Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

viernes, 13 de mayo de 2011

DIA DAS LETRAS


     Sería unha transgresión da lei galeguista non ter un relembro,en tan sinalado día, da devandita efemérides. Pouco a pouco imos facendo pais neste “in pais”como lle chama Xavier Alcalá.. O ,este ano, homenaxeado é un poeta singular: Lois Sánchez Pereiro. E da escola de Manuel María que exerceu de Procurador dos Tribunais en Monforte. De aí saíron unha xeración de galegos bos e xenerosos. O seu irmán Xosé Manuel,director da edición de Galicia do País e Antón Patiño pintor con fama amais de escritor prolífico e polifacético.
    Empeza a escribir,como todos os poetas,de moi novo,aos 15 anos, nunha revista do Colexio dos Escolapios de Monforte onde estuda. En Madrid.,rematado o COU,empeza Ciencias Políticas e Socioloxía que abandona por non corresponderen ás expectativas que tiña desa carreira. Alí funda con Antón Patiño, o seu irmán e Manolo Rivas a revista LOIA. No 81 vense a vivir á Coruña e forma grupo a carón da Revista LUCES con Xavier Seoane, Paco Salinas,López Valcárcel e outros onde publica algúns dos seus poemas. Ten dúas obras poéticas titulando a última “poesía de amor e enfermidade”.
  Morre Lois Pereiro con 48 anos,o 24 de Maio de 1996, deixando moita poesía sen escribir. Transcendeu,naquel momento, que fora a causa do Sida. Pero conforme a unha sentencia da Audiencia Provincial de Lugo o motivo do seu falecemento foi a intoxicación por aceite de colza desnaturalizado; enfermidade que contraeron moitos en Madrid que consumiron aquel aceite barato que se vendía a domicilio a xente con poucos recursos como foron, naquela época, os estudantes.
Tivo un ex librís moi bonito:



Como nota de actualidade destaca hogano,penso que para ben,a publicidade que fai a empresa de alimentación Gadisa nos dous millóns de bolsas que anda a repartir nas súas tendas co gallo desta celebración. 







      O poema vedes que é moi bonito. A vida é unha roda. Unha circunferencia. Unha vez que damos a volta enteira volvemos ao punto de partida. Moi de Pierre Teilhard de Chardin. Alfa e Omega. Que siga un filósofo ou teólogo.


      Se o mundo da empresa e dos cartos asume como valor en alza o noso idioma entón podemos durmir tranquilos que o galego acabará tendo un futuro prometedor. De momento hai que celebrar os pasos que se van dando. Detrás virá a Administración Pública, Universidade, a xudicatura, o notariado e incluso a Igrexa o fará oficial totalmente en toda a súa actividade. O que está tocado polos cartos ten un brillo especial,igual que o luxo, que incluso é o que mais lle gusta aos chineses


    Cambiando de tema, e termino, descubrín estes días na rede que é a mais grande biblioteca do mundo mundial un estudio sobre un crego madrileño: Leocadio Lobo que realizou na Universidade de Navarra José Luís González Gullón recentemente, no 2009.
     Encontrádelo aquí:
http://dspace.unav.es/dspace/bitstream/10171/7413/1/Leocadio%20Lobo,%20un%20sacerdote%20republicano%20_1887-1959_.pdf


    Este crego cítao o escritor Arturo Barea, autor dunha triloxía famosa nos libros de Historia da Literatura que se chama. “La forja de un rebelde”, “la Ruta” e “La llama”. E unha novela histórica e autobiográfica que se lee con gusto e que engancha moi pronto. Na “llama”fala dun crego co que se entendía ben que era republicano dos poucos que había durante a guerra incivil en Madrid.

    A investigación que se fai agora, da vida deste crego, cun rigor científico que chama a atención nas notas documentais que cita,é para min moi reveladora da historia parcialmente contada sobre aqueles anos infaustos. Se a alguén lle interesa lelo e logo quere comentalo ben e se non tamén. Leva dúas horas sen pararse moito nas citas. 
    Un saúdo para todos e moi principalmente para Fernando Ledo. Os trasnos son os responsables do fallo destes trebellos. Da moita rabia. Hai que tomalo como un enredo como lle chama Andrés. Segue escribindo que sempre gusta saber algo dos compañeiros e ademais escribes moi ben como non podía ser menos dun alumno avantaxado de D. Manuel Gacía (Ceuta).Xa te vexo de “mestre de capilla”como D. Moqueró. O outro día,no 800 aniversario da catedral, interpretaron unha Misa antiquísima que recuperou o noso amigo JUTRIPE do arquivo catedralicio. O cara de bacallau como lle chamaba o Señor Manolo, alias Zampa. Era unha gran persoa. Viviu preto de min, cunha irmán ,cando se retirou e daba xenio falar con el da cantidade de cousas que sabía de San Martín Pinario. El acordaba o Pino na horta que mandou cortar o reitor Capón para que se puidese xogar ao fútbol..
     A gallada de verbas que nos mandou Chucho tamén me gustou moito. Ti, pese a que usases menos o encerado ca min, tamén te dedicaches ao ensino. Se dabas teórica ao mellor tes mais horas de clase ao lombo das que teño eu. Ademais sempre redactaches moi ben. Luciano e mais eu tiñamos mais dificultades. Non recordas aquelas tardes do verán do 68 en que, ao pe do Castelo de San Felipe,en Ferrol, redactabamos as nosas vivencias de traballadores manuais? Segue escribindo. A túa visión dos viaxes do INSERSO é moi interesante.
    Eduardo tamén volveu ao curral literario con vocación de permanencia. Algún mais hase de ir animando pouco a pouco. Ademais de Puertas que sempre ten a man o cálamo como o finado de Joli Mosvil que saía do campo de fútbol para anotar a inspiración da musa.
Feliz día das nosas letras que mamamos na fala pero que aínda hoxe na escrita temos algunha eiva. A iso referireime na próxima entrada. Rafael
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario