Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

martes, 5 de enero de 2010

ANO NOVO, TEIMAS VELLAS

¡Hola amigos!, Fai un anaco, mentras trataba de hilvanar catro ideas para a homilía da Epifanía, sentínme bastante desacougado polos pensamentos que me viñeron á cabeza e que comparto brevemente convosco. Na primeira lectura de mañá, o profeta fala de que as tebras cobren os pobos pero unha nova Luz albíscase no horizonte.  A historia repítese unha vez máis; da a impresión de que o profeta escribíu a semana pasada.  Cando miro o panorama político-social no que a nosa xerarquía eclesiástica desenvolve a súa particular cruzada, non podo evitar a comparanza cos tempos de aquela primeira Epifanía. No noso país as xentes da clase traballadora e os que viven no umbral da pobreza, xunto cos marxinados e sen teito, están a vivir unha situación límite e dramática que grita ás nosas concencias. Entretanto os gobernantes e a clase política en xeral dedícanse ó que mellor saben facer, que é descalificarse, insultarse e eludir responsabilidades.  Nunca tanta falta houbo de liderazgo. Produce tristeza que non se escoite unha voz con suficiente peso moral para tratar de impoñer cordura e coraxe co fin de arrimar todos o hombro nunha tarefa urxente de liberación de tan inxusta situación.  Neste punto non poido evitar o desacougo que me produce ver a xerarquía eclesiástica enfrascada na súa campaña de confrontación co poder político e non precisamente para defender a causa dos pobres senón as posicións fundamentalistas das súas teses preconciliares e ultraortodoxas. Calquera tema lles serve para enfrontarse ó Goberno e ó Parlamento soberano. Agora mesmo parece que mesmo pretenden condenar ó presidente Bono á fogueira da inquisición.  Prodúceme tristura ver como, un ano máis, a Misa da familia é unha ferramenta para levar a cabo unha demostración de forza valéndose dos sectores máis ultras. E nesta causa van todos os mitrados "nemine discrepante" conducidos polo gran ayatolá vilalbés. ¡Se resucitara Tarancón morrería de espanto!.
Unha universidade catalana chamada UPEC elaborou un informe sociolóxico do que traio aquí estes datos:
Un 36% dos españois confésase católico practicante. Dos cales confesa o mesmo solo un 9% dos mozos, e dentro desta porcentaxe únicamente un 4,7% asiste a Misa dominical. Preguntados polas profesións socialmente útiles, o sacerdocio ocupa a penúltima posición detrás dos militares de carreira. Sobre o nivel de confianza nas grandes institucións, a igrexa ocupa o derradeiro posto. O papel da igrexa na sociedade considérano irrelevante e decadente. O Estado dedica actualmente 517 millons de euros á ensinanza da relixión. ¿Qué sentido ten esta inversión?
Despois destes datos tan desalentadores, esta reflexión: Durante a República e a Guerra Civil o enorme descrédito da igrexa entre as clases traballadoras debeuse a que esquenceu os seus principios evanxélicos e identificouse cos sectores poderosos. Penso que agora sucede case o mesmo pois a súa identificación coa dictadura primeiro e logo actualmente coa ultradereita faina caer no mesmo descrédito e está perdendo a xeración dos adultos e a dos rapaces; solo lle están quedando as vellas.
Certo que a igrexa non é somentes a xerarquía senón todo o pobo de Deus. Aquí é donde verdadeiramente segue actuando o Espíritu e segue sendo instrumento válido de salvación para a humanidade. O demáis semella máis ben unha estructura de poder comparable á que existía na Xerusalem dos tempos de Xesús de Nazaret. E moito me temo que si hoxe volvese o Nazareno a resposta non fose moi diferente.
  Estas reflexións que me xurdiron nesta noite de frío polar, por suposto, que non penso trasladalas á homilía de mañá.  ¡Felíz Ano a todos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario