Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

sábado, 29 de septiembre de 2012

También yo quiero felicitar a todos los compañeros y amigos que hoy están de santo:
¡¡¡  FELICIDADES,pues,  a todos los  RAFAEL, GABRIEL Y MIGUEL. !!!
Larga vida y felicidad para todos vosotros.
Antonio Puertas

FELICIDADES, RAFAEL, MIGUEL E GABRIEL (Andres GV)

Xa estaba eu pechando a entrada anterior cando me decatei de que hoxe foi o día dos Santos Arcanxos Miguel, Gabriel e Rafael, nomes co sufixo hebreo -EL, que se refire a Deus. No caso de Rafa-EL a etimoloxía popular di que significa "Deus que remedia". No caso de Migu-EL, "Quen coma Deus"? E Gabriel para uns é: "home de Deus" (equivalente a mensaxeiro) ou "forza de Deus".
Pero aquí o que importa é que hoxe hai amigos de santo e cómpre que os felicitemos e lles desexemos longa vida e moitos anos cheos de ben e paz. E que Deus nos axude a remediar os males.

¡Sorpresa inesperada...! (Andres GV)

Despois da xuntanza de Sobrado/Oíns estivo na miña cabeza por varios días aquela canción que alguén no Seminario nos ensaiou para excursións e tempo libre: "Tú que brillas en el cielo..." Déuseme por buscala en Internet e resulta ser unha canción popular do bando republicano durante a guerra civil. ¿Sabía isto quen nola ensinou e promoveu no Seminario? A canción de seu é inocente, nostálxica, de lúa que consola a doenza do cantor. Pero esta connotación déixame sorprendido. Vede aquí a versión cantada que atopei, moito máis rápida de como a aprendemos nós.
Para descargala hai que pagar, pero escóitase ben e de balde  neste enlace:
http://www.youtube.com/watch?v=T1skAvfbMWI&feature=related

jueves, 27 de septiembre de 2012

¿Que está pasando?



          Queridos amigos: Hai menos dun mes celebrouse en Madrid o 32 congreso de Teoloxía da Asociación de teólogos e teólogas Xoan XXIII. Manteño algúns amigos,de belos e vellos tempos, que me manteñen informado do que veñen facendo desde hai tantos anos. Envíanme o material do pre-congreso e mais do post-congreso. Hoxe con estes  modernos  inventos resulta moi fácil. Antes había que pagar o franqueo e soamente chegaban a aqueles que tiñan verdadeiro interese. Este ano,de todos os materiais, hai uns vídeos que son dignos de ver non unha vez senón varias.

            Pertencen a un vello loitador de finais dos 60 que aínda se mantén,como os vellos roqueiros,ao pe do canón. Procede do movemento coñecido como Pax Christi e logo Xustiza  e Paz. Explica o que nos está a pasar socialmente e cales poden ser as alternativas para saír desta situación. Desfai moitos mitos do pensamento imperante e ademais, como excelente profesor, ten o don da claridade e de facerse entender con atender nada mais. (Creo que era D. Pío o de Francés que se lle dicías que non entenderas preguntaba se atenderas.Sostiña que o “A” está antes de “E”.Por tanto para entender hai que antes atender.)

            Pois despois desta introdución aí queda a conferencia destes gran  home que ten moito que ensinar e nos moito que aprender deste sabio que é da escola de Xosé Luis Sanpedro.

          Deica a próxima e bos desexos para todos.Rafael

sábado, 22 de septiembre de 2012

ADENDA A MAGNIFICA CRÓNICA DE ANDRES (R.G.R.)

Coa intención de que constase para o devir que, coa fidelidade que nos caracteriza, o pasado terceiro Sábado de Setembro nos xuntamos en Sobrado dos Monxes pedíralle ao compañeiro Enrique Vázquez Pose que me mandase unhas fotos para colgar aquí.

Cumpridor, como é habitual nel, envioumas e cando me dispoñía a deixalas con algún comentario, agradablemente, encóntrome con que xa Andrés o realizara coa perfección coa que o fai sempre. Andrés,de seguiren adiante aquelas experiencias de traballo manual do clero,ganaríase a vida como deseñador gráfico ou montador de texto e fotos para a composición de folletos manuais,libros ,revistas, páxinas Web et cétera.

Moito mal nos fixo aquela idea absurda de que os cregos non valían para outra cousa. En realidade era un complexo. A demostración é que tantos ex relixiosos/as e cregos gozan e gozaron dun gran aprecio nas novas profesións para as que se mudaron.

Xa vedes que ao non deixar as fotos dóuseme por predicar,como di Muras, e como o escribir ou falar non ten cancelas non me fagades caso que unha cousa é dicir algo e outra é predicalo.

Parabéns ,por tanto,a Vilariño polas reportaxes que nos deixou. Esperamos que unha vez,a partires do día 30 ,adquira a condición oficial de vello ou pensionista,dispoña de mais tempo para compartir as súas achegas a este encerado que sempre,polo menos para min, son benvidas.

A convivencia deste ano tivo certa orixinalidade polo contacto coa vida monástica. Para min foi unha sorpresa contemplar de novo a grandiosidade do Mosteiro. Sabía que pertencían ao Cister e pensaba que eran benedictinos igual cós de Sarria. Chamoume a atención cando na explicación dixo que eles tiñan o voto de permanencia ao Mosteiro e os de Sarria non. Logo,a curiosidade é a fonte de coñecemento,naveguei pola rede e xa me aclarei. Son trapenses. A regla de San Benito rigorosa. Non obstante o que estaba ao meu lado ao ver que algúns se incorporaban con atraso ao rezo da tercia comentoume que o prior ou abade tiña a disciplina un pouco relaxada. Como agora non utilizan a sala capitular non son chamados,segundo Vilariño, a capítulo. Se alguén está interesado, póñoo por Fernando Ledo e algún mais que sempre me din que agradecen os enlaces,podedes consultar estes :



Sorprendeunos a varios, cos que o comentei, a ausencia dun blogueiro peculiar e impar como é Eduardo Seco. Alguén dixo que ao mellor andaba pola Irlanda ou de viaxe. Esperamos que a ausencia non se deba a algo malo e que mais cedo que tarde nos siga obsequiando coas súas colaboracións sempre valiosas e interesantes.

 Tamén se botou de menos a a Xosé Luis Suárez Cotelo que xeralmente non faltaba. Parece que foron razóns de última hora. O mesmo lle pasou a Antonio Puertas ,tamén blogueiro moi activo, que a última hora torcéronselle os plans e non puido acompañarnos. Tamén é de agradecer aos compañeiros cregos que,pese a ser un Sábado acudisen a convivencia e sobre todo ao mestre Cutrín (así lle chamabamos familiarmente en San Martiño) por coidar os años que tan sabedores estaban despois de pasar polo aro das boas artes da cociñeira e auxiliares que tan ben os condimentaron e serviron. Un saúdo para todos eles e mais para todos os demais. Deica a próxima. Rafael

viernes, 21 de septiembre de 2012

CONVIVENCIA DE SOBRADO 15/09/2012 - Galería de Imaxes de Enrique Vázquez Posse






Barral, Cutrin, Doval Posse e  Garcia Ramos
PARA VER TODA A REPORTAXE GRÁFICA PICADE ABAIXO Á ESQUERDA  "Máis información". 
Todos atentos na fermosa Sala Capitular

Na Sala Capitular ten lugar o Capítulo,
reunión da comunidade onde se revisaben
os comportamentos e se impoñían as correc-
cións. Por iso aínda se di "chamar a Capítulo"

jueves, 20 de septiembre de 2012

ENCONTRO E CONVIVENCIA EN SOBRADO E OÍNS (Andres GV) (15/09/2012)

   Día 15, sábado. O mes de setembro segue fiel ao verán que está próximo a finar. O día presenta unha mañá luminosa e grata. 
   Os da zona da Coruña chegamos a Sobrado, que estaba en festas, no autobús da empresa Vázquez cando xa faltaba pouco para as once e media. No amplo adro que dá acceso ao mosteiro cisterciense de Santa María de Sobrado xa estaba o grupo de Pontevedra e moi pouco despois chegaron os da zona de Santiago. Primeiros contactos e primeiras novidades. Non faltaron as gratas sorpresas de vernos con quen había tempo tiñamos perdido o contacto.

jueves, 13 de septiembre de 2012

OCTAVA DA CONVIVENCIA 2012


Andamos na Outava -diría o Padre Constantino quen, de haber un sitio no que se estea mellor que aquí chámese Ceo ou Paraíso, alí estará por ter sido un santo dos de lei- da festa da convivencia correspondente ao presente ano.

 Pois como sempre pendurei algo nestas datas sinaladas,por non perder os bos costumes,deixarei hoxe unhas consideracións por tratarse dunha efemerides que celebra o semicentenario do paso do Seminario Menor da Asunción ao Seminario Conciliar de San Martiño Pinario de Santiago de Compostela. Comentando hoxe con Agustín Dios e Manuel Dans dicían: Pois é verdade. Entón nós como marchamos cando Rosalino Calvo Tojo e outros e xa non pasamos ao maior hai tamén cincuenta anos que deixamos o Seminario .¡¡Como pasa o tempo¡¡.

Pois nada. Pasado mañá verémonos outra vez. Será un día no que xa se encargará Vilariño de poñerlle o significado. Irán os que poidan e sentirémonos a gusto acordándonos dos vellos tempos.
Por hoxe xa non hai mais leria. Si dicirvos que o Luns pasado comezou a serie de T.V.E chamada ISABEL. Esta é a reseña que aparece na páxina da TVE:

“Dirigido por: Jordi Frades
'Isabel' cuenta la apasionante lucha de una mujer por llegar a ser reina. Isabel la Católica vio destrozada su infancia al ser arrebatada de su madre enferma y fue obligada a ir a vivir a la Corte por su hermanastro el rey Enrique IV. Sufrió la pérdida de su hermano Alfonso, por delante suyo en la línea sucesoria, y tomó, con apenas 16 años, decisiones clave tras una cruenta guerra civil. Rechazó, hasta poner en peligro su vida, aceptar ninguna imposición de boda, defendiendo su derecho a elegir esposo (Fernando de Aragón). Soportó, tras su boda, maledicencias y limitaciones económicas. Tuvo que manejar diplomacia con una dureza de carácter capaz de poner firmes a un ejército (y a su propio marido, si hacía falta). Y todo, por una obsesión: ser reina.
La serie está dirigida por Jordi Frades y protagonizada por Michelle Jenner, Rodolfo Sancho, Pablo Derqui, Bárbara Lennie, Clara Sanchís, Víctor Elías, Pedro Casablanc, Ginés García Millán, Ramón Madaula, Sergio Peris Mencheta, Daniel Grao y William Miller.”

E importante,parécemo a min,vela porque aí empeza nese tempo que recrea a serie,,penso , a nosa desgracia como pobo. A doma e castración de Galicia cando se xuntan os reinos de Castela e Aragón cos Reis Católicos e se apoderan de Galicia castigando a nobreza de Galicia por ter apostado pola Beltraneja que o pasado Luns nace, na serie, e xa algún nobre e Arcebispo vai ao notario do Reino a manifestar que o xuramento de fidelidade o fan por cumprir porque a nena nos é filla realmente de El Rei .Parece que a serie promete.

E por poñer algo mais aí vai un video que hai tempo que alguén me mandou e que é a orixe da popularización da Rianxeira que tantas veces temos cantado. Xa veredes,se non o coñecedes,que cousa mais curiosa:

 
Deica a próxima en “Desván de los Monjes”.Saúdos para todos. Rafael

viernes, 7 de septiembre de 2012


MUXÍA

Mar e vento configuran 
un corpiño na montaña,
remexendo os seus cimentos
e socavando a súa entraña.

Vea furada por dentro,
nove voltas nela bastan
pa que se amañen os osos 
dos romeiros que xa saltan.

Gaiteiros e raparigas
entoan coplas e cantan;
brincan ó son de pandeiros
e dos foguetes que estalan.

A Señora en trono d´ouro
arrima a toda a comarca,
e a vila garda o tesouro
que ven a Muxía en Barca.

A Pedra tomba co ceo
e os diaños liscan da alma,
sorrí a Santa aos festeiros,
que, ata o día, non van a cama.

Antonio Puertas.



FESTAS DA BARCA 2012...Un agarimoso saúdo á terra do meu benquerido pai.