Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

domingo, 6 de mayo de 2012

OBITUARIO DE ARES ESPADA



         Hoxe aparece na prensa a nota necrolóxica deste noso profesor e formador. A información que da é a seguinte:



El Reverendo Señor Salvador Luis Ares Espada
Fue presidente de la Comisión Diocesana de Arte Sacro y Director
Falleció en Santiago a los 83 años de edad
D.E.P.
(Profesor Jubilado de la Universidad de Santiago de Compostela) (Administrador Parroquial de San Félix de Sales y Santa María de Lamas)Sus hermanos, Chelo (viuda de Saturnino Madrigal), Áurea (viuda de Antonio Girón) y Pedro (viudo de Carmen Segura); sobrinos, sobrinos políticos y demás familia, Ruegan una oración por su alma y la asistencia a la conducción del cadáver mañana lunes, a las DIEZ Y MEDIA de la mañana, desde el Tanatorio Boisaca hasta la iglesia conventual de los PP. Franciscanos (San Francisco), donde se celebrará el funeral de cuerpo presente y seguidamente recibirá cristiana sepultura en el panteón familiar del cementerio municipal de Pontedeume, favores por los que anticipan gracias.
Capilla ardiente: Tanatorio Boisaca, sala nº 7.



Foi Profesor noso no curso 64-65,se mal non recordo,de Historia da Cultura en terceiro de Filosofía. Puxo como texto un libriño de pouco mais de 200 follas titulado:”Historia del Arte y de la Cultura” de Enrique Bagué da Editorial Teide. 

       Eu é dos poucos libros desa época que conservo porque é un verdadeiro resumo dos distintos estilos de arte,arquitectura e pintura ao longo do tempo e ademais relacionándoos coas ideas imperantes de cada época e mais coa música e literatura Foi dos poucos que nos falaron do cubismo,arte abstracta e do surrealismo. Era un admirador de Le Corbussier e da súa arquitectura relixiosa. Tiña unha colección de Templos modernistas construídos en Europa e América que nos mostraba a través de diapositivas.

      Despois seguiu como formador durante os anos de Teoloxía. Amaba o teatro e dirixiu algunha obra que representabamos con moito esforzo ao renunciar ao tempo de lecer para os ensaios. Aos que llo pediamos deixábanos quedar vendo estudio 1 de T.V.E ata moi tarde en que remataban aquelas sesións nocturnas de teatro moitas veces en directo. Sirvan estas ideas de recordo e agradecemento. Vivirá na nosa memoria desexándolle o mellor.Rafael

No hay comentarios:

Publicar un comentario