Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

domingo, 27 de febrero de 2011

OS MEUS CONTOS

Sego a falar só. Non sei que pasará cando empece a contestarme eu mesmo...

O NOSO AFOGADO.

Eu prefería durmir coa contra da fiestra aberta pa enfrontarme mellor aos espectros que axexaban na escuridad. Imaxinarios demos de catro rabos con cornos de lume que prendían nos meus soños.

Ó eucalipto centenario de dona Felisa, acaneaba incesante fronte á miña habitación, e a figura luctuosa e señorial da muller, asomaba entre os ramallos da súa horta, mentres as gotas de auga petaban torrenciais nos cristais, e o vento de poñente espallaba, desfigurando, en medio das relampadas e dos tronos, uns rostros burlescos que a miña mente infantil estaba á agrandar.

Non era doado conciliar o soño nun neno de curta idade, despois de ter vivido aqueles episodios tráxicos do Mina Soriego nos baixos da Barca, nin despois de ter escoitado os contos da Santa Compaña, e de aparecidos nas palilladas da Señora Isolina. Todos eles asomaban como un retrato borroso á luz dun candil, que abraiaban os meus inquietantes sonos, solapados a carón da miña almofada de la.

Erguinme cedo e xa ó vento tiña amainado, e, as clareeiras, asomaban a intervalos curtos, entre cirros galopantes enchidos de auga do Atlántico, ameazando mais chuvieiras e mais treboadas.

Almorcei unha boa cunca de leite con sopas de boroa, e, nun instante, estaba xa na sancristía, onde agardaba o Señor Mariano que estaba á desengurrar a casulla e a capa gregoriana pa misa das nove.

Don Ramón baixaba pensativo polo carreiro da reitoral, coa vista apegada ó chan, co seu bonete e o seu misal, vestido co negro rigoroso da curta sotana desgastada, que, descaradamente, deixaba ver uns zapatóns de coiro barruntados de lama.

Con catro beatas e pouco mais, asistimos a diaria misa en latín, inintelixible e pausada, no medio dun fumear de velas, e dun silencio acolledor, interrompido unicamente polo tintinar de prata da miña campanilla, que axitaba fortemente no momento de alzar.

Apaguei as luces e as velas, e o cura e mailo sacristán, abandonaron a iglesia onde, unicamente, quedaban a señora Carmucha e dona Sofía, latricando, cos seus dixomedíxomes, entre dentes, e, os santos, que, como sempre, seguían mirándose os uns para os outros, cada quen coa súa mirada de circunstancias.

O meu rumbo lixeiro, foi cara á rampla d´Ajiar. Mais, cando ía atallando polas leiras do millo escanado do Areal, vexo a unha morea de nenos, homes e mulleres que estaban a correr alporizados de cara á veiramar. Sen dubidalo, ala fun eu, por ver o que estaba á acontecer.

A escena que puiden observar deixoume aterecido e sen alento: esvaecementos, bágoas e rostros desencaixados, que estaban á requirir, angustiosos, a presencia de don Tomás, amoreados ó redor dun rostro inerte pousado enriba do plan dunha jamela.

Inútil era a medicina, e inútiles os remedios e os esforzos que, o sabio doutor, podía aplicar nun caso así. Como inútiles eran os rezos das súas fillas, implorando ao ceo un milagre de resurrección.

A súa alma gozaba xa da gloria reservada para os nosos ilustres mariñeiros que deixaran as súas vidas na procura do pan para os seus fillos, ala, moi preto das súas casas.

A Costa da Morte, tiña gañado unha batalla mais, na “honra” do seu merecido nome aterrador.

Era un dos nosos intrépidos percebeiros que descansaba para sempre na paz de Deus.
Antonio Puertas
 
 
 

lunes, 14 de febrero de 2011

AS MIÑAS POESÍAS

DIA DE LOS ENAMORADOS

Por las paredes del cielo
Cuelgan florecillas blancas,
Enredaderas que nacen
En el balcón de las casas.

Voy escalando por ellas,
Voy llevándole mi alma,
Confundida entre las flores,
Y sorprender a la amada.

Un ramillete de besos,
De caricias y miradas…
Voy a colmarla de sueños
Que harán volar nuestras almas.

Antonio Puertas

domingo, 13 de febrero de 2011

AS MIÑAS POESÍAS

CANTAREIRA

Con madeira das Carballas,
Saltarica e argalleira,
Construín a gameliña
Que a chamei Cantareira.

Toletes de buxo lixado
Con navalla mariñeira,
Estrobo de esparto leado…
Fachendosa e rebuldeira.

Anacos de pino roxo,
Escaravellado en toleteiras
Engastadas en un foxo
Con carballo polas veiras.

De cores verdes repintada,
Chapapote espeso no plan,
Estopa en brea barruntada
E dous roletes polo chan.

Amarrada na poutada
Coas súas compañeiras,
Deica ó verán está varada
Pa bailar polas ribeiras.

Os remiños polas bandas
Van vogando chapuceiros
E, a gamela, en guinadas
Cos tombiños trapalleiros.

Cantareira, cantareiriña,
Ondiñas que ides con ela,
Cantádelle á miña xoíña,
Que os ventos peneiran nela.

Antonio Puertas
 
 
 

jueves, 10 de febrero de 2011

Arre demo Rafael

Asi mesmo parecía que estabas a recitar algún artículo do código-informativo-civil aplicado as novas tecnoloxías.
Xa ves que logo volvín a escribir, ainda que as miñas parrafadiñas son cortiñas. Estou na pretemporada e hai que entrenar.
Por certo, de seguro que poucos escoitastes a Senín falando na radio, daba gusto oilo, tiña unha voz así coma de mando, nada de florituras iba direitiño o meollo da cuestión.
Falando desto, que perdoen Senín, Seco e a sua dona, ando un puoco liado cos novos horarios e poñendo orden e solución nalgunhas cousas da vida familiar, pero de seguido axudo no que poida.
Ademáis, si temos que facer o que dice o señor Puertas, case e mellor reenganchar.
Vas facer dudar a Vilariño, ainda que ten a disculpa de escribir e de seguir cos enredos semanais, nesa faceta non hai xubilación.
Si vos interesan portais educativos e moi instructivos, para os que tedes netos, podo darvos algúns, fago unha selección e en canto a teña mandoa.
Saudos de P. Payo.


CORENTA E UN DE XANEIRO (R.G.R.)


Hai xusto corenta e un días que estiven ausente deste foro comunicativo. A razón non foi outra distinta ao desánimo no que caemos un pouco todos agás o intrépido Puertas que non lle falta tinta para o cálamo e sempre o ten a man para poñer unhas letras.
Aos que me mandaron algún correo ou me chamaron para preguntarme se me pasaba algo malo debo manifestarlles que non. Todo o contrario. Andei tocando o corno anunciante do xubileu. Tamén desde este mes formo parte do selecto club dos que acedemos a unha pensión contributiva .Que por moitos anos permanezamos asociados e que mellore a economía para que poidan aumentar as cotizacións e non se poña en perigo o estado do benestar do que as pensións son un dos piares fundamentais.
Andrés comentounos o do corno que anunciaba o ano xubilar en Israel. O que non nos dixo,tampouco tiña porque o facer, e cal era o motivo da ledicia. Se os meus acordos non me traizoan, tennos contado Rafael Silva Costoyas , facía falar ás Sagradas Escrituras,o motivo era que cada sete series de sete anos ou sexa o ano corenta e nove, ou mellor dito cada corenta e nove anos, os israelitas liberaban as terras deixándoas a barbeito e repartían a terra de novo. Así empezaban todos coas mesmas oportunidades evitando que se apancase a riqueza. Había equidade e xustiza material e social nos modos en que se organizaba o pobo de Deus no A. Testamento. Eran outros tempos.
O que me animou hoxe a escribir foi un correo que me chegou duns amigos madrileños no que me facilitan unha serie de direccións que me son moi útiles. O que gratis me deron tamén gratis o dou mentres a chamada lei Sinde o permita,Isto non está nin estará penalizado sempre que non vendamos aquilo que descargamos.
Primeiro vai iso e despois,se hai tempo, porei algunha zaragallada mais.
Se vos queredes comunicar en calquera das linguas mais frecuentes utilizade ese tradutor automático:escribes o que queiras,na lingua que queiras e tradúceo a lingua que queiras. Un auténtico pentecostes.( Debeu ser o que utilizou o noso Roberto (Varilla) o de cultura cando dixo que o Camiño de Santiago pasaba por “Desván de los Monjes”):http://www.tradukka.com
 Se queres escoitar outras músicas que non sexan as habituais nesa páxina podes escoitar unhas mil pezas:www.welkestijl.nl
Se non son do teu gusto ou as consideras de mala calidade na seguinte atoparás boa música:www.buenamusicagratis.com

Se o que realmente prefires son cancións soamente en italiano entón e aquí onde tes que clikear: http://www.italiasempre.com/vers2/mp32.htm

Se non estás para gaitas nin músicas e queres acceder a outros sitios de distinta utilidade vas a este universo e verás como algo de alí che gusta:http://www.wondersoftheworld.tv

Se o que queres,en realidade son libros e revistas pódelas encontrar nesas páxinas:

No caso de que sexas un lector compulsivo e que o que necesitas é a biblioteca da UNESCO tela tamén ao alcance da man: http://www.wdl.org 

Se acaso foses un reposteiro frustrado ou un auténtico”cocinillas”aí podes dispor dos receitarios mais requintados:http://www.recetasderechupete.com/todas/recetas/recetarios/

Se queres observar o que pode facer a tecnoloxía pincha aquí: www.oddcast.com/home/demos/tts/frameset.php?frame1=talk

Se queres ver algúns dos recursos cos que contan os ensinantes:http://roble.pntic.mec.es:80/arum0010/
www.amolasmates.es

Pero se en realidade o que che segue gustando de verdade é o fútbol como cando estabamos no Seminario entón tes que ir aquí: http://www.firstrow.net/

Pero ao mellor fuches bo alumno con Ares Espada,en Hª da Arte, é o que che gustan son os museos tes que ir aquí:http://www.mystudios.com/artgallery/
Pero, se en realidade o que queres é deixarte destas andrómenas de xente lacaceira que non ten moito que facer é o que queres,nestes tempos en que as economías andan moi mal, é aforrar uns Euros cando vas facer gasolina entón tes que ir á gasolineira mais barata e que non estea moi lonxe xa que senón pode ir o gañado polo servido. Aquí é onde te informas dos prezos dos carburantes mais preto da túa casa:http://gas.encooche.com/
Saúdos para todos. A Payo,agora que ten tempo,benvido tamén ao club, que nos conte algo dos sesenta que pasamos xuntos ou de calquera outro tempo. A Vilariño agradecido pola información sobre as películas. Ten bos gustos xa que a crítica pon as dúas moi ben. Teñen catro estrelas. Procurarei velas se non me pasa como con “18 comiddas” que xa a quitaron e soamente a poñen en Santiago.
Non hai de que. Deica á próxima xeira e non penso tardar tanto. Rafael

PD/ Saltei unha páxina:http://www.xtec.net/~ealonso/flash/europa3.html por se o que queredes é facer unha de aquelas excursións que faciamos con D, Donato polos Montes Apeninos ou Os Alpes e repasar a Xeografía moderna. E tamén se queredes ler o libro de Pagola podédelo facer aqui: http://www.sancarlosborromeo.org/http://www.sancarlosborromeo.org/docs/Libro_Pagola.pdf Eu aínda non atopei a Arriano pero tampouco o rematei de ler.

lunes, 7 de febrero de 2011

ME ENCANTA...

DAROS UNA VUELTECITA ( sobre todo algunos ) POR 
EL CONFIDENCIAL, ( me encanta este DIARIO )
Buscadlo en google ( es muy fácil )

Antonio

viernes, 4 de febrero de 2011

PARA QUEN CORRESPONDA

Benvido ó noso club. Pa que éstés un pouquiño enterado do que che agarda. Eu, que son veterano, vónche a poñer en antecedentes:
En primeiro lugar, olvídate de ter tempo propio. Todo o mundo háche dicir: “ agora que tes tempo “ …Primeiro, as nove lévame a pedir cita po dentista: logo, non te esquezas que temos que ir ó mercado a comprar peixe, que, hoxe é venres, e hai que andar lixeiro. Se chegamos tarde, queda pa nos o mais ruín.
- Como sabes algo de cociña, vónche a dar algúns consellos, pa que fagas ti a comida, mentres eu von a peluquería. Procura, sempre, non cargar moito de sal, por aquello do colesterol e do ácido úrico. Xa irei dándoche instruccions.
- A unha é media, vaite a buscar ó rapáz o colexio que, o pobre, ten que vir sempre cargado con esa mochila ó lombro, e, está a piques de coller cherepa.
- Díxome a miña nai,… bueno, ti xa sabes, a túa sogra, que temos que ir a axudar a apañar a herba mala da leira, que, a pobre, non da feito.
- As nove do axexo, leva o rapáz ó partido de entrenamento,…a ver si este neno nos quita algún día de traballar. …E, o recolles ás once e cuarto,..Estate en punto, que saen sudando, e podeo coller o friaxe.
-Temos que deitarnos cedo, que, o día de mañá, inda vai ser peor.
-Entereime que hai cursillos pa xubilados e vónche apuntar. Non quero que te fagas un moinante…
Benvido, e, que, ó xubilo que eu sinto, sexa pa tí mediciña.
Unha APERTA
Antonio Puertas

jueves, 3 de febrero de 2011

Xubilado . Pablo, benvido ao club (Andres GV)

"Xubilado" ten o mesmo étimo que "xúbilo" e "xubileo". Ten que ver con "YOBEL" o corno que, ao xeito dunha trompeta, anunciaba o ano xubilar. O paso do tempo fere a todos, e os membros da Quinta do 57 non estamos exentos desta ferida, anque algúns saben dismulala mellor ca outros. O don da vida ten esta curiosa duplicidade. Por un lado ten o límite do tempo e fainos vulnerables ao seu paso. Por outro lado, non ten caducidade, pois ese don é unha bendición que Deus non retira. 
Vivir xubilosamente é un deber de gratitude con quen nos deu a vida, anque no tempo nos vexamos feridos pola precariedade, a mesma que el mesmo compartiu en Xesucristo. A superación dos límites temporais ten o nome cristián de resurrección, que será plenitude de vida con El. Amén.
Acabo de cumprir os 65. Este ano tamén eu me xubilarei xubilosamente do labor docente. 

miércoles, 2 de febrero de 2011

Hola a todos

A partir de onte son xubilado. Debería finalizar o curso pero a saude, ainda que non grave, impídeme continuar. Paso a formar parte do glorioso corpo a extinguir dos xubilados.
Tódolos que poidades seguide traballando, non sexa o demo que a caixa de en quebra e quedemos a velas vir.
Senín e Seco, xa sabedes, poñerémonos dacordo e algún día podo axudar, na tarea tan noble á que adicades o tempo.
Unha cousiña, disculpade os entendidos e especialistas na materia, pero é que o meo galego, tanto na fala como na escrita, é un desastre e agora non teño secretaria para correxirmo, polo tanto facede a vista gorda, coma si tivésedes cataratas ou algo así.
Por certo dende aquí gracias polo retrato que me trouxo Senín da última xuntanza.
Saudos para todos. Unha apreta.
Pablo Payo.