Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

jueves, 31 de octubre de 2013

Poema que presentei o pasado xoves na Radio Galega, Programa Pensando en ti, de Marcial Mouzo

AÍNDA VEXO

Aínda vexo por non ver
do meu pobo os seus encantos,
cas lembranzas daquel querer
 buligando polo meu ser,
 e alporizando os meus prantos.

Aínda vexo as túas hortas
polo Muíño do Vento,
entre corredoiras tortas,
cas paredes sen as portas
polas que entro sen alento.

Aínda vexo palillar
no sollado de Isolina,
 enfiando o pano á rematar;
 e, no pote, bolos do lar,
e cuncas pola Cantina.

Aínda vexo a bisbarra
ateigada de piñeiros;
e a Arximiro na gabarra,
ca súa moura zamarra,
escallando a rapaceiros.

Aínda vexo unha fogueira
pola outra banda da ría,
e ao Nacho nesa xeira,
escorando na traiñeira,
 por Merexo cando ardía.

Aínda vexo enfornadas,
cas fábricas á fumear,
e as tripadas entubadas,
 escorrendo mesturadas
en Cerdeiras i en Aguiar.

E vexo ó pombal de meu pai
enriba do galiñeiro;
e a botica da miña nai;
e os zapatóns que pa min fai
Modesto do zapateiro.

…Lebres no monte da Vela,
e a Tubío con Luceiro
polos carreiros da Arnela,
ou polas leiras de Insuela
cun fungueiro candeeiro.

E sinto toca-lo corno
dende a Praza ata Merexo,
e o resón do seu retorno
nos agros do noso entorno,
por onde guicha o conexo.

E vexo ao carniceiro,
fachendoso no cabalo,
con bestas de bo vaqueiro,
cruzando polo meu rueiro
e apeándose nun valo.

Con María da Zapateira,
vexo a orquestra Trobadores,
i á bailar unha muñeira,
no seu piso de madeira,
a moitos bos bailadores.

E vexo a Fonte Barreira,
 minguando no río do Prado,
ca Linda nosa leiteira
camiñando pola beira
co cántaro cobizado.

E o estrume nas bandas perde
a Mariano da Cabreira,
cun carro de toxo verde
que, polos fungueiros, ergue,
pola Grixa e a Lontreira

E vexo as ascuas po incensario
que tiña encargado o cura,
dende o agro ao campanario,
a toxeira no igrexario
era a de mais perdura.

E os Campaña e mailos Nito
tensando a corda, cun pano
de medianeiro interdito,
por ver quen leva o cabrito
polo Carme d´aquel ano.

Vexo as tropas de Finito
cun lanzamento moi lampo,
e as espadas do Morito,
ca estratexia do gambito,
remontando polo Campo.

E, a beira do bar Miramar,
a buxainas e mais aros
 i os ecos de: -Por ti ó Pasar-
cas nenas no rio á lavar
nas cantareiras, lembrarvos.



Vexo, aínda, Camariñas,
nas lustres do noso faro,
a unhas aboiadas barquiñas,
son miúdas gameliñas
refulxindo en luz de amparo.

E vexo a Costa da Morte
 co Bufardo e cas Quebrantas,
e, o Farelo, de consorte,
sangrando en ventos do norte
por esta terriña santa.

Vexo as brancas caramiñas
na Pedrosa e mais no Trece,
e o nome de Camariñas,
co berce nas areíñas
nas campas onde florece.


E vexo o faro Villano
abrindo paso cos fachos
de luces que espalla, oufano,
o rei do mar soberano,
dende a cima dos penachos.

Lonxe da miña casiña,
que tanto está a laiar por min,
os acougos da terriña
 ían coa miña morriña
dende aquel día en que eu nacín.


Antonio Puertas










sábado, 26 de octubre de 2013


MARCA ESPAÑA

Analizando
Esta análise complementa a síntese anterior.
Algún político iluminado soñou con Carlomagno nunha noite de bandullo cargado. Soñou tamén coa Marca Hispánica, pola que Carlomagno incorporaba Cataluña ( parte de Aragón) ao seu Imperio. Espertou o protagonista pensando que fora unha revelación divina, ao xeito dos soños de Samuel e de Xosé. Ducha fría, optimismo eurfórico e carreira para propoñer no Consello de Ministros a Marca España, como afirmación patria con toque de modernidadde neoliberal, como esencia dos valores (in)mutables. Aplausos, parabéns, campaña publicitaria agresiva e venda de fume patriótico coa Marca España, BIC, ben de interese comercial.
Abreviarei o invento coa sigla ME, sen ecos de rabaño lanar.
  • A ME foi unha xenialidade publicitaria de marketing economicista, para conquistar mercados, que son o último e definitivo dogma.
  • A ME foi unha ocorrencia, sendo benignos.
  • A ME foi unha rebaixa das esencias: “Unha. Grande. Libre” á categoría dunha multinacional.
O certo é que a ME está desprestixiada dentro e fóra do país.
- Os cataláns buscan a liberdade da capra hispánica, outra marca independente.
- A ME é unha chapuza, paradigma do xenio español, exemplificado na hemeroteca:
  1. Goteiras simbólicas no Congreso, con borrado previo no teito das pegadas do 23 F, menos ofensivas estas para a dignidade do Estado.
  2. Corrupción. Corrupción. Corrupción. Patriotismo de partido.
  3. Mentiras continuadas. Contradicións permanentes. Cinismo.
  4. Incumprimento de programa electoral, sabendo que era de imposible cumprimento. Aeroporto peonil.
  5. Financiamento ilegal de partido(s). Sobres misteriosos, ausencia de testemuñas.
  6. Posible fraude electoral.
  7. Institucións do Estado altamente politizadas que defenden intereses de individuos, de grupos ou de clases. TC, TS, CXPX, Tribunal de Contas que informa con cinco anos de retraso, tempo de prescripción de presuntas irregularidaddes
  8. Sentenzas xudiciais anuladas en tribunais da Unión Europea.
  9. Bebés secuestrados e vendidos. Xudicatura de brazos cruzados.
  10. Dopaxe: Operación Porto, Marta Domínguez, senadora popular.
  11. Medalla de ouro nos Xogos paralímpicos de Baloncesto con 10 xogadores sen discapacidade.
  12. Diñeiro roubado por ladróns ilustres intocables (non a banda de Eliot Ness). Diñeiro non devolto. Algún xuíz en apuros por ousar empapelar algún peixe gordo.
  13. Xustiza arxentina denunciando o que aquí está no fondo do caixón.
  14. Depósito submarino de gas, Castor, con terremotos “de baixa intensidade”.
  15. Desprestixio da Monarquía.
  16. Desemprego, emigración. Fuga de cerebros. Investigacón segada. Desahucios.
  17. Tres millóns de persoas en pobreza severa.
  18. España ocupa o lugar 188 en índice de crecemento.
  19. Crecemento en España de multimillonarios (13%), pese á recesión.
  20. Fraude fiscal a grande escala. Paraísos fiscais.
  21. Banca e inmobiliarias colaborando no aquelarre da desmoralización colectiva.
  22. Premio do Ministerio de Medio Ambiente a un chiringuito de formigón, construído sen licenza sobre a area de Matalascañas, cerca de Doñana; despois da denuncia do Seprona e da imputación do dono.
  23. “Os salarios non baixan, moderan o seu crecemento”. Palabra de ministro.
  24. “O meridiano de Greenwich pasa por Canarias e por alí seguirá pasando sempre”. Palabra de ministro.
  25. “Cando se fala de Fukushima, moitos fano con temor, pero é un temor infundado”. Palabras de Presidente ditas ao tempo que había fuga de augas radiactivas, amais doutros escapes posteriores con feridos.
  26. Fiasco de Madrid 2020. Inglés a parte, contradicións en castelán: “A derrota supón unha vitoria”, presidente do COI español. “Un proxecto podémolo perder, pero nunca nos poderán derrotar”. “Non volveremos presentarnos porque xa lle sacamos todo o beneficio posible ao proxecto olímpico”, palabras de alcaldesa e de Botella.
  27. A ME é unha wertgoña imposta con gallardonía e sufrida con devoción/ resignación mariana.
Nestes feitos/afimacións quizais haxa algunha clave da derrota vitoriosa, o mellor que nos podía pasar, aínda que baixe o PIP, produto interior propagandístico.
  1. Galicia, entre as rexións europeas que destrúen máis emprego. Un de cada catro galegos están bordeando a pobreza.
  2. Deputados galegos que tributan pola metade do que perciben. Resistencia da maioría actual para cambiar a inxustiza.
  3. Debate de Autonomía cunha Galicia descrita por Alberlewis Carrol no País das Marabillas. “Mentres hai Comunidades que van cara a austeridade, Galicia xa volve”.

Pode parecer hipérbole, pero non o é. O pesimismo non cadra coa nosa identidade secreta: os galegos aparentamos tristura, depresión, para que ningún desalmado nos roube a felicidade.
Estamos no país do real marabilloso, como se definiu a literatura de Cunqueiro.
Non é marabillosamente real a situación que vivimos? Un momento espléndido con diñeiro a esgalla, como dixo don Emilio, con apelido apropiadísimo. Grazas, Botín, por aclararnos o sentido último desta recesión.

A hemeroteca golpea de novo e sacaría cores nos rostros, se non fosen de cemento.
Quen se fía desta marca? Quen aposta por unha marca tan desprestixiada?

Nós, os votantes, non estamos libres de responsabilidade: a maior corrupción, máis maiorías absolutas e maiorías máis absolutas.

Outro mundo non só é posible; é necesario. Este non está á altura que nos corresponde na escala zoolóxica.
N.B. A entrada de Rafael sobre a cerimonia de beatificación masiva merece comentario noutra ocasión.
Cordiais saúdos.
Eduardo.

viernes, 25 de octubre de 2013

¿ Donde estás, amor… ?

¿ Donde estás, amor ? ¿ Donde estás ?
Te he buscado por el cielo
con la linterna del amor,
el brillo de una estrella
contigo me confundió.

¿ Donde estás, amor ? ¿ Donde estás ?
Te he buscado entre las olas
donde sabes que estoy yo,
y un canto de sirena
con tu voz me confundió.

¿ Donde estás ? Que, por los mares,
hasta el mismo cielo yo voy,
navegando con mis sueños,
abrasado con tu amor
en las llamas de tu sol.

¿ Donde estás ? Si yo ya ni puedo
con mis lágrimas de dolor,
que nos ahogan a los dos.
Tus caminos son míos,
y, peregrinos, tú y yo.

Antonio Puertas,

Todos los derechos reservados

lunes, 21 de octubre de 2013

En torno a “La Doctrina Parot”
Me hubiese gustado que-por aquellos años en los que en  el País Vasco morían personas frecuentemente a manos de ETA-se estudiara la posibilidad de modificar la legislación penal en orden al agravamiento del castigo (para que la pena fuese más proporcional al delito cometido) o que, de no hacerlo, se admitiese que se comprendía, aunque no se compartiese, la violencia que-desde el punto de vista de los agresores- quedaba justificada. Pero no fue así. Solo 40 años después-cuando ETA estaba gravemente “tocada” por el devenir político-social en Euskadi ( y bajo la presión de organizaciones de “víctimas del terrorismo”-ahora con presencia pública-y de la acción policial)-los políticos se atrevieron a incrementar en 10 años las penas por hechos como los que venimos considerando. ¿Cómo “remendar” la inacción del pasado?: buscando la complicidad del Poder Judicial. Así surgió “La Doctrina Parot”.
Si al ciudadano común se le había dicho que  la máxima pena que cabía era de 30 años-cualquiera que fuese el delito cometido-no nos entraba en la cabeza la “interpretación retorcida” que la doctrina mencionada suponía. Ahora el Tribunal Europeo de Derechos Humanos nos da la razón. Y pone de relieve el comportamiento reflejo de parte de la justicia con aquel del franquismo donde los jueces iban al rebufo de los deseos o conveniencias del Poder Ejecutivo.
La sentencia del tribunal europeo es el reconocimiento de que aquella “interpretación” no es tal sino un sucio pretexto para saltarse la ley-que en su momento-no se tuvo el valor de modificar.

Pedirá alguien las cabezas de los miembros del Tribunal Supremo que la acordaron? ¿Se reconocerá la cobardía de los políticos y la connivencia con ellos de algunos jueces? Me temo que no. Y como no hay instancias que solventen el problema, me reconocerán que-mi propuesta de resucitar al “Tribuno del Pueblo” y de controlar a los tres poderes con un instancia independiente-está más que justificada ( ver Facebook, 8 y 22 de septiembre de 2013).

sábado, 19 de octubre de 2013

XÉNERO EPISTOLAR




Acórdase alguén da última carta persoal,non comercial,que recibiu escribida a man? Eu tería que andar varios anos cara atrás. Incluso se leva dito, hai tempo xa, que é un xénero literario non en decadencia senón perdido totalmente. Fago alusión a isto porque é a mellor maneira de comentar as sobremesas, en modo macedónico, que nos deixou Eduardo. Referireime a alhunhas como se fose contestando a unha epístola na que me da esas novas.

Queira Deus que cando recibas esta miña,Eduardo, te atopes ben de saúde quedando a miña,polo momento, ben tamén. Dis que rematou o estío; A día de hoxe parece que si pese a que onte ás dez da noite na Coruña tiñamos 20 graos de calor. Os fastíos se o entendes como sinónimo de aburrimento ou tedio aínda continúan. Sobre a data de caducidade discuten autores pero están coa teoría da lebre mecánica. Esa que lle poñen aos galgos, presa dun aparato que lles colgan ao lombo, medio metro por diante e e por mais que corren nunca a dan pillado. Así nos tratan como a burricáns.

Respecto as alusións que fas á actualidade do momento en que escribes teño que dicirche que por aquí fálase do seguinte: “Merino cobra 899.000 E da trama Gurtel”. Como é unha noticia que ven de Madrid relátana así: 17 de outubro. “Un informe da Axencia Tributaria remitido ao xuíz da Audiencia Nacional Pablo Ruz detalla que Jesús Merino, ex deputado do PP e colaborador de Sáenz de Santamaria, percibiu 800.000 euros da trama Gürtel”.Como consecuencia,polo que se sabe, provocou de inmediato a seguinte reacción: “El gobierno da un puñetazo en la mesa:quiere atar corto al policia que lleva la Gurtel y el caso Bárcenas.” Acorda o ministro do interior o cese do Comisario Xeral da Policía Xudicial,paisano noso, e nomea us substituto de plena obediencia ao PP.

Tamén en plan de twiteo se comenta o seguinte: - Barcenas: ”Es mi mano la que entrega el sobre a la señora de Cospedal”.

-As familias que investiron en vivenda levan perdidos 75.000 euros pola caída do prezo.

-A taxa de morosidade da banca supera por primeira vez na historia o 12%.

-A pobreza non é noticia,unha plantación de cabazas si.
-Silenciados os concellos insubmisos ao co-pagamento farmacéutico dispensado nos hospitais.
    -Temos trincado ao policía. Preciso unha chamada anónima.(Refírese á corporación municipal Santiaguesa).
Tamén me contas ,Eduardo, que o mundo da xustiza precisa de moita fe de noso señor para crer nela. Niso teño que darche a razón. Xa o finado D. Alfonso Daniel Rodríguez Castelao deixou dito que no seu tempo era necesario rezar un padrenuestriño pola xustiza que moita falta lle facía. Non pode ser doutra maneira tendo en conta estes datos:
    • Hai sete casos pendentes de sentencia por cada 100 habitantes.
    • Soamente Italia,Portugal e mais Eslovennia ,dentro da Unión Europea, está pero ca nós.
    • En 17 países da U.E,tardan menos de 200 días en ditar sentencia.
    • Aquí para resolver unha demanda a espera e superior aos 500 días.
Aínda así hai certos xuíces que algunhas veces se poñen do lado da xente e quitan sentencias exemplares. Os riscos que corren de que os decapiten son grandes. Teño a impresión de que cada vez están mais concienciados. Eles son independentes pero como di un avogado amigo meu:¿De quen e de que son independentes?.Outro día volveremos sobre o tema.
Volvendo ao inicio, sobre o xénero epistolar, parece que logo coñeceremos o material que hai de Manuel Antonio e que se apoderara del o ex-presidente da Academia Galega D. Domingo García Sabell no ano 1930 en que morrera e que tivo gardados baixo sete chaves pese a solicitarllos moita xente sobre todo no ano en que lle adicaron as letras galegas. Pois hai moitas cartas que explican moitas cousas de aqueles anos.
Hai tamén moito interese en coñecer as que durante tantos anos se intercambiaron Luis Seoane e Díaz Pardo. As que lle escribiu Luis Seoane publicáronse no 2004 en Edicións do Castro pero as de D. Isaac están inéditas. Nestes tempos malditos para a cultura non hai moitas esperanzas de que se publiquen de inmediato.
Haberá que poñer punto final. Pero antes deixar unha reflexión que apareceu hai uns días na Voz de Galicia e que me recordou aquelas magnificas leccións de Hª da Igrexa que nos ditaba D. Manuel Rios Fernández e que polo menos a min me entusiasmaron de mozo. Pódese ler:

¿Hay que quemar al papa? - La Voz de Galicia


Para que non falte unha pinga de humor:
  

Pois amigo Eduardo e demais compañeiros. Despídese de vós este que é:Rafael.














viernes, 18 de octubre de 2013

A miña aportación d¨hoxe 17/10 á Radio Galega- Programa Pensando en Ti, de Marcial Mouzo.

A RAMPLA D´AGUIAR

Naquela rampliña medio tollida
que, nin co devalo do mar, se vía,
as sardiñas nas tinallas brincaban
cos aires das mozas ó abri-lo día.
Devalando cara a mar mariñeira
apiñaba a pesca que escorría;
i a onda baleiraba randeeira
impando na escama que relucía.
Por aquela rampla a onde ía a Mantida,
co andar lixeiro dende a súa casiña,
baixaba antano este neno da vila
a pescar queimonas abondo e axiña.
Os mozos cantaban ó abri-lo día,
i o espello da auga ó sol relucía,
i a gaivota rapinaba a sardiña,
i a lancha do xeito en peixe afundía.
Era o xantar fresquío da Vila,
co peixe que daba a xente a quería,
sobranceira,… i, ¡ tanta “jameliña” !
apazugada, agardando na fila.
¡ Hai ! asoballada, amada veciña,
de cara ó mar reverente te inclinas,
desgaxada en vaivén de caroliñas,
… abrente arrolado nas cunchas finas.
Agarda por min miúda xoíña,
a que retorne xunto a ti algún día
cos tempos de antes bulidos da vida.
…Con alumiños, volver volvería.

Antonio Puertas.
A BATALLA QUE NUNCA FOI

O día estaba a asomar anubrado, e, o aire enrarecido, presaxiaba treboada naquela maña dun día calquera de verán.

A consigna era machucar ao contrario ata rematar ca liberación dos defensores da Praza, malia a que todos eramos sabedores da superioridade inimiga que estaba a atacar.

Polo Norte, os Gauchos de Camelle, con zapatillas e pantalón d´etiqueta, reflectían coma espellos no alto das Carballas, imitando coa súa brancura inmaculada a invasión musulmán do século Vlll.

Polo Sur, aínda era, se cadra, mais fero o inimigo co desembarco nas praias dos seus barcos de lata. E, polo aire, atronaban os drones disfrazados de cándidas gaivotas con voos rasantes, envorcando sobre nos a súa carga letal, cagada tras cagada, comandados polo Tenente Coronel d´aviación, o muxián señor Caganelo,

Polo poñente, a infantería lixeira do Campo estaba a bombardear, ininterrompidamente, cos seus mortíferos tiracroios, a resistencia atrincheirada nos reinos das praias, abranguendo toda a longueira do Río do Prado, fronteira natural de séculos …“la orilla blanca, la orilla negra…” heroicamente gorecida polas tropas do Xeral de Terra Firme, o Señor Finiquito.

As baterías de curto alcance, afincadas nun lugar estratéxico do Muíño do Vento, apenas daban feito pa recargar aqueles intricados enxeños coa bosta das vacas, que, os aliados de Buría e Xaviña, estaban á procurar.

Os carneiros magoados en combate, de seguido, afrontaban os desafíos, cuns esmirrados laídos …“ me…mee..mee…”

Os tinteiros, por unha banda, enchíanse nas escolas coa negrura da sangue desprendida polos corvos cagóns. E, pola outra, os borboriños derramados polos nosos mártires, engalanaban a bandeira que serpeaba coma un xergón mañanceiro, espallando honor todo ó longo do noso Rueiro Novo.

As atronadoras pasadas dos escuadróns muxiáns, abraiaban ás nosas fortificacións coas cagadas que estoupaban a carón de nos. Moitos, quedaron xordos; outros, mancados de por vida, e, outros moitos, caeron abatidos baixo aquel enxebre pesadume, típico dos corvos da ria: cua, cua, cua…que resoaba sobre as nosas cabezas a piques d´estoupar; malia, a que estabamos afeitos ao tascar das espadas escachizadas polas rúas, poucos puidemos saír indemnes. A masacre, daquelas batallas, fora total.

Non tiña cabida nin un instante de sosego. Tan so uns escasos minutos de consenso, pa tratar de recobrar forzas co xantar do mediodía.
Contendentes tortos birollos, a causa da fame, asinaban o trato pa poder gozar dun efémero relax, mirando de esguello po prato baleiro, e sen arredar o outro ollo dos seus eternos inimigos.

As pegadas daquelas batallas foron moitas. Mais, entre todas, quixera salientar unha en particular. Unha desas, que tanta repercusión tivera todo ó longo da vida dun home moi singular.

Resulta que, unha especie de fungueirazo xordo e seco dun estoupido, deixouno mancado nos seus atributos mais íntimos, mentres estaba a facer as súas necesidades enriba das pedras do Cansorro. Falando en prata, quedou sen collóns, por defende-la patria.

Transcorrido o tempo, aquel homiño, acudiu ó “Untamento” na procura de traballo, embelecido e enlatado de medallas, coas que fora tan merecidamente condecorado tempo atrás.

A Autoridade Competente, tendo en conta a súa valentía, contratouno cunha hora de xornada laboral por dia, que consistía en baleirar ás papeleiras dos despachos; e asinoulle unha soldada de carburo con vinte pesos, en carto minguante. Sen revisión, nin mais trato.

-“ Os tempos non están pa que veña vostede a baleirar o bucho do concello con semellantes méritos e parvadas ”
Dicía o señor Alcalde, sen comprender ben ó que aquel valente tiña feito pola Patria.

Pasaron os dias, i, ese camarada da causa, presentou un escrito ante os seus superiores reclamando unha pequena suba de soldo ( esta vez en cuarto crecente ) cunhas cantas horiñas mais de traballo.

A réplica, foi contundente e taxativa:

” Como vostede ben coñece, a xornada laboral é de oito á tres; durante a cal, o persoal fixo ou contratado, pasa seis horas, mínimo, rascándose os ovos entre eles, atributos que vostede non ten. En consecuencia, non precisa de mais preguiza,… Aínda sobra á que ten.

Así, DESESTIMASE a súa solicitude, quedando coma ata agora, co mesmo horario e ca mesma ruta diaria de corredizos e de bares, que na actualidade ten marcados. Isto, é ó mais axeitado ca penosa realidade do seu caso.

-Contra esta RESOLUCIÓN, pode interpoñer RETRUQUE DE CABREO, aconchegando as probas que vostede estime axeitadas… Sempre que veñan emparentadas, coma de costume e co seu tácito consentimento pa facilitar unha exploración ás apalpadas “in situ “; e que ha levar a cabo o persoal técnico debidamente acreditado pola Superioridade, pa casos como este.

Así pois, o asunto, ha servir pa garantir o estado de dereito que rexe na actualidade.
O prazo, remata en media hora. A partir de entón, o seu papel mollado no Cansorro, pasará a engrosar a pía dos expedientes SEN AVÍO… Eses, que perden a fala por non ter sentido.

Estas, amigos meus, foron algunhas das consecuencias tráxicas daquelas batallas que nunca foron.

Antonio Puertas

domingo, 13 de octubre de 2013

MÁRTIRES ESPAÑOIS

Escribín para outros sitios o que deixo hoxe,por ser o día da celebración,pero a compañeiro Eduardo animoume coa súa aportación,como sempre chea de sabiduría,oportunidade e claridade,a seguir deixando algunha leria partindo dos combinados macedónicos que non ofreceu onte.


"No día en que elevarán aos altares a 522 persoas cualificadas como mártires durante a guerra civil pola Igrexa española sería necesario e xusto non esquecerse dos que morreron defendendo a república.

Hoxe sabemos que moitos deles eran alcaldes, concelleiros, mestres, médicos,afiliados a sindicatos e partidos políticos ou dirixentes de asociacións culturais que defendían unhas ideas xustas e nobres. Sobre todo os que aínda permanecen nos foxos ou gábeas e fosas comúns deben canto antes poder ser enterrados no lugar que lles corresponde con dignidade.

Merecen ser honradas todas as vítimas pero sobre todo as esquecidas. Os que estamos xa xubilados, mais os que están á beira de selo, acordarán como durante a longa noite de pedra que chamaba Celso Emilio Ferreiro despois de escoitar o parte nas radios remataban sempre:”Gloriosos caídos por Dios y por España. Presentes.Viva Franco. Arriba España”.

Os que morreron por defender a república tamén merecen a súa gloria."

Saúdos para todos os lectores.Rafael

sábado, 12 de octubre de 2013

 
AMORTIZADOS OU MORIBUNDOS?


Sintetizando
Rematou o estío (ou fastío?) cunha Galicia fervendo en festas e romarías ao son de gaitas, foguetes, Panoramas, polbo, churrasco e viño.
Avanzamos pola outonía tinguindo os verdes policromáticos de amarelos e torrados.
O ar, espeso e perfumado, queda ferido polas marteladas acompasadas dos toneleiros nos aros das pipas.
Mentres, as primeiras chuvias asolagan o Congreso, apagan os lumes, degradan os montes queimados e alodan con cinsa encoros, ríos, rías e bancos de marisco.
Perdemos Madrid 2020, pese ao “relaxing cup of café con leche”.
Asistimos aos orzamentos da recuperación: do susto ou do suspenso dos do 2013? República Independente de Eurovegas no centro do Reino.
Reforma do Código Penal.
Repago sanitario con insumisos.
Conxelación salarial dos funcionarios.
Pensións minguantes, a pesar do 0,25% , con perda de poder adquisitivo crecente. Manifestacións e folgas.
Destrución de postos de traballo, paro e pobreza.
Maletas universitarias emigrantes.
Recortes en Educación, Sanidade…
Beneficios dos bancos rescatados.
Políticos que non reducen, aumentan, ingresos e prebendas.
Contratos pingües de asesores persoais.
Aumento da débeda pública.
Macroeconomía recortando os microdereitos das persoas.
Pero aínda quedan soles outonizos de luz filtrada nas cortinas da propaganda: “Brotes verdes”, “flores de invernadoiro”, que pronto serán pradarías en áridos desertos. Pronto “asombraremos o mundo coa recuperación da nosa economía”. Palabras de ministro glosadas por Groucho Marx, tocado de espírito profético: “Desde as simas máis profundas da pobreza rubimos hoxe ás cotas máis altas da miseria”.
Xeneralizouse o concepto crise, que me resisto a usar porque non é un episodio pasaxeiro, senón unha patología crónica de máis de sete anos, que usa como remedio o virus da especulación, causante da enfermidade.
É posible que non esteamos en recesión, senón en crecemento negativo acelerado.

A Terra camiña no hemisferio Norte cara ao duro inverno, pero no Vaticano florece a primavera de Bos Aires, con declaracións, e feitos, do papa Francisco que nos sorprenden a moitos e deixan muda a Conferencia Episcopal Española.
É revelador comparar as reaccións ás palabras dun Papa que confesa que nunca foi de dereitas, que defende os Estados laicos, que fala de bispos narcisistas...
- “É o Papa máis cochambroso”. “Un imprudente”. “Un intruso”. “Un terrorista desarmado”.”Un charlatán”.”Un porteño”.
- “Este Papa é un milagre”. “Unha galerna do Espírito”. “Un Papa cristián”. “Sincero”.
Difícil de comprender as reaccións negativas a palabras profundamente evanxélicas, non heréticas, acompañadas de feitos coherentes. Nos feitos ten que estar a nai do año.
Esperemos que Francisco cure parte da “lepra” antes de que toda a lepra acabe con el.


Saúdos
Agradezo a Rafael a información sobre Andrés, a quen lle mando ánimos para a recuperación segura.
Rafael, quizais haxa xuíces en Berlín, e tamén aquí. Pero algúns (xuíces, magistrados e fiscais) parecen pedidos á carta:
Demasiados imputados.
Demasiado poucos condenados.
Demasiado tempo para ditar sentenza.
Antonio, parabéns pola túa incorporación ás ondas e pola musa que te asiste.
Andrés, tes moita razón na última entrada, pero mobilizar o persoal por estes pagos parece unha utopía.
Se xa nada nos sorprende, se baixamos a cabeza, se aceptamos a inxustiza e a corrupción como destino do rabaño, se pensamos que nada se pode facer por cambiar a situación, quizais sexa certo que estamos amortizados, agónicos ou con vida (vegetativa) de carballos centenarios.

Saúdo cordial.
Eduardo Seco.

sábado, 5 de octubre de 2013

FELIZ DOMINGO PARA TODOS.

LA MAR ES MI ALMA

La tierra es mi cuerpo y la mar es mi alma .
Búscame en la mar porque soy marinero.
De las olas de mi alma soy prisionero.
Contemplando mi cielo la mar me calma,
…me susurra los sueños que yo más quiero.
Mirándome a mi espejo siento que vuelo
cubierto de espumas, subiendo hacia el cielo.
Con arrullos de la mar en sueños muero.
Marinero, deja tu barca en mi puerto,
que allí está mi cielo, aguardando en silencio.
Al gusano con mi muerte lo sentencio,
y a mi alma la llevo al mar después de muerto.


Antonio Puertas.

Todos los derechos reservados




martes, 1 de octubre de 2013