Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

domingo, 10 de enero de 2010

COMENTARIOS

Nesta tarde xélida, dominical e invernal, catro grados ás dezaoito horas, de termos que andar a intemperie, non poderiamos traballar en nada. Con estas temperaturas tan baixas non hai tento de canteiro nin de mariñeiro. O tento de canteiro pérdese cando non se poden apegar as xemas dos cinco dedos. O de mariñeiro e menos esixente. Pérdese cando non se pode unir o polgar co maimiño. Así era polo menos no Cabo da Cruz. Parece que hai 25 anos que en Galicia non soportamos un frío polar tan extenso e intenso. Hoxe defendémonos ben do frío. En Sanmartiño moito frío temos pasado¡

Un saúdo a todos. Intentarei ,para que este canle de comunicación siga medrando, facer a miña achega ordinaria. Comentarei algúns acontecementos con ánimo sereno. Coa escopeta descargada. Enténdese metaforicamente falando. Tampouco é cuestión de ir disparando contra todo o que se mova. Mellor resultado da escribir as lamentacións no caderno privado por aquelo que din os psicólogos: un problema, verbalizado ou escribido, xa perde a dimensión que lle atribuímos cando nos fai ruído na cabeza. Esas lamentacións, de xubilados que teremos mais tempo, imos a Xerusalen e agachámolas nos buratos do muro como fan os xudeus.

Os comentarios serán de temas actuais como a toma de posesión do novo bispo de San Sebastián. Polas informacións que lin dá boa impresión. Chega con humildade,incluso con humor. Disposto a aprender e a seguir a liña pastoral xa marcada. Non terá mais remedio que “arar cos bois que ten”. Esa frase apóñenlla ao Cardeal Rouco. En Santiago fixo o que fixo porque cos bois que tiña, referíndose aos curas, non puido facer outra cousa.

En Bilbao tampouco acolleran moi ben a Blázquez nin a D. Mario Iceta de auxiliar e no verán pasado oficiaron, na catedral de Victoria ,un funeral en memoria dos 14 cregos vascos executados polo franquismo, cumprindo así un deber incumprido durante 70 anos. Nin foran inscritos nos Boletíns Oficiais nin nos libros parroquiais. Manifestaron cos restantes bispos vascos,nese funeral que nunca tiveron antes, que querían purificar a memoria e mirar ao pasado para aprender a construír un presente e un mañá novo.

Veremos ,co paso do tempo, como se vai incardinando i encarnando na vida vasca e ao mellor se contaxia do valor e mérito dos seus predecesores que foron vilipendiados por certos sectores ultraconservadores da Igrexa e da sociedade pero que pasarán a historia como grandes pastores da Igrexa Conciliar do vaticano II. Tempo ao tempo. O Beato Xoan XXIII tamén tivera problemas co Santo Oficio e que revolución armou na Igrexa. Ha vir outra aínda que nós non a veremos seguramente

Outro asunto que dou que falar, en certos ambientes de xente que nos criamos entre curas e monxas, foi o de negarlle a comuñón ao Presidente do Congreso de Deputados D. José Bono ao que fixo alusión Ledo nas súas ponderadas e acertadas, ao meu modo de ver, reflexións. Moito se escribiu e dixo. Saíron algún crego,monxa e frade significativos como o P. Angel fundador de “Mensajeros por la Paz” e o xesuíta P. Lamet ofrecéndose eles a darlla. Bótase de menos algunha voz sensata entre bispos e cregos que poña as cousas no seu sitio. Eu o mais sensato que escoitei é a postura dun párroco de Madrid que se acorda do Código de Dereito Canónico,que tanto se clamaba por el nos meus tempos adaptado aos documentos conciliares e que di que ,en aplicación do mesmo, ninguén lle pode negar a comuñón a un cristián bautizado se antes non se lle impuxo unha pena canónica, con audiencia previa, que así o determine.
Imos por pasos:
1º:_Canon 96. “Por el bautismo, el hombre se incorpora a la Iglesia de Cristo y se constituye persona en ella, con los deberes y derechos que son propios de los cristianos, teniendo en cuenta la condición de cada uno, en cuanto estén en la comunión eclesiástica y no lo impida una sanción legítimamente impuesta”.
2º.- Si o delito é votar a Ley Orgánica de Salud Sexual y Reproductiva y de la Interrupción Voluntaria del Embarazo que se aprobou no parlamento-(Lédea por curiosidade. Eu estou convencido de que a meirande parte da xente que fala dela non a viu diante ) Esa Lei veredes que non obriga a ninguén a abortar. Non é a lei de China que prohibe ter mais dun fillo e polas pestes que se din dela paréceo. Digo que se o motivo e ese ,conforme ao dereito canónico, non se lle podería impor a sanción que prevé para o delito de aborto que contempla.

3º.- O canón 1.398 define o delito de aborto deste modo: “Quien procura el aborto, si éste se produce, incurre en excomunión latae sententiae.” O quien procure refírese a aquela persoa que sexa o autor material, o encubridor, colaborador ou cómplice que según a Lei canónica sería o suxeito do delito. Por tanto o señor Bono non incorreu en ningunha pena. As leis penais, tamén as canónicas, han de ter unha interpretación restritiva. Han de aplicarse os principios de “Nula pena sine lege. Nullun crime sine lege”. Ou sexa que ten que haber unha lei que defina o delito e tamén a pena. Os mais avezados poderían argumentarme que a encíclica “EVANGELIUM VITAE”di claramente que os que aproben leis que fomenten o aborto obran en contra da opinión da Igrexa. Pero, desde cando unha encíclica ten rango de lei?. Na “POPULORUN PROGRESIO” dise que o sistema capitalista e por natureza intrinsecamente perverso. E alguén fíxolle caso?

4º.- “De internis nec Eclesia” Cando un vai á Misa e se acerca a comungar se non hai unha pena imposta con publicidade, quen é o cura ou bispo que lle pode negar o Sacramento? Andrés, Fernando e algún outro cura que poida ler isto. Que falta de sentidiño non? A veces para os cregos de antes algunhas cousas estaban moio claras. Había mais respecto.

Xa está ben que é noite pechada. Perdoade pola lería. De momento cumpro a promesa pero nestes tempos de crise,segundo me din os compañeiros avogados, un non se pode fiar das promesas, e menos se son promesas de pago. Deica a próxima, Rafel

No hay comentarios:

Publicar un comentario