Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

lunes, 28 de noviembre de 2011

AS MIÑAS POESÍAS

Xa que de soños vai o conto, velaí algún dos meus


QUISIERA VOLAR

Quisiera volar como gaviota vuela sobre el mar,
y, con ojos de azor, traspasar así ese cristal,
haciendo añicos tu imagen irreal
que brilla en la oscuridad.
Romper mi fantasía en un “ plis plás “
y, desechar mis sueños extraños,
para despertar de la niña de mis engaños,
producto de mi ansiedad.

Quisiera volar, como murciélago con su radar,
y, captar, yendo y viniendo dentro de tu alma,
los atardeceres de un cielo en calma
con plateada luna de miel
…y, bajo la noche estrellada,
 contemplar aquel rostro que soñé,
y que, suspirando, columpié
en los deseos de mi carrusel.

Quisiera volar como golondrina en Abril,
danzando en zig -zag por tu mundo irreal,
y, a tu lado, despertar de un sueño ancestral
 besando a una silueta de verdad,
delirio de tantos anhelos
que me hicieran volar
por mundos de fantasías, y llegar
a palpar la propia realidad.

Antonio Puertas

miércoles, 23 de noviembre de 2011

SINAIS DE VIDA



Parece que o persoal non se anima a cultivar a arte da comunicación malia que o outono, calmo e apracible, convida a facelo agás algúns dias escasos en que hai alertas vermellas sobre todo polo sur. Non vai ser sempre o caribe galego que no verán nos da envexa aos do Norte que agarramos todas as zaragalladas que baten neste recuncho entre Fisterra a Ortegal.


A referencia que fai Puertas sobre o publicado na Voz de Galicia é o seguinte:

SOÑO RARO                                                             
Debeu de ser pola intranquilidade que provoca o que sucederá no futuro, no eido económico, o que motivou na subconsciencia este soño.

Chamaba a atención ver a tantos chineses polas rúas tanto nas vilas, cidades e incluso polas aldeas. Todo o mundo se preguntaba que tería pasado. Uns dicían que era por subscribirse ao tratado de libre comercio entre a República China e mais a Unión Europea. Outros que era por mercaren o Novagalicia Banco uns fondos de inversión chinos. Logo foise sabendo que mercaran o porto exterior de Langosteira. Que andaban en tratos para facerse coas mais importante industria galega do leite, do viño, do mel, das enerxías do vento e hidráulicas, das conservas de peixe a marisco e incluso polas bateas da ría da Arousa e pola Citroen de Vigo. Ofertaban bos prezos incluso polas empresas de transporte,pola prensa e pola mesma Televisión Galega.

As autoridades aconsellaban a venda. Dicían que competir con eles era imposible. Tiñan millóns de traballadores dispostos a traballar de sol a sol por cen euros mensuais. O que chamaba a atención era o ben que aprenderan a falar o galego.

Os soños soños son. Serán premonitorios ou avisadores do que sucederá como eran na antigüidade? O tempo o dirá.
---------------
O imperio chino nunca deixou de ser un gran imperio. Pese a idea que tiñamos dos “chinitos” como unhas pobres criaturas para as que se pedía nas farmacias e mais o dia do Domund. Pouco a pouco fóronse introducindo en África, en América e agora en Europa. Sen facer ruído Están presentes en todas as cidades e vilas. Pouco andan polas rúas e non están implicados en ningún lio. Nos xulgados nunca se ve a ningún. Outro día que teña tempo escribirei algo sobre ese mundo. Na China Imperial foi onde se descubriron os catro grandes inventos da humanidade: O papel,o compás como lle chaman os mariñeiros ( brújula),a pólvora e a imprenta. Tamén foron os pais da mecánica,da metalurxia,da astronomía,da agricultura,da teoría da música,da náutica e da guerra.
Outro día seguirei. E agora para o que queira unhas lecturas e vídeos recomendados

1º.- A noticia dunha homenaxe que farán a D. Faustino Rey Romero no seu Tui natal estes días. Un crego represaliado que pasou longas temporadas na súa Isorna natal ao lado de Rianxo. Seguramente foi o primeiro que misou en galego na quinta provincia en Bos Aires onde se exiliou. Foi o inventor da festa wikinga que se celebra na desembocadura do Ulla nas torres de Catoira. ara saber mais:http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Cura/anticlerical/da/misa/gallego/elpepiautgal/20111123elpgal_17/Tes

 
2º.-Recordades a Historia sagrada. O de Sodoma e Gomorra. Abraham non foi capaz de atopar un solo home xusto. A corrupción invadírao todo. Aquí parece que pasa algo parecido. A mesma Casa Real está implicada en cousas pouco éticas. Para saber mais:http://www.memoriadacoruna.com/

3º-E para que non todo sea traxedia un pouco de risa:



 
Deica a próxima .Saúdos a todos.Rafael

sábado, 19 de noviembre de 2011

O meu soño

Esta pasada noite, tiven un soño moi raro: soñei que un chinés estaba a darme, a min e a toda miña familia, clases particulares de chinés...¡ Que cousas ten o noso sentido, valgame Deus !
Leede en Cartas ao Director, da Voz de Galicia de hoxe, e veredes unha que o explica todo.
Maxistral, como sempre, Rafael.
Antonio Puertas

jueves, 10 de noviembre de 2011

Moitas graciñas

POis iso: moitas graciñas, Rafael, polas tuas derradeiras aportacións ao nóso encerado..." Nihil Novum...e Margin Coll..., pena que eu non podo gozar con este película, que, como dís, é interesantísima. En fin, outra vez será.
Non te molestes en mirar a preceptiva literaria dos meus poemas, que, xa cho digo eu: unha, é da miña propia colleita, e, a outra, é a que usaba Vicente Espinel, chamada tamen " espinela, ou décima "
Mais nada, bicos e apertas, según o caso ( como diría un dos nosos compañeiros )
Antonio

miércoles, 9 de noviembre de 2011

MARGIN CALL


Para os cinéfilos é ,ao meu parecer,estou pensando en Fernando Ledo que segue sendo fiel a ver bo cine e parece que Vilariño tamén,unha gran película. Ambiéntase naqueles acontecementos que hai 3 anos provocaron en Estados Unidos a caída da compañía e banco de inversión e administración de patrimonios Lehman Brothers: Lehman Brothers - Wikipedia, la enciclopedia libre
A causa de todos os nosos males económicos.Así o contan os mesmos que provocaron esta endemoniada crise 
As contas descobre un novo enxeñeiro espacial que non saen e que o que teñen é fume que non vale nada .Nunha noite deciden desfacerse de todo como sexa. Nun momento o que mais manda di esta frase lapidaria "hay tres modos de ganarse la vida en este negocio: siendo los primeros, los más listos o con engaños”. Non conto mais. E das que vale a pena ver. Está nas carteleiras. Aquí na Coruña en case que todos os cines.
A crítica pona ben e ao saír de vela coincides en que é verdade. Dura case dúas horas pero eu non mirei o reloxo mais ca unha vez en toda a sesión. Saúdos para todos.Rafael

viernes, 4 de noviembre de 2011

NIHIL NOVUM SUB SOLE




Ese aforismo ou proverbio latino,atribúeselle ao sabio Rei Salomón, moi citado cando alguén presenta algo como novidoso, é un axioma inexorable. Que non ten volta de folla por moitas voltas que se lle queiran dar. Ven a conto de algo que moito me fixo rir cando o lin. Está sacado dun blog que eu visito de vez en cando. Xa algunha vez vos falei del. Tamén é de seminaristas pero de Lugo. O que mais colaboracións fai é un profesor de Instituto, González Guerra,Catedrático de Instituto de Lingua e Literatura galega no Sánchez Cantón de Pontevedra.
O conto é o seguinte:

Había unha vez unha parella que o día do casamento tivo un acidente fatal. Chegaron ao ceo e antes de entrar pensaron se alí no ceo poderían casar. Cando abriu San Pedro preguntaron se poderían casar ali logo. El contestoulles que non sabía, que nunca llo pediran e entrou para realizar a xestión. Pero tardaba e tardaba e mentres os noivos empezaron a pensar que se a cousa non saía ben, que no ceo todo era para a eternidade, e que sei eu. Cando pasados dous meses saíu San Pedro, díxolles que si, que podian casar. Pero eles dixeron que se non saía ben o do amor, se habería posibilidade de poder divorciarse tamén no ceo. E aí San Pedro xa se alporizou.
-A ver oh, pero vós que queredes, levoume dous meses atopar aquí un cura, imaxinade canto me vai levar atopar un avogado”.
Fíxome rir o tempo dun credo..Era a medida de tempo dalgunhas receitas de cociña .Era o tempo de rustrido da cebola.
Posiblemente,como chistes de cregos,avogados e de San Pedro hai tantos seguramente non sexa inédito. De aí que en cuestión de humor xa este case todo inventado.
Este profesor de galego que os de Pontevedra seguramente coñecerán ten el amais a súa dona unha páxina 
(www.xente.mundo-r.com/anvi  que é moi útil para ,os xubilados que teñen tempo, perfeccionar o idioma. Se entrades nela veredes que é unha gozada ir facendo algús da cantidade inxente de exercicios que contén.
Comentario de actualidade:Paréceme que ante o cúmulo de malas noticias que recibimos diariamente a expresión dese neno é de gran elocuencia: 
Refírome ao nomeamento do sucesor de Jean-Claude Trichet no BCE a quen substitúe o italiano Mario Draghi que entre xaneiro de 2002 a xaneiro de 2006 foi vicepresidente para Europa ,con mando en praza, do cuarto banco de investimento do mundo Goldman Sachs. Entidade que asesorou ao goberno grego na operación de falseamento das contas permitíndolle simular que cumpría os requisitos orzamentarios da zona euro.
Cando lle preguntan as autoridades europeas cal é a razón pola que poñen ao raposo a coidar do galiñeiro din que como coñece ben os camiños da trampa así ten mais capacidade para descubrila. Vivir para ver.
Como “vívere neccesse est” aí van unhas imaxes con mensaxe que axudan a vivir,convivir e deixar vivir.
Por último agradecerlle a Fernando que se asome a esta fiestra .Sempre da gusto ler aquelas persoas que coñecemos. Tamén a Puertas que nos brinda uns poemas moi traballados. Teño que consultar a “Preceptiva Literaria” para encadralos na tipoloxía correspondente. O que nos deixou Eduardo é un texto que non ten desperdicio. Esa análise fundada e fundamentada que fai da orixe da crise,causas e consecuencias,con ese ton retranqueiro fai que sexa un texto que hai que reler para extraerlle como as laranxas todo o zume que teñen no seu interior.
Pois por hoxe mais nada. Deica a próxima. Rafael








miércoles, 2 de noviembre de 2011

MIS POESÍAS


A MI PADRE

Han pasado tantos años 
y aún os guarda mi alma;
con la fuerza de la calma,
reparadora de daños,
en calendarios extraños,
como si hubiese sido hoy.
-No lloréis porque yo soy
 el fuego de vuestra razón,
abrasando el corazón
lo avivo aunque no estoy-

-No lloréis porque me vaya,
vosotros sois mi relevo 
os dejo mi mundo nuevo,
que es como ola que raya
arenas de fina playa,
rozándola con mi candor,
y unas brisas de dolor,
en mi barquilla dorada,
llegando como encantada
 por la atalaya del mar.

-No lloréis porque me fuera
para una vida mejor;
nada bueno hay sin dolor
y, aunque el alma me hiera,
ningún gozo haber hubiera
que el teneros a mi lado…
seguir siendo anhelado
como lo fuera en la vida,
aunque triste mi partida,
el encuentro es más ansiado. 

Antonio Puertas