Queridos amigos: Aí
queda en imaxes que cederon os compañeiros Enrique Vázquez Pose e
mais Antonio Puertas. Ilustran a xa tradicional,de curta
tradición,comida do entroido que vimos celebrando desde hai un
lustro mais ou menos.
Xuntámonos os que
puideron, fundamentalmente da Coruña,cunha digna representación de
Santiago:Luciano pena,Tacón Míguez e Fernando Ledo e de Pontevedra:
Ramón Senín e Bermúdez Outes.
Foi unha comida de
irmandade onde non faltaron a sopa de cocido e unha laconada con
produtos ourensáns sabedores e abundantes.
Os que participastes ao
mirar os retratos,sobre todo os feitos polo camarón,dos que non os
leva a corrente,de Puertas axudaranvos a rememorar tan sinalada
efeméride. Pois aí quedan para xeral admiración ou san envexa.
Na terraza,nun día soleaado,mentres ían chegando os mais atrasados.
Dando conta do xantar en animada conversación
Na L da mesa.Non precisan presentación.
Tamén recoñecibles os que se lles ve a cara.
O compañeiro Alvite parece que xa restablecido e sen gardar réxime de comidas.
Fernando Ledo manifestando que el non quere marchar sen antes pagar.
En animada conversación Pereira e mais Senín.
A proba do 9 de que pagamos o que comemos.Agustín Dios como bo bancario co diñeiro ordeado.
Xa na despedida comentando que estivera moi ben.
Aí queda iso para xeral admiración.Verémonos pronto.Saúdos para todos.Co afecto de sempre.Rafael.