Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

miércoles, 16 de mayo de 2012


A CARÓN DA MIÑA CASA

A carón da miña casa
tiña unha pedra por banco,
onde se escoitaban contos
que a min me gustaban tanto.

Os contos eran de meigas,
de afogados e adoecidos;
eran contos dos meus avós
con mortos e aparecidos.

Escoitaban palilleiras,
peneirando os seus bolillos,
pousando a moxega das mans
cando escoitaban ouvidos.

O lobo polas Carballas,
i o campo santo cos figos,
se repartían as almas,
polas noites de laídos.

O home do saco nas rúas
carrexando nos meniños;
a tola chupando a sangre
con coitelos nos camiños.

Un que morrera en Bos Aires,
e aparecera no Pindo;
unha viúva sen fillos
que na vasoira ía indo.

Berros pola media noite
sen xeito, nin seguranza,
se é que viñan do mais ala
ou foran dunha vinganza.

¡ Cantos contiños escoitei,
no regazo do banquiño !
inda que é pedra, se lembra,
do tremer do meu corpiño.

Antonio Puertas

No hay comentarios:

Publicar un comentario