Queridos amigos:Xa cando o verán pasou sobradamente o ecuador e este mes de agosto está dando as últimas boqueadas asómome a esta fiestra para comunicarvos unha nova preocupante da que nos informaba a Voz nas páxinas locais de onte.:”TRASLADAN AL HOSPITAL AL PARROCO DE LA IGLESIA DE SANTIAGO TRAS SENTIRSE INDISPUESTO”.Seguía dicindo que Andrés García Vilariño ao sentirse indisposto, preto da Igrexa parroquial,falando cun veciño,sentiu que se esvaecía e inmediatamente chamaron a unha ambulancia.
Inmediatamente de lelo no periódico chamei a Alvite Ponte e xa quedei un pouco mais tranquilo. Díxome que tivera un ictus e que o internaran no CHUAC. Que estaba en coidados intensivos pero consciente. Debería seguir en observación.
Hoxe chamoume o compañeiro Agustín Dios e comunicoume que falando con outros compañeiros e co anfitrión da convivencia deste ano Obelleiro acordaran suspendela quedando para cando xa Andrés estea restablecido e que se comunicará oportunamente.
Sabia decisión que compartimos todos. Andrés é realmente o pai destas xuntanzas e danos igual agora que andamos pola terceira idade e o celebramos polo medio da semana.
Tamén hai un momento chamei a Alvite que ten información directa da familia de Andrés e as novas que me dou son menos preocupantes. Que está consciente e orientado,segue na UCI,que o lado paralizado polo ictus xa comeza a movelo e que o prognóstico é menos preocupante polas posibles secuelas. Tamén me comentou que no momento da indisposición ía coller o coche para ir a Igrexa de Santa Margarida,da Coruña,para substituílo a el que anda pasando uns días de vacacións en Portugal. E que de darlle no coche as consecuencias serían distintas. Non sabemos onde a temos.
Desexámoslle unha pronta recuperación.
Para os que sigades este sitio mantereivos informados. Que a vida vos trate ben e saúdos a todos.Rafael.
Me deixas un pouco mais tranquilo, Rafael. Certamente, tamén, eu leera a noticia que me deixou moi preocupado.
ResponderEliminarDun tempo a esta parte, non paro con temas familiares e demais, por iso, non souben mais nada, ata que ti nos das este novo parte.
Dios queira que o noso amigo e compañeiro se recupe axiña; e, pola xuntanza, iso é o de menos; xa virán tempos melllores onde el volverá a ser o noso anfitrión e a nosas ponte de enlace pa todos nos.
Ánimo, compañeiro que, moi pronto, poderemos celebralo todos xuntos.
Antonio Puertas