Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

miércoles, 13 de febrero de 2013

XUNTANZA DE INVERNO


Conforme fora anunciado coa debida antelación o pasado Xoves, dia 6 do mes en que andamos, celebrouse o xantar coincidindo coas festas do entroido. Por facer honor ao tempo festivo o xantar foi a base de produtos porcinos destacando como mais abundantes as cacholas,os botelos,lacóns e costelas acompañados de grelos,patacas e garavanzos. Todo en abundancia regado con viños da casa e unhas sobremesas de orellas e filloas. Para rematar os correspondentes cafés de pota cuns grolos de caña e licores varios. Todo un luxo nestes tempos de decadencia económica e social. Unha festa é unha festa ,un día é un día, e un peso gastouse.

Pasado o mediodía foron chegando os convidados. Os primeiros en facelo foron os da área de Santiago que trouxeron a Jaime Fraiz que levaba uns anos sen acudir a estes eventos. Mantense como un mozo sen acusar o paso do tempo. Foi un pracer conversar con el ademais de xantar xuntos.
O compañeiro Enrique,o encargado dos medios audiovisuais,sacou unhas fotos das que deixaremos aquí algunhas. Lamentouse de que non teñen a calidade que a el lle gustaría. De todos modos deixaremos algunhas. Unha crónica,hoxe en día, que non estea acompañada dunhas imaxes non cumpriría os estándares mínimos de calidade.


 
O amigo Felpete,no momento de facer a foto,estábase laiando por adormecerlle unha perna.Despois foille espertando cunha pinga de viño da casa do que todos dixemos que non estaba mal.
O pai destes encontros,Agustín Dios,en animada conversación con Juan Caamaño a quen lle comentaba que a última hora fallaron algúns dos convidados.
Os que siguen son Lopez González e Puertas que falaban de posesía.


                                                                            
Isolino dialogando con Alfonso sobre cuestións musicais,Como coristas teñen en común a interptretación das partituras.De non estar eu no medio tamén Fernando participaría na conversa .O coro que dirixe, interpretan polifonía, está chamado a ter grandes éxitos.Xa pasaron polas televisións  e ten moita sona pola comarca.Cun director así chagarán a lonxe.
O compañeiro Enrique,autor das fotos,tivemos todos con el mostras de recoñecemento.E o único dos comensais que se mantén con actividade laboral e por tanto un contribuinte ao peto das pensións públicas.Os demais somos todos xubilados pensionistas co titulo oficial de vellos que nestes tempos segundo Xaquín Marín,autor das viñetas de humor da Voz,somos os que hoxe por hoxe mellor futuro temos.Fernando da a impresión de que está fedellando no smartphone,teléfono intelixente de última xeración,que lle da mais traballo ca unha mascota para atender a todos os comunicantes e mensaxistas.Ao lado Tacón que é dos poucos que nunca falta ás xuntanzas aportando o bo humor que sempre o caracterizou.
Andrés Vilariño,sempre que pode non falla, chegou un pouco tarde dunha reunión de Santiago pero a tempo para xantar igual ca Roxelio que en animada conversación seguen a Pereira e a Luciano cando o camareiro nos aprovisiona.

 O compañeiro Puertas,no centro da imaxe,acompañado de dous Manueles López e Dans.Puertas xa lle dixen unha vez que é o bardo Camariñán pola cantidade de obra poética que ten.Hoxe colle nun espacio inferior a uña do dedo maimiño toda a enciclopedia Espasa e mais a Británica.Por tanto podería gardala en calquera sitio.Pero hai anos ocuparía algúns volúmenes.Failles boa vida ás musas e non se partan del nin cando dorme.
 Para constancia de todos os asistentes no futuro,agora que xa as potencias da ánima nos afrouxan a algúns, aí vai a lista de todos os asistentes:
Agustín Dios,Manuel Dans,Luciano Pena,Isolino Esmorís,Manuel Felpete,Alfonso Barros,Manuel López,Juan Sanlés,José María Tacón,Juan Caamaño,Rogelio Cotelo,Andrés Vilariño,Antonio Puertas,Fernando Ledo,Jaime Fraiz,Enrique Vázquez,José Pereira,Un servidor.

Pois rematamos esta crónica gráfica mandando memorias e saúdos para todos os ausentes.Rafael
  


1 comentario:

  1. A nosa idade, non está permitido traballar:

    AL TRABAJO NO LO TOQUES

    Al trabajo no lo toques,
    pues bien sabes: es sagrado.
    No vengas con el enfado,
    si es que lo ves tan pesado.
    Si con trigo de simiente
    y vino muy bien ajado,
    bendijo Dios a su cena
    en la mesa, resignado,
    no siguas con el trabajo,
    o achanta con la lumbago.
    No reniegues de tu suerte,
    y da“ VIVAS “ con el trago.
    Si trabajas de sol a sol
    te envileces con su fango,
    y tu vida en el arado
    es más larga que un buen tango.

    Antonio Puertas.


    ResponderEliminar