Saúde e saúdos
para todos en primeiro lugar. Aínda que o enunciado parece unha
receita de cociña non é verdade. E unha ocorrencia. Nótase que
estamos en tempos de verán e de vacación . Con moito traballo,os
ensinantes coas notas de fin de curso e coas memorias e a burocracia
cada vez máis grande coa que nos premian as autoridades da
administración educativa. E todo aliñado cunha boa ración de
preguiza asociada ao tempo festivo, descontando o que perdemos diante
do castravexo, a conta do mundial de futbool.
A primeira argallada comunicativa é para
o amigo Andrés que nos convidou a un xantar na súa casa da aldea e
parece que moitos foron os chamados pero poucos os que aceptaron. Eu
lamento non poder acompañar aos comensais e á súa familia. Como di
el outra vez será. De todos modos quero agasallalo co texto do poema
de Rosalía que lle impactou e axudou a descubrir a beleza da súa
sentida e revolucionaria poesía.
Na tomba do Xeneral Sir John Moore":
¡Cuan lonxe, canto das escuras nebras
dos verdes pinos,
das ferventes olas
qu'o nacer viron!..; dos paternos lares
do
ceo da patria, qu'o alumou mimosa
dos sitios ¡ay! do seu querer:
que lexos
víu á caer baix'enemigo golpe
pra nunca mais se
levantar, coitado!
..................................................
Mais que
fermosa e sin igual morada
lle coup'en sorte ós teus mortales
restos...
c'o seu respeto compasiva vela
pol-o estranxeiro á
quen traidora morte
fixo fincar lonxe dos seus, e á alleos
víu
á pedir o derradeiro asilo.
................................................
Cando do
mar atraveses as ondas
y o voso irman a visitar veñades
poñé
na tomba o cariñoso oído
e se sentís rebuligar as cinzas
e
s'escoitás indefinibres voces
e s'entendés o que esas voces
digan
a y-alma vosa sentirá consolo
El vos dirá
qu'arrededor do mundo
tomba millor qu'aquí atopou n'achara
senon dos seus antr'o amoroso abrigo.
¡Cuan lonxe, canto das escuras nebras
dos verdes pinos, das ferventes olas
qu'o nacer viron!..; dos paternos lares
do ceo da patria, qu'o alumou mimosa
dos sitios ¡ay! do seu querer: que lexos
víu á caer baix'enemigo golpe
pra nunca mais se levantar, coitado!
..................................................
Mais que fermosa e sin igual morada
lle coup'en sorte ós teus mortales restos...
c'o seu respeto compasiva vela
pol-o estranxeiro á quen traidora morte
fixo fincar lonxe dos seus, e á alleos
víu á pedir o derradeiro asilo.
................................................
Cando do mar atraveses as ondas
y o voso irman a visitar veñades
poñé na tomba o cariñoso oído
e se sentís rebuligar as cinzas
e s'escoitás indefinibres voces
e s'entendés o que esas voces digan
a y-alma vosa sentirá consolo
El vos dirá qu'arrededor do mundo
tomba millor qu'aquí atopou n'achara
senon dos seus antr'o amoroso abrigo.
Pois alí
está ,Andrés, no
Xardín de San Carlos, desde o ano de 1927, e, como hai medio século,
ti a lías. Hai uns días fomos a ver unha exposición na Fundación
Luis Seoane e achegámonos ao Arquivo do Antigo Reino de Galicia
.Ese
arquivo é un océano de documentos. Alí foron a parar todos os
ficheiros e libros administrativos dos tempos do franquismo e
anteriores. Gracias a ese arquivo moitas mulleres e algún home do
Cabo da Cruz que, desde o ano 1921 que se creara o retiro obreiro,
traballaran ,aínda que soamente un día e se puidese acreditar, nas
fábricas de peixe, xa tiñan dereito a cobrar o que despois se
chamou o Seguro Obrigatorio de Vellez e Invalidez. Que teñades un bo
día para o xantar¡
Esta
semana pasada pasaron moitas cousas. Morreu un dos poucos grandes
teólogos José Marías que quedaban vivos: o xesuíta sen papeis.
Diez Alegria Hai en redes cristianas e publicáronse en toda a prensa
comentarios moi bonitos. Foi moi querido e respectado como o seu
homónimo P. LLanos o do pozo do Tío Raimundo e González Ruíz
recoñecido como o cóengo malagueño.
De
Alegría que coñecín persoalmente desde que o votaran da Gregoriana
e se veu para Madrid, estabas falando con el horas e horas, cando
viña a durmir á casa e cos cregos , cos que eu convivín, digo
que o que mais me impresionou foi esta frase do seu testamento (sic)
‹
Finalmente pienso que la Iglesia católica en su conjunto ha
traicionado a Jesús. Esta Iglesia no es lo que Jesús quiso sino lo
que han querido a lo largo de la historia los poderosos del mundo.
Estas son las ideas que ahora tengo, sordo y medio ciego, esperando
la muerte con mucha esperanza y con mucho humor.
Como
dicía D. Antonio R. Villasante antes de comezar as clases:”O que
teña fe que rece”.”El parecíanos que tiña pouca ou ningunha
pero firmaba certificados de boa conduta para sacar a republicanos
dos cárceres.
Para
Chucho que non se esqueza,cando teña xeito, de mandarnos algunhas
fotos mais e despois do verán,se antes non quere,manter estas
comunicacións que poden ser de calquera cousa que un queira contar.
Para
Ledo que pese a que ten que ser asistente de si mesmo e cumprir coa
dirección do coro e restantes obligacións,cando teña algo de tempo
e lle apeteza que nos conte,facendo memoria, como foi aquela aventura
do Pico Sacro con Mosquera Villar. Querían saber a onde ía parar
aquela cova na que se soltabas unha galiña aparecía no rio Ulla ao
día seguinte .Había unha carta que me mandaras nun verán
contándomo pero perdina igual que outras cousas e hoxe canto daría
por tela. Que a saúde non falte..
Eduardo
sempre é un pracer ler o que conta. A lección de filoloxía que
nos deches, sobre ripa e riba, faltoulle aquelas regras mnemotécnicas
que nos facía aprender D.. Alejandro: bodega,petaca,forceja.
A
Andrés haille que respectar a ausencia pola cantidade de exames que
ten que corrixir. A nosa idade é un dos martirios da profesión de
ensinante. Sorte e logo algo de vacacións se podes collelas.
Aos
demais todos, xa que se está acabando o papel, xa nos veremos como
dicía a canción se queres aquí aquí ou alá alá e senón na casa
do cura será. Rafael