Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

lunes, 16 de agosto de 2010

SESTA INTERRUPTA

Hibernación a 34 graos
   Efectivamente, o blog converteuse nun salón baleiro de persoas e mobles, con algunha arañeira decorando a paisaxe interior. Parece demostrar que aproveitamos o verán para descansar de nós mesmos, para fuxir da rutina da vida asumida voluntariamente, para liberarse do peso das responsabilidades e para disfrazarse un pouquiño.
   É un exercicio de saúde mental ou outra proba de que consideramos o blog como unha pesada carga? Porque as cousas pracenteiras non as suspendemos no verán.
   A min espertáronme hoxe da sesta o correo de Andrés LA e os ladridos do can de san Roque, que ten o seu protagnismo: en Portonovo (Sanxenxo) hoxe é a festa principal do ano; mañá, 17, celebran o día do can, para entrar na vida ordinaria en suave costa a riba.

Vaga de lumes
   Lamentablemente, estamos demasiado acostumados á praga dos incendios forestais. Pensei que este ano sería mellor pola eficiencia do Goberno. Algún día sorprendeume o lume no norte de Portugal e no sur de Galicia, con lume ata o bordo da calzada e fume envolvente.
   O que me deixou frío foi a noticia de que as botas dos axentes forestais non se poden achegar ao lume. Son botas de goretex, de uniforme de desfile e non de traballo. Parece que nas instrucións de uso se pode ler: "Non as arrime a unha fonte de calor, porque se acartoarían". A explicación está clara na composición: son altamente combustibles porque teñen un 60% de poliamida, un 30% de poliéster  e un 10% de elastano.
   Por se fose pouco:
- As autobombas avaríanse con frecuencia: son moi vellas. Presentan deficiencias de estabilidade, de centro de gravidade e de freado.
- Os vixiantes das torretas para alertar do incendios non recibiron cursos de cartografía e orientación: non saben intrpretar mapas nin usar búsolas; algúns carecen de prismáticos.
   Non quero relacionar estes datos coas mortes acaecidas nos últimos días. 
   Supoño que forma parte do plan de austeridade, dese que gasta, no a diocese, senón o Goberno, catro millóns de euros para recibir o Papa durante 8 horas, sae a medio millón/hora. "Un recibimento sinxelo e humilde como lle gusta á Súa Santidade", en palabras de don Xulián Barrio.
   En Irlanda parece que non teñen ese problema, hoxe está chovendo mansamente no vidro da ventá. Xa tiña ganas de ver moito verde e ningún fume.

Nova non grata
   Parece que Xosé María Varela Pisco está pasando  un mal momento e que deixou algunhas das obrigacións que tiña. Desexémoslle unha pronta recuperación.

         Saúdos e saúde.
         Eduardo Seco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario