” e da “Familia de Pascual Duarte”que se expoñían.

Por último comunicarlle a Vilariño que xa sei que os de Muxía son corvos e os de Camariñas carneiros de toda a vida. Díxomo o fillo de Puertas, o pai do neno, para o que o avó nos pedía que asinásemos en Facebook. Dicía que cando se xunta un carneiro cunha corva saen eses nenos tan bonitos como o neto de Antonio Puertas. Esperamos que gañe ese concurso e ,os que non o fixestes, mostrádelle a vosa adhesión que nos pedía o compañeiro.

Nada mais. Saúdos para todos. Que a vida vos trate ben. Deica outra Rafael

lunes, 18 de octubre de 2010

O MEU NETO

http://www.facebook.com/l.php?u=http%3A%2F%2Fwildfireapp.com%2Fwebsite%2F6%2Fcontests%2F62410%2Fvoteable_entries%2F9452536%3Fogn%3Dwebsite%26order%3Drecency&h=b1cc9
Este é o enlace.
Gracias
Antonio

O MEU NETO

Bueno, amigos, hoy quiero pediros un favor: resulta que una de las firmas más importantes, a nivel mundial, en moda para niños en edades comprendidas entre los 2 y los 12 años, sita en Barcelona, cuyo nombre comercial es GOCCO, está seleccionando las fotos de niños/as más votadas en Facebook que se presentaron al concurso “ 2º Casting GOCCO.
Se presentó mi nieto André, y va de primero, entre las fotos más votadas.
Si queréis dejar vuestro voto, podéis hacerlo de la siguiente manera:
En GOOGLE, buscáis GOCCO EN FACEBOOK, Luego, Participa en 2º casting Gocco , Votar fotos…( la priera es la de mi nieto André Yaghi Puertas.- Votar y dejar comentarios.
Gracias de antemano a TODOS/AS.
Antonio

domingo, 17 de octubre de 2010

COLLEITA MIXTA

Ciencia en Galego

O día 4 de novembro de 2010
Día da Ciencia en Galego
Dedicado a
Dous Matemáticos galegos (para coñecer a vida de Aller)

   Os profesores de ciencias mobilízanse contra o último decreto sobre o galego para reivindicar o dereito a dar as clases na nosa lingua.  
   Máis información en http://www.cienciaengalego.org/

Castelán ou español
   Ten razón Fernando cando escribe do milagre da extensión do español por todos os continentes. Tamén  é milagre chegar a un Amanece, que no es poco (homenaxe a Manuel Aleixandre), ou rescatar 33 mineiros das entrañas da terra, enterrados durante meses a 700 m de profundidade no deserto de Atacama,
convertido en plató mediático.
   Os galegos que comprendemos /  falamos galego somos beneficiarios dun idioma case común con moitos países de América e África, colonizados por navegantes portugueses, competidores dos españois.
   Algúns empéñanse en enfrontar as linguas ou en defender unha tripando a outra. "Dúas, mellor ca unha", Tres, mellor ca dúas".
   A colonización / imposición dunha lingua é dolorosa e traumática. Do aspecto negativo da imposición do portugués librámonos os galegos, a pesar de participar da lusofonía. Somos benficiarios doutro milagre aínda máis difícil.

La buena nueva
   Rafael serviume un bandexa o tema da película que tamén vin  na TVE 1 o 9 de setembro. Podería ser un magnífico colofón ao cruce de comentaarios sobre a recuperación da memoria histórica que animou este blog.
   Tras moitos atrancos da xerarquía eclesiástica, a película rodouse en 2008, dirixida por Helena Taberna, sobriña de don Marino Ayerra.
   Unax Ugalde, a pesar de non ter credo relixioso, borda o papel  encarnando ao padre Miguel, que defende a verdade evanxélica, que se pon ao lado dos que sofren, e que non se alía cos falanxistas por coherencia cos seus principios.
   Guión sobrio, imaxes de violencia contida e silencios sobrecolledores. Ante as impertinencias do padre Miguel, o bispo dille: "Ya estamos otra vez con el dichoso evangelio". Ante a barbarie que sufrían os fregueses socialistas, o bispo recomendáballe: "Mano izquierda",  porque con esa actitude poñía en perigo o prestixio da Igrexa. A cinta mostra o posicionamento da Igrexa xerárquica ante a guerra civil. Aparece o escrito do cardeal Gomá, a Santa Cruzada, o telegrama de Pío XII apoiando a Franco... Sabido é que o Movemento Nacional se apoiou no Exército, na Falanxe e na Igrexa.
   A outra Igrexa brilla con luz propia; o padre Miguel podería ser tamén un precursor da teoloxía da liberación, próxima aos pobres.
   Marino Ayerra, o personaxe real biografado, dixéralle ao bispo: "Me ahogo en España". Marchou a Arxentina, onde foi perruqueiro e profesor de latín e grego.
   Ante as ameazas do bispo, o padre Miguel dille que así non lle interesa a sotana.
   Remata o filme cun final aberto ao amor e á esperanza, ao tempo que o tren entra nun túnel cada vez máis negro. É o comezo da longa noite, outra metáfora do franquismo. 
   La buena nueva paréceme profundamente evanxélica, unha achega á memoria histórica, da man dun cura non contaminado. Alguén pensa que a memoria histórica consiste en repoñer series na TVG.  
   Nestes meses últimos houbo moitas despedidas. Hoxe recordo a de María do Carme Cuesta, a última supervivente das 13 rosas (Madrid, 1936).
   Sobre esta época na zona de Pontevedra podedes ver: http://anosdemedo.blogspot.com

Viaxe negocio
   Parece que a Xunta reduciu o orzamento da viaxe papal  a Compostela. Non se sabe nada das contas da diocese nin do Goberno español, que vai montar o despregue policial máis espectacular da historia de Galicia.
   Consola saber que "a viaxe papal é un negocio, económico e espiritual", segundo monseñor Camino. Negocio para quen? En Valencia foi para a trama Gürtel. Facenda descobre agora un fraude de 14 millóns de euros nos contratos da visita do Papa a Valencia. Calquera ocasión é calva para enriquecer aos amigos de Canal Nou (TV valenciana). 
   A Igrexa carece de bos economistas. Santiago está deixando arruinar valiosas casas rectorais denegando sistematicamente solicitudes de restauración.
   O arcebispado confiou o dereito de usufructo, por 30 anos, da Hospedería de San Martiño Pinario ao Instituto de Desenvolvemento Comuniatario (IDC) de Galicia, dirixido por Carme Furelos. Por sentenza xudicial foille denegado o dereito de usufructo a IDC por despido improcedente de empregados, segundo sentenzas anteriores. Para poder indemnizar aos traballadores do IDC están tamén embargados os bens da sociedade. Ollo clínico para  buscar socios!
  
Parafraseando a un clásico 
   Cada ola que muere en la arena
nos trae el mensaje del agua:
Antonio es poeta y prosista.
Puertas francas a la ironia.
Lema suyo es también la hipérbole.

   Di Seco, Eduardo corrobora.
Natural, es la misma persona,
que remata aquí y ahora.

                                                      Saúde e saúdos. Eduardo.

miércoles, 13 de octubre de 2010

OS MEUS CONTOS

Como di Seco, e Eduardo o corrobora, estamos en tempo de recolleita. O Outono é un mes que se presta a estar na casiña pa aprender a escribir. Eu índa no no logrei, pero algunha que outra trafullada vai saíndo.Vai esta:

ABRE LA PUERTA QUE SOY JALISCO
Don Pedro, vivía nun principio, xunto coa súa dona e os seus tres fillos ( dúas femias e un varón) nunha humilde e pequerrechiña casa, nun curruncho do camiño do Areal.
Don Pedro ( inda parece que o estou vendo), era un home alto, delgado e ben parecido, sempre coa súa boina negra e a súa mirada penetrante, de persoa intelixente, que, de por si, imprimía un respecto, sen que ninguén ,se atrevese a rechestar as súas decisións. Xamais lle fixo falta erguer a súa man contra ningún rapaz da súa escola; algo pouco habitual naqueles tempos: “la letra con sangre entra”, que rezaba a consigna xeneralizada entre mestres e pais.
Aquel recuncho agochado, servía, o mesmo tempo, de vivenda, de cartería e de escola. E, nas súas clases, cada pouco, agasallaba aos seus alumnos, con caramelos que facía abanear colgados dun cordel, mentres, os mais esclarecidos, os estaban a atrapar coa boca aberta como pasmóns. De premio, os gañadores, saían os primeiros a gozar da glosina e do recen gañado recreo.
Anos mais tarde, mudaríase á rúa Corral pasando a ser noso veciño. Aquela nova casa, xa era moito mais ampla: contaba cun pequeno despacho de carteiría na planta baixa, e, no piso superior de madeira, cun cuartiño con fiestra a un balcón. Ali era a nosa escola. Un recinto moi acolledor e morniño nos longos e humedos inversos atlánticos. O raios de sol que se colaban a intervalos, facían quecer o noso lugar d´aprendizaxe… Unhas poucas mesas, cos seus imprescindibles tinteiros, un encerado e uns vellos libros que pasaban de man en man, constituían o indispensable, pero abondo, para aquel que era un extraordinario mestre de escola e para os seus aprendices.
Don Pedro, foi único pola forma que tiña tan orixinal de inculcar en todos nós os seus innovadores métodos de ensinanza. Tanto eu, como moitos rapaces, fomos a escola de Don Pedro o Carteiro, e, ninguén, puido dicir del unha mala ou inoportuna palabra, a non ser de loubanza. Impartía as súas clases sabiamente e a conciencia, inculcando en todos nos unha base sólida que nos valería para labrar o noso futuro.
A maneira que tiña Don Pedro de facer que prenderan en nos as matemáticas, por exemplo, e deixasen de ser a ovella negra das asinaturas, consistía en facer traballar o noso miolo, con operacións de cálculo, agasallándonos, ou ben con caramelos, ou ben, liberándo mais axiña do “ encerro”, a aqueles primerios en resolver os problemas de calculo mental que nos plantexaba. Era un método alentativo e competitivo, o mesmo tempo, espertando entre todos nos, unha saña forma de superación pa chegar a ser o mellor da clase.
Hoxe en día, poderíase entender esa maneira súa de ensinar, como algo normal, pero, non era para aqueles tempos, o modo que tiñan outros de impartir o aprendizaxe.
Si, como Carteiro ou como Mestre, nada hai que obxectar, mais ben, so parabéns e merecidos eloxios, logo, como pai, penso eu que, pese o mito ou realidade xurdido en torno ao seu fillo TITO, Tito o do Carteiro, habería que comprender a actitude dun pai como el, serio, honrado, trabajador incomparable, “ enfrontado “ as “ tolemias “ dun rapaz inquieto, intelixentísimo e audaz como era Tito que chocaban de cheo coa forma de ser de pai e fillo, no noso Camariñas dos anos cincuenta.
Tito, o indomable e aventureiro galán da época, “agasallaba” aos seus pais a diario con algunha que outra arroutada xuvenil. E, coma acontecera con Foucellas, inda que en campos moi distintos, naturalmente, cargaba con todas os feitizos que estaban a acontecer no noso pobo.
O seu proxenitor, como non lograba facer bo del, en certa ocasión, chegou a telo amarrado no fallado da súa casa, pa tratar de evitar que o seu fillo seguira por aquel camiño, incomprendido para un educador como era Don Pedro. Pero,Tito, do mesmo xeito que fai o mago Antón, non precisaba de maxia nin de trucos pa fuxir do seu encerro. Destellou o tellado da súa casa, abondándolle o seu enxeño e a súa arrogancia arrufadora.
Foi o mozo con mais éxito entre as rapazas do pobo. A min, en concreto, gañoume unha preciosa moza chamada Inés. Cantaba como Jorge Negrete, ou como Pedro Infante, i era o gran animador das festas do Carme ou do San Xorxe, eclipsando cos seus cantares e simpatía, micrófono en man, o mesmisimo Pucho Boedo. O pobo enteiro acariñaba o seu nome, converténdoo no ídolo que todos querían imitar.
Certo día, pasouse “ un pouco” de rosca, e, mentres unha patrulla da garda civil, capitán incluído, vidos de fora, xogaba animadamente unha partida de dados no bar Miramar, colouse o noso heroe dentro da carroulana que agardaba pechada fronte os animados xogadores, e poderouse dunha pistola regulamentaria. Os gatos do pobo non tiñan patas pa correr e, as balas perdidas, asubiaban polas rúas do pobo como raios enriba do Vilán. Conscientes, do fregado en que os tiña metidos aquel mocoso, comezaron aqueles gardas do orde, unha persecución sen cuartel pa intentar frear a aquel rapaz que tanto lles estaba a complicar a vida. Acurralado, peta na porta da súa casa, e, contesta tras a porta a súa santa nai “ ¿ “ quien es” ? …” ABRE LA PUERTA QUE SOY JALISCO.
Despois de todo, todos querían ben a aquel mocoso, porque era un bo rapaz.
Antonio Puertas
 
 
 
 

lunes, 11 de octubre de 2010

GAVELA DE COMENTARIOS



Estimados compañeiros: Como no Outono xa andamos mais recolleitos nos fogares parece que temos algo mais de azos para a comunicación. Aí vai unha zaragallada sen outro ánimo que distraer a miña atención doutras cousas e mais a dalgún de vós si son capaz de conseguilo.

1º.- O sábado mandáronme un correo uns amigos de Madrid para que non deixase de ver a película que botaron as dez e media na 1ª .O cartel de man e o seguinte:
SINOPSE

“Miguel es nombrado párroco de un pueblo socialista coincidiendo con la sublevación de 1936. Desde el inicio de la guerra, el bando nacional ocupa el pueblo y pronto se suceden los fusilamientos. En su lucha por defender a los represaliados, Miguel se enfrenta a la jerarquía eclesiástica y militar, poniendo en juego su propia vida.

El joven sacerdote encuentra refugio en su amistad con la maestra del pueblo, cuyo marido ha sido asesinado al inicio de la contienda. La relación con Margari supone el contrapunto al desencanto del joven párroco y su único apoyo en un camino que debe recorrer solo.

Basada en una historia real, la película recoge con fidelidad histórica el apoyo de la Iglesia Católica al levantamiento contra la República, bautizado como “Santa Cruzada”. A lo largo de tres años de Guerra Civil, Miguel siente como el propio clero se aleja del Evangelio al amparar la represión de los sublevados contra la población civil. El protagonista encarna la fuerza de las propias convicciones y la coherencia personal, en una llamada apasionada y atemporal contra la injusticia.

Una historia de amor, guerra y religión
Acordeime de Fernando Ledo que era moi aficionado ao cine e ao teatro cando,nos tempos de D. Manuel Calvo Tojo de reitor, viamos con Salvador Ares Espada aquel programa de “Estudio 1”,fora do horario da comunidade, con magníficas obras de teatro. Anos 66 a 69.

A non ser que viaxases a Madrid ou a Barcelona, e no mes de Agosto na Coruña ,non había outra posibilidade de ver teatro. Despois tivemos na Coruña unha época dourada coa Escola Dramática Galega que tivo unha sala estable algúns anos.
Pois esa película,ten moitos premios, de seguro que che gustaría moito a ti e supoño que a todos. Facede por vela. O argumento está sacado do diario que do 36 ao 39 levou a párroco de Alsasua ( Navarra ) mentres durou a guerra civil. Logo exiliouse en América e publicou no polo ano 60 .Pasou clandestinamente e circulaba fotocopiado entre xente con inquietudes sociais e historico-políticas igual ca Sempre en Galiza de Castelao e moitos mais libros aquí prohibidos como eran todos os de “Ruedo Ibérico”.

Hoxe está publicado nunha editorial de Navarra. A súa ficha é esta:MALDITOS SEAIS NO ME AVERGONCE DEL EVANGELIO de AYERRA REDIN ,MARINO Editorial de Minitzoa S.L. Avda. de Navarra, 5 –Of.2.ISBN: 9788485891863

2º.-Como Chucho Iglesias Muras é tamén aficionado á fotografía e sabe o importante que é ser observador e ter ollos para ver e captar as instantáneas como aquela de Xurxo Lobato que dou a volta ao mundo cando se afundiu o Prestige, partíndose en dous,e que so se ve a proa e a popa e como as vai comendo o mar.
A ver se consegues algunhas instantáneas e nolas mandas.Aínda que non sexan tan espectaculares como esas é o mesmo
3º.- Novel de literatura: Vargas Llosa .Eu lin moi pouco del. Os profes de literatura din que é un premio merecido. E como Cela un autor de escola. O que me chamou a atención e que todos os medios mais conservadores o poñen polas nubes como se fose un paradigma do conservadorismo.
Incluso o Vaticano a través do seu diario se desfai en eloxios del. Di “...colocando siempre al ser humano en el centro de sus obras”

A memoria é unha potencia da alma,dicíase,que se debe exercitar. No ano 2008 (2008-02-25) en Libertad Digital un medio nada sospeitoso de progresismo recóllese a desvinculación ideolóxica e partidista do PP e solicitando o voto para U.P.D. Xa que como liberal non estaba conforme cos principios que di defender o PP: "Como liberal, creo que medidas como la despenalización del aborto, los matrimonios gays y el derecho de las parejas homosexuales a adoptar niños, son medidas de progreso que aumentan la libertad y los derechos humanos en España, y por tanto, no me puedo sentir representado por un partido que rechaza esas reformas",








domingo, 10 de octubre de 2010

AS MIÑAS POESÍAS

Estón vendo que temos xente moi culta nesta casa. O nóso compañeiro E.Seco, deixanos de novo abraiados coas súas obras, dignas dun premio nobel de literatura curta, relatos todos da cosecha da sua leira, prolífera e ben coidada:...Outono, Tempo de colleitas, Ecos muxiáns ( sen comentarios), Caixa dos tronos, Lenda Urbana, Calando tamén se escribe ( pero non se nota)...e moitos outros que irá engadindo a súa prolífera obra coa que nos agasalla.
A Refael: do pasado próximo mais negro, non von a facer comentarios, non sexa que se remexan de novo os peteiros e comenzen  arrincarme os ollos...Con brochas gordas ou lixeiros pinceles, habería que comenzar a escribir contiños dos finais do 57 en adiante. A ver que fan eses que, despois de tantos anos, inda non saben escribir (... d, e, f, g...).
E, a F. Ledo, que o milagre do 12 do Outono é, como todolos milagres, unha maravilla do nóso Señor. Ata os nosos tempos foi crecendo ese grao de mostaza sementado por campos de América por uns intrépidos navegantes, predecesosos nósos na fe e nas boas novas que levaron " allende  los mares"...Noraboa aos tres magníficos.

E, deseguido, déixovos esta nova trapallada, froito da miña recolleita outonal:

EL TIC TAC DE LA VIDA
Cada ola que muere en la arena
Nos trae el mensaje del agua,
Con vientos que desgarran las olas
Rizando en sollozos sus aguas.
Lloros que a la tierra llegan,
Con danzas viajeras macabras,
Como péndulos que van y vienen,
Eternos balancines de agua.
Sombras que esconden la faz,
Entre nubes que un instante tapan.
Anclada aguja de pared
Que estática su sombra aguarda…
-Piensa el necio que el sol ya no marca-
Y las olas entretanto gritan
¡¡¡Despierta !!!
…No, ves como la sombra pasa
Sobre esa losa callada…
…O, como baja la arena,
Por un frágil cristal que pasa,
Grano a grano, prieta,
Como en molino que, al fin, se chasca…
Observa las olas del mar,
Y mira los burbujeos que estallan,
Bulliciosos, entre filtros de arena
Que engullen el agua que escapa.
Amalgamas de blandas espumas
Que lloran su muerte en las playas.,
Vaporosas pompas que escarchan
En chasquidos a la orilla del agua.
¡¡¡Escarba !!!
Y oirás el tic tac
Que sólo el inicio marca,
Los demás, quedarán en la sombra
De un arcano que a la vida aguarda.
Hermoso motor de hojalata,
Barro amasado con agua,
Ceniza de un cuerpo glorioso,
Vida que perdió su alma.
Antonio Puertas

 
 
 
 
 
 
 

viernes, 8 de octubre de 2010

O MILAGRE DO 12 DE OUTUBRO

A nosa vida está rodeada de milagres por todas partes. Sen ir mais lonxe, cada día o despertármonos pola mañá e erguernos da cama para unha nova xornada é un deles. Pero hoxe estou pensando noutro milagre para festexar o vindeiro día 12. Esa data, anque tinxida certamente de connotacións pexorativas, tamén debe levarnos a valorar e festexar o milagre de que case que cincocentos millóns de persoas estamos unidos por unha mesma lingua. Esta realidade do idioma castelán fixérona posible homes e mulleres de onte e de hoxe, creando así un grandioso patrimonio común que nos permite viaxar por 23 países do mundo facendo uso dunha mesma lingua oficial. E aínda hai tamén outros 9 países donde, anque non sexa lingua oficial, é usada a nosa lingua cervantina por unha parte significativa da poboación: tal é o caso de países tan dispares como Francia, Canadá e Filipinas donde é empregada polo 3% da xente; incluso no Brasil fálana máis de un millón de habitantes. Pero o máis curioso é que en USA resulta ser a lingua habitual de un 15,8% dos habitantes, dando lugar a que haxa alí máis hispanofalantes que en todo o Estado español.  ¿Verdade que isto semella cando menos sorprendente?
Queridos amigos, é certo que o idioma castelán ten sido tamén instrumento de colonización e opresión cousa, por outra banda, non allea as demáis linguas importantes; pero iso non debe impedir que recoñezamos e festexemos a oportunidade que temos os que falamos a mesma lingua de avanzar nunha mesma dirección. Coido que isto é o verdadeiro milagre.
Quero facer constar que persoalmente falo sempre o galego, tanto no día a día como na liturxia da igrexa, pois nunca predico ou me dirixo ós fregueses en castelán, pero ao mesmo tempo síntome moi orgulloso de coñecer e poder falar o castelán.  Ista é unha gran riqueza para min da que poido disfrutar e por iso o día 12 de outubro, dende o meu falar e sentir en galego, brindarei polo MILAGRE DO IDIOMA CASTELÁN.  Unha aperta para todos.  Fernando Ledo González.

OUTONO, TEMPO DE COLLEITAS.

Ecos muxiáns
   Apagadas as últimas luces do salón do banquete, apagados os ecos da barca de pedra, da gamela bailadeira e das regueifas entre os veciños de (Santo) Antonio de Louredo e os de Tapeirán (Padre Casares), léase muxiáns versus camariñáns, pareceume que vos centrastes na pedra que xa non pode abalar por mor dunha treboada que a moveu, rompeu e a recolocou en equilibrio estable.
   Esquencestes, en cambio, a pedra dos cadrís, menos polémica pero máis útil para os males dos que bordeamos os 65 anos.
   Procurarei visitar Muxía antes do 2021 e incluso antes do 2014, cando a zona cero se vexa compensada cun parador case subterráneo en punta Lourido. Compensación de que? O seu alcalde dixera que a Muxía lle tocara a lotaría. Son alcaldes de prestige.
   Grazas a Barral e a Henrique pola foto oficial e polo CD da Guarda.

A caixa dos tronos
   Adiantábase Rafael con optimismo ao percorrido do decreto do falso plurilingüísmo. O TSXG deu a saída ao maratón xudicial e social que constinúa. Os responsables da desfeita sacaron peito e apelaron ao consenso lingüístico, secundados por ventrílocuos mediáticos subvencionados.
   O auto de TSXG sobre o recurso da Mesa pola Normalización L. é unha saída defectuosa, pero tempo  haberá de recuperación na carreira de fondo. A resolución era previsible, vistos os estrictos requisitos esixidos en xurisprudencia para conseguir unha suspensión cautelar do decreto, só admisible en casos excepcionais.
   A noticia silenciada é que a resolución non comporta en absoluto un xuízo (nin siquera puramente indiciario) sobre a legalidade do decreto, pois o tribunal non analiza o fondo do asunto nin prexulga o sentido da futura sentenza.
   Por mor do decreto, o 90% dos nenos das cidades van ser escolarizados en castelán. Pero é unha boa noticia que o 40% dos pais das sete cidades de Galicia elixiron o galego como lingua de educación infantil. Con todo, ese 40% dos nenos van ser educados basicamente en castelán, en contra da súa vontade. Pódese negar o dereito de usar "a lingua propia de Galicia" na propia terra?
   A soflama da inexistente imposición lingüística anterior prendeu en campaña electoral como unha lenda urbana.

Lenda urbana
   Xentes de boa fe creron a lenda que explica O Rivas en Episodios galegos. Tempo de esperpento. Xerais. 2009:
   "Diferentes persoas estaban totalmente convencidas de que nos centros de ensino de Galicia os rapaces só podían estudar castelán na clase de lingua e literatura castelás. É máis, había centros que  se converteran nunha especie de campos de concentración, onde os alumnos só podían expresarse en castelán nos recreos, e aínda así eran vixiados. E non só no ensino público, tamén nos concertados e privados había a "imposición".  
   Preguntei se nos centros dos seus fillos pasaba tal cousa. Respondían que non, por suposto.
   Preguntei entón o nome dalgún centro onde se dese ese estado de "imposición totalitaria", que mesmo levaba á persecución dos nenos no tempo de lecer.
   As respostas eran sempre as mesmas: Disque por aí...
   E por aí é sempre outro sitio, sempre máis afastado. Talvez fose na Galitzia de Polonia, é dicir, nun lugar imaxinario.
    Na realidade que estaba diante nosa, a gran maioría dos centros non acadaba os mínimos de cooficialidade bilingüe".
   Píllase antes a un mentireiro que a un coxo. Pero sucede que ás veces a xente confunde un co outro e corre detrás do coxo, mentres o mentireiro se gaba e ri do ben que armou a trola.
   Táctica: inventa a realidade e manipúlaa como queiras. Moitas trolas coáronse na historia e adquiriron rango de  grandes verdades ata que esvaeceron.

O español non corre ningún perigo
   Así o demostra o Nobel de Literatura ao peruano-español Vargas Llosa.

Onde está a chave?
Queda moita carreira. Faltan as sentenzas firmes, a opinión de institucións solventes e de especialistas, dos equipos de normalización lingüística e das APA. Queda o esperanzador 40% dos pais urbanos que queren escolarizar os fillos en galego. Queda o proxecto Polo dereito da infancia á educación en galego,
presentado en Santiago.
A caixa de Pandora foi aberta en exceso preelectoral. Quen a pode pechar agora? Foi fácil de abrir, pero difícil de pechar.

Plan estratéxico de austeridade
   Os millón de euros empregados en publicitar o decreto do galego, os case 150.000 libros de Matemáticas, Física, Química e Tecnoloxía de Secundaria e os de 3º e 4º de Primaria que foron queimados por estaren escritos en galego, forman parte do  plan de austeridade.  
Dicía un contertulio que as Matemáticas non se poden dar en galego porque: "Non vas dicir tres ó caldeiro". "Falta de inoransia", diría Currás (Mareas vivas).

Calando tamén se escribe?
   Mentres a maioría segue pensando que calando (sempre) tamén se escribe, a min paréceme  nesta tarde invernal de outono que case todo é silencio.

Saúdos e saúde.
                               Eduardo Seco

  

miércoles, 6 de octubre de 2010

VIVENCIAS DOUTROS


Como di Eduardo para que o noso mural non colla balor, ou se enferruxe ,e xa nos dea medo entrar nel,como os nenos no cuarto escuro, polo temor ao abandono no que o temos,imos escribir algo. Non todos o temos abandonado e menos Puertas.Hai que propoñelo para unha medalla.O da Barca xa está esquecido. Non debemos facer como algúns cregos que lle berraban aos que ían á Misa como se nunca tivesen pisado a Igrexa. Vou amosarvos,ao mellor xa o coñecedes, o bllog de Xavier P. Docampo.:http://xabier-docampo.net/.  
Escribideo en google para poder abrir.

E mais ou menos da nosa idade. Estivo uns cursos no Seminario de Lugo. A experiencia é negativa conforme conta en cinco entradas que fixo recentemente. É un mestre con moito mérito e moitos méritos. Traballou varios anos nun programa de “Preescolar na casa” que empezara o cura Gandoy, chamado na cidade de Lugo o cura da bicicleta. Ten varios libros. Premio Nacional de literatura infanto xuvenil. Contacontos, director e actor teatral,guionista de programas de radio e televisión e cunha dispoñibilidade total para acudir a calquera colexio ou instituto para contaxiar a grandes e pequenos polo cariño a lectura e a escritura..

Visitade os que queirades a páxina del e veredes que ten moitas similitudes co que nos vivimos de nenos. Tamén nos nosos tempos había quen tiña a man lixeira. A ver se alguén se anima a escribir as memorias de aqueles anos aínda que sexa con brocha gorda e con pinceladas lixeiras. Por hoxe mais nada. Agora que ven o tempo outonal e xa hai que recollerse mais cedo porque os días minguan animádevos a escribir algo. Do contrario este encerado terémolo que levar para o faiado ou para o trasteiro para que acompañe aqueles obxectos en desuso. Xa non volverei a rosmar mais e perdoade. Son cousas do exceso de confianza. Rafael

sábado, 2 de octubre de 2010

OS MEUS CONTOS

PARVOS E LISTOS …
Fai moitos anos, vivía no noso pobo un personaxe moi popular chamado Manoliño. Monoliño o da trompeta, como así era coñecido polos seus veciños.
Manoliño andaba sempre polas rúas mal vestido, con pantalón de pana tirando a nejro pola roña que levaba, chancletas de coiro envellecido, camiseta azul falanxista, visera roxa requeté, e, sempre, coa súa trompeta enfurruxada, coa que se pasaba o día soprando de porta en porta.
Ninguén sabía se era listo ou parvo, ou si ia ou si viña de levar ou traer recados. En certas cousas era un verdadeiro xenio, en especial, no tocante a todo aquelo que fora facerse desaparecer, cando aljén o persejía, despois daljunha das súas trasnadas. E, noutras moitas, parecía medio parvo.
Serto día, na praia do Bico en medio da rapasería, xogaban todos eles, a quen mellor se lansaba de cachola dende a Pedra dos busíos,… cando Manoliño, collendo unha sonada arrancada , ala foi polo aire espatelando enriba do mar. Desejida, tiveron que sacalo da auja medio morto, botando espuma pola boca, como fai o mar do farelo, morrendo branco na empurrada do rabo. Entón, prejúntanlle, …“ pero, Manoliño, ¿ por que te tiraches, se case afojas ? Eu pensei que o mar era pa nadar… Todos se tiran e eu non quero ser menos. Respondeu todo cheo de rasón.-Tíranse, Manoliño, porque saben nadar e ti non sabes. Pero a Manoliño, todo lle daba ijual e pasaba olímpicamente daqueles arjumentos que non comprendía moi ben. Vivía no seu mundo idílico, saltando coas súas fantasías que el mesmo creara, e tocando a súa trompeta, mentres, se perdía polo medio das corredoiras .
Por aquelas datas, un vesiño seu, moraba nunha casa de pedra, resien resebada e pintada de branco, balcón con vistas a ría, ben vestido e traxeado, lusindo a diario unha garabata de lunares relusientes, de quen, non lojro recordar o seu nome.
Respectado por todos, saía sempre da súa casa, na compaña da súa dona e dos seus fillos. Era ben visto e saudado sempre polos seus paisanos: bos días, don “ Nonseiquén “, (inclinábase reverente Aqueloutro, mentres o “don“ ofresía, a duras penas, a puntiña dos seus dedos da man dereita, respondendo o saúdo.- Pois si que están bos. Da justo este soliño de primavera. Ata parece que as plantas que coljan polos balcóns, quixeran agasallarme con unha flor.-Si, Señor Nonseiquen, e que vostede é moi importante, e todos no pobo, o respectan... Aprovéitando a súa presensia, sabería disirme a que hora cheja hoxe o coche de Pombo, Don Nonseiquén ?.-No no sen a ciencia serta, porque iso ninguén o sabe, pero calculase que ó redor das dúas da tarde. Xa se sabe que hoxe é a feira da Ponte, e, sejuramente, traia un atraso de dúas horas, ou mais. Ultimamente, está a ter moitos pinchasos, causados polo jando que anda polas estradas e polas xentes sen cultura, que calsa socos de brochas. Aljunha que outra, xa se sabe, sempre van sementando polo camiño. Hoxe, ademais, por maior motivo, vaise a atrasar.- ¡ Que listo é vostede, Don Nonseiquén ! Da justo manter unha conversa con un home tan aprendido como é vostede. Por contra, eu, proveño de mínjures e non fun estudado como foi vostede. Por mais jodienda, teño que ajuantar deste desjrasiado pelexo de muller e deste fillo pasmón que “el Señor” me ha “rejalado“. Ben podía quedarse con estes dous pelandráns, ¡ carallo !…
Mais, ti xa sabes aquelo de que : “ a jrandes males, jrandes remedios “ …Ou ,como ben di o noso sajrado himno nasional …“si tus padres se tiraran de lo alto de un balcón, tú, también, te tirarías por seguir la tradición “… Con isto quéroche disir que ti, seje como ata d´ajora: con resignasión,. Ajuantando do que tes, e fasendo o que os teus pais sempre che ensinaron e aconsellaron.- Que listo é vostede, Don Nonseiquén. Sabeas todas e o carallo. Quen me dera que o meu fillo lle imitara a vostede, pero, é un paspallán que non vale pa nada…Larja d´aquí, prejiseiro, que non serves nin pa apañar berberechos na Area da Vila…¡ Burro !.vaite que vonche a dar un sapataso.
A Don Nonseiquén, dáballe o mesmo, tanto Manoliño, como Aqueloutro. A el o único que lle importaba era conservar a boa reputasión que sempre tivo e que lle servía pa consejir , de ves en cando, aljún rejaliño, que nunca viña mal.
Serto día, paseaba, como sempre, Don Noseiquén, na compaña doutros dous Nonseiquéns do rueiro, en animada conversa, dándose xabrón mutuamente, cando, na revolta dunha esquina, atopáronse de cheo cos bosinazos da trompeta de Manoliño, que a esas horas estaba a tocar o “quinto levanta…” xusto enfronte dunha vella casiña do lujar. A súa dona, quería darlle un bo escarmento a tan persistente e molesto músico afisionado e, sen pensalo, mandoulle pola fiestra unha basenilla chea do morniño elemento, resién evacuado, con tan mala sorte que pillou de cheo aos animados transeúntes que aquel día vestían de etiqueta. Manoliño saio pitando do lujar e, os Nonseiquéns ,quedaron bufando no medio das risas xeralisadas do pobo.
Por ves primeira, aqueles ingrídos, perderon o respecto popular e foron a mofa e o escarnio dos seus convesiños. Todo, jrasias a trompeta do que crían o mai parvo e resultou ser o mais listo.
Antonio Puertas