Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

viernes, 4 de noviembre de 2011

NIHIL NOVUM SUB SOLE




Ese aforismo ou proverbio latino,atribúeselle ao sabio Rei Salomón, moi citado cando alguén presenta algo como novidoso, é un axioma inexorable. Que non ten volta de folla por moitas voltas que se lle queiran dar. Ven a conto de algo que moito me fixo rir cando o lin. Está sacado dun blog que eu visito de vez en cando. Xa algunha vez vos falei del. Tamén é de seminaristas pero de Lugo. O que mais colaboracións fai é un profesor de Instituto, González Guerra,Catedrático de Instituto de Lingua e Literatura galega no Sánchez Cantón de Pontevedra.
O conto é o seguinte:

Había unha vez unha parella que o día do casamento tivo un acidente fatal. Chegaron ao ceo e antes de entrar pensaron se alí no ceo poderían casar. Cando abriu San Pedro preguntaron se poderían casar ali logo. El contestoulles que non sabía, que nunca llo pediran e entrou para realizar a xestión. Pero tardaba e tardaba e mentres os noivos empezaron a pensar que se a cousa non saía ben, que no ceo todo era para a eternidade, e que sei eu. Cando pasados dous meses saíu San Pedro, díxolles que si, que podian casar. Pero eles dixeron que se non saía ben o do amor, se habería posibilidade de poder divorciarse tamén no ceo. E aí San Pedro xa se alporizou.
-A ver oh, pero vós que queredes, levoume dous meses atopar aquí un cura, imaxinade canto me vai levar atopar un avogado”.
Fíxome rir o tempo dun credo..Era a medida de tempo dalgunhas receitas de cociña .Era o tempo de rustrido da cebola.
Posiblemente,como chistes de cregos,avogados e de San Pedro hai tantos seguramente non sexa inédito. De aí que en cuestión de humor xa este case todo inventado.
Este profesor de galego que os de Pontevedra seguramente coñecerán ten el amais a súa dona unha páxina 
(www.xente.mundo-r.com/anvi  que é moi útil para ,os xubilados que teñen tempo, perfeccionar o idioma. Se entrades nela veredes que é unha gozada ir facendo algús da cantidade inxente de exercicios que contén.
Comentario de actualidade:Paréceme que ante o cúmulo de malas noticias que recibimos diariamente a expresión dese neno é de gran elocuencia: 
Refírome ao nomeamento do sucesor de Jean-Claude Trichet no BCE a quen substitúe o italiano Mario Draghi que entre xaneiro de 2002 a xaneiro de 2006 foi vicepresidente para Europa ,con mando en praza, do cuarto banco de investimento do mundo Goldman Sachs. Entidade que asesorou ao goberno grego na operación de falseamento das contas permitíndolle simular que cumpría os requisitos orzamentarios da zona euro.
Cando lle preguntan as autoridades europeas cal é a razón pola que poñen ao raposo a coidar do galiñeiro din que como coñece ben os camiños da trampa así ten mais capacidade para descubrila. Vivir para ver.
Como “vívere neccesse est” aí van unhas imaxes con mensaxe que axudan a vivir,convivir e deixar vivir.
Por último agradecerlle a Fernando que se asome a esta fiestra .Sempre da gusto ler aquelas persoas que coñecemos. Tamén a Puertas que nos brinda uns poemas moi traballados. Teño que consultar a “Preceptiva Literaria” para encadralos na tipoloxía correspondente. O que nos deixou Eduardo é un texto que non ten desperdicio. Esa análise fundada e fundamentada que fai da orixe da crise,causas e consecuencias,con ese ton retranqueiro fai que sexa un texto que hai que reler para extraerlle como as laranxas todo o zume que teñen no seu interior.
Pois por hoxe mais nada. Deica a próxima. Rafael








No hay comentarios:

Publicar un comentario