Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

lunes, 30 de abril de 2012

GANDUXOS V


Antes das puntadas sobre algúns temas de actualidade, mirados coas miñas lentes de ver a realidade, merece o amigo Eduardo algún eloxio do teor do dirixido xa por Fernando Ledo cualificando un dos seus artigos como merecedor de ser publicado non no BOAS (Boletín Oficial do Arzebispado de Santiago de (Compostela) senón no mesmo diario oficial do Vaticano.

A min gustoume tanto o continente como o contido e tanto o fondo como a forma. Xa me gustaría ter unha estilográfica como a de Eduardo. Para min que escribe cunha Montblanc Meisterstuck que se considera como das mellores do mundo. (ao mellor é polo prezo).Os nosos bics de toda a vida non dan para mais. O que admiro de Eduardo é esa visión irónica,fina sen caer no sarcasmo, retranqueira e sátira ao estilo de Juan José Milllás ou Maruja Torres, dos modernos,pero tamén de Góngora ou Quevedo. Séguenos honrando,como ves facendo, que sempre é un pracer lerte.

Pois indo ao gran comentarei estas cousas:

A,- ABELLAS. Andan os apicultores alporizados. Non sei se Agraso Carballido será un deses lectores que acceden a este blog. El leva anos metido neste oficio e seguro que estará adoecido por esa matanza planificada que, se alguén non o remedia, acabará con esta riqueza ecolóxica que tanto beneficia a roda da vida que por nada do mundo deberíamos consentir que a desequilibren.
Anda estes días nos medios a noticia.Xunta e Aspadel (asociación de fabricantes de pasta de papel e cartón) queren fumigar as plantacións de eucalipto contra o gorgullo cun pesticida,o flusfenuron, nocivo para as abellas e que a Comisión Europea ,o 9 de Febreiro pasado,decidiu prohibir a súa venda a partires do 1 de Agosto.
ADEGA denuncia que a Xunta e a patronal pasteira queren dar saída a este produto velenoso antes de que careza de valor económico. O Sindicato Labrego avisa de que os produtos tóxicos esparexidos desde helicópteros e avionetas “"non só afectarán os insectos tratados, senón que contaminarán o solo, os acuíferos e as fincas veciñas” e por suposto as abellas. Queren empezar pola zona de Melide e onte non autorizaron,a delegación do Goberno, unha manifestación por non solicitalo coa antelación debida .Cheira mal.
A asociación galega de apicultores di que “o 80% das plantas con flores e o 84% das plantas cultivadas son polinizadas polas abellas, e o 76% da nosa alimentación depende da presenza das abellas nos nosos campos”
Xa temos pragas abondo,noutras ordes da vida,para que tamén agora nos veñan tocando o carallo con isto. Relacionado con isto está tamén a manía da utilización dos herbicidas que no campo nun principio rexeitaron pero agora, como non hai xente, utilizan sen ningún reparo e o mesmo fan as empresas concesionarias de autoestradas e o mesmo administrador das vías ferroviarias. Hai xa algún tempo escribira o seguinte;

O ATILA DE HOXE

Quen gobernou no século quinto ,na Europa Central, conta a historia que foi cruel e bárbaro. Por onde pisaba a seu cabalo non medraban as herbas. Hoxe algo semellante é o que fan os que administran as vías do tren. Destinan 23 millóns de Euros ao ano a envelenar os arredores dos dez mil quilómetros de vías cunha sustancia chamada o glifosato.
Este herbicida queima as plantas,contamina o chan e ten consecuencias moi negativas para toda a vida vexetal pero tamén para os paxaros,as abellas e o resto de seres vivos. Está clasificado como tóxico que ataca os ollos,a pel e as vías respiratorias. A través das augas superficiais e subterráneas que o arrastran entra na cadea alimentaria.
Coa finalidade de evitar incendios acoden a este modo bárbaro de evitalos. Idénticos métodos utilizan para manter limpos os arredores das restantes vías de comunicación. Empresas e particulares tamén fan o mesmo para combater a maleza preto das edificacións. Pagarémolo algún día porque o fin non xustifica os medios. ¿Ou si?


B.- BISPO REIG + HOMOSEXUALIDADE. Foi noticia pola Semana Santa e mais agora cando a xuntanza de bispos en Conferencia. Ganouse unha denuncia, ante o Xulgado do Penal,das asociacións de gais por homofobia. Provocar e incitar ao odio de colectivos sociais. Meteuse nun charco como xa o fixera anteriormente. E o Guerra Campos de hoxe. Quéntanlle a cabeza e a el gústalle a parécelle que é o salvador da cristiandade. Pensa que todos son así. E como o que vai por dirección contraria e coida que os trabucados son os demais.
¿Por que o escolleron a el para oficiar e non a outros mais cultos e menos servidores dunha ideoloxía ?. O noso Andrés leva unha morea de anos facendo a Misa na Galega e nunca lle faltou ao respecto a ningún colectivo que eu saiba. Os cregos teñen que ser ilustrados por iso estudan tantos anos. O Reig, ademais é mais novo ca nós. Pasou pola Universidade pero esta non pasou por el.
Tivo que saír como sempre o Cardeal de Barcelona a dicir que non todos son o mesmo.
Os homosexuais,tanto homes como mulleres, moito levan sufrido neste mundo. E un dos colectivos mais castigados socialmente. A escoura da humanidade. Sobre todo os homes. Este tema daría para escribir un libro. Hai dous artigos que me chamaron a atención. Un é o de Vargas Llosa que aveces o mesmo Vaticano pon como exemplo de liberal e home de dereitas respectuoso da liberdade relixiosa. Respecto a homofobia di o seguinte:La caza del gay | Opinión | EL PAÍS
Outro é unha entrevista que lle fan a un crego que como moitos saíu do armario,José Mantero quen parece unha persoa mais seguidora do Evanxeo ca o propio bispo.José Mantero: "Monseñor Reig es un homosexual reprimido ...
 
Pois mais nada que xa me pasei varios pobos. Réstame responderlle a Eduardo quen son os que se meten con Queiruga. Ninguén,moito mellor ca min para matar a súa curiosidade, é o que escribe o periodista Xosé Manuel Vidal,antes crego moi querido no seu Ourense natal que ten un blog en Religión Digital, con aportacións interesantísimas,amais unha colección de videos que cando non haxa algo mellor para facer apréndese un montón de cousas mirándoos. Aí podes ver quen son os que perseguen a Queiruga.Que den la cara los obispos y teólogos promotores del "aviso" a
 
Por hoxe mais nada. Metín a directa e xa levo un lote de temposentado ante o computador. Saúdos para todos. Rafael

domingo, 29 de abril de 2012

DÍA MUNDIAL DA MALARIA
O 25 de abril  lembrounos esta enfermidade dos países pobres para espertar conciencias. Nunca é tarde cando a información é preocupante e esperanzadora.
O sexto obxectivo do desenvolmemento do milenio, marcado pola ONU, pretende combater o VIH / sida, o paludismo e outras enfermidades.
·         O paludismo ou malaria mata máis de medio millón de persoas cada ano.
·         O diagnóstico e o tratamento temperáns son imprescindibles para controlar  a enfermidade.

Informe mundial da OMS sobre paludismo 2011:
-          No ano 2010 houbo no mundo 216 millóns de enfermos de malaria.
-          Consecuencia: 655.000 defuncións, o que representa unha disminución do 25% desde o ano 2000.
-          A maioría dos mortos foi de nenos africanos, onde cada minuto morre un neno por paludismo.
-          A malaria causa un 22% das mortes infantís. 

Jharkhand (India)
Hai tres anos, nalgunhas aldeas do estado indio de Jharkhand era altísima a taxa de mortalidade por malaria; a enfermidade, endémica na zona, afectaba á maioría da poboación. Moitos dos seus habitantes quedaban cronicamente incapacitados polos repetidos ataques de malaria, o que afectaba gravemente ás súas economías. Os afectados entraban nun círculo vicioso: debían gastar gran parte dos seus ingresos no tratamento médico  e os ingresos mermaban pola imposibilidade de traballaren.
A situación empezou a cambiar coa chegada á zona de Dumka Social and Educational Society, socio local de Mans Unidas, que leva xestionando centros de saúde desde 1978, nos que se executan programas preventivos e curativos de concienciación en saúde, formación de parteiras e grupos de autoaxuda.  
Despois de tres anos de implantación dun programa de control da malaria en 36 aldeas,  reducíronse os casos malaria e a taxa de mortalidade nas aldeas seleccionadas. Menos é nada.
Encrucillada
No número 177 de Encrucillada aparece este escrito:  O Consello de Redacción de Encrucillada con Andrés Torres Queiruga.
Son sete páxinas sintéticas, didácticas e profundas. Parécenme útiles para quen non estamos actualizados en teoloxía.
Para a actualidade, tamén destaco:
-          Documento: A HOAC  e a XOC ante a nova reforma laboral.
-          Crónica: Premio a Francisco Carballo. Bo e Xeneroso.

Saúdos, mentres contemplamos gromos verdes xurdidos das chuvias mil.

         Eduardo.

jueves, 26 de abril de 2012


NADA TENGO

Nada tengo, nada quiero.
Cuerpo y alma
compendio de palabras
que guardan sentimientos.
Fuerzas para soñar…
siempre soñar de nuevo.
El alma es de Dios
y la guarda para su reino;
de la tierra es el cuerpo…
que se pudra en ella,
si lo aprovecha de nuevo.

Antonio Puertas.


martes, 24 de abril de 2012

DIARIO DUN OPTIMISTA

A estación da luz séguenos dando puntos de apoio para a panca que levanta o optimismo cósmico. Só cómpre sintonizar co universo.

Casa/caza real
Cando se sospeitaba de que España ía ser intervida polo BCE, ofrécese o líder voluntario para entrar no quirófano e sufrir a intervención. Ten máis mérito porque estaba a 10 horas de voo do hospital madrileño. Optimismo real.
Nunca comprendín o deporte-caza, pero hai certos animais, como os elefantes e elefantas, que o teñen ben merecido:
-          O elefante é mentireiro, Pinocho é un aprendiz comparado cun proboscídeo. O nariz do xoguete de Guepeto é un embrión, un proxecto respecto da trompa elefantina.
-          O elefante é tamén moi terco: ten ese apéndice tan longo e móbil porque lle sae dos narices.
-          Por se fose pouco, os elefantes son tan …ppessaddoss…
-          Di a sabedoría popular que se colle antes un mentireiro ca un coxo, porque aquel ten pouca memoria e se contradí a cada pouco. Pero os perversos elefantes son moi malos de cazar (na mentira), porque  teñen a memoria propia da especie. Por iso é tan caro cazar un elefante.
Na cazaría, a Casa Real foi acribillada pola caza real.
Podería xogar cos netos como calquera avó, pero tamén é perigoso: van armados. Non esquezamos que pode facer o que lle dea a real gana.
Ademais, xa estamos servidos co clásico Dumbo de Disney e co Eli de Pocoyó.
Creo que non convencín a ninguén. Tentaba imitar a linguaxe de certos políticos, que son case inimitables
.
Sor Lucía lucía e loce
O Congreso da Felicidade, para fomentar a chispa da vida, invitou á dominica sor Lucía Caram, que nunha entrevista  (El País, 15-04-12) di cousas refrescantes sobre política, políticos, sacerdocio feminino, sistema eclesial, a Cope, e o Espírito Santo como director espiritual.
Falar, denunciar, é necesario. O silencio fainos cómplices.

Andrés Torres Queiruga
O 18 deste mes asistín a unha conferencia de Andrés, co teatro Principal de Pontevedra cheo. Falou da resurrección de Xesús e da nosa. Parece signo de optimismo que haxa teólogos que tenten poñer racionalidade a tanta rutina beata e a tanta contradición milagreira.
No 2009 freouse a condena da súa obra pola filtración e a reacción nos medios e nas redes sociais. Pero a Inquisición estaba aí, “como león rugiente, buscando a quien condenar”.
Acúsano de reducir a fe cristiá ás categorías da cultura dominante. Segundo Andrés, actualizar non é reducir.  Na entrevista da versión dixital de El Pais 15-04-12 di que “repensa os conceptos desde a cultura actual para recuperar a experiencia orixinaria e fundante”.
A comisión quizais viaxe nun pesado tren de carbón desde as orixes ao baixo medievo ou aos tempos da Pepa. Andrés viaxa nuha lixeira locomotora eléctrica. Circulan na mesma dirección, pero en sentido contrario. As locomotoras teñen que topar, como sucedeu o 30 de marzo.
Andrés pide que os membros da comisión se mostren para buscar a forza da razón. Alguén sabe os nomes da comisión inquisidora? Podería escribilos no blog? Grazas.

Poesía e música
Para o optimismo tamén está a poesía e a música, que servo en prato combinado. Quen se atreva, pode entoala de paso que le:

Disculpe el señor
Disculpe el señor
si le interrumpo, pero en el
recibidor
hay un par de pobres que
preguntan insistentemente por usted.

No piden limosna, no…
no venden alfombras de lana.
Tampoco elefantes de ébano.
Son pobres que no tienen nada de nada.

No entendí muy bien
si nada que vender o nada que perder,
pero por lo que parece
tiene usted alguna cosa que les
pertenece.

¿Quiere que les diga que el señor salió…?
¿Qué vuelvan maña en horas de
visita?
¿O mejor les digo como el señor dice:
“Santa Rita, Rita, Rita,
lo que se da no se quita…?

Disculpe el señor,
se nos llenó de pobres el recibidor
y no paran de llegar
desde la retaguardia, por tierra y por
mar.

Y como el señor dice que salió
y tratándose de unha urgencia,
me han pedido que les indique yo
por dónde se va a la despensa,

y que Dios se lo pagará.
¿Me da las llaves o los echo? Usted verá
que mientras estamos hablando
llegan más y más pobres y siguen
llegando.

¿Quiere usted que llame a un guardia y
que revise
si tienen en regla sus papeles de
pobre…?
¿O mejor les digo como el señor dice:
“Bien me quieres, bien te quiero,
no me toques el dinero…?

Disculpe el señor
pero este asunto va de mal en peor.
Vienen a millones y
curiosamente, vienen todos hacia aquí.

Traté de contenerlos pero ya ve,
han dado con su paradero.
Estos son los pobres de los que le hablé…
Lo dejo con los caballeros

y entiéndase usted…
Si no manda otra cosa, me retiraré.
Si me necesita, llame…
Que Dios le inspire o que Dios le ampare,
que esos no se han enterado
que Carlos Marx está muerto y enterrado.

Letra e música:
Joan Manuel Serrat.  

Últimas anotacións do diario
19 de abril. Presentación de Cómo defenderes os teus dereitos lingüísticos. Carlos Callón. Crónica. Edicións Xerais. O idioma tamén corre perigo.
O libro está  dividido en tres partes:
I. Propostas de conduta para vivir en galego.
II. Repaso legal: cómo solucionar problemas legais ante a Administración e as empresas que non queren entender o galego.
III. Propostas para consumo responsable na nosa lingua.
É unha especie de libro de autoaxuda para vivir en galego.

20 de abril. Comezo de Pontepoética 2, un festival de poesía que se celebrou en Pontevedra o 20 e 21. A palabra núa, verdadeira. Quizais sexa esaxerado porque Platón afirmou que os poetas eran (e son) mentireiros. Eu pensaba na palabra fanada, mercadeada, prostituída, polos que perderon a verdade e non saben onde buscala. A palabra soou en galego, castelán, catalán e éuscaro. Que riqueza en tempos de pobreza! Tamén en esloveno e portugués. As linguas son pontes que unen, nada máis e nada menos.
A 50 pasos da festa da palabra está a Casa das Campás, século XV, onde soaba un concerto de jazz con ecos de negros escravos maltratados.
De regreso á casa, ás 22,30, o ceo estaba toldado e choraba. A Lúa era o Sol.   

21 de abril.  Segundo día de ponte de versos.
Mentres escribo escoito como sintoniza a Ser con Mans Unidas, marcando goles contra a fame.

23 de abril. Día do libro, ese invento para viaxar no sofá.

Abril, mes dos libros, da palabra e das prímulas nos prados.

“Que haxa pan, auga e sal para todos”, como desexou Nelson Mandela.
              Eduardo.


ESCALEIRAS


-” En primeiro lugar, que suban os auténticos “…Deste xeito, sentenciaba un amigo meu, xa finado, cando estaba a controlar a avalancha de xente, amoreada no Curbeiro, momentos antes de dar comezo a procesión marítima do Carme.


Naquel entón, todo era auténtico como a vida mesma. A natureza e as persoas, presentábase tal cal eran, reais e sen finximentos..


O ano comezaba, sabedores todos, que, por diante, agardaban catro estacións ben definidas: invernos longos e crus, onde o mar e os elementos, tiñan prohibido aos nosos mariñeiros saír mais aló da Viulleira, conformándose estes, coa pesca de cana polas pedras da Carnicería, e pouco mais.


Primaveras e outonos, pontes de paso, entre ámbolos dous e ben definidos meses, extremos do calendario.


As sementes ían sen químicas e o escaravello da pataca, inda non tiña feito a súa aparición. Alleos estaban os labregos de Buría a esas crebaduras de miolo, que, nun vindeiro futuro, eses bichiños lles ían a traer. 


Así era a vida por aquel entón: homes e natureza convivindo en perfecta harmonía, sen aditivos nin falsidades. Cada quen mostrábase tal cal era.


O verán, curto pero intenso, o estabas a aproveitar ó máximo, ó gozar a diario del, coas excursións dentro do noso ámbito territorial.


Un dos nosos espazos preferidos, era a praia de Lingunde; non so pola súa paisaxe fermosísima ao carón de piñeiros, e de frondosa vexetación, senón, tamén, pola proximidade ao noso pobo. Todo elo, engadía, novas ansias de vivir, con unha auténtica vida natural e fermosísima, apropiada pa uns  rapaces sans e aventureiros.


Practicamente, baixabamos a rolos polas súas ladeiras, enfociñados e a sobresaltos, no medio de lagartos arnais e cóbregas, que se agochaban entre xestas e silveiras, ó noso arredor. A abundante vexetación, rabuñaba nosas pernas expidas, e, as torceduras de cotobelos, dificultaban ó noso decidido andar.


Tan so un par de lindeiros areosos, de brancura inmaculada, marcaban á costa abaixo, por un carreiro esfociñado de chegada.


Certo día, un grupo de mociñas, compañeiras nosas de aventuras, animáronnos a construír uns pasos pretos, con area e pedras, pa suavizar, dese xeito, ó declive natural da baixada.
Axeitamos, pois, un carreiriño, que se logrou con unha suave baixada, de cara a nosa praia mais agarimosa.


As primeiras escaleiras de Lingunde, foron obra de uns rapaces laboriosos e respectuosos coa natureza  e co lugar mais fermoso da vila.


As de hoxe, sucumben lentamente apesaradas de abatemento; e, coa chorica, abren paso no cimento, como reencarnando unha nova Ave Fénix que xurde, dende o mais fondo da area, querendo abrir a alma das AUTÉNTICAS  esqueiras, agochadas a carón da nosa praia de Lingunde.




Antonio Puertas


lunes, 23 de abril de 2012


SAN XURXO

San Xurxo ten un cabalo
que pelexa con tesón
co demo reencarnado
na figura dun dragón.

Camariñas rende culto
festexando a súa labor,
coa música polo alto
en honra do seu patrón.

Antonio Puertas

jueves, 19 de abril de 2012


ADEUS DON XOSÉ

Polos ventos de Aldán están a chegar
bágoas que achegarán a Compostela;
anegarán as terras de Breogán
e as chuvieiras laiarán por toda ela. 

Están a falar, pingando polo chan.
Din que quen fora noso señor, finou;
Don Xosé, nobre cabaleiro cristián,
que, noutros tempos, en Belvís adestrou.

¡ Adeus, Don Xosé ! Xa estou a ver a Asunción
baixar do pedestal e erguer, con himnos,
pa que, cos anxos, descanse en paz de deus,
e, dende aló, ben alto, vele por nos.

Antonio Puertas


miércoles, 18 de abril de 2012

FALECEU NA MADRUGADA DE HOXE, 18, MONS. JOSÉ CERVIÑO (AGV)

D. José Cerviño e Cerviño foi Reitor do Seminario Menor de Santiago (1955-1968).

Mons. Cerviño Cerviño

Ás cinco da madrugada do día de hoxe (18 de abril), faleceu na Clínica Povisa Mons. José Cerviño Cerviño, Bispo Emérito de Tui-Vigo, tras un curto período de enfermidade e hospitalización, vivido con exemplar sentido cristián. Fora trasladado, desde a Residencia Sacerdotal "Nosa Señora dá Guía" onde vivía, a ese centro hospitalario nos días centrais da semana Santa, por se ter agravado fortemente o seu estado de saúde.
VELORIOS E FUNERAL DE DON JOSÉ CERVIÑO
A capela ardente estará instalada na Concatedral viguesa de Santa María, a partir da tarde de hoxe mércores, ás 20,30 horas. Ás 21 horas terá lugar o rezo comunitario de Vésperas. O templo permanecerá aberto para a velación dos seus restos ata ás dez da noite. Ás 9,30 da mañá do xoves rezaranse laudes  e seguirá o velorio ata que ás 19 horas os restos mortais de Mons. Cerviño sexan trasladados á Catedral de Tui, na que se rezarán as Vésperas ás 20,30 do xoves e Láudes ás 9,30 da mañá do día seguinte. Os restos mortais serán velados ata as 17 horas do venres, hora do empezo do Funeral de Exequias, presidido por Mons. Julián Barrio, Arcebispo de Santiago de Compostela. Mons. Cerviño recibirá cristiá sepultura, como era o seu desexo, na Capela do Santísimo da sé catedralicia. Todos os Bispos de Galicia e numerosas autoridades confirmaron a súa asistencia.


Aquí incluímos parte desa información 

martes, 17 de abril de 2012


FINISTERRE

Mira cómo declina con sus rayos,
y en su color oro y grana se baña
por cielos del Finisterre de España;
te deslumbra ese dios que ya no manda.
De Décimo Bruto, su cruel Júpiter,
que horrorizado huyó con sus legiones
ante el espanto de aquellas visiones
con sacrilegios que la mar demanda.

Duerme con luceros, reinando al alba,
y la sangre del agua que lo baña;
 el día lo consagra con su guadaña,
sacrificio en olas de plata aciaga,
adorado por sirenas y barcas.
Mil y una noches de gloria baldía
con la Niña, Pinta y Santa María,
como ellas sin ancla en mares naufraga.

Rey que se esfuma cual ola lejana,
en medio de cirros que arden en llamas
cubierto de sombras, rey de sus dramas.
Te vas con tu barca a la alta montaña
subiendo en la bruma a las olas blancas,
y en sus cimas elevas tu plegaria
que surca el mar como nave precaria
de rey que se muere en oro de España. 

Antonio Puertas




domingo, 15 de abril de 2012

GRACIÑAS, EDUARDO.

Estou completamente dacordo con todo o que escribes na túa entrada sobre os ESCRAVOS e igualmente subscribo, sen quitar unha coma, o dito a propósito dos DESAFINES. Non se pode decir en tan poucas liñas nin dunha maneira máis elegante e elocuente, ó meu modo de pensar, verdades tan irrefutables. O teu artigo debería ser publicado nos boletíns oficiais das dióceses e incluso no "L`oservattore romano". Artigos así son verdadeiros refachos de aire fresco que prestixian este bloq. Deica ao próximo, amigo. Fernando.

Hoxe puxeches o dedo na chaga, Rafael. Empresas que se abren con catro chicas, quebran e logo, os seus responsables, decláranse insolventes e aí morre o conto.
Outro galo cantaría pa mellorala nosa economía ,se, como ben dis, se cambiaran as regras do xogo, en estas cuestións.
Parabéns, amigo.

Agora, déxovos un contiño, pa que con decaian os ánimos


O SANCRISTÁN

Os que estiveches a ler algún dos meus relatos, sabedes que, durante un tempo da miña infancia, estivera de acólito,  sendo  cura don Ramón, cando Camariñas pertencía  a dioceses de Mondoñedo; e, logo, un par de anos mais, con Don  Xosé, que xa era  un cura mais adiantado pa aquelas épocas e que dependía de Santiago.

Os acólitos, toda a vida, tiveron  fama de ser un pouco trasnos e pillabáns, inda que eu, sinceramente, non creo encaixara dentro daquel  “sambenito” que levabamos colgado. Máis ben, penso , era un rapaz boíño, ou polo menos, así me tiñan  en consideración ás xentes.
Habería moitas cousas que contar daqueles tempos vividos ó pe da nosa igrexa, e moitas anécdotas que  recordar,  sempre con nostalxia e agarimo, outras, pola contra, duras e impropias de ser vividas, que é preferible esquecer.

A falta de  hixiene, a alimentación inadecuada e a carencia de medicamentos,  eran o caldo de cultivo axeitado pa que tivera lugar  unha grande mortaldade infantil,

Alí arrimaban correndo os aflixidos pais co neno moribundo, pedíndolle o cura que fixera algo pola criatura, e o pobre de Don Ramón, tomándome a  min como padriño, e único testiño do acto, derramaba aquela auga santa pola testa do anxiño, a quen os presentes, víamos como voaba directo po Paraíso. Foron tantos os que pasaron por aquela pía bautismal, que nin eu mesmo sabería dicir nin o número, nin de quen  eran fillos (agora comprendo o por que non afoguei aquel día de inverno no Curbeiro…)

A pesares de tanta mortaldade, as familias amoreaban nenos e mais nenos, e, os que menos, contaban xa con unha ducia de  fillos por “banda” …(a falta de televisión e as palilladas nocturnas, facían “ majas “…e non só puntillas…),
Os rapaceiros abarrotaban as nosas rúas, e a súa ledicia buliciosa, semellaba manadas de berrotes comendo no centeo.

Todos eles remataban sempre xogando a pelota no Adro da nosa Igrexa, e, precisamente alí, estaba  o único e non repetible Señor Mariano, o sacristán por excelencia, pa impoñer orde e respecto dentro do que el boamente podía.

O home andaba tan esgotado, non so polo traballo de escorrentar aqueles demos do interior do templo, si non que, tamén, polo esforzo que supoñía ó estar sempre colgado dos badalos, anunciando  misas, enterros, funerais, procesións, festas e desgracias habidas e por haber… mais, sobre todo e a diario, anunciando mortes e enterros de neniños. Sen apenas  tempo de baixar , xa o estaban a chamar da súa casa, pa que fora o monte a por un carro de estrume. O meu xefe foi un santo  mártir sen gloria  nin beneficio, e, por elo, quero deixar hoxe constancia e recoñecemento público debido  neste Libro.

Nas escolas de Don Evaristo e de Don Cándido, inculcábamos ós rapaces o respecto e a boa educación ,e, a recoñecer SEMPRE a autoridade de quen ía cos pantalóns postos, abotoados ou non - impensable nas mulleres que sempre estaban a levar o saio- .O home, pos,  era o patriarca indiscutible a quen todos obedecían sen rosmar, inda que de portas pa dentro, a realidade era moi distinta… chovían zapatazos e os rabos das escobas voaban por riba das portas, sorteando aos adormentados gatos pousados nelas, que, coa costume, xa non se inmutaban ante  aqueles litixios matrimoniais.

Eu, como axudante do Sr Mariano, facía de comodín, e, tamén a min me desbordaba a labor.O que máis me estaba a gustar, non era axudar na misa, nin levar a cruz nos enterros, nin empinar da botella do cura ás agachadas,…non,…o que mais me amolaba de verdade, era escalar ó campanario e repenicar as campás.
Logrei tal destreza que ninguén me amolaba  interpretando a “Raspita” ó mover sincronicamente as mans, mentres  acompasaba co martele harmonioso dos badalos, e, dese xeito, facía bailar ás xentes ó escoitar tan apegadiza sintonía.  Aquelo, case me costa o posto, debido ás queixas das beatas ante o cura,,que, pa reparar tamaña ofensa, facían a sinal da cruz, mentres dicían: ”o que hai que ver e oír nestes tempos modernos...Estes rapaces son o demo…”  

Os nenos, sempre foran máis medrosos que as rapazas, á hora de gabear por aquelas caracoleadas escuras escaleiras, e, para vencer o “pavor”  á escuridade, estabamos a requirir a compaña  dalgunha  rapaza amiga, que,  sempre, a mandabamos por diante, nos momentos de subir…e, logo, pa baixar,íamos nos primeiro. Así, d´ese xeito, axudabamos a votarlle unha man, moi “amablemente”…cando fixera falta, tal como habiamos aprendido na escola.

A pesar de toda a nosa “ boa idea” algún aqueloutro rolo pola costa abaixo, tivo lugar naquel campanario.

Antonio Puertas












sábado, 14 de abril de 2012

ESCRAVOS QUE NON SON DA ESCRAVITUDE

Historia que se repite
“É unha volta á escravitude”, escribe Rafael.
Ningún imperio se fixo sen escravos. Os imperios mesopotámico e exipcio non existirían sen escravos. Sen escravos, os gregos non terían inventado a democracia na ágora, nin os romanos o dereito nos baños públicos. Non existirían os palacios de Asurbanipal nin de Khorsabad nin de Persépole; nin as pirámides, nin os templos rupestres; nin o Partenón, nin o Coliseo romano (agora cos centurións en rebeldía), se non houbese escravos que traballasen baixo látego.
É boa a escravitude? Depende dos intereses de cadaquén. Para os amos, si; para os outros, non. Óese ás veces que escravo era Kunta Kinte, que os de agora son vagos que non queren traballar e si cobrar o paro e seguir tomando cañas. Todo é relativo. Nos barcos de escravos asignábase a cada un este espazo:
Homes: 1,85 X 0,40 m.
Mulleres:  1,54 X 0,40 m.
Moziños: 1,50 X 0,36 m.
Mociñas: 1,23 X 0,30 m.
Viaxaban xuntiños como as sardiñas ou os tranchos colocados na tixola. Moitos non soportaban a travesía e convertíanos en alimento de peixes. Pero quedáballes o consolo de que nas facturas de carga, os escravos describíanse como “embarcados pola graza de Deus”. Pobre Deus, se non fose Deus!
Os romanos crían que a familia estaba protexida polos deuses lares, pero eran os escravos os que mantiñan aceso o lume sagrado do fogar.
O Papado tamén tivo escravos cando exercía oficialmente o poder temporal.
Os negreiros -cazadores e traficantes de escravos- foron instrumento necesario da conquista dos novos mundos.
Os imperios español, portugués, holandés e inglés non serían posibles sen escravos.
Sempre houbo e hai escravos, pero en economía somerxida e en número insuficiente para calmar a voracidade dos outros humanos.
Moitos escravos foron comprando a liberdade, os asalariados foron adquirindo dereitos con loitas, sacrificios e revolucións.  Coas novas conquistas  sociais, fóronse adaptando a un estado de benestar. Ante os ataques actuais, reclaman, protestan na rúa con manifestacións e folgas parciais e xerais.
A man de obra máis barata está en China e na India: máis de 1.500 millóns de persoas dispostas a sacrificarse ao deus do mercado a cambio dunha ración de subsistencia. Europa e América do Norte son asaltadas por exércitos famentos  procedentes do Sur a ofrecerse como carne de canón.
A falta de escravos foi minando a respectable familia burguesa, que mantiña viva a chama do fogar grazas ao traballo mal pagado de xente máis pobre. Moitas familias de clase media manteñen o seu confortable fogar con vellos e nenos coidados por xentes do Sur.
Alemaña non ten poboación suficiente para tirar da locomotora que arrastra os avagóns de Europa.
Europa está en depresión económica porque carece de escravos que se sometan a condicións laborais felizmente superadas.
Onde están os escravos italianos, españois, portugueses, gregos e irlandeses. Estanse fabricando na factoría da remodelación actual do mundo, cos gobernos como axentes necesarios. Remodelación dirixida polos poderosos para  que os débiles perdan os aforros e dereitos conseguidos durante décadas de loita. Isto non é unha crise, senón unha asiatización ou terceiromundialización de Europa, escribe Maruja Torres.
Cando oias as trompetas do Apocalipse, acepta o teu destino: só sobrevivirás se te convertes en escravo. Homo homini lupus?

Quen desafina?
Ante esta situación, a sensibilidade humana e a sintonía cristiá aconsellan  poñerse de lado dos pobres. O artigo de monseñor Antonio Algora está moi ben, pero é noticia, unha flor nun deserto de salitre.
Quen desafina, o bispo manchego ou o coro completo, incluído o director? Cando un equipo de fútbol desafina con malos resultados, cambian de adestrador. Cando o coro episcopal e director desafinan, calamos todos con “resignación cristiá”.
Á xerarquía sempre lle gustou arrimarse ao poder, mellor se é de dereitas. E vailles ben. 
Tamén é alentador, pero noticia, que o bispo de Solsona retire da súa nómina 300 € para entregar aos pobres.
Tamén moi positivo que un cura canario enchese a igrexa de alimentos para os pobres, predicándolles aos fregueses; pero é noticia.
No reverso da páxina, apareceu na prensa unha foto da toma de posesión do bispo de Ourense co Exectutivo medio-axeonllado aos seus pés; digo  medio-axeonllados porque se ven incómodos, non sei se por estar en ambiente pouco familiar ou por quebrar a raia dos armanis. O poder temporal sometido ao poder espiritual.

… E cando espertei, o tiranosaurio estaba alí.

Pero estamos na primavera e coas flores tamén crece o optimismo. Con forza mental aínda podemos ser máis felices ca o monxe tibetano “máis feliz do mundo”, patrocinado por unha multinacional de refrescos.
É certo que Froilán e a prima (de risco) se disparan, pero o Titanic non se afunde mentres o capitán toque o violín acompañando a Serrat e a Sabina. Arxentina nacionaliza Repsol? España pode nacionalizar as botas de Messi, que son de ouro. Esquivamos icebergs máis xigantescos, como a reconquista da illa Perejil, cando sopraba un forte vento de poñente, e xa temos herba culinaria  para adubar todas as carnes vacúas da Pampa.
Remato, porque teño que meter uns cartiños nas tripas do colchón, respondendo á pregunta atinada de Fernando.
               Saúdos.
                           Eduardo.

viernes, 13 de abril de 2012

¿OS AFORROS NO BANCO OU NO COLCHÓN?

O que lles está a pasar a milleiros de aforradores que, inxénuamente fiados do que lles prometía o empregado de turno da NovacaixaGalicia, depositaron os seus pequenos aforros nas chamadas participacións preferentes, tráeme á memoria o sufrimento dos pobres arxentinos víctimas do "corralito" fai poucos anos. Ou sea que o banco, cando sospeita que o cliente non vai poder devolver un préstamo porque non puido afrontar o pagamento de dous ou tres plazos puntualmente, procede a embargarlle os seus bens; e pola contra ese mesmo banco, despois de ter enganado mafiosamente a un pobre cliente de boa fe prometéndolle mundos e moreas, á hora da verdade négase a devolverlle o que lle pertence e non pasa nada. E ainda por enriba coa complicidade da administración pública. ¡ Menos mal que vivimos nun Estado de dereito! ¿Qué garantía temos os cidadáns de que os nosos pequenos aforros van estar á nosa disposición para botar man deles no momento en que os precisemos? Dende logo ese perigo non o corren as grandes fortunas pois están ben aseguradas nos paraísos fiscais ou en contas numeradas no estranxeiro.
Fai pouco lin un artigo dun economista que resumía en poucas liñas o diabólico papel dos bancos na situación que padecemos: A crise orixinouse cando os banqueiros norteamericanos embaucaron a millóns de persoas das clases humildes para que se hipotecaran de tal maneira que xa supoñían que non poderían afrontar o pago das mensualidades. Logo estas hipotecas "subprime" vendéronllas disfrazadas a inversores do mundo enteiro co visto bó das malfadadas axencias de calificación. Cando estoupa a burbulla inmobiliaria estas subprime convírtense nos chamados "activos tóxicos". En USA calculan as perdas nunhos cen mil millóns de dólares. En España calculan que unhos 135 mil millóns de euros son de dudosa recuperación.  Pero non pasa nada, para eso están as axudas do diñeiro público apuntalando a solvencia dos bancos; non hay diñeiro para as pymes nin moito menos para a xente en dificultades pero sí para os bancos. A administración Obama destinou para este fin no 2009 un billón de dólares; na Unión Europea recibiron os bancos entre 2008 e 2010  a escalofriante cifra de 1,6 billóns de euros en axudas públicas; en España creouse o FROB no ano 2009 dotado con 9.000 millóns de euros para prestar diñeiro ós bancos con dificultades.  E para remachar o clavo, o pasado 21 de decembro o Banco Central Europeo ixectou liquidez nos bancos comunitarios por importe de medio billón de euros con un tipo de interés do 1 por cento e animounos a que invertisen en "deuda soberana" percebindo un interés do 4 ou 5 por cento. NEGOCIO REDONDO. ¿Pra qué conceder créditos ás familias ou ás pymes? Non hai que perder o tempo, moitas delas son insolventes.
E seguen a falar de que é preciso fortalecer máis os bancos co diñeiro público. Pregúntome si non é unha inmoralidade  seguir depositando os nosos aforros nos bancos coa que está caendo. Fernando Ledo.

miércoles, 11 de abril de 2012


Pois, xa que fun lido 1418 veces, segundo radio Macuto, agora si que a ides ter clara…
O que non queira aprender a escribir, vai aprender a ler…dígovolo eu.
As miñas poesías van soar mais que as dunha tal Rosalía.

FOI A MONA

Cando achego a túa porta
tela caravilla posta;
caladiña trala ventá
entreábre-la súa contra.

Pechado telo poxigo,
sen alento axexas, moina;
pensas que non vexo o candil
que me achega a túa sombra.

Non queres saber de min,
nin meus amores che importan;
adoeces polo galopín
que está a petarche na porta.

Aquel día, fun e non che vin
agardar por min dúas horas;
foi o viño que foi sen min,
foi a mona que durmiu fora.

Antonio Puertas


Curiosidades sobre o noso blog (AGV)

Estas son as estatísticas das visitas recibidas pola nosa páxina da Quinta do 57, recollidas tal e como aparecen en Blogger: 



Páginas vistas hoy (11/04/2012)
22
Páginas vistas ayer
56
Páginas vistas en el último mes
1.418
Páginas vistas (historial completo)
22.782


Nestas visitas non se contan as dos que aportan "entradas" ou colaboracións. Non me digades que non paga a pena pàrticipar. Na actualidade as edicións de poesía de autores renomados non pasan dos 500 exemplares. Antonio Puertas pode presumir de ser lido, soamente en marzo, 1418 veces. É de supoñer que serán moitos lectores distintos, pero non nos é posible diferenciar as visitas dos que entran por primera vez dos que repetimos con certa periodicidade. O que sí está claro é que o noso blog ten un aprezable seguimento. Noraboa a todos. E participade, enriquecédeo e dádelle variedade.

Feliz Pascua de Resurrección (AGV)

Feliz Pascua.  Pensei que xa a tiña inserido aquí. Desculpade a demora.


Graciñas, Andrés. (AGV)

A persoa, o pensamento, as actitudes básicas dun teólogo que é un verdadeiro mestre e guía da fe, recollidas nesta entrevista de Radio nacional en Galicia.
Pinchade aquí. Estarésdesme agradecidos.


http://www.rtve.es/buscador/GoogleServlet?tema=alacarta&q=torres+queiruga

martes, 10 de abril de 2012

GANDUXOS CATRO (R.G.R.)


En primeiro lugar desexarvos unha feliz Pascua florida a todos. Este ano, ao levarmos pasadas xa unhas semanas da primavera, é florida de verdade. Por filosofar un pouco non sei de onde ven o costume de felicitarnos polo Nadal e non agora na Pascua verdadeira. Algunha razón haberá. Se hai ocasión terémosllo que preguntar a Marcial Gondar que viña algún curso detrás de nós. E catedrático de Antropoloxía Social na Universidade de Santiago. Ademais de ser unha autoridade na materia é un admirador de D. Luciano Méndez Palleiro que o introduciu, igual ca nós, nos fundamentos filosóficos a través de Amor Ruíbal de quen se declara discípulo tamén Torres Queiruga.

Aos que pasamos por San Martiño resultaravos agradable ler o que se di no periódico Galicia Hoxe. Com. destes días pasados:Marcial Gondar, antropólogo (Este xornal foi o soño de D. Manuel Fraga por ter un periódico diario redactado exclusivamente en galego e que, como outros ,arrastrouno esta peste que ameaza con acabar cos nosos sinais de identidade.)

As puntadas desta vez versarán sobre estas dúas cousas:

A).- PESIMIMO SOCIAL:Cando me encontro con algún compañeiro do Seminario de Filosofía , (así se lle chaman nos Institutos aos departamentos didácticos),e nos poñemos a leriar un pouco, a última vez, rematamos falando de quen debería ser o autor de moda. O señor Arthur Schopenhauer o autor do pesimismo. Segundo D. Manuel Bugallo,profesor do Hª da Filosofía,xa choveu,contábanos,mais ou menos,que o mundo para el era o peor dos mundos posibles e non se podía mellorar. Non existía progreso na natureza humana nin na sociedade. Bugallo atribuíao a que era ateo e por iso, non tiña esperanza, e vivía nunha profunda depresión. A notoriedade acadada como filósofo, para D. Manuel Bugallo,era debida a que herdara da súa mai a calidade literaria pola que foi moi lido e dentro do movemento nihilista conseguiu certa relevancia.

A verdade é que, á marxe do que pensaba ese señor que inmortalizou o pesimismo,na sociedade actual existe unha desilusión, desmoralización,desesperanza, desánimo xeneralizado ou algo parecido..Non pode ser cousa boa. Se por encima os gobernantes tamén póñeno feo xa me diredes que mundo lles deixamos aos que veñen detrás de nós que tamén se contaxian do pesimismo imperante, Eu constátoo,fágoo constar en acta como os notarios, pero intento non deixarme contaxiar e fago,como nos dicía D. Raimundo cos malos pensamentos que se hai que desprender deles como cando che saltaban as muxicas na lareira que as sacudías rapidamente para que non prendesen na roupa.Todos os días o primeiro que leo e o periódico dixital:Noticias Positivas | Una puerta hacia un mundo que mejora.
Pero aínda así teño que recoñecer que o efecto do optimismo hai días que dura moi pouco tempo.

B).- SEMINARIO. Dou moito do que falar, como propaganda foi acertado, o vídeo que presentaron para fomentar as vocacións. Nas chácharas non transcendentes que facemos os xubilados para de paso dar o paseo e tomar as cañas teno comentado Agustín Dios se co paro que hai non pasará como nos anos 50 que se enchían os seminarios. Maioritariamente concordamos que non. Son outros tempos. A secularización imperante co conseguinte abandono das prácticas relixiosas de forma masiva é un fenómeno dificilmente reversible.

A propósito do Seminario e utilizando o mesmo recurso ao que acudía,conforme se conta na
“Historia do Famoso Predicador. Alias Zotes” ,que falaba do que lle petaba eu fun gardando aqueles artigos ou reportaxes que falaban do Seminario de San Martiño. Agora decátome que moitos deles están dixitalizados e almacenados en Internet e para liberar espacio despréndome deles. Este que é xa de hai 8 anos supoño que o leredes con gusto. Fai referencia as orixes do traslado do Seminario do Colexio de San Clemente para o mosteiro de San Martiño e mais o papel que tivo o Arcebispo Rafael Vélez en atacar aos liberais e defensores da Constitución de 1812 no atormentado século XIX. Aí queda para o que lle interese:La fábrica de Dios | Edición impresa | EL PAÍS

Pois por hoxe nada mais. Seguirei o exemplo que nos da Puertas e mais o compañeiro Eduardo e se hai vagar outro día escribirei algo mais. Materia non falta. Anímense os demais se quixeren.Rafael